8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA aula CeMIT celebra o Día das Persoas Maiores dúas charlas específicas

    A aula CeMIT celebra o Día das Persoas Maiores dúas charlas específicas

    Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores que se celebra o día 1 de outubro, a Aula CeMIT de Ponteareas dependente da Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que xestiona Benito Márquez, ten programadas dúas charlas dirixidas, específicamente, a ese sector de poboación. Así ás 10:30 horas terá lugar a titulada ‘Asignatura pendente do século XXI: formación ao longo da vida‘ e xa ás 17:00 horas terá lugar a de ‘Trucos google para buscar por internet’.

    Doutra banda a aula CEMIT de Ponteareas pon a disposición dos veciños e veciñas cursos de informática totalmente de balde. Neste mes de outubro haberá cursos de Iniciación á informática, de Procura de información na rede, de DNI electrónico e certificados dixitais, de Emprego do correo electrónico, a sí como outros dirixidos ao uso da folla de cálculo, google apps, edición de audio e vídeo e de google drive.

    A concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, lembra que, para inscribirse, tan só hai que achegarse ata a aula CEMIT no Centro Social ubicado na rúa Oriente ou ben contactar no número de teléfono 673 794 883 ou a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.