O deputado Socialista Julio Torrado desprazouse ata a Guarda para dar
a coñecer, diante dos medios de comunicación e do Grupo Municipal
Socialista, a proposición non de lei en defensa do servizo de saúde
pública de Galicia e do Centro de Saúde da Guarda, presentada á
mesa do Parlamento.
Representantes do Grupo Municipal Socialista informaron ao deputado e
fixeron pública a problemática concreta que está a sufrir a
sanidade pública na Guarda.
Respecto a situación do Centro de Saúde da Guarda dende Grupo Municipal Socialista manifestouse o “absoluto apoio aos traballadores e traballadoras e, por suposto a todos os veciños e veciñas que están padecendo unha mala xestión da cobertura de prazas vacantes motivadas por baixas, vacacións e permisos”.
“Esta situación de falta de persoal sanitario no Centro de Saúde que vimos arrastrando na Guarda dende fai anos – explican as e os socialistas guardeses– ten como consecuencia unha deficiente atención pola sobrecarga das consultas. Ademais está provocando que as citas se estean dando con moito tempo de demora e incluso anulando moitas delas”.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o deputado socialista Julio Torrado
A situación preocupante da atención sanitaria na Guarda vese agravada, explican, “porque no servizo de urxencias (PAC), que atende ademais as localidades de Oia é o Rosal, so hai un equipo médico a maioría do tempo”.
Chaman a atención dende o PSdeG-PSOE guardés sobre “o illamento do municipio” debido ás malas comunicacións o que fai, explican, “que chegar ao hospital de referencia leve case unha hora”, feito que é considerado polo PSOE como “un anacronismo en pleno século XXI”.
Por se a situación non fora xa problemática, ao sinalado anteriormente engádense outras cuestións concretas que están acontecendo no Centro de Saúde da Guarda que contribúen a facer aínda máis deficiente a atención sanitaria aos veciños e veciñas. Entre esas cuestións, o PSOE guardés sinala o feito de que “hai dous médicos que levan moito tempo de baixa e as súas prazas están sen cubrir. A atención ás consultas destes facultativos estase a facer de forma inadecuada, quedando moitos días sen atender e con cambios constantes de médico”.
O Centro de Saúde guardés conta con aproximadamente 10.000 tarxetas sanitarias, un número considerable de pacientes potenciais que, cando hai falta de cobertura das consultas, provoca unha distorsión moi importante no servizo. “Durante estas datas de Nadal, se o SERGAS non lle pon remedio, so se poderá cubrir, de media, o 50 % do servizo. Situación que se agrava polo incremento de poboación debido ao período de vacacións nos colexios e ao retorno, pola significación das celebracións, de moitos traballadores e estudantes”, puntualiza o PSdeG-PSOE.
A todo o anterior hai que engadir que 23 xefes de servizo de Centros de Saúde, incluída a xefa do Centro de Saúde da Guarda, levan dimitidas dende fai máis dun ano. Isto provoca que a coordinación das axendas sexa moi deficiente, ao ser elaborada dende a xerencia comarcal, sen ter en conta as necesidades específicas da atención primaria na Guarda.
“A situación que estamos a sufrir na Guarda e comarca levou a que cada xoves, moitos usuarios do Centro de Saúde, acudan ás concentración convocadas en defensa da sanidade pública”, sinalan as e os socialistas.
Por outra banda, dende o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado e a súa deputada, Julio Torrado e Noela Blanco, presentouse a proposición non de lei para o seu debate en Pleno na que se propón, por unha banda, “garantir a correcta e plena asistencia sanitaria en atención primaria para o concello da Guarda no seu centro de saúde e a dotación dun novo equipo de profesionais para o PAC da localidade, que da servizo a outros concellos lindantes”, así mesmo, pídese que o conselleiro de Sanidade “atenda á solicitude de xuntanza dos representantes municipais dos concellos afectados no Baixo Miño, para aclarar a situación e ofrecer información sobre as medidas que a Consellería considere necesarias neste escenario”.
O Concello de Salvaterra de Miño vén de facer efectivo o pago da primeira anualidade da compra do antigo edificio da Cámara Agraria para a súa reconversión en Casa da Música. O Pleno da Corporación Municipal, por unanimidade, aprobou esta operación que ascende a 115.522,03 € que serán aboados en catro anualidades.
Con esta actuación o Concello de Salvaterra recupera, por unha banda, un inmoble que pese a non estar catalogado ten un grande interese tanto histórico coma sentimental para o municipio e, por outra banda, permite que os 200 nenos e nenas que agora mesmo ten a Escola de Música e que están repartidos en diferentes espazos municipais, poidan contar cunha instalación adecuada.
Nesa liña, a alcaldesa Marta Valcárcel sinalou que o Concello está “ultimando o proxecto de rehabilitación interior do inmoble”.
O
deputado provincial, Carlos López Font, e a alcaldesa de Redondela,
Digna Rivas, visitaron seis actuacións acometidas en Redondela por
un valor de preto de 118.500 euros financiadas ao abeiro de aforros
derivados das adxudicacións do Plan Concellos 2017. Así, levouse a
cabo a mellora de camiños municipais en Cedeira, Chapela e O Viso; a
ampliación do Rexistro e mellora de aseos na Casa do Concello; o
subministro de pizarras dixitais para o conservatorio; subministro de
ordenadores; mobiliario urbano para espazos céntricos; e o
subministro de equipos de protección para os profesionais que
retiran os niños de avespa velutina.
Na
súa visita ás obras, financiadas ao cen por cen pola Deputación de
Pontevedra, Carlos Font destacou a importancia do Plan Concellos,
“que significa para os concellos que dende o ano 2016 son maiores
de idade á hora de decidir as súas propias inversións e á hora de
recibir achegas por parte da Deputación como nunca na historia se
fixera”. Ademais, o deputado provincial fixo fincapé en que “estas
actuacións son unha marabilla, é un orgullo ver para que sirve a
política cando se administran e se xestionan ben os fondos
públicos”.
Neste eido, Font
resaltou que “estes preto de 120.000 euros corresponden a baixas do
Plan Concellos” e lembrou que “co goberno do señor Louzán era a
Deputación a que decidía que tipo de actuacións se realizaban e
aqueles fondos que proviñan das baixas volvían a Presidencia para
que se designasen directamente ás actuacións que fosen”. Así, o
deputado provincial puxo en valor que “agora é xustamente o
contrario, as baixas que se producen poden volver a utilizarse, polo
que se aproveita ata o último céntimo do Plan Concellos”.
Pola
súa banda, a alcaldesa de Redondela amosou o seu agradecemento á
Deputación e destacou que cando ela era deputada “xa presumía do
Plan Concellos e da liberdade que lle dá aos alcaldes e alcaldesas
para investir e facer obras para a veciñanza”. Ademais, Digna
Rivas explicou que “os 120.000 euros foron repartidos en todas as
áreas, entre outras medio ambiente, infraestruturas ou novas
tecnoloxías” e, en canto a adaptación de aseos na Casa do
Concello, expresou a súa indignación porque “era tremendo que o
cuarto concello da provincia de Pontevedra, de 29.000 habitantes, non
tivese uns aseos accesibles para todas e todos”.
Trátase
de seis actuacións financiadas no concello de Redondela con baixas
do Plan Concellos para solucionar algunhas das necesidades máis
urxentes que demanda a veciñanza. Tal e como explicou Carlos Font,
dende 2015 a Deputación leva investidos en Redondela case 6,2
millóns de euros en todas as áreas de goberno. De feito, co Plan
Concellos, a institución provincial achegou ao municipio máis de
4,5 millóns de euros. Ademais, Redondela puido financiar 32 obras
coa Liña 1 do Plan Concellos e, no que respecta á Liña 3 de
emprego, puido contratar a 99 traballadoras e traballadores.
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, despois das chuvias torrenciais acaecidas o pasado 18 de Decembro, e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo peonil que transcorre á beira do río Maceiras.
Tras a visita á zona por parte do concelleiro de Medioambiente, Roberto Villar, e consultados os técnicos e técnicas do Concello de Redondela, “dediciuse esta mañá pechar o paseo namentres duren as fortes chuvias e a crecida natural do río”, explica a Concellería de Medio Ambiente engadindo que “trátase dunha zona históricamente afectada pola crecida do río nas temporadas de outono e inverno”.
A crecida do río Maceiras é patente, cubrindo pontes e baixando o seu cauce a unha alta velocidade. Isto fai que neste momento se poña en perigo a seguridade do paseo peonil nas beiras do río Maceiras, motivo polo que o paseo permanecerá pechado ata novo aviso.
Poñer a provincia de Pontevedra no mapa europeo do cicloturismo e ofertar a calquera que lle guste percorrer un territorio en bicicleta unha ruta de calidade e segura homologada. Ese é o obxectivo da Deputación de Pontevedra, que onte presentou a candidatura da provincia para entrar no EuroVelo, unha rede de 16 rutas de longa distancia que conectan todo o continente europeo con itinerarios ciclables tanto de uso turístico como para a vida cotiá avalados pola Federación Europea de Ciclismo.
No día de hoxe realizouse unha reunión cos concellos beneficiados e colectivos ciclistas da provincia de Pontevedra na que estiveron presentes o deputado de Mobilidade Uxío Benítez –impulsor da iniciativa–, a presidenta Carmela Silva, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, así como responsables da Coordinadora Estatal EuroVelo, da Federación Portuguesa de Ciclismo, e tamén representantes de axencias de cicloturismo internacionais.
O
deputado Uxío Benítez explicou que a candidatura pontevedresa ao
EuroVelo xurdiu hai tres anos na Mesa pola Mobilidade Ciclista, cando
os colectivos ciclistas pediron ao departamento de Mobilidade da
Deputación que tomara a iniciativa. Fíxose entón unha reunión con
Turismo da Xunta de Galicia na que se chegou a un acordo para que a
institución provincial elaborase un proxecto e definise por onde
debía pasar. Ademais, tamén se instou á Deputación da Coruña
para que se sumase á iniciativa e continuase o percorrido dende
Catoira ata Fisterra, xa que a Xunta xa estaba a traballar coa
extensión da R3 ligando as dúas rutas.
