8.6 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasDespois dos callos, volve o Pincho Folk a Salceda

    Despois dos callos, volve o Pincho Folk a Salceda

    Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar en Salceda de Caselas a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.

    Unha das claves do éxido do Pincho Folk de Salceda dende o seu nacemento, é o feito de engadir a música tradicional á propia ruta de pinchos. A música está aberta á participación de todas e todos os músicos que queiran participar como gaiteiros/as, pandeireteiros/as ou músicos/as en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada na compaña da mellor gastronomía.

    A clientela que deguste os pinchos en diversos locais entrará no sorteo de interesantes premios como circuítos termais, lotes de productos ou cheques en efectivo.

    Para elo non teñen máis que recoller as tarxetas de participación nos establecementos hosteleiros e ir cubríndoas en cada un dos locais visitados. Tamén os/as hosteleiros/as optarán ao Pincho de Ouro elexido pola clientela e aportado por ACISA.

    15 establecementos hosteleiros participarán no evento acompañados dos grupos de música tradicional de Salceda e arredores.

    O proxecto organízase conxuntamente entre o Concello e o sector hosteleiro, para o cal se levaron a cabo diversas reunións dos hosteleiros e hosteleiras con Verónica Tourón, concelleira de Comercio, e Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura, encargados da coordinación que aproveitaron a ocasión para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento.

    O certo é que as diferentes iniciativas levadas a cabo dende o Concello de Salceda de Caselas orientadas aos colectivos de música tradicional están a conseguir sempre unha elevada participación, nun Concello especialmente dinámico e con un amplo e consolidado tecido asociativo sempre disposto a colaborar neste tipo de actividades.

    Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hosteleiros.

    “Pensamos –explicou a rexedora local– en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostelería. A iniciativa do pincho folk foi prantexada dende o Concello fai xa sete anos e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS