21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO mércores péchase a inscrición da XXIV Travesía a nado do Porto...

    O mércores péchase a inscrición da XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

    O vindeiro sábado día 7 de setembro terá lugar no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs amantes da natación na complicada especialidade de augas abertas e para que aínda quedan algunhas prazas baleiras. A inscrición péchase mañá 4 de setembro.

    Os interesados e interesadas poden formalizar a participación na web www.galitiming.com ou directamente nesta ligazón, contando con dous percorridos, un de 400 m para as categorías A, B, C e D e outro de 1.200m para as categorías E, F, G, H, I, J,K e L.

    Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe de 6 € para as inscricións realizadas ata o 31 de agosto e 8 € para formalizadas entre o 1 e o 4 de setembro. As categorías de nenos e nenas –A, B, C e D– son de balde.

    A inscrición inclúe un gorro numerado, seguro de accidentes, cronometraxe e avituallamento final.

    Os nadadores e nadadoras non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor/a autoricen a súa participación. O impreso de autorización, que pode descargarse nesta ligazón, debe enviarse asinado previamente ao correo info@noko.es ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.

    A proba comezará ás 12:00 h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18 º ou por decisión da organización. O regulamento polo que se rexerá a proba pode descargarse dende este enlace.



    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.