Domingo, 26 Xaneiro de 2025

O Arealonga FS de Chapela da a coñecer o fútbol sala entre os máis pequenos

O Arealonga Fútbol Sala de Chapela vén de comezar os seus adestramentos para todas as categorías de cara a afrontar unha tempada 2019/2020 ilusionante. Ao mesmo tempo, e para que os nenos e nenas poidan decidir si lles gusta este deporte, abre un prazo de 15 días para que, sen compromiso algún, poidan probar dita actividade deportiva.

Interesados e interesadas non terán máis que achegarse ao pavillón ‘Manuel González Soto’ de Chapela os martes e venres en horario de 17 h a 19 h.

As categorías que ten o Arealonga FS son a biberón (2014-2015), prebenxamín (2012-2013), benxamin (2010-2011), alevín (2008-2009), infantil (2006-2007), cadete (2004-2005) e xuvenil (2001-2003). Ademáis tamén haberá equipos nas categorías femininas de infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Os interesados e interesadas poden inscribirse no Pavillón Municipal de Chapela ‘Manuel González Soto’ –nos horarios de adestramento– ou tamén no teléfono 662 111 339 (Iván)