“Dende o concello de Nigrán queremos facer público e trasmitir o agradecemento de toda a cidadanía á Asociación de Voluntarios de Protección Civil que fan posible que o verán sexa máis seguro”, declarou hoxe o alcalde de Nigrán na presentación do informe do verán de Protección Civil.
O rexedor local subliñou a a instalación dun novo posto en Panxón “con servizo específico para persoas con mobilidade reducida, os dous vehículos de atención inmediata e unha zódiac e moto de auga dotadas de patrón e socorrista”.
As incidencias máis salientables, segundo o informe de Protección Civil, foron 579 pequenas feridas ou cortes, 23 luxaciones ou fracturas, 116 picaduras de insectos ou 637 picaduras de fanecas.
“A labor e o esforzo de socorristas e protección civil converten os nosos lugares en espazos seguros e protexidos –sinala o alcalde de Nigrán Juan González– e nese sentido seguiremos a traballar e apostar nos próximos anos intentando conseguir máis efectivos e ampliar as datas de traballo dende o 20 de xuño ata o 13 de setembro”.