O obxectivo da candidatura, segundo explicou, é que a provincia de Pontevedra forme parte das rutas do EuroVelo cunha extensión da Ruta 1 coñecida como ‘Atlantic Coast’. Creouse, así, un percorrido duns 303 quilómetros e beneficiando a 26 concellos –sobre todo costeiros–, entre Tui e Catoira: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Ribadumia, O Grove, Illa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Catoira. Desta forma continúase a actual ruta EuroVelo de Portugal que a día de hoxe remata en Caminha, para enlazar coa Ruta 3 (R3), do Camiño de Santiago, na Costa da Morte.
O
deputado nacionalista amosouse confiado en que a Federación Europea
de Ciclismo (ECF) dará o seu visto bo á candidatura no próximo
trimestre de 2020. Subliñou a importancia e repercusións que terán
os roteiros de cicloturismo en canto a rendemento económico a medio
e longo prazo para os territorios polo que pasan, lembrando que o
cicloturismo move moitísimos visitantes cun perfil económico
medio-alto: “É unha oportunidade para a provincia”, insistiu,
sinalando tamén que o fomento e utilización da bicicleta e a
redución do uso do vehículo privado “é unha opción pola que
agora estamos todos”.
Unha
vez a ECF aprobe a candidatura haberá que definir máis polo
concreto tanto o itinerario como as melloras a realizar, posto que
nalgúns casos xa están identificadas as problemáticas e as
alternativas na traza preliminar. Posteriormente será precisa unha
importante coordinación entre administración para determinar
actuacións e melloras.
“A
costa que nos temos debe ser a mellor de Europa e é incrible que
aquí na provincia aínda non exista a ruta EuroVelo, no que é un
dos puntos máis oeste de Europa e unha costa de referencia con
características de sinuosidade espectaculares. Temos un valor enorme
para que se acepte a candidatura”, afirmou Benítez.
Carmela
Silva: “A sustentabilidade ten que estar no centro das políticas”
Na
reunión, pola súa banda, a presidenta Carmela Silva amosouse
ilusionada polo proxecto, xa que tal e como recalcou, “a
sustentabilidade ten que estar no centro de todas as políticas e
este proxecto cumpre á perfección cos nosos obxectivos neste eido,
pois en cuestións de mobilidade temos claro que todas as decisións
teñen que estar inxeridas no cambio de modelo cara unha transición
ecolóxica”.
Sobre
EuroVelo Carmela Silva apuntou que “queremos formar parte desta
rede europea porque nos vai dotar de máis visibilidade e porque sen
dúbida vai perfectamente ligado ao turismo sostible que queremos
para a nosa provincia”. Amais, sinalou que “as bicicletas
teñen que ter cada vez máis espazos, é unha demanda social que
asumimos como propia porque realmente creemos nunha mobilidade na que
as e os peóns e as bicicletas teñan un papel prioritario”.
A directora de Turismo
Nava Castro, sinalou, así mesmo, que a candidatura conxunta da Xunta
coas deputacións de Pontevedra e A Coruña dará lugar a un
“percorrido interesantísimo que é o que solicitan os amantes do
cicloturismo”. Instou a aproveitar a oportunidade que se lle
presenta a Galiza e indicou que o EuroVelo é tamén unha vía pola
que se poderá atraer a máis peregrinos, lembrando que a ECF ten
calculado que cada ano se realizan 2.300 millóns de viaxes en bici
cun impacto económico de 44.000 millóns de euros.
A
natureza, primeira motivación de visita a Galiza
Pola
súa banda, Guti Martín, autor técnico da candidatura da provincia
ao EuroVelo, sinalou que o turismo deportivo é a terceira motivación
pola que a xente visita España, e que o turismo de natureza
vencellado ao turismo deportivo é a primeira razón pola que se
visita Galiza.
A
partir de aí, indicou que EuroVelo significa ofrecer unha nova
proposta ás persoas que lle gusta descubrir un territorio en
bicicleta, tanto para persoas que utilizan a bicicleta como medio de
transporte etapa a etapa, para aquelas que van a un campo base e logo
se desprazan na contorna coa bici, ou incluso para a poboación local
que fai unha excursión.
“EuroVelo
é a oportunidade de que as persoas amantes da bici teñan a
oportunidade de descubrir a costa da provincia de Pontevedra por un
percorrido o máis preparado para eles tanto en termos de seguridade
e de ciclabilidade, así como de experiencias, coñecendo todo o
patrimonio que ten a costa”, explicou.
A
candidatura, segundo o seu punto de vista, “é un proxecto moi
ambicioso, xa que Galiza pasará ser a segunda comunidade autónoma
en España ademais de Andalucía que comunique dúas rutas EuroVelo e
estamos a falar de conseguir 800 quilómetros de roteiros de
cicloturismo para ofrecernos ao mercado do cicloturismo e que nos
vexan como un destino atractivo dando pedais”.
Estudos
sobre o EuroVelo do 2018 falan de que o cicloturismo ten un mercado
senior (40-75 anos), onde o 64% son homes e o 36% mulleres, cun nivel
medio alto de estudos e socioeconómico que buscan aloxamentos de
primeira calidade e queren probar a gastronomía. “Estamos a falar
de que incluso o cicloturismo está a gastar incluso máis diñeiro
por día que o turista estándar que vai en coche. E estámonos a
adaptar a ese mercado tendo en conta que é unha rede transnacional
pero que é tamén unha rede local. A calquera que lle guste coñecer
un territorio na bici é a quen nos diriximos”, finalizou Martín.
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, vén de animar á veciñanza á participación no acto de presentación do ‘Calendario Galego de Ponteareas’ este sábado día 21 ás 18 horas no salón de plenos da Casa do Concello, un calendario froito da escolma fotográfica realizada polo xurado do concurso de fotografía convocado para o deseño deste calendario que nos acompañará ao longo do ano 2020.
Trece fotógrafas/os agasallan
nas páxinas do calendario un total de 17 fotografías a todos e a
todas nós para nos lembrar que Ponteareas agocha recunchos máxicos
e fermosos ocultos debaixo da nosa misteriosa néboa ou nas frondosas
beiras dos nosos ríos.
O Calendario Galego de
Ponteareas para o 2020 non só nos descobre a beleza da nosa paisaxe
e a importancia do noso patrimonio, ademais quere render homenaxe ás
e aos músicos da nosa vila que a través das distintas agrupacións,
coros e grupos levan o noso nome por todo o mundo e en cada evento no
que participan dentro do noso concello e fóra.
A partir do sábado o
calendario estará a disposición da cidadanía na casa do concello,
na biblioteca municipal sita na Perillana e nas casas e centros
culturais parroquias.
Fernando Groba explica que o
Calendario Galego de Ponteareas recordará durante todo o ano a
importancia da nosa bagaxe cultural.
Esta pasada fin de semana, nais, pais e profesorado do CRA ‘María Zambrano’ do Rosal traballaron xuntos para instalar o mobiliario das novas instalacións na biblioteca que o centro escolar ten na escola de Tabagón. O ‘María Zambrano’ accedeu a unha axuda da fundación La Caixa para dotar de mobiliario e material escolar a unha aula multisensorial.
Para a súa instalación foi preciso ampliar a biblioteca de Tabagón e, nesa actuación, o Concello fíxose cargo da ampliación e as obras leváronse a cabo durante o verán.
A biblioteca do CRA é un espazo dinámico no que os nenos e nenas non só están en contacto cos libros senón que nela realízanse actividades como contacontos ou presentacións, nas que participan tanto o alumnado como as súas familias.
Froito desta implicación, e para poñer en marcha o novo espazo, nais, pais e persoal docente traballaron xuntos para montar e instalar o novo mobiliario deixando todo preparado para a chegada do material da aula multisensorial, que fará realidade un proxecto que vai ampliar os usos e prestacións da biblioteca.
O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou o sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas e arroupado por numeroso público e representantes políticos da Comarca, os seus 30 anos de actividades micolóxicas continuadas.
O
acto
foi
conducido
por
Alejandro
Mínguez,
periodista
e
divulgador
micolóxico
de
Celanova,
membro
dunha
familia
de
afeccionados
á
micoloxía
moi
coñecidos
en
Ourense,
e
contou
coa
participación
de
Marisa
Castro,
referencia
na
micoloxía
galega,
que
debullou
a
historia
da
micoloxía
galega
nos
últimos
trinta
anos,
ou
máis.
A
Asociación
Ecoloxista
do
Condado
organizou
un
acto
público
no
que
se
presentou,
tamén,
a
revista
conmemorativa
dos
30
anos
de
actividades.
A
revista,
cun
saúdo
da
propia
Marisa
Castro,
conta
con
artigos
de
Helena
Villar
Janeiro,
Alejandro
Mínguez
e
ilustracións
do
afamado
debuxante
Calros
Silvar,
ademais
de
recoller
unha
serie
de
recortes
de
prensa
dos
últimos
corenta
anos,
do
arquivo
de
Jaime
Diz
«IV Premio Río Tea á Defensa, Conservación e Divulgación Ambiental»
Adenco entregou tamén o sábado o IV Premio Río Tea, que recoñece o traballo realizado por persoas e colectivos na Comarca. Este ano o colectivo decidiu entregarllo a Jaime Diz (Porriño, 1938), precursor na divulgación micolóxica coas actividades organizadas polo Círculo Recreativo da Vila do Louro a comezos dos 80. Ademais, Diz foi un dos descubridores da Amanita porriniensis, un raro cogomelo do que xa non se volveu ter novas e que foi descrito para a ciencia por este grupo de xente que comezou a pór en valor a micoloxía, que logo irradiou a outras comarcas e concellos galegos.
O Arquivo de Jaime Diz
Por último, Adenco agradece a cesión para a revista do arquivo de Diz, un inxente traballo realizado ao longo dos últimos cincuenta anos, nos que o porriñés recolleu, clasificou e arquivou metodicamente todo o que prensa galega publicou sobre a micoloxía no País, ademais de carteis e programas de actividades micolóxicas de case todos os concellos galegos.
Neste
momento,
o
arquivo
está
en
fase
de
ser
adquirido
por
unha
institución
pública
coa
intención
de
dixitalizalo
e
polo
á
disposición
de
toda
aquela
persoa
interesada.
Próximas actividades
A
actividade
do
colectivo
non
cesa,
e
este
sábado
21
de
decembro,
a
partir
das
20h,
na
Sala
Multiúsos
do
Auditorio
Reveriano
Soutullo,
proxectarase
o
documental
O
Salto,
dirixido
polo
nevense
Adrián
González,
que
recolle
a
loita
social
contra
a
construción
do
encoro
de
Sela,
no
rio
Minho
internacional,
un
proxecto
herdado
do
franquismo
e
que
aínda
está
pendente
de
derrogarse
definitivamente.
Contaremos
coa
presenza
do
director,
que
manterá
un
coloquio
co
público.
A
entrada
é
libre
e
gratuíta
ata
completar
capacidade.
O Concello de Nigrán presentou hoxe no CEIP A Cruz (Camos) a súa primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal para a súa posterior replantación co obxectivo, ao mesmo tempo, de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Esta iniciativa, pioneira na comarca, terá como resultado un novo bosque de abetos e pinos no espazo público do parque de Poutón (Vilariño). Alí, escolares e usuarios do Juan María realizarán a reforestación o luns 13 de xaneiro (no caso de resultar demasiadas árbores tamén se replantarán nalgunha das zonas de monte comunal queimadas nos incendios de 2017).
Baixo
este criterio, o Concello implicou aos colexios públicos (CEIP
Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares, A Cruz , Arquitecto
Palacios e CEE Juan María) como punto de recollida dos exemplares
entre os días 8, 9 e 10 de xaneiro en horario escolar, a maiores, o
viveiro Figueragro (Avda. Ramallosa, 107) tamén se sumou como lugar
de entrega e de asesoramento técnico. Na campaña colaborarán as
concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli
(adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na
plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques
de tormenta de Porto do Molle, o que permitirá a súa reutilización.
Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía
circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do
Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.
“Trátase
dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a
empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un
bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental,
difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade”,
defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove
intensamente na política local a Axenda 2030.
O
Concello agarda recibir entre 60 e 100 árbores e insiste en que se
trata de recollida de árbores naturais en bo estado para a súa
replantación, non se recollen ramas, exemplares cortados ou secos.
Debido aos graves danos sufridos durante a tarde de onte nas carpas instaladas na Praza de Avelino Vicente, a empresa encargada da súa montaxe decidiu retiralas todas ante a posibilidade de que as dúas que quedaron en pé puideran acabar sendo danadas durante a noite polas fortes rachas de vento.
Por este motivo o Concello da Guarda mirouse na obriga de suspender o Mercado de Nadal tal e como estaba concibido e tratará de “manter as foodtrucks que tiñamos previsión de que comezasen a funcionar a pleno rendemento durante a próxima fin de semana”. Na medida do posible, anunciou o Goberno que preside Antonio Lomba, “buscaremos algunha outra alternativa para conseguir que, a pesares do mal tempo, podamos gozar dun Nadal cunhas rúas cheas de vida”.
Así, pese ao mal tempo, esta vindeira fin de semana a Guarda congrega varias actividades para todas as idades enmarcadas na Programación de Nadal 2019/20 con música, chocolatadas, Pista de Xeo e moito máis.
Dende
o Concello recórdase que as fotos do Nadal na Guarda teñen premio,
cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan
as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas
Redes Sociais.
Pista de Xeo
A
Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en
funcionamento ata o 19 de xaneiro.
O
horario da Pista de xeo é de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as
fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario
especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h e
os días 24 e 31 de decembro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1 €. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.
Chocolatada de Acigu
Doutra banda, a Asociación de Empresarios Acigu CCA organiza a partires das 10:00 h da mañá deste sábado unha chocolatada na Praza do Monterreal, en caso de choiva realizarase na Casa dos Alonso.
Cantos de Nadal
Tamén o sábado desenvolverase a iniciativa “Cantos de Nadal” unha iniciativa que pretende alegrar e compartir o espírito do Nadal polas Rúas da Guarda contando coa participación de 6 grupos musicais da zona que amenizarán a todos os presentes na Casa dos Alonso.
A
partires das 18:30h os grupos O Trebón dos Xidos, Agrupación
Cultural Guardesa (Cantaruxas e Merliños), Coiro Vello, A Boalleira,
Paliqueiras, Carainas, Do Lusco ó Fusco, Tambaluca e o Grupo da
Terceira Idade da Guarda interpretarán varias pezas musicais.
Exposición de Pintura MixMedia “anetadocamilo”
O
vindeiro sábado día 21 de decembro ás 13:00h a Casa dos Alonso
acolle a inauguración da Exposición de Pintura «anetadocamilo»,
alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para expresar con pintura o
que con palabras non pode.
Segundo
explica a artista, «anetadocamilo» é un xeito de expresar
inquedanzas, sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un
mundo real con demasiados tonos de grises.
Para
esta exposición Beatriz Bascoy traballa coa técnica Mixmedia, unha
combinación dunha ou máis técnicas artísticas, de traballo e
materiais no lenzo.
«anetadocamilo»
avanza por un camiño onde se segue a emocionar cando unha persoa se
para ante unha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación
non mudou dende o principio desta viaxe …Ben sexa en lugares tan
diferentes como os pendellos de Agolada ou a Menier Gallery de
Londres.
Esta
exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello
da Guarda e se pode visitar ata o 4 de xaneiro na pranta baixa da
Casa dos Alonso en horario de 8:00h a 15:00h de Luns a venres.
Actuación de Gaitas
O
sábado ás 16:30h o Clube da Terceira Idade da Guarda acolle a
actuación do Grupo de Gaitas deste clube, con entrada libre para
todo o público.
Concerto de Panxoliñas
Na
xornada do Domingo día 22 de decembro a Igrexa Parroquial da Guarda
acolle un Concerto de Panxoliñas organizado pola Agrupación Coral
Polifónica da Guarda e que terá lugar a partires das 17:00h.
A Banda de Música do Conservatorio Superior de Vigo actuará no auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas este mércores, 18 de decembro, ás 18:30 horas.
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, anima a veciñas e veciños a gozar deste concerto que forma parte das actividades do programa de Nadal do Concello ponteareán.
O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de decembro a proposta de afectación das antigas escolas de Revolta, Budiño, Picoña e San Xurxo para destinalas a usos sociocomunitarios unha vez que todas elas obtiveron o visto bo da Xunta de Galicia para desafectalas do uso educativo.
A medida, sinalaba a concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón “é unha excelente oportunidade para destinar uns edificios educativos en desuso a actividades sociais e favorecer así a numerosos colectivos que poidan facer uso dos mesmos”.
No
caso da antiga escola de Vendanova, na parroquia de San Xurxo, o
edificio está xa en fase de rehabilitación para ser destinado a
centro de actividades para persoas afectadas por enfermidades
neurodexenerativas, en coordinación con AFAGA que traballa
actualmente con este colectivo no Centro Social da Devesa.
O obxectivo do Equipo de Goberno (MS e PSOE) é poder destinar estes edificios a diferentes usos sociocomunitarios que se irán definindo en contacto coa veciñanza e os colectivos de cada una das parroquias, tendo en conta as diferentes necesidades ou propostas que poidan presentarse.
As dúas forzas políticas que forman o goberno de Salceda recollían nos seus respectivos programas electorais propostas semellantes para este tipo de edificacións, polo que o libro de ruta se está a levar a cabo de xeito conxunto coincidindo na maioría das propostas.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, salientaba a “grande demanda” que ten Salceda en materia de espazos sociocomunitarios, unha demanda que ven dada, sinalaba Castiñeira “polo grande dinamismo asociativo co que contamos, polo que estudiaremos todas aquelas alternativas que poidan favorecer a estes colectivos que tanto enriquecen o noso municipio”.
Mañá martes 17 un conductor acusado dun delito contra a seguridade vial será sometido a un xuizo rápido nos Xuzgados do Porriño. O conductor, que cuadruplicaba, a taxa de alcoholemia e tiña o permiso de conducir retirado por dúas sentezas xudiciais, foi interceptado nun control conxunto realizado pola Policía Local e a Agrupación da Garda Civil de Tráfico. Este caso foi un dos trece positivos totalizados no operativo efectúado o pasado sábado noite en dúas vías de acceso á vila.
O resultado deste primer control conxunto de alcoholemia e drogas foi de oito alcoholemias administrativas; dúas alcoholemias que incurrían en presunto delito contra a seguridade vial e tres positivos pola inxesta de drogas na conducción.
Como cada ano a lona da carreira solidaria San Silvestre recibe ás e aos que chegan a Ponteareas na entrada da avenida de Galicia. O vindeiro 31 de decembro a cidadanía volverá xuntarse para facer deporte e para amosar que un gran de area pódese converter en toneladas de axuda para o centro de reparto de alimentos de Ponteareas.
O ano pasado recadaron unha
tonelada e media de alimentos e este ano a meta, non é só a liña
que deben cruzar na praza Maior, será superar a cantidade de axuda
que estamos dispostos/as a aportar.
Os Taninos Runners abriron
onte o prazo de inscrición na súa páxina web,
https://www.taninosponteareas.com/
e xa son máis de douscentos os que se inscribiron. A organización
dispón de 750 prazas para adultos que sairán ás 17:30 horas dende
a praza Maior para realizar un percorrido urbano que este ano chegará
ata a rotonda dos bombeiros. Duas voltas que farán un total de cinco
quilómetros.
Os e as máis pequenas dos
fogares ponteareáns correran na praza Maior repartidos en tres
categorías e entre todos eles e elas a organización repartirá
agasallos sorpresa.
En colaboración co concello
de Ponteareas, a través da concellería de Deportes, Taninos Runners
organiza cada ano esta proba deportiva de inscrión gratuíta que
recollerá alimentos e produtos de hixiene para o centro de reparto
de alimentos local a partir das 15:30 horas na carpa da praza Maior.
Taninos Runners quere recordar
a toda a cidadanía que tamén se poden achegar produtos de
alimentación aptos para celíacos e dende o centro de reparto de
alimentos recordan que son necesarias leites e cereais para bebés,
aceite de oliva e todo tipo de legumes e veduras en conserva.
O
pasado mércores día 11 de decembro o Grupo de Emerxencias
Supramunicipal (GES) do concello da Guarda recibiu un novo camión
tipo Bomba Rural Lixeira (BRL) que será empregado tanto para
incendios urbanos coma forestais e diversas incidencias coma
accidentes de circulación.
A
este acto asistiu unha representación da Corporación Local,
encabezada por Antonio Lomba, alcalde da Guarda, o vicepresidente da
Xunta, Alfonso Rueda; o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en
Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o director xeral de
Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axencia
Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, así como boa parte
dos 12 membros que conforman o GES da Guarda.
O
novo vehículo de primeira saída completamente equipado está
valorado en máis de 213.000 euros e dispón dun motor de 280 CV e
tracción total 4×4. Tamén conta cunha bomba de impulsión de alta e
baixa presión cun depósito de 2.000 litros de auga e de armarios
nos que albergar o material necesario para facer unha primeira
intervención na extinción de lumes. Ademais, os seus oito focos LED
e un mástil de iluminación permiten realizar intervencións en
situacións de pouca luminosidade. Ven a completar o equipamento
terrestre e acuático co que conta o servizo de emerxencias da Guarda
e mellorar a eficacia ante calquera intervención.
Esta
adquisición enmárcanse no proxecto de Asistencia Recíproca
Interrexional en Emerxencias e Riscos Transfronteirizos ARIEM+, unha
iniciativa de colaboración que lidera a Xunta co obxectivo de
xestionar de forma conxunta os recursos para mellorar a atención e a
coordinación das emerxencias nas zonas limítrofes con Portugal.
O Alcalde da Guarda e responsable de Emerxencias do municipio destacou o gran labor que realiza o GES da Guarda no seu ámbito xeográfico de actuación, que abarca aos concellos da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño, cun total de 919 incidencias atendidas no ano 2018.
Malia
a precariedade de medios existentes no ano 2013, cando se formou o
GES da Guarda, grazas a un importante esforzo económico en dotación
de materiais por parte do Cocnello da Guarda e a diversas cesións de
materiais da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, o GES da
Guarda conta arestora cunha importante cantidade de medios que
optimizan e melloran o seu servizo
Entre
as incidencias máis frecuentes destacan os accidentes, seguido de
operativos por animais, xestións medioambientais, incendios urbanos
e forestais, incidencias relacionadas coa circulación, operativos
varios, riscos, salvamento e rescate, sanitarios e de seguridade.
A
formación dos 12 efectivos que forman parte do GES da Guarda é unha
parte primordial para realizar unha atención adecuada no momento de
incidencias reais, por este motivo participan activamente ao longo do
ano en actividades de formación e simulacros de emerxencias xunto
con outros equipos de emerxencias como o helicóptero Pesca 1 do
servizo de gardacostas e tamén realizan charlas e xornadas de
emerxencias en diferentes centros educativos do Concello da Guarda,
participación en eventos acuáticos coma travesías a nado, entre
outros.
Neste
senso o GES da Guarda, dende o programa control velutina, a través
do 012, leva xestionado aproximadamente un total de 370 incidencias
dende o 11/06/2016 ao 11/09/2019.
O
GES da Guarda realiza diversas charlas informativas nos centros
educativos do municipio, que teñen coma obxectivo que os rapaces e
rapazas saiban como actuar ante situacións de risco ou emerxencias,
coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus
respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma
realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á
realización de simulacros de evacuación.
Tamén
destaca a colaboración coa Consellería de Medio Rural na atención
dos incendios forestais, prestando unha atención inmediata e apoio
nos diferentes incendios que afectaron aos montes da nosa contorna.
Cabe
destacar, que a empresa IKF España S.A., conta todos os anos co
Grupo de Emerxencias Supramunicipal para participar no simulacro
programado, así como facilitar o seu Plan de Autoprotección para
que os integrantes do servizo teñan coñecemento dos riscos que se
poden presentar nas súas instalacións.
Dende o Concello da Guarda se manifesta a aposta firme pola dotación de novos medios e o mantemento deste servizo de emerxencias, primordial para atender as incidencias na nosa zona, ante o illamento xeográfico, traballando pola mellora do GES da Guarda.
O Concello de Nigrán abre dende o luns 16 de decembro ao venres 20 o prazo de inscrición para acudir ao parque temático de Nadal ‘Perlim’, en Santa María da Feira, Portugal, o 26 de decembro. Os interesados deben anotarse de 9:30 a 13:30 na Oficina de Información Cidadá do Concello e o custe é de 6 € (os menores de 3 anos non pagan) que inclúe transporte en autobús e entrada ao recinto (o pago realizarase no mesmo día da saída).
Teñen prioridade as persoas empadroadas en Nigrán e a excursión está limitada a 100 prazas que se cubrirán por rigorosa de inscrición.
A saída o día 26 de decembro realizarase en autobús ás 10:30 horas dende a Casa do Concello, sendo o regreso aproximado ás 22:30 horas (o parque pecha ás 20:00 horas). Os asistentes poden acceder ao recinto con comida pero infórmase de que non existen zonas especialmente habilitadas para realizar picnic, si hay diferentes establecementos de restauración no interior.
O Concello de Oia vén de acometer as obras de reforma e mellora da accesibilidade do local das antigas Escolas de Loureza, unha actuación desenvolvida ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras consistiron na unificación, nun só local, dos dous edificios de escolas existentes. Así, tiráronse paneis, reforzouse a estrutura e fixéronse unha serie de melloras como a instalación dunha nova rampla e escaleiras de acceso, a construción de aseos novos e a renovación das instalacións de fontanería, saneamento, ventilación e electricidade.
