Domingo, 21 Setembro de 2025

Trail longo, trail curso, mini trail e roteiro dos Penedos, opcións do ‘VI Trail de Arcos’, Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Deportes, Nahir Covelo, apoiaron a presentación do trail Arcos-José Teixeira que chega a súa sexta edición. Organizada polos Caminhantes do Condado, esta proba forma parte da Copa Galega de carreiras por montaña absoluta, junior e cadete.

Este ano a organización quixo darlle a volta ao percorrido e fará que todas as súas probas se corran ao revés rompendo a monotonía e facendo que os corredores vexan a outra perspectiva da ruta.

Ata o vindeiro xoves 3 de outubro todos e todas as interesadas poden inscribirse na páxina web www.galitiming.es xa que poden participar todos os afeccionados ao atletismo e á montaña que así o desexen, estean ou non federados.

Organizada polo  Club Caminhantes do Condado, a carreira transcorrerá unha vez iniciada a saída por sendeiros e pistas durante 4,5 quilómetros ata a Cruz da Picaraña, desde alí irá dirección ao Castelo do Sobroso sobre o km 10. Saíndo do castelo á estrada subirá ata Coto Landín, donde se desdoblará e o trail curto se dirixirá hacia a Chan das Carballas, vértice xeodésico para despois baixar ata Arcos; e o trail longo discurrirá desde Coto Landín en dirección Castro de Troña km 16, para despois cruzar a parroquia de Pías, ata chegar ás ruínas da Casa do Tapalata, baixaremos ata o km 19 en Quintela. Desde alí subiremos pola trailera que nos levará de novo ao Monte da Picaraña ata o vértice xeodésico, para logo baixar en dirección á meta na Casa Cultural de Arcos.

A saída e a meta están ubicadas na mesma zona. O Centro Cultural da parroquia de Arcos será testemuño do pistoletazo de saída e chegada de todos os corredores. A saída para o trail longo de 26 kms será ás 09 horas e ás 10 horas para o trail curto e mini trail que transcorrerá por pistas, sendeiros e camiños de terra tendo un 2% de asfalto. 2% de asfalto.

Tamén haberá unha andaina polo roteiro dos Penedos que sairá ás 10:15 horas e percorrerá 8 km.

Inicianse os traballos de mellora do firme da estrada Ponteareas-Mondariz

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o inicio dos traballos de mellora do firme da PO-254 entre Ponteareas e Mondariz nos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a investir algo máis de 139.000 euros.

O delegado territorial destacou que esta estrada, que enlaza ambos municipios do Condado, verase mellorada en diversos puntos quilométricos onde o firme se atopaba deteriorado polo paso do tempo, estendéndose unha nova capa de rodaxe e executándose reparacións puntuais.

Esta obra, que comezou esta mesma semana dende Ponteareas e que irá avanzando cara a Mondariz nos próximos días, forma parte dun paquete de melloras de firme en diversas estradas desta comarca do sur da provincia e que foi adxudicado por 62.234 euros e que afectará á PO-252, a PO-262, a PO-400, a PO-403, a PO-510, PO-406, e a PO-404. Estes traballos “permitirán mellorar estas estradas e dar unha maior calidade de vida e seguridade viaria a veciños e usuarios”.

Cores Tourís destacou que a Xunta continúa no camiño da mellora de infraestruturas iniciadas fai anos e recordou que o Goberno galego está a apoiar aos concellos para reforzar a seguridade viaria, incrementar a comodidade nos desprazamentos dos seus veciños e mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Subraiou a aposta do Goberno galego polo interior de Galicia, polo reequilibrio territorial e polo desenvolvemento económico e social do conxunto do territorio, ofrecendo máis e mellores servizos aos veciños.

Nigrán contratará catro técnicos a través do programa da Deputación ‘O teu primeiro emprego’

0

A Deputación de Pontevedra vén de comunicar ao Concello de Nigrán a concesión da subvención para a contratación de catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia ‘O teu primeiro emprego’.

En concreto, e grazas a esta axuda, o Concello de Nigrán solicitará de xeito inmediato á Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona un listado con catro perfís diferentes de candidatos: unha persoa con grao en dereito para o departamento de Contratación; outra diplomada, licenciada ou con grao en Biblioteconomía e Documentación para a Biblioteca Municipal e Arquivo; unha persoa co Ciclo Superior en Proxectos de Obra Civil ou Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas; e finalmente, unha persoa co Ciclo Superior de administración e finanzas para o departamento de Servizos Xerais. Estas bolsas están dirixidas a mozos da provincia, titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia previa no eido da súa formación.

“Como institución pública temos a obriga de dar as maiores facilidades á xuventude para atopar o seu primeiro emprego, dende o Concello debemos axudar a que completen a súa formación académica con experiencia profesional para facilitarlles a futura inserción ao mercado laboral e, sen dúbida, ao mesmo tempo o consistorio tamén se beneficiará da súa presenza”, indica o alcalde, Juan González.

Estes catro bolseiros desenvolverán o seu traballo cun contrato en prácticas durante 6 meses prorrogables a outros 6 (en función da resolución provincial final) e as retribucións serán as estipuladas nas bases da convocatoria. Entre os requisitos obrigatorios figuran estar inscritos como demandante de emprego ou en mellora de emprego, non ter experiencia laboral previa no eido en cuestión e posuír a titulación esixida para o posto. Será o Servizo Público de emprego quen realice unha primeira selección dos candidatos requiridos dende o Concello de Nigrán.

Ponteareas pecha as Festas de Setembro cos tradicionais Globos de San Miguel

Os tradicionais globos de San Miguel chegarán á praza da igrexa este domingo día 29 ás 13:30 horas para poñer fin ao programa das Festas de Setembro. Serán seis globos deseñados por Vicky Amoedo e Enrique González e realizados de xeito artesán polas traballadoras da biblioteca e da oficina de Turismo que contaron co apoio de Liliana Valencia e Enrique González.

Dende o centro da praza da igrexa estes seis globos surcarán o ceo da comarca para transmitir unha tradición que chega cada ano co peche das festas de setembro. O concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, agradeceu “o intenso traballo realizado por todos e todas na confección destes delicados globos”.

Son moitas as xornadas dedicadas a dar forma con papel de seda de cores a estas seis xoias que serán descobertas despois do concerto da Banda de Música Unión de Guláns ás 11 diante do Casa do Concello.

Ás 19:30 horas a sala multiusos do auditorio municipal acollerá o concerto de folclore arxentino con Casiana Torres. As orquestras porán ritmo á xornada do domingo a partir das 21 horas na praza Bugallal con Orquestra Suavecito e ás 22:30 horas coa orquestra Cinema.

O luns 30 de setembro, festividade local, as rúas do centro urbano serán da infancia e a partir das 18 horas haberá animación infantil con Benito e Rufina. Ás 20:30 horas os Festicultores Troupe actuarán nas rúas do centro urbano e ás 22:30 horas pechará as festas a orquestra La Fórmula.

Salceda aproba, inicialmente, un Orzamento de preto máis de 4,8 millóns de euros

O goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) vén sacar adiante, de xeito inicial, os orzamentos para este ano 2019, aprobados en sesión plenaria cos votos en contra do PP. Os orzamentos ascenden a 4.809.240 € o que supón un incremento en 700.000 euros sobre os prorrogados dende o 2016, incremento que foi posible grazas ao remanente de tesourería existente.

Os orzamentos aprobados, segundo sinalaba concelleira de Facenda, Lucía Pereira (MS), “axústanse á realidade de Salceda, e ofrecen a garantía precisa para manter os servizos ofertados para a veciñanza de Salceda que se viron incrementados constantemente ao longo dos últimos anos”.

Pola súa banda, Ángela Ledo, que actuou como voceira do PSOE, salientou que están a cumprir o obxectivo recollido no pacto de goberno entre PSOE e MS “de presentar uns orzamentos cada ano, que fagan que a situación económica do Concello se vexa reflexada nun documento actualizado e realista”.

Destaca no documento o incremento da partida destinada a un servizo tan fundamental como o servizo de axuda no fogar (SAF), que pasa de 200.000 € a 400.000 €, garantindo así a cobertura das horas de servizo que se foron incrementando nos últimos anos, e que están en torno ás 2.500 horas anuais entre os servizos por dependencia e por libre concurrencia.

O capítulo de persoal, con 1.499.979,35 € consignados, supón un 30% do Orzamento, incrementándose nuns 60.000 €. Este capítulo presenta novidades con respecto ao orzamento vixente, xa que se prevé unha praza de tesourería de habilitación nacional, obrigatoria para Concellos de mais de 5.000 habitantes, así como a dun Oficial de Policía, tamén obrigatoria por lei. Ademais dótanse ao 100% prazas que no orzamento anterior figuraban por un tempo determinado. O incremento de 60.000 € servirá tamén para dar cobertura a diversas obrigas e gastos producidos nos últimos anos, como o cumprimento de sentencias, os incrementos salariais derivados dos Orzamentos Xerais do Estado, etc.

En canto ás subvencións para entidades culturais, deportivas e sociais, mantéñense os 92.000 € consignados, garantindo así o apoio a estas entidades que contribúen á dinamización de Salceda, nun momento en que a tendencia das diferentes administracións e a reducir este tipo de aportacións, e incluso a eliminalas en varios casos.

No que ao capítulo de investimentos atinxe, recóllense 313.835,38 € que servirán para levar a cabo pequenas obras de grande importancia para o día a día da veciñanza de Salceda, que se realizarán a través das diferentes áreas de goberno.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, lembrou que “estamos nun momento importante, coa existencia dun goberno forte en maioría, que permitirá sacar adiante documentos tan importantes como este, que garantan a prestación de numerosos servizos á cidadanía por parte do Concello, e que o fagan con transparencia e obxectividade, como premisa fundamental deste equipo de goberno”.

Tomiño organiza un novo curso de manipulación de alimentos

0

O Concello de Tomiño organiza un novo curso de manipulador/a de alimentos, unha actividade que terá unha duración de 3 horas e que se impartirá o vindeiro martes 1 de outubro na Escola Obradoiro de Goián a partir das 17 h.

O curso terá un custo de 20 euros e as persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ata o xoves 26 de setembro. As prazas son limitadas

O PP de Tui pedirá no Pleno a creación dun Centro de Día de titularidade pública

0

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Tui vén de presentar unha moción, para o seu debate plenario no que buscará o apoio da Corporación Municipal de cara a que o Goberno local inicie os trámites para solicitar á Xunta “a creación no noso municipio dun Centro de Día para os nosos maiores”.

Do mesmo xeito, a moción inclúe que, por parte dos servizos técnicos municipais, “se proceda a valorar a parcela o inmoble máis idóneo que o Concello de Tui pode ofertar para facilitar a creación deste Centro de Día”.

Segundo explica a moción popular, os Centros de Día son na actualidade “un importante servizo de proximidade para as persoas maiores” dedicados ao seu mantemento e coidado, especialmente no caso de persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela.

A poboación de Tui con idade superior aos 60 “xa representa una alta porcentaxe, en torno ao 25 % dos nosos habitantes”, lembra o portavoz do PP no Concello de Tui, José Ángel Fernández Rodríguez, polo que “contar cun servizo destas características resulta xa unha necesidade que a curto prazo debe acometer o concello tudense”.

O proceso de envellecemento da poboación tudense, engade Fernández Rodríguez, “implica a necesidade por parte das Administracións Públicas de ofrecer aos seus cidadáns os servizos públicos que garantan unhas axeitadas condicións de vida. Entre estes servizos os centros de días como lugares de coidado dos nosos maiores resultan prioritarios”.

Doutra banda, o voceiro popular subliña a importancia destas infraestruturas de cara a “manter a necesaria convivencia interxeracional nas familias un centro de día é unha peza básica para a conciliación da vida laboral e familiar”.

Redondela inicia a entrega de composteiros individuais ao abeiro do plan Revitaliza

0

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Roberto Villar, comeza esta semana coa inscrición previa para unhas charlas de compostaxe doméstica onde os participantes recibiran un composteiro individual e un manual.

O concello de Redondela recibiu cerca de 160 unidades de composteiros do plan Revitaliza onde se comprometeu a facerse cargo da recollida, transporte, reparto e proporcionar a formación necesaria para que a veciñanza reciba os mesmos.

A realizar o seguimento dos composteiros repartidos, con visitas aos domicilios que dispoñan destas unidades, durante o ano posterior a sua entrega. Está previsto comezar coas charlas e entrega das unidades de compostaxe o luns 30 de setembro ás 20:00 horas e continuarán ao longo do mes de outubro en horarios de maña e tarde para facilitar a asistencia da veciñanza.

O requisitos para participar son facer a inscrición previa, ser persoas empadroadas no Concello de Redondela, achega da referencia catastral do lugar onde se van a colocar os composteiros e, finalmente, unha declaración responsable do seu uso.

O Museo de Pontevedra retoma as visitas didácticas para os colexios da provincia

Os colexios da provincia xa se poden acoller ao programa ‘Coñece o Museo de Pontevedra’ e concertar visitas didácticas para achegar ás e aos seus escolares toda a riqueza cultural das coleccións do Museo. Para cumprir con ese obxectivo, a Deputación de Pontevedra financiará unha visita e un autobús por centro escolar ata esgotar a dotación orzamentaria.

As visitas das nenas e nenos, xunto ao seu profesorado, realizaranse dentro do horario de apertura ao público do Museo, entre as 10 h e as 21 horas, e o tempo de visita poderá variar entre unha hora e unha hora e media en función do itinerario elixido.

Poderase escoller entre percorridos de carácter xeral ou temáticos segundo o nivel do alumnado, e o grupo visitante irá sempre acompañado polo persoal do gabinete didáctico, quen dependendo da modalidade escollida poderá facerlle entrega ao alumnado de material educativo complementario.

A Deputación de Pontevedra farase cargo dos gastos da visita didáctica, así como do transporte do grupo escolar ata o Museo (un autobús por centro) ata esgotar a dotación orzamentaria. Quedarán excluídos da axuda económica para o transporte os centros escolares do núcleo urbano da cidade de Pontevedra.

Para concertar a visita e tramitar a subvención é preciso concertar a actividade co gabinete didáctico do Museo a través do teléfono 986 804 100 (extensións 42412 e 42413), ou a través do correo electrónico [email protected]. Unha vez reservada a data, é preciso cubrir o formulario de solicitude e presentalo, xunto co orzamento detallado da empresa de transporte –a tramitar polo colexio–, cunha antelación de polo menos 15 días á súa realización.

Existen varias fórmulas para a presentación dos trámites: no rexistro administrativo da Deputación de Pontevedra; na súa sede en Vigo; nos rexistros electrónicos de calquera órgano administrativo que pertenzan á administración local ou autonómica (Oral, concellos, ou Xunta de Galicia); nas oficinas de Correos por envío certificado; ou por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Para máis información sobre o programa os centros escolares poden chamar ao teléfono 986 804 100, extensións 42412 e 42413, ou solicitala a través do correo electrónico: [email protected].

A Guarda contará cunha nova escola infantil con 41 prazas

0

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Servicios Sociais, Beatriz Lomba, mantiveron o martes 24 de setembro unha xuntanza nos Edificios de San Caetano coa conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, onde se lles trasladou o compromiso da Xunta para o financiamento da nova escola infantil da Guarda, para a cal a Administración autonómica achegará 410.000 € e o consistorio local os fondos restantes ata os 690.000 €.

A futura escola infantil da Guarda integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas. Para fixar o cofinanciamento da construción o paso seguinte será a formalización dun convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Guarda, de cara a incluír estes fondos nos orzamentos 2020-2021.

Cómpre lembrar que o Concello da Guarda ten un ratio de escolas infantil moi baixo, que nos últimos anos oscila entre o 17 % e o 20 %, cando o compromiso da Xunta de Galicia e que o ratio sexa como mínimo o que recomenda a Unión Europea, un 33 %, o que obriga a moitas familias guardesas a buscar prazas nos concellos da contorna.

Na actualidade a Guarda conta cos terreos, co proxecto e os permisos para construír a nova escola infantil nas vellas vivenda dos mestres do antigo Sinde.

Digna Rivas acusa ao Porto de Vigo de “ningunear a Redondela, a súa veciñanza e a súa alcaldesa”

0

Por segunda vez, e pasados tres meses dende o relevo na alcaldía de Redondela, a Autoridade Portuaria de Vigo vén de remitir ao Concello redondelán a convocatoria para o Consello de Administración do Porto na que, como vogal e tamén por segunda vez, figura o exalcalde Javier Bas e non a actual alcaldesa, a socialista Digna Rivas. Este feito foi cualificado pola rexedora local como un intento de “ningunear” ao Concello de Redondela e a súa alcaldesa e de “falta de respecto sen precedentes” aos veciños e veciñas.

A alcaldesa de Redondela deu conta desta situación no decurso dunha rolda de prensa na que Digna Rivas expresaba “a súa máis absoluta indignación polo intento de silenciar a voz dos e das redondelás nunha reunión do Consello de Administración na que se van tratar temas que afectan directamente aos intereses de Redondela”.

Rivas lembrou que xa o pasado 26 de xullo, a convocatoria da reunión do Consello de Administración viña a nome do exalcalde, polo que se lle tentaba impedir a súa participación nos temas a tratar. Ao final, a alcaldesa de Redondela, conseguiu poder falar “pero impedíuseme o dereito ao voto que como representante de Redondela me correspondía”.

A partir de aí todo vólvese un tanto estraño, case que kafniano. Por partes dos técnicos do Concello de Redondela envíase novamente a documentación pertinente “a que sempre se enviou durante os anos anteriores” e que agora, curiosamente, parece non valer. Dende o Porto de Vigo comunícaselle ao Concello que a documentación ten que enviarse á Consellería do Mar “cousa que nunca se fillera e de feito, tal e como confirmaron os funcionarios do Concello, dende o 2015 os trámites se facían sempre igual e polo visto agora, non valen”, explica a rexedora local redondelá.

Envíase a documentación e por parte do Concello chámase á Autoridade Portuaria requirindo información sobre a tramitación da mesma “recibindo a calada por resposta”, sinala Digna Rivas.

Unha alternancia con Moaña que nunca se fixo

Digna Rivas explicaba tamén, no encontro coa prensa, a situación que no seo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria teñen Redondela e Moaña. Ámbolos dous concellos teñen que repartirse o tempo de representación “algo que nunca se fixo durante estes oito anos, pese a que Moaña requiriu, máis dunha vez, o seu dereito a estar representada no órgano portuario”.

De acordo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, neste consello de Administración sería Redondela a que estivera presente “dada a importancia dos temas que se ían tratar no mesmo que afectan directamente ao noso municipio” explica Digna Rivas.

“A nosa sorpresa foi que o día 20 de setembro recibimos a Orde do Día do Consello de Administración e, novamente, ven a nome de Javier Bas” explica Digna Rivas que é clara ao sinalar que o que se pretende, con esta situación, “é deixar aos veciños e veciñas de Redondela sen voz no Consello cando se van tratar temas como a delimitación de espazos de usos portuarios e un informe verbal sobre o estado do antigo cargadero denominado Rande Duchess”

Digna Rivas non cree “nin nos erros nin nas coincidencias” e considera que a situación débese, única e exclusivamente, ao intento do Porto de Vigo de “impedir que a alcaldesa de Redondela poida defender os intereses dos seus veciños e veciñas, como é a sua obriga”. Por parte da Autoridade Portuaria e da Consellería do Mar, sinala Rivas “estáse a impedir que a voz da veciñanza de Redondela, expresada a través da súa alcaldesa, poida ser escoitada”.

De feito, lembra Digna Rivas, no anterior Consello de Administración “os informes técnicos presentados polos técnicos do Concello de Redondela sobre a zona de Rande, sorprenderon aos membros do Consello que descoñecían a realidade da situación”. Agora o que se pretende, conclúe a alcaldesa de Redondela “e que se saiba a realidade e que se poida escoitar a voz da veciñanza sobre a explanada de Duchess, o almacén de contedores e a desfeita que se quere facer na zona de Rande”.

A Guarda da a coñecer os sentidos do tráfico rodado en Concepción Arenal

0

O martes 24 de setembro de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, enviou un escrito a Deputación de Pontevedra sobre a continuación das obras de Concepción Arenal onde explica a sinalización definitiva. Con este escrito do alcalde guardés, respondíase a unha comunicación do Servizo de Infraestructuras e Vías Provinciais da Deputación no que requiría “información necesaria en relación a sinalización para proceder a súa colocación e remate das obras”.

O escrito remitido polo Alcalde baséase no acordo de Goberno acadado co BNG no que se recollía que a regulación do tráfico por Concepción Arenal respondería ao plan de mobilidade co debido asesoramento técnico.

O plan de mobilidade, e o propio alcalde, entenden que a rúa Concepción Arenal é a arteria principal de Baixada ao Porto para vehículos. Polo tanto na sinalización proposta facilítase este acceso salvagardando a seguridade dos peóns e habilitando espazos para os mesmos.

Na proposta enviada polo Concello da Guarda habilítase un sentido único de circulación entre a rúa Galicia e a rúa Tomiño. Posibilítase o acceso a Concepción Arenal e Domínguez Fontela dende a rúa Ourense e Manuel Álvarez.

Doutra banda, facilítase o transito dos vehículos pesados. Así, os camións e autobuses poderán acceder ao porto a través da Praza de Avelino Vicente e poderán subir por Concepción Arenal dende o Porto ata a rúa Galicia directamente.

O alcalde confía que en prazo breve estea colocada a sinalización definitiva así como o mobiliario da rúa para o remate das obras.

A aula CeMIT celebra o Día das Persoas Maiores dúas charlas específicas

Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores que se celebra o día 1 de outubro, a Aula CeMIT de Ponteareas dependente da Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que xestiona Benito Márquez, ten programadas dúas charlas dirixidas, específicamente, a ese sector de poboación. Así ás 10:30 horas terá lugar a titulada ‘Asignatura pendente do século XXI: formación ao longo da vida‘ e xa ás 17:00 horas terá lugar a de ‘Trucos google para buscar por internet’.

Doutra banda a aula CEMIT de Ponteareas pon a disposición dos veciños e veciñas cursos de informática totalmente de balde. Neste mes de outubro haberá cursos de Iniciación á informática, de Procura de información na rede, de DNI electrónico e certificados dixitais, de Emprego do correo electrónico, a sí como outros dirixidos ao uso da folla de cálculo, google apps, edición de audio e vídeo e de google drive.

A concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, lembra que, para inscribirse, tan só hai que achegarse ata a aula CEMIT no Centro Social ubicado na rúa Oriente ou ben contactar no número de teléfono 673 794 883 ou a través do enderezo electrónico [email protected]

Carmela Silva fai un chamamento á veciñanza de Redondela a “rachar coa desigualdade”

0

Unha soa presidenta nas deputacións galegas desde 1812. Unha soa alcaldesa en Redondela, a actual, en máis de corenta anos de democracia… A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, púxolles esta mañá aos escolares dos centros Santa Mariña e Illa de San Simón de Redondela estes e outros exemplos que amosan “que vivimos nun mundo desigual, onde ás mulleres nos custa moitísimo todo”.

E precisamente de visibilizar a discriminación que sofren as mulleres e de rachar con esta situación trata a exposición ‘Rompe. Xoga en Igualdade’, da que estes escolares foron os primeiros visitantes na localidade en percorrela.

Silva visitou esta mostra, na que a desigualdade se amosa a través dunha serie de escenas representadas por bonecas Barbie intervidas, dirixíndose aos e ás escolares e aos seus mestres e ás súas mestras para recordar que “a educación é o único que pode transformar o mundo” e, neste senso, pediulle á rapazada que constrúa “outro mundo mellor, onde sexamos máis felices porque poidamos facer todo o que queiramos e soñemos e para o que esteamos capacitadas e capacitados”.

A presidenta recordoulles que, na actualidade, as mulleres son o 62 % do alumnado que remata os estudos universitarios, e obteñen o 70 % dos premios fin de carreira pero que, sen embargo, estes “mellores resultados académicos” e este talento non se ve representado no IBEX 35, “onde non hai mulleres dirixindo as grandes empresas” ou no Tribunal Constitucional, onde apenas hai presenza feminina. A presidenta lamentou tamén que aínda non houbese ningunha presidenta da Xunta ou do Goberno estatal, “e, por non haber, nin hai candidata muller”.

Engadiu que a Deputación está a poñer diversas iniciativas en marcha “que nos permitan cambiar isto”, como esta mostra. “Porque incluso cando chegamos a ser alcaldesa, como Digna en Redondela, ou eu como presidenta da Deputación, aínda sendo as que lideramos estas administracións, sempre temos ao noso carón a moitos homes que nos queren empurrar para estar eles de primeiros”.

Silva destacou o traballo feito polas comisarias da mostra, “dúas mulleres creativas, de matrícula de honor”, Isabel Blanco e Irene Silva e insistiu en que fronte ás situacións denunciadas na mostra, as mulleres “queremos se xefas, traballadoras, avogadas, periodistas, concelleiras, alcaldesas, presidentas, traballadoras do naval, traballadoras da minería, poetas, funcionarias, artistas. Queremos facer de todo, non queremos estar nun floreiro. Queremos estar libres”. “Rompamos e xoguemos en igualdade –concluíu– as nenas e os nenos”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a mensaxe desta exposición e lamentou que ata agora non houbese recalado na localidade, a pesar de que leva dous anos de itinerancia pola provincia de Pontevedra: “era tan fácil como solicitala á Deputación”. Salientou que “é moi importante seguir educando en igualdade” e invitou aos veciños e veciñas do concello a visitar a mostra, porque “todos os nenos e nenas e os veciños da provincia teñen que ver esta exposición e rachar os estereotipos que a muller ten”.

‘Rompe. Xoga en Igualdade’ consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos.

A boneca seleccionada para a mostra foi a ‘Barbie’ por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

A mostra estará aberta ao público en Redondela ata o 3 de novembro e poderá visitarse de luns a venres de 8:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 22:00 h e os sábados, domingos e festivos de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 22:00 h.

Redondela. Concerto Folk de «Carapaus»

O Auditorio da Xunqueira acolle, o sábado 28 de setembro ás 20:30 horas, un concerto de música folk que correrá a cargo de «Carapaus». O concerto, con entrada totalmente de balde, forma parte da Programación Cultural de Outono do Concello de Redondela.

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010. Intégrano cinco compoñentes: Emilio Lois (gaita), Oli Xiráldez (frautas), Gustavo Couto (voz e tamboril), Sabela Galbán (voz e acordeón) e Adrián Lareo (bombo e voz).

Ponteareas énchese de cor coa ‘Holi Party’

A praza Maior encherase de pos de cores e música coa actividade organizada pola concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, para este venres día 27. A Holi Party visita por vez primeira esta céntrica praza cos mellores djs, artistas e animadores de Galicia que farán un espectáculo de máis tres horas de duración para todos os públicos.

50 kgs de po de cores 100% biodegradables, pantallas led, macro escenario e música de djs para amenizar a tarde do venres

O pasaporte ao arco da vella chega este venres ás 19:00 horas para tinguir de po de cor a todos os que bailen ao ritmo dos djs. Tan só fai falla asistir vestido de branco e atreverse a deixarse levar baixo unha chuvia de cor.

50 kgs de poeira de cores 100% biodegradables e 15.000 vatios de son, pantallas led, animación e actividades para tódolos públicos totalmente de balde arredor dun escenario móbil de catorce metros de alto.

Miguel Bouzó convida a todas as familias a participar neste animado encontro “que xa leva percorrido diferentes concellos de Galicia acadando un alto éxito de participación e de diversión”.

Tomiño pon en marcha ‘Reactívate’ con máis dunha ducia de actividades de envellecemento activo

0

Mellorar a calidade de vida das persoas maiores con actividades que favorezan a participación social e o mantemento de facultades físicas e psíquicas. Ese é o obxectivo do programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño con máis dunha ducia de actividades dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse xa de forma presencial nas oficinas de Rexistro do Concello de Tomiño.

Trátase dun programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade da vila, ofrecendo “un completo plan de actividades que lles resulten de interese e útiles para a súa vida cotiá. O obxectivo destes obradoiros, cursos, saídas e actividades é axudarlles a seguir en activo, animalos a saír do seu fogar, a manter a súa autonomía persoal e a relacionarse con máis xente tanto da súa idade como máis nova”, explica a concelleira de Benestar, Educación e Igualdade, Cristina Martínez, que anima a todas e todos os maiores do municipio a participar no programa.

Máis dunha ducia de actividades impartidas por expertos coas que favorecer a estimulación cognitiva ou a mobilidade, manter o ton físico e cognitivo, diminuír o risco de padecer enfermidades… pero tamén coas que achegar aos maiores de Tomiño a outro tipo de actividades menos habituais entre as persoas con máis de 60 anos.

As persoas interesadas en participar neste programa poderán desfrutar de actividades como risoterapia, informática, ximnasia e pilates, accións para a promoción da saúde ou manualidades, ademais de actividades coa comunidade, un club de lectura, un cinefórum ou roteiros saudables. Xunto con estas nove actividades tamén están programados catro obradoiros de expresión corporal, memoria, escritura creativa e xogos da nosa vida.

As actividades comezarán o vindeiro 1 de outubro e desenvolveranse martes e venres en horario de mañá no Centro Vontade. Terán un custe de 15 euros mensuais. Para recibir máis información ou realizar a solicitude de inscrición as e os interesados poden dirixirse ao Concello ou chamar ao teléfono 986 622 001 entre as 08 h e as 15 horas.

Tui inicia o proceso para a lista de reserva de prazas de administrativo/a

0

Até o 8 de outubro pódense presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo convocado polo Concello de Tui. O anuncio da convocatoria deste proceso selectivo ven hoxe publicado no BOPPO e iniciase o prazo de 10 días para a presentación de instancias.

As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deben estar en posesión do título de Bacharel, técnico ou equivalente. Deben ingresar na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame que ascende a 7,75 €.

O proceso selectivo contará dunha fase de oposición na que os aspirante deberán realizar un primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, consistente en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa anexo á convocatoria.

Haberá un segundo exercicio, obrigatorio e eliminatorio, de carácter práctico que consistirá na redacción dun ou varios supostos prácticos de carácter procedemental e administrativo. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o tribunal. Haberá un terceiro exercicio sobre coñecemento do idioma galego, que os e as aspirantes en posesión do CELGA IV non estará obrigados a realizar.

Na segunda fase de concurso teranse en conta os méritos presentados polas persoas aspirantes relativos a formación académica, formación específica na que se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo ao que se aspira, incluídos os cursos de coñecemento do idioma galego, e a experiencia profesional.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar na web municipal tui.gal onde está dispoñible o impreso de solicitude, ou tamén nesta ligazón.

Baiona organiza un curso de Xestión de Subvencións para asociacións

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de cultura e Deportes que xestiona Miriam Mar Costas Iriarte, vén de organizar unha acción formativa sobre Xestión de Subvencións, dirixida a todas as asociacións do municipio co obxectivo de apoiar a estes colectivos nos seus trámites coa Administración Electrónica.

O curso, que coincide coa convocatoria de subvencións a asociacións para a realización de actividades culturais e deportivas, ten unha duración de 10 horas, e terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, os días 30 de setembro, 1, 2, 3 e 4 de outubro de 2019 en horario de 19 h a 21 h. O obxectivo é dotar aos participantes de habilidades e competencias para a xestión e tramitación dunha subvención.

As asociacións interesadas, poderán inscribirse no teléfono 986 385 921, cun máximo de 2 participantes por asociación. A Concellería de Cultura e Deportes, informa así mesmo, de que o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións do concello para realizar actividades culturais e deportivas, remata o 10 de outubro de 2019.

O Porriño agarda despachar 25.000 racións na ‘XXVI Festa dos Callos’

Trinta e sete establecementos de hostalería do Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na ‘XXVI edición da Festa dos Callos’ un evento gastronónmico organizado polo Concello porriñés e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería e que constitúe un dos principais reclamos das Fesas do Cristo que rematarán ese día 29.

Agárdanse a milleiros de visitantes coa previsión de que “os establecementos cheguemos vender 25.000 racións de callos”, dixo José Manuel Fernández, presidente da asociación AHOSPOR, superando deste xeito o rexistro de 2018 que foi de 20.000.

Os concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso presentaron o evento nunha rolda de prensa na que estaban acompañados pola xerente de ACIPOR, Noelia Conde e José Manuel Fernández e Fran Castiñeiras, en representación de AHOSPOR.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 € por acordo dos organizadores e dos establecementos. O acto, no que tamén se presentouo cartel anunciador da Festa, rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público en diversas preparacións elaboradas por varios de los establecementos participantes.

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila en horario matinal con dúas charangas e tres grupos folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e pola noite as dúas últimas verbenas coas orquestras ‘Solara’ e ‘Tango’.

E ademaís habera varios eventos deportivos entre os que destaca como novidade o Rally Mix Concello do Porriño cuxos detalles serán presentados mañá mércores en rolda de prensa no Consistorio, a partir das 10:30 horas.

Novos achados arqueolóxicos confirman a forte pegada dos romanos en Ponteareas

Ninguén o dubidaba porque os restos arqueolóxicos así o demostraban pero novos achados veñen ratificar que os romanos deixaron unha forte pegada en Ponteareas. O museo municipal de Ponteareas ven de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea.

Uns afeccionados á arqueoloxía, entre eles Jhonathan Zúñiga, colaborador habitual de Comarcas na Rede, atoparon de xeito accidental estes restos logo de que alguén rozara nunha pequena zona do castro.

Varios restos de tégulas romanas, un elemento lítico, probablemente un machador e un trozo dun dolium pasan a formar parte da historia de Ponteareas.

Estes tesouros poderán ser admirados no noso museo municipal no que tamén podemos atopar restos que evidencian a convivencias das culturas romanas e castrexas. A influencia dos romanos na vida dos castrexos e castrexas plásmase nos elementos que amosan as vitrinas do museo. Un togado da época galaico-romana, moitas moedas aparecidas que os castrexos empregaban herdadas da cultura romana, vidro e un dolium que transportaba viño e aceite ou os tellados de palla son algúns dos exemplos destas culturas.

O concelleiro Fernando Groba agradece que os restos atopados foran entregados ao Museo Municipal “para que toda a cidadanía os poida desfrutar e felicita a estes afeccionados á arqueoloxía por este acto de responsabilidade e por contribuir á protección do novo patrimonio histórico”.

O Museo Municipal de Ponteareas abrirá de novo as súas portas ao público logo de rematar as obras de eficicencia enerxética do edificio da biblioteca museo e os traballos de reorganización das instalacións para ofrecer á cidadanía un servizo e unha visita máis atractiva.

Fernando Groba adiantou que dende a súa concellería realizarán distintas iniciativas “para achegar o mundo da arqueoloxía aos veciños e veciñas e promover a importancia do patrimonio histórico como parte da identidade dun pobo”.

O mércores remata a inscrición para a ‘DepoRura BTT’ por Nigrán

0

Ata o mércores 25 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para a terceira proba das ‘DepoRutas BTT’ da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o domingo 29 polo concello de Nigrán e terá un percorrido circular de 40,2 quilómetros. A DepoRuta BTT de Nigrán ten como punto de saída e chegada o campo de fútbol de Chandebrito.

A ruta iniciarase con continuas subidas e baixadas e unhas vistas espectaculares da vila de Nigrán e a ría de Vigo, para chegar logo aos parques forestais de Saians e Coruxo. No quilómetro 19 os participantes terán o avituallamento da ruta, para encarar a segunda parte do itinerario, cun perfil máis esixente que os levará a ascender o monte de Coruxo ata o seu punto máis alto.

A continuación haberá un pequeno descenso antes de afrontar a parte máis dura do percorrido, que levará aos participantes a coroar o Parque Forestal Monte Alba-Cepudo, presidido pola Igrexa de Nosa Señora do Alba, unha contorna que ofrece unhas vistas espectaculares da cidade de Vigo.

Tras a cita de Nigrán, a seguinte DepoRuta BTT terá lugar o 20 de outubro en Salceda de Caselas. E, por último, o 27 de outubro será a quenda da DepoRuta BTT de Cangas.

O programa “DepoRutas BTT” ofrece cinco rutas totalmente gratuítas e cun máximo de 300 participantes en cada unha delas. O obxectivo da iniciativa da Deputación de Pontevedra é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que gocen do deporte en contacto coa natureza.

A Oficina de Turismo de Oia atendeu a máis de 8.000 persoas neste verán

0

Un total de 8.218 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia nesta tempada de verán, na que dúas técnicas de turismo contratadas polo Concello prestaron servizos de información entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Segundo as estatísticas recompiladas polo persoal da oficina, situada no casco histórico (barrio do Arrabal), do total de 8.218 visitantes, 3.560 foron peregrinos e 4.658 turistas.

O total de visitantes rexistrados neste verán supón un aumento de 1.598 persoas respecto ao verán de 2018, cando se rexistraron 6.620 visitantes (dos que 1.968 foron peregrinos e 4.652 turistas). Comparando os resultados obtidos nos dous períodos, destaca especialmente o incremento de persoas que fan o camiño da Costa ao seu paso por Oia.

En canto aos principais lugares de procedencia dentro de España, destacan os visitantes doutros puntos de Galicia (1.146 persoas) e da Comunidade de Madrid (1.162 persoas), seguidos das persoas que viaxaron desde Castela e León (554) e Andalucía (449).

No que respecta a visitantes de outras nacionalidades, detectáronse persoas procedentes de máis de 40 países distintos, sendo Portugal (con 1.116 visitantes) o principal lugar de procedencia. A bastante distancia séguenlle países como Italia, Alemaña, Francia e Inglaterra.

Os principais comentarios expresados polas persoas que pasaron pola oficina de turismo foron relativos á beleza da paisaxe, o Mosteiro de Oia e a oferta de restauración do municipio.

O servizo de información na oficina foi prestado por dúas técnicas de turismo. A contratación dunha delas contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a través dunha subvención que cubriu o 75 % dos custos totais.

Novo material informativo

Por outra parte, o Concello de Oia vén de publicar diversos materiais de promoción turística do municipio, que estiveron dispoñibles durante todo o verán para as persoas que se achegaron pola oficina de información turística situada no Arrabal (Praza da Centinela). Principalmente reeditáronse os materiais con maior demanda e tamén se publicou algún novo folleto.

A principal novidade deste verán foi o políptico titulado ‘Oia, vida en estado puro. + de 35 lugares que visitar’, o cal reúne información sobre os principais atractivos turísticos e patrimoniais do municipio (Mosteiro de Oia, Pozas de Mougás e de Loureza, castro e petróglifos da Cabeciña, Pozo do Arco, Camiño Portugués da Costa, etc.) xunto cun detallado plano.

Así mesmo, reeditáronse dous dos materiais máis solicitados: a guía turística de Oia (un caderno de 15 páxinas a cor con textos, fotografías, mapas e información práctica sobre recursos turísticos e servizos do municipio) e o tríptico informativo sobre a Igrexa do Mosteiro de Oia. Este último folleto, titulado ‘Unha paisaxe por descubrir: Mosteiro de Santa María de Oia’, foi elaborado por Acamo (Asociación de Amigos do Mosteiro de Oia) e contén información histórico-artística.

Para a publicación de todo este material, o Concello de Oia contou cunha subvención da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019, liña 2.

A Deputación reafirma a súa aposta pola eficiencia enerxética na Semana Gobal de Acción polo Clima

No marco da Semana Mundial de Acción polo Clima a Deputación de Pontevedra vén de realizar esta mañá unha acción simultánea centrada na eficiencia enerxética e protagonizada polas deputadas Olga García e Iria Lamas e os deputados Gregorio Agís e Santos Héctor Rodríguez. As deputadas e deputados provinciais visitaron á mesma hora os concellos de Meaño, Poio e O Porriño, onde a Deputación está a impulsar un proxecto para substituír puntos de luz por luminarias LED.

No caso do Porriño, a deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas mantivo un encontro con representantes municipais. Neste concello cambiaranse 146 luminarias, renovando as instalacións de alumeado e sinalización exterior, por luces LED que suporán un aforro enerxético do 65% e un investimento de máis de 98.000 euros.

Este proxecto, do que se beneficiarán un total de 43 concellos e conta cun orzamento total de catro millóns de euros, permitirá cambiar ata 7.519 puntos de luz que xerarán un aforro enerxético do 62 %.

Para a presidenta da Deputación, “as administracións locais temos a obriga de impulsar medidas para frear a crise climática” e, por este motivo, a axenda medioambiental “trátase dunha política prioritaria” para o goberno provincial.

Deste xeito, máis polo miúdo, o deputado de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez, visitou xunto ao alcalde Carlos Vieitez o concello de Meaño onde se van substituír 315 luminarias, renovando as instalacións de alumeado e sinalización exterior, por LED que suporán un aforro enerxético no concello do 50%. En total investirase en Meaño preto de 100.000 €.

En total son 43 os concellos que se van beneficiar desta iniciativa que conta cun investimento de catro millóns de euros e permitirá cambiar 7.519 puntos de luz que xerarán un aforro enerxético do 62%

Olga García Ballesteros e Gregorio Agís, en Poio onde a Deputación fará un investimento de 126.000 euros

Pola súa banda, en Poio e xunto ao seu alcalde Luciano Sobral estiveron Gregorio Agís e Olga García. Neste concello vaise realizar unha dobre actuación para mellorar a eficiencia enerxética: nos Bens de Interese Cultural e no alumeado exterior. Así, en total, vaise actuar substituíndo 369 luminarias por luces LED, que suporán un aforro enerxético do 72% no concello e un investimento de 126.000 euros.

Imprevistos de última hora impediron que o deputado Manuel González se desprazase ata Silleda, onde xunto ao alcalde Manuel Cuiña ían visitar as actuacións a desenvolver no concello no marco do proxecto de eficiencia enerxética. En Silleda o investimento ascende a preto de 100.000 euros, mediante os cales vanse substituír 205 luminarias por luces LED, xerando un aforro enerxético do 62%.

En total, a través do proxecto de eficiencia enerxética, a Deputación de Pontevedra vai actuar en 43 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Deste xeito, a institución provincial está a promover entre os concellos as políticas de crecemento sostible en liña coa estratexia da Comisión Europea e do Estado de Transición Ecolóxica.

No marco desta iniciativa, aprobouse na última Xunta de Goberno o expediente para a adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de asistencia técnica para a redacción de proxectos e dirección de obra da renovación da iluminación exterior. En total, este procedemento de contratación, que conta cun orzamento de 311.751,42 euros. Deste xeito, e trala sinatura dos convenios cos concellos que tivo lugar este verán, ponse en marcha xa esta actuación que permitirá substituír 7.510 puntos de luz en 43 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Ademais desta actuación, a Deputación de Pontevedra tamén ten en marcha outros dous proxectos centrados na substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa e o de renovación do alumeado público exterior en Bens de Interese Cultural. O primeiro deles, o de caldeiras de biomasa, ten un orzamento de 416.214 euros e beneficiará á Guarda, Mondariz, Portas, Caldas e Salvaterra de Miño, e o de alumeado dos BIC´s, con 130.000 euros de orzamento, realizarase en Salvaterra, Caldas, A Guarda, Meis, Poio, Vilanova e Baiona.

A acción simultánea centrada na eficiencia enerxética foi unha das iniciativas impulsadas pola Deputación de Pontevedra para hoxe dentro da programación prevista pola Deputación para esta Semana Mundial de Acción polo Clima. Xunto a ela, únese o traslado dos compromisos da Deputación ao enviado especial para o Cumio sobre a Acción Climática na ONU que se celebra tamén hoxe, entre os que figuran “a consecución dun nivel de calidade de aire seguro para a poboación da provincia de Pontevedra e a harmonización de políticas sobre cambio climático e contaminación do aire para 2030”.

Nigrán reitera a petición dunha reunión coa conselleira de Infraestruturas

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, ven de reiterar a petición oficial de reunirse coa Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para incidir no importante que é mellorar o xa aprobado e adxudicado proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-552 (puntos quilométricos 10+600 a 13+800) na contorna de Mallón.

Este tramo non inclúe as alegacións realizadas dende o Concello de Nigrán no seu momento ao eliminar a regulación semafórica de Cotros (á altura da panadería La Pintora) engadindo a cambio un carril central de incorporación na estrada e impoñendo ademais o sentido único nas rúas Cruceiros e Mallón, ambas municipais.

“Son medidas perxudiciais para os veciños e precisamente van en contra da seguridade viaria que se está a pretender. Os semáforos foron instalados hai máis de catro anos como medida de seguridade e demostraron funcionar moi ben, os veciños están moi satisfeitos e desexan que se manteñan”, incide o alcalde.

Deste xeito, dende a Xunta finalmente elimínase o dobre sentido na rúa Cruceiros, que será só de saída á PO-552, e na rúa Mallón, quedando este como único acceso ao barrio pese a ser unha zona moi populosa e ter a calzada menos de tres metros de ancho no tramo de entrada.

A Xunta elimina a regulación semafórica de Cotros engadindo un carril central de incorporación na estrada e impón o sentido único nas rúas Cruceiros e Mallón, ambas municipais

O certo é que co futuro carril central de incorporación “suprímese o aparcamento próximo á panadería dificultando moito a continuidade dos negocios existentes e, ao mesmo tempo, se prexudica aos residentes no barrio de Mallón creando sentidos únicos en camiños de competencia municipal onde non había ningún problema de sinistralidade”, indica o rexedor, quen destacou que “froito das alegacións do Concello o único que se solventou no proxecto foi o problema que existía no camiño das Barreiras”.

“Existen alternativas que non son lesivas. Descoñecemos o prazo de inicio das obras pero é inconcebible que nos impoñan sentidos únicos en camiños de titularidade municipal “, suliña o alcalde, Juan González, quen lamenta que a Xunta tamén desestimase construír beirarrúas en toda a zona de Ureca.

O Concello, nas súas alegacións, pedira a mellora da accesibilidade peonil na contorna de Ureca (rotonda coa AG-57 a Porto do Molle ou Camiño ao Souto e Camesella), xa que actualmente só dispón dun único itinerario peonil moi complexo a pesares de ser unha zona moi transitada dado que dende aí se entra ao sendeiro do Río Muíños ou ás instalacións deportivas. A Xunta considera que os treitos existentes na marxe esquerda (dirección A Ramallosa) son xá suficientes e non se plantexa actuar na outra marxe ou dotar de continuidade ao escaso tramo existente. “Non se entende que sendo un proxecto de mellora da seguridade viaria se obvien e desestimen as alegacións e aportacións dos veciños de Nigrán e do seu goberno ao respecto, non ten sentido algún que se impoñan solucións que non responden a ningunha demanda nin a ningunha lóxica de atallar problemas de sinistralidade”

‘Defendendo o Tea’ reafirma o seu compromiso coa ‘Limpeza simultánea de ríos en Galicia’

O próximo Domingo día 29 de Setembro celebrase a ‘XII Limpeza simultánea de Ríos en toda Galiza’ e, como o vén facendo case que dende o comezo desta iniciativa, ‘Defendendo o Tea’, en colaboración co ‘Proxecto Ríos’ de Adega, mollarase unha vez máis polo río e polo medio ambiente.

Tal e como lembra ‘Defendendo o Tea’ “nestes once anos levamos retirado centos de rodas, plásticos, sofás, vallas e ferralla diversa” e para iso contaron coa colaboración de moitos veciños e veciñas concienciados co medioambiente.

Un año mais estarán aí, ao pe do cañón, tentando arranxar o que un grupo de descerebrados –poucos pero moi molestos– estragan tentando converter os nosos espazos naturais, neste caso os nosos ríos, en vertedoiros de lixo.

O labor voluntario, sacrificado e altruísta de colectivos como Defendendo o Tea e da veciñanza cívica e responsable que colaboran con eles, son a mellor mostra de que aínda hai esperanza para o noso medio ambiente.

Así que, para quen quera colaborar nesta labor, o punto de encontro será na Moscadeira, a carón da depuradora, as 9:30 da maña. Para calquera información ou aclaración, interesados e interesadas poden chamar ao teléfono 696 65 50 89.

Defendendo o Tea quere destacadr a colaboración, un ano máis, do Concello de Ponteareas con Adega, “e con nós mesmos coa recollida da basura retirada”. Así que o domingo, animan, “todos a molllarse polo río Tea”.  

O grupo coruñés ‘Avelaíña’, gañador do ‘LII Concurso de Gaitas do País’ de Ponteareas

O grupo Avelaíña de Teo, A Coruña, gaña o LII Concurso de Gaitas do País organizado polo concello de Ponteareas. O grupo formado polas gaitas de Xesús Rodríguez Callejón e Raquel Vilas Otero, o bombo Ricardo González Martín e tambor de Santiago López Suárez faise co primeiro premio do concurso de gaitas máis antigo de Galicia recibindo un premio de 1.800 €.

O segundo posto foi para o grupo Rodamuíños de Cela, Mos, o terceiro para o grupo Soñíria de Vigo e o cuarto premio para o grupo Bran Cuartet. Así o decidíu o xurado composto nesta ocasión por José Manuel Gil Rodríguez, Xiana Teixeiro Rei, Antonio Gutierrez Pereira, Xulia Feixoo Martínez e o polifacético produtor e músico Cristian Silva.

Este Xurado decidíu outorgar unha mención especial ao grupo  Aula de toque pechado de gaiteiros  das Rías Baixas pola súa labor na recuperación de técnicas  e composicións. E outra ao grupo Anaquiños da terra-Xuventude de Galicia de Lisboa, polo seu labor por manter as tradicións e espírito galego fóra das nosas fronteiras.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, agradece a todos os grupos a súa participación “que ofreceron unha xornada de festa, de folclore galego, de tradición e de posta en valor dunha parte da cultura galega”.

O equipo de Goberno de Salceda cualifica de “positivos e produtivos” os 100 primeiros días

Cando están a piques de cumprirse os primeiros cen días dende a toma de posesión, o equipo de goberno de Salceda, formado por Movemento Salceda e PSdeG-PSOE, cualificou este primeiro período como “moi positivo” e, o máis importante, “moi productivo”. En tan só tres meses de andadura do mandato, Salceda aprobou xa inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal e o Regulamento de honores e distincións.

Doutra banda, no Pleno extraordinario que se celebra mañá martes debatirase a aprobación inicial do orzamento de 2019, un orzamento que se incrementa en 700.000 € con respecto ao orzamento vixente (prorrogado de 2016) e que reflectirá a realidade actual do Concello.

O orzamento municipal duplica a cantidade reservada para o servizo de axuda no domicilio, que pasa de 200.000 a 400.000 €, garantindo deste xeito o incremento de horas de servizo que se viu producindo nos últimos anos.

Tamén neste período de 100 días, completouse a humanización da Rúa Compostela e se están a rematar as obras de urbanización tanto na zona da Devesa como na rúa Gándara. Así mesmo iniciáronse outras obras como a recuperación da antiga escola de Vendanova para atención de persoas con enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer e outras demencias, a mellora dos espazos anexos ao campo de fútbol do Penedo Redondo, ou os viais de Petoa e Borralliño-Pantel, e púxose en funcionamento un servizo tan importante como o novo gabinete de atención temperá compartido co Concello das Neves.

O equipo de goberno (MS e PSOE) valorou “moi positivamente estes primeiros cen días”, e amosou a súa satisfacción por unha etapa fructífera a pesares de contar nestes momentos con unha persoa menos no equipo por unha baixa médica da voceira do PSOE Verónica Tourón.

Un dos factores principais da boa marcha dos diferentes proxectos é sen dúbida a existencia dun equipo coexionado e traballando man a man na procura do mellor para Salceda, con dúas forzas políticas con cadanseu programa electoral pero que conseguiron artellar un programa de goberno conxunto que é o que están a levar a cabo nestes momentos.

Gela Ledo, Concelleira de benestar social e ensino (PSOE), manifestou que o seu partido “considera ilusionante e motivador todo o traballo que queda por diante”, amosando a súa satisfacción pola posta en marcha “de servizos fundamentais como o gabinete de atención temperá ou pola elaboración duns novos orzamentos en tan pouco tempo”, obxectivo fundamental do pacto de goberno, comprometéndose a seguir traballando pola veciñanza de Salceda.

Pola súa banda, a alcaldesa Loli Castiñeira, definía estes primeiros cen días como “moi productivos”, manténdose neste tempo reunións “con diferentes reunións do equipo de goberno cos colectivos veciñais, deportivos, culturais, etc.”.

A alcaldesa destacou tamén que, nestes tres meses, se teñen achegado ás parroquias en diferentes ocasións “para presentar o novo equipo e escoitar a veciñanza, co obxectivo de seguir a desenvolver unha acción de goberno centrada na veciñanza e empregando as diferentes asociacións como canle de comunicación máis representativa”.

Arbo asina as subvencións coas asociacións culturais, musicais, deportivas e de interese xeral

0

O Salón de Plenos do Concello de Arbo, acolleu o acto de sinatura dos convenios de colaboración, entre o Concello de Arbo e distintas Asociacións Arbenses, mediante o cal se establecen as bases de colaboración entre ambos. Os convenios, asinados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito e os presidentes das distintas asociación, establecen as cláusulas que rexerán a colaboración entre estas entidades e o Concello de Arbo.

Segundo salienta o alcalde de Arbo, ademais do apoio económico para o bo cumprimento dos obxectivos que lle son propios á Asociación, axudando a sufragar os gastos ordinarios e de funcionamento desta Asociación “a colaboración do concello, en moitos casos inclúe o uso das instalacións municipais, nos días e horas previamente acordados, para a realización das actividades propias da Asociación, así como o apoio con materiais na realización de eventos”.

O Importe total das achegas ascende a 41.000 €, distribuídas polo concello entre ás asociacións culturais, deportivas, de mulleres e educativas e o CEIP Antonio Carpintero, que tamén recibe unha achega por importe de 2.000 € para a realización de actividades extraescolares.

A contía para este ano 2019 incrementouse para as distintas asociacións e colectivos, así a Asociación Deportiva Arbo C.F. contará cunha achega de 9.000,00 €; á ANPA do CEIP Antonio Carpintero, 1.700,00 €; á Asociación Cultural Os Muíños de Cabeiras, 1.000,00 €; á asociación Banda de Música de Arbo, 15.000,00 €; á asociación cultural Coral Polifónica de Arbo, 1.500,00 €; á asociación cultural A Vella Barca, 1.200,00 €; á asociación deportiva de Arbo Equinos, 1.000,00 €; a Asociación Mulleres Ruais de Arbo, 800,00 €; á Sociedade de Caza Santa Barbara de As Neves-Arbo, 1.700,00 €.

Doutra banda, o Concello de Arbo comprométese a achegar a cantidade máxima de 800,00 € á A. Cultural e Deportiva Lamprebike para o ano 2019. A Asociación Cultural Arborock, 1.000,00 €; a Asociación Cultural Barca de Loimil recibirá 1.200,00 € e a Asociación Cultural Evaristo de Sela, 600,00 €.

Finalmente, a Asociación Arbo Fútbol Sala recibirá unha achega de 800,00 €.

Cami Moreira relevará a Ana Bastos no grupo municipal do BNG do Porriño

O BNG do Porriño formalizará, no decurso do vindeiro pleno da Corporación, o relevo da súa concelleira Ana Bastos por Cami Moreira. O relevo de Bastos prodúcese por motivos laborais. A actual concelleira, explican os nacionalistas porriñeses, “continuará na organización nacionalista exercendo de responsable local do BNG do Porriño, función que leva desenvolvendo nos últimos anos”.

Por outra banda, o BNG do Porriño mantivo o pasado martes unha reunión co PSOE para avanzar no acordo de goberno que leva parado todo o verán, “unha vez que a nova estrutura de goberno foi aprobada polo Pleno municipal o mércores 4 de setembro” o que, segundo os nacionalistas “era o principal escollo para que puidesen continuar as negociacións entre ambos partidos que comezaran no mes de xuño”.

O BNG considerou dende o inicio das conversas co PSOE que para poder chegar a un acordo de cogoberno “era imprescindible reestruturar as áreas do anterior goberno municipal e así asumir as novas nas áreas nas mellores condicións para favorecer os cambios que o Porriño necesita”.

As negociacións estiveron paralizadas durante todo o verán “a causa das distintas irregularidades na convocatoria de plenos”, explica o BNG, e retómanse agora co fin de establecer as delegacións xa acordadas “e concretar por ambas partes as áreas e funcións a levar a cabo”.

O PP de Tui cuestiona “a conveniencia” de contratar un cargo de confianza da Alcaldía

0

O Grupo Municipal do PP, a través do seu portavoz José Ángel Fernández Rodríguez amosou a súa “disconformidade” coa decisión do alcalde de Tui de contratar un cargo de confianza para a xestión municipal “incrementando o gasto que supón para as arcas municipais os soldos para o goberno municipal”.

Os populares de Tui pregúntanse sobre a necesidade da contratación dun cargo de confianza “existindo na actualidade un grupo de goberno integrado por 9 concelleiros con diversas responsabilidades nas áreas de competencia municipal”.

Doutra banda, apunta o PP, “se o gasto nos órganos de goberno xa alcanza neste mandato Alcalde Enrique Cabaleiro un notable incremento ¿que xustificación existe para incrementar en máis de 27.000 de euros os gastos que supoñen os soldos do grupo de goberno?”

  • Cáles son as competencias que vai desenvolver este cargo de confianza, visto que non pode exercer funcións estrictamente administrativas nin directivas?.

O grupo municipal popular, tamén se pregunta “que competencias vai desenvolver esta persoa xa que non pode exercer funcións estritamente administrativas nin directivas” e lembra que no anterior período do Goberno cuatripartito tudense “este mesmo cargo de confianza estivo desenvolvendo funcións que en ningún caso pode realizar o persoal de confianza, nunha irregularidade coñecida e consentida por aquel goberno municipal”.

José Ángel Fernández Rodríguez remata apuntando que “son moitas as preguntas que a cidadanía tudense formúlase” reclama unha resposta do Alcalde tudense, “o mesmo que no ano 2011 manifestaba o seu absoluto rexeitamente ao que o alcalde daquel momento contase cun asesor de confianza, unha praza por certo que nunca foi cuberta e nos seguintes orzamentos foi amortizada”, conclúen os populares tudenses.

Mobilidade sustentable e accesibilidade universal, obxectivos da Concellería de Mobilidade para este mandato

A Concellería de Tráfico e Mobilidade que dirixe Roberto Mera fixo públicos os seus obxectivos para o actual mandato coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade. Mera marcou dúas liñas de traballo e obxectivos na súa área para os vindeiros catro anos: a mobilidade sustentábel e a accesibilidade universal.

O Concelleiro ponteareán explicou que as políticas de mobilidade “terán como punto de partida o Plan de Mobilidade Sustentábel e de Accesibilidade nos Espazos Públicos, que, cun importe de 32.000 euros, se prevé adxudicar a vindeira semana”.

“O Plan –engadiu Roberto Mera– estará acompañado dun proceso de participación cidadá e deberá estar redactado antes de finalizar o ano”. No Plan detallaranse as actuacións que Ponteareas deberá a cometer nos vindeiros anos en todos os eidos, así se marcaran as iniciativas en “materia rede de estradas, rúas e beirarrúas, de tráfico rodado a motor e estacionamentos, mobilidade a pé ou en bicicleta, seguridade vial, transporte público e supresión de barreiras arquitectónicas”.

No que á mobilidade sustentábel fai referencia, o goberno local fomentará os desprazamentos peonís e ciclistas reducindo os motorizados, dando un gran impulso aos proxectos de humanización no centro urbano. Do mesmo xeito abordarase a mellora do transporte público, tanto interurbano como entre as parroquias e o centro urbano, dando ademais unha solución definitiva á situación da Estación de Autobuses.

Respecto ao tráfico motorizado, ampliaranse os aparcamentos aproveitando as novas previsións do PXOM e se abordará a desconxestión viaria reordenando o tráfico urbano e analizando as alternativas de conexión da vila coa A-52 e desta co parque empresarial da Lomba. Tamén se adoptarán “medidas urxentes” en materia de seguriade viaria, especialmente no relativo a pasos de peóns, moitos deles perigosos por falta de iluminación ou existencia de obstáculos visuais.

En canto á accesibilidade universal, engade Roberto Mera, logo da diagnose que se fará no Plan de Mobilidade sobre a situación actual, “executaranse numerosas medidas de mellora nos espazos e edificios públicos e na rede viaria que garantan a accesibilidade das persoas con mobilidade limitada”.

Mera informou de medidas adoptadas hoxe en materia de mobilidade: por unha banda iniciouse o procedemento para adxudicar a humanización da rúa Redondela, logo de recibir a autorización de Patrimonio hai poucos días; por outra parte, a Concellería de Mobilidade “deu hoxe resposta a unha importante demanda social coa publicación dos horarios refundidos de todas as liñas de autobuses que operan en Ponteareas, dispoñibeis xa na web municipal e na propia Estación de Autobuses”.

Ponteareas licita por máis de 60.000 euros os traballos do parque forestal de Ribadetea e Xinzo

Co obxectivo de dar un paso máis na protección do medio ambiente e poñer en valor o patrimonio natural, o Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación os primeiros traballos do parque forestal Seixiforna-Viveiro no monte veciñal de Xinzo e Ribadetea por un importe de máis de 60.000 euros.

Os traballos que se adxudicarán son accións e medidas de defensa contra incendios forestais e iniciativas para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico e cultural existente no monte veciñal desas dúas parroquias. As empresas poderán presentar as súas propostas até o día 24 de setembro.

O goberno de Ponteareas conseguíu para este proxecto o financiamento da Deputación de Pontevedra que aportará o 70 % mentres o 30 % restante será financiado polo Concello con fondos propios.

Na liña da estratexia ‘Ponteareas, hábitat saudable’ o goberno de Ponteareas pretende ampliar as zonas protexidas nas parroquias para que toda a cidadanía poida desfrutar das masas forestais e dos beneficios que reporta para todos e todas.

Na actualidade están en marcha en Ponteareas catro parques forestais que atinxen a 8 comunidades de montes, cunha superficie de 650 hectáreas: A Picaraña, Seixiforna-Viveiro, San Cibrán-Muiños de Couso e Guillade.

ACiP considera “inadmisible” a cesión de Pardellas a unha empresa privada para un torneo de fútbol

Alternativa Ciudadana de Ponteareas cualificou de “inadmisible” que o Concello ponteareán ceda a unha empresa privada unhas instalacións municipais para a realización dun torneo de fútbol no que o Concello, afirma o seu portavoz Juan Carlos González Carrera, “pagou o trofeo, a electricidade, limpeza e reparación do campo”.

Segundo González Carrera, o Concello de Ponteareas tería cedido “gratuitamente a unha empresa privada no mes de agosto as instalacións de Pardellas pa celebración de un torneo denominado I Torneo MS2 CUP (Michel Salgado) polo que se cobraba entrada para aceso a unhas instalcions publicas”.

A celebración deste torneo, aseguran os independentes ponteareáns “paralizou a actividade de ditas instalacións” e asegura que os afeccionados ao atletismo que utilizan as pistas de Pardellas “foron desaloxados con malos modos polos organizadores do torneo”.

ACiP asegura estar de acordo en que as instalacións “cédanselle a calquera colectivo sen ánimo de lucro pero, sendo un evento privado, teñen que pagar taxas como calquera veciño”. De feito, lembra González Carrera, calquera colectivo ponteareán ou mesmo os centros de ensino “teñen que pagar as taxas correspondentes por utilizar instalacións municipais, ben sexan o pavillón, auditorio, pistas deportivas de tenis ou calquera similar”.

Ante esta situación, ACiP presentou un escrito á Interventora Municipal “advertindo de tal situación irregular ante a chegada de facturas que o goberno municipal quere pagar por un evento privado o cal, por lei, e ilegal”.

A Guarda celebra o Día Mundial do Turismo cunha atractiva visita nocturna ao casco urbano

O Concello da Guarda organiza con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda. Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa.

A cita terá lugar o vindeiro sábado día 28 de setembro e a visita guiada sairá ás 23:00 h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Esta visita guiada ten unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o Porto da Guarda. 

Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

Eli Ríos, «O ceo das reixas»

«O ceo das reixas» é unha desas novelas curtas que deixan un gran sabor de boca, pois en apenas 80 páxinas Eli Ríos é quen de relatar unha historia chea de silenzos, de complicidades, de maxia, de violencia, de crítica social, de amizade, e da imprescindible calidade literaria da que fai gala en cada nova entrega. Unha novela de ambientación un tanto claustrofóbica, pois case toda a acción transcorre nunha cela carceraria, asumindo o protagonismo dúas personaxes femininas que dialogan para descubrírense a unha á outra, e que pola súa estrutura e desenvolvemento ben podería ter sido construída como unha impactante peza teatral.  

A primeira das protagonistas é Noelia, unha ciruxiá que non dubida en socorrer a outra presa logo dun terrible suceso e que, de volta á súa cela, atopa a unha nova compañeira, Fina. Entre as dúas establécese de primeiras unha certa liorta, un enfrontamento por marcar o territorio e o dominio nun ambiente hostil para ambas, pero non tardarán en abrazar a complicidade na procura da ansiada liberación de calquera que se atope nesa situación.  

Resulta clarificadora a maneira na que os dous personaxes femininos que protagonizan a historia, de enorme forza calquera delas, sufren en tan corto espazo unha importante evolución psicolóxica, que é a que favorece o seu achegamento. É en Noelia onde máis se percibe esa evolución, pois pasa dun posicionamento, como dixemos máis arriba, frentista, de marcar territorio fronte á súa nova compañeira, a empatizar con ela de maneira profunda ata o punto de deixar a historia ao bordo mesmo da absorción da súa personalidade e a transformación final na propia Fina. Isto resulta difícil de comprender para quen non lese a novela, pero cando cheguedes ao sorprendente final entenderedes o que quero dicir.  

Son as personaxes femininas as que dominan a narración, adquirindo os poucos homes que aparecen un rol basicamente secundario, case decorativo; a excepción é Lois que, pese á súa breve aparición, adquire unha presenza moi forte nas derradeiras páxinas. Isto é algo moi habitual na narrativa de Eli Ríos, onde acostuman a ser as mulleres as que levan o peso da historia. E esa concepción da literatura ten moito de reivindicativo do papel feminino, dese tan repetido “empoderamento” da muller en calquera dos eidos da sociedade, e aí, a literatura tamén conta. Non cómpre falar só das autoras no seu rol, senón das historias que elas nos transmiten e do papel das mulleres como protagonistas –a miúdo con personalidades fortes e arroutadas–, máis alá dos papeis submisos que debuxaba para elas a literatura doutros tempos, por fortuna, xa superados.  

O relato alterna a presenza dun narrador omnisciente nalgúns dos capítulos, con longos monólogos interiores de Fina e con extensos diálogos entre as protagonistas, facendo así a súa lectura áxil e amena. Frases curtas e contundentes, ás veces incendiarias, e unha linguaxe exenta de tecnicismos artificiosos e que nos vincula coa terra, agochan un traballo moito máis duro do que pode parecer a simple vista. E todo iso converte «O ceo das reixas» nunha lectura imprescindible para calquera que pretenda coñecer o que se está a cocer nas nosas letras nestes intres.

Eli Ríos

O ceo das reixas

Xerais

80 páxinas

¡140!

Vista así esa cifra, podríamos pensar que nos estamos refiriendo, por ejemplo, a que las mentes pensantes de la DGT estuvieran planeando subir el límite de velocidad de nuestras autopistas, esas que pagamos todos nosotros con nuestros impuestos pero que ahora se benefician unos pocos; o de esas autovías, que por algunas da miedo circular, pero que pronto acabaremos pagando todos por su uso (ya pagamos por su construcción).

Habrá quién pueda pensar que hace referencia a la potencia de algún nuevo modelo de vehículo, pero eléctrico, porque los de combustión ahora están denostados. La verdad que no sé donde vamos a poder cargar el coche eléctrico, porque en el parking del edificio no es posible, no está habilitado, en nuestras calles, cada vez hay menos lugares donde aparcar y ya ni siquiera se nos ocurra pensar que tenemos alguna estación de carga para el vehículo, así que nos tocará aparcar encima de la acera, debajo del balcón a ser posible y tirar por la ventana una prolongación para así poder cargar el coche para ir a la mañana siguiente a trabajar, porque el transporte público brilla por su ausencia.

Alguno también podrá pensar que nos estamos refiriendo al 140 aniversario de algo, y seguro que lo hay, éste año la mítica marca Citroën celebró su 100 aniversario, una marca muy especial para la ciudad de Vigo pero algo que prácticamente ha pasado todo el mundo por algo, ¿cuantos empleos ha generado y sigue generando dicha marca automotriz para la ciudad olívica?

Pese a todo lo dicho anteriormente, con el 140 no nos estamos refiriendo anda de lo comentado, sino a los 140 millones de euros que se va a gastar (aproximadamente) España en las próximas elecciones generales y todo porque nuestros queridos políticos, esos que están cobrando unos sueldazos a costa de todos nosotros, no han sido capaces de llegar a un acuerdo para formar un gobierno y evitar unas nuevas elecciones.

Esos, rojos y morados que vergüenza les debería de dar, o los azules y anaranjados, que prefieren dilapidar el dinero de todos nosotros antes de ocultar sus egos personales y llegar a un consenso para evitar esta situación, la cual, además del dinero que se va a tirar, ha hecho que el país haya estado paralizado de decisiones importantes desde el mes de abril, que volverá a seguir estando hasta saber cuando  y que nos está llevando de nuevo a asomar al abismo de una nueva crisis.

Nos engañemos, o se cambia de rumbo o vamos directos hacia ella cuando todavía no hemos terminado de salir de la anterior. Los verdes no los he mencionado, porque en éste caso, todavía no tienen poder decisión. Eso sí, nos quedan los partidos nacionalistas, que esos si estaban encantados de colaborar, es más, se estaban frotando las manos para ir cogiendo calor par contar todo el dinero que se iban a embolsar mientras que otras comunidades, como Galicia, parecen que tienen que mendigar para que les den lo que le pertenece.

Es una vergüenza, éste país necesita una reforma electoral urgente, que por un lado permita la igualdad de todos los habitantes, ¿porqué unos votos valen más que otros? y que evite situaciones cómo esta, que por causa de los egos personales no se pueda formar un gobierno, que tengamos que ir a unas nuevas elecciones con el coste con ello conlleva (¿han hecho cuentas de a cuanto nos tocaría cada español si nos repartieran ése dinero? se acabaría la crisis de golpe, pero ¿han hecho cuentas de todas las horas extras que vamos a tener que hacer los trabajadores asalariados y autónomos, que nos nos engañemos, que somos los que más pagamos en éste país, para pagar esa factura?), además de por encima, tener que pagar el sueldo de unas señorías que no han realizado nada durante estos seis meses, pero que si han cobrado igualmente. Creo que estos temas, nos deberían de hacer reflexionar un poco a todos los españoles y que cada uno saque sus propias conclusiones.

Nosotros no vamos a proponer 140 recomendaciones musicales en el día de hoy, simplemente nos vamos a quedar con las dos habituales, pero que esperemos que os gusten. Por un lado, la música de Meg Bowles, una desconocida hasta el momento, pero que nos ha presentado un precioso trabajo y por otro lado, un clásico como Craig Armstrong, un dulce manjar musical para nuestro paladar. Espero que los disfrutéis en éste último fin de semana de verano.

Meg Bowles

Evengons. Canticles For The Earth

2018

Meg Bowles es una mujer, que para mi, resultaba ser un gran desconocida hasta éste trabajo que lleva por título ‘Evensong. Canticles For The Earth’.

Dividido en ocho cortes, nos encontramos ante un disco de música ambient, un disco, donde la compositora nos introduce en su mundo ambiental a través de los bellos sonidos que consigue recrear, un disco que está inspirado en la belleza de nuestro planeta y que la flautista Meg Bowles ha sabido plasmar a la perfección con éste bello trabajo.

La música ambiental siempre tiene algo especial y con éste disco, se consigue, por una parte, recrear los ambientes y llevar mejor el día a día y por otra parte, que nuestra mente vuele, en éste caso, por la belleza de nuestro plante, esa que no debemos dejar que se extinga.


Craig Armstrong

Sun On You

2018

Nuevo trabajo en solitario del fantástico compositor escocés, en ésta ocasión, lleva por título ‘Sun On You’, un disco cuya inspiración para el título surgió a raíz de vez la luz del sol reflejada en la mano de un amigo.

‘Sun On You’ son dieciséis composiciones realizadas para piano y cuerda, un disco quizás más intimista de lo que nos tiene habituado el compositor, pero un trabajo de belleza en su propia esencia.

Desde que comienza con el tema que le da título, el compositor va trasladando sus emociones, sus sentimientos a cada una de las piezas, con temas en ocasiones fílmicos pero en otras totalmente clásicos, ambas naturalezas dominadas a la perfección por el compositor.

Indicar que para la interpretación de los temas ha contado de nuevo con la excepcional colaboración de la Scottish Ensemble.

Disco intimista del compositor, pero cómo de costumbre, de un exquisito gusto para nuestro paladar.

Redondela presenta unha Programación Cultural de Outono con protagonismo do teatro, a música e o humor

0

“Estou super orgullosa, como alcaldesa, de presentar esta Programación Cultural de Outono elaborada pola Concellería de Cultura é que está dirixida a todos os públicos e que inclúe todo tipo de actividades”, asegurou Digna Rivas na presentación do amplo programa de actividades culturais, presentación na que estivo acompañada do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa.

Foi precisamente o responsable da Cultura de Redondela o encargado de presentar o máis que amplo programa de actividades que compoñen a Programación Cultural de Outono que comezará o vindeiro 27 de setembro e se alongará ata o 26 de xaneiro, abranguendo polo tanto boa parte do inverno.

Daniel Boullosa salientaba os eixos sobre os que xira á programación: teatro, humor e música. Nesa liña, o concelleiro de Cultura salientaba a importancia dunha programación teatral “que buscar recuperar o gusto é a asistencia do público polo teatro” xa que, apuntaba Boullosa, “revisadas as taquillas do pasado ano, constatamos que houbo unha moi baixa afluencia de público neste xénero”.

Precisamente por iso, a Programación Cultural de Outono aposta, e moi forte, polo teatro pero, matiza o responsable de Cultura “un teatro de calidade, en galego e con diversas temáticas”. Serán un total de 6 funcións que inician a súa andaina o 12 de outubro con Fillos do Sol e ‘baixará o telón’ o 18 de xaneiro con Casa o Rei. Entre esas dúas actuacións, o público poderá gozar de O furancho, Elisa e Marcela, Invisibles e O electo.

Destacaba Daniel Boullosa que para facer máis doada a asistencia de público, o Concello pon a disposición de interesados e interesadas o ‘Bono 3’, polo que se pode asistir a tres funcións polo prezo de 15 € (10 € reducida) co que se obtén un substancial aforro de 6 euros xa que a entrada, para cada sesión de xeito individual, será de 7 euros (5 reducida). Ademáis, engadía, o prezo reducido para persoas xubiladas, desempregadas e estudantes, “permite que todos os colectivos poidan achegarse ao teatro”.

Na música, cun amplísimo programa “volvemos a tirar de grupos e solistas locais, xente que nos últimos anos non tivo a oportunidade de actuar na súa propia vila e ante a súa xente, e que agora o poderán facer”. O mesmo acontece no caso dos grupos musicais “que contan con compoñentes de Redondela que poderán amosar a súa arte ao seus veciños e veciñas”.

A música ten o seu complemento cun máis que interesante ciclo de piano que, ao longo dunha semana, terá dúas clases de programación, unha dela para o público do conservatorio e outra tamén para o público en xeral.

O humor conta tamén cun importante espazo nesta programación “recuperando os monólogos que correrán a cargo de nomes que garantizan o éxito da iniciativa como o de Luis Zahera (3 de novembro), Candido Pazó (1 de decembro), Miguel Lago (19 de xaneiro) para pechar 0 16 de febreiro con El Sevilla.

Pola súa banda, alcaldesa Digna Rivas, que felicitaba ao concelleiro de Cultura por unha programación “na que hai actividades para todos os gustos e para todas as idades”, destacaba ademáis que tiña un importante compoñente “desa transversalidade en igualdade e diversidade que dende o Goberno local buscamos en todos os actos que se organizan”.

Adiantaba Digna Rivas que “independentemente da programación que desenvolveremos o día 25, Día Internacional contra a Violencia de Xénero” a Programación Cultural de Outono inclúe tamén iniciativas “que son bandeira de igualdade” e nese sentido subliñaba “a honra que supón para Redondela que o día 24 de novembro sexamos o lugar onde se estree o recital Literarias con Isabel Blanco, Mariana Carballal e Silvia Penas”.

Nesa liña, “ademáis do teatro que comentaba Daniel, –apuntaba a alcaldesa de Redondela– temos o día 14 de decembro unha obra de teatro que vai dar moito que falar, como é Invisibles, e estou encantada que esta obra de teatro se poida ver aquí en redondela”. Lembraba Digna Rivas que Invisibles pon á chamada de atención “nos malos tratos e a violencia machista”. Por desgracia, engadía, “todos os días estamos a falar de mulleres asasinadas, maltratadas e por iso cremos que a programación cultural ten que, a través do teatro, ser un instumento de denuncia desta lacra social”.

A programación cultural de outono inclúe tamén os roteiros “que son unha magnífica ferramenta para coñecer o patrimonio do municipio”, sinalaron a alcaldesa e o concelleiro de Cultura.

A maiores da programación presentada, outros eventos terán, máis adiante, unha programación específica como é o caso da Batalla de Rande que será presentada no Museo Meirande na semana anterior a súa celebración, ou a programación de Nadal, que tamén contará cunha presentación propia. Doutra banda, como apuntaba Daniel Boullosa, o programa tamén inclúe “un evento que, logo de 20 anos de celebración, está plenamente consolidado como é A Festa da Mazá que se celebra o 5 de outubro en San Esteban de Negros”.

El campeón

Desde su privilegiado puesto de observación en la retaguardia, el rey contempla preocupado la situación. En el inicio de la batalla, sus tropas han controlado el desarrollo de la misma, sin demasiados problemas. Sin embargo hace ya algún tiempo, que las cosas han cambiado.

El empuje y el coraje de la infantería enemiga ha obtenido sus frutos y han consiguido abrir un profundo hueco, en el flanco derecho. La lucha se hace desesperada. Se combate por todas partes, con una intensidad como pocas veces se ha visto. Los asesores recomiendan contraatacar, presionando sobre el flanco contrario. Sin embargo, y pese al valor suicida con que los soldados se lanzan a la carga, el plan fracasa.

La situación se hace más delicada por momentos. Se lucha en cada centímetro cuadrado. Las bajas son numerosas por ambas partes. Pero el rey sabe, que en ese intercambio de golpes, sus tropas salen perdiendo. No puede permitirse el lujo, de sacrificar demasiados efectivos. Esta es la última batalla. Su última oportunidad.

Poco a poco, la tenaza se va estrechando. Las escasas tropas que aun quedan, siguen combatiendo. El enemigo ya ha invadido su territorio, ocupando posiciones cada vez más avanzadas. Pese a que los restos de su ejército lo rodean, intentando protegerlo, el propio rey está ya en peligro. El sacrificio es inútil. La superioridad del enemigo, si antes era clara, ahora ya es aplastante. El rey se da cuenta de la situación. Es el final. Todo está perdido.

El público también se da cuenta y comienza a aplaudir, cuando Gabriel Tihonenko se levanta de su silla y ante la mirada perdida de su adversario, realiza el último movimiento, que le sirve para revalidar su título de campeón del mundo. JAQUE MATE.

Redondela paraliza a instalación do local de apostas “ata que non presente a licencia de instalación”

0

O Concello de Redondela vén de comunicar á empresa Unión de Operadores Reunidos que deberá paralizar calquera tipo de obra que se estea a realizar no local situado na Avenida Ernestina Otero, 47 de cara a adaptalo a salón recreativo e de xogo, “en tanto non presente a solicitude de licenza de instalación da actividade con comunicación previa de obra”, segundo figura no informe emitido, a petición da Alcaldía de Redondela, pola Técnica de Urbanismo do Concello.

Unha vez que a empresa reciba a comunicación do Concello, explica a alcaldesa Digna Rivas, “non poderá realizar ningún tipo de obra no local ata non dispoñer da documentación que se require, segundo a normativa municipal, a calquera negocio para poder desenvolver a súa actividade”.

De feito, a comunicación do Concello de Redondela remitida á empresa e clara ao sinalar que “non poderá executar a obra ou iniciar a actividade ata que obteña a preceptiva licenza de apertura e posta en funcionamento”, advertíndolle que no caso de executar calquera obra no local “requirisáselle para que proceda de inmediato a súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionadores”.

Digna Rivas que comparte “como alcaldesa e como nai a preocupación dos veciños e veciñas pola instalación deste tipo de locais” recoñece que os concellos teñen “escaso marxe de manobra” unha vez que as empresas presenten toda a documentación que lle esixe a legalidade vixente para a posta en marcha do seu negocio, documentación que, apunta, “será estudada con minuciosidade por parte dos departamentos técnicos do Concello”.

A alcaldesa de Redondela, adiantou que en vindeiras datas manterá unha reunión coas ANPAS e a comunidade educativa dos diferentes centros escolares “para dar conta, polo miúdo, de toda a información que precisen sobre este tema”.

Rivas subliñou a necesidade de que por parte da Xunta de Galicia, se estableza “unha zona de exclusión para o funcionamento deste tipo de locais, de xeito que non poidan facelo nas inmediacións de centros escolares, parques infantís ou lugares onde habitualmente reúnase á mocidade”.