11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela aposta pola difusión da cultura galega

    Redondela aposta pola difusión da cultura galega

    O Concello de Redondela, logo de distribuír entre a veciñanza e bibliotecas municipais exemplares do libro Estirpe, de Xosé L. Méndez Ferrín (reeditado este ano por iniciativa municipal), vén de remitir esta obra, tan importante para a literatura contemporánea, a varias bibliotecas de Galicia que carecían dela.

    Foron arredor de vinte bibliotecas municipais, de toda Galicia, as que recibiron este agasallo: Lalín, Rianxo, Ribadeo, Monforte de Lemos, Riveira, Celanova…

    Con esta iniciativa, o Concello de Redondela reafírmase no seu compromiso coa cultura e lingua galegas como un sinal de identidade da vila.

    Ademais, reiteran dende o Servizo de Normalización Lingüística, é necesario que dende a Administración local foméntese un circuíto de distribución de libros promovidos polos concellos e que están, en ocasións, en caixas sen saída nin mellor sorte.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.