Con estes traballos de
mantemento e mellora de accesibilidade das antigas Escolas de Loureza
desaparecen os problemas de conservación que presentaba este
inmoble, quedando totalmente habilitado para o seu uso cotiá.
Actualmente, estas instalacións de titularidade municipal empréganse
para o desenvolvemento de actividades socioculturais como poden ser
obradoiros, charlas, accións formativas, etc.
O importe das obras ascendeu a 48.356,42 euros, aos que hai que engadir a custo da redacción do proxecto. Ambas cantidades foron subvencionadas ao 100% pola Deputación Provincial ao abeiro do Plan Concellos liña 1, investimentos.
Outras actuacións do Plan Concellos
Por outra banda, o Concello de
Oia rematou outras tres actuacións en diversos puntos do municipio,
todas elas subvencionadas ao 100% ao abeiro da liña 1 do Plan
Concellos.
Entre elas destaca o acondicionamento e rehabilitación do lavadoiro da Portela (Burgueira), obras que supuxeron un importe de 33.550,69 euros. A actuación consistiu na limpeza da área de intervención, a construción dun acceso peonil, a instalación do pavimento, traballos de recondución da auga e a cubrición do lavadoiro.
Tamén se executaron traballos de acondicionamento no acceso á fonte do Xardín (Viladesuso), cuxo firme era de terra. Neste caso o importe das obras ascendeu a 25.432,93 euros.
Finalmente, investíronse 14.744 euros na finalización de instalación de leds en parte da parroquia de Mougás, substituíndo as antigas lámpadas do sistema de iluminación pública por unas novas que permitan aforros enerxéticos.
Eva García de la Torre coñeceu hoxe a sentenza que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documento público no eido da súa profesión como avogada, en todo caso anterior a súa etapa actual como alcaldesa do Porriño.
A rexedora local asegurou estar “tranquila e alivíada” polo fallo xudicial “despois de atravesar uns meses moi complicados pola utilización ilexítima dun asunto profesional no eido da política para tacharme de cousas incalificables”.
A sentenza “deixa claro que non cometin ningún feito punible de xeito que agardo que esta segunda absolución remate co ataque persoal do que fun vítima”, declarou.
A alcaldesa de O Porriño agarda que o seu caso sirva de exemplo de que “non todo vale para intentar cargarse a carreira política de alguén”. A sentenza, que lle foi comunicada hoxe a primeira hora da tarde, procede do Xuzgado do Penal nº 1 de Pontevedra, na mesma instancia que xuzgara os feitos e xa tivera ditada unha primeira absolución que agora reiterou.
Jesús Bravo, técnico medioambiental do Concello de Redondela vén de rematar a súa estancia dun mes en Mozambique, tempo no que estivo asesorando aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de xestión do lixo. A través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais socias da entidade, Bravo colaborou coa ‘Fundação Encontro’ para promover a separación, reutilización e reciclaxe dos residuos nas comunidades.
“
Regreso cunha mochila máis baleira de prexuízos e medos, e repleta de grandes vivencias, de moitísimas emocións, desa aprendizaxe que non se atopa nos libros”
“Regreso cunha mochila máis baleira de prexuízos e medos, e repleta de grandes vivencias, de moitísimas emocións, desa aprendizaxe que non se atopa nos libros”, comentou o voluntario á súa volta. “O obxectivo deste proxecto era compartir coñecementos e experiencias profesionais; logo do vivido e transmitido podo asegurar que esas metas foron acadadas plenamente”, engadía ao facer balance da estancia.
O labor de Jesús Bravo centrouse en ofrecer charlas de concienciación sobre o mellor xeito de xestionar o lixo, evitando sobre todo os vertedoiros incontrolados a ceo aberto. Axudou a instalar recipientes para separar os residuos e asesorou sobre o emprego da materia orgánica como compost, chegando a comprobar como a veciñanza poñía en práctica estas suxestións.
Tamén realizou varias actividades na Casa do Gaiato, fogar de preto de 200 nenos, supervisando a retirada de plásticos nas zonas de cultivo e organizando ‘brigadas antilixo’ cos cativos. Traballou asemade con activistas da Fundação Encontro, que agora se encargarán de darlle continuidade a este labor tanto a nivel interno como nas aldeas.
O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto. As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53 %. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.
Durante
a visita, Gregorio Agís asegurou que “é unha obra moi relevante
onde se pon en valor unha zona moi importante da Guarda. Tamén aquí
era necesario acometer os servizos e facer intervencións de
humanización e de mobilidade peonil”. Deste modo, os traballos
foron desenvolvidos en dous tramos. O primeiro abarca dende o cruce
coa rúa Enrique María Sesto ata o Hotel Convento de San Benito,
mentres que o segundo inclúe o camiño que vai dende o cruce entre a
PO-552 ata a rúa Enrique María Sesto.
O
alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicou: “Había tres eixos
arredor dos que xiraba esta praza, que eran a praza Avelino Vicente,
a entrada ó Auditorio de San Benito e o espazo que queda enfronte ó
Hotel de San Benito”. Ademais, engadiu: “Eu creo que esta vai ser
unha ganancia para A Guarda. Onde antes había coches agora vai haber
espazos para que a xente e os nenos desfruten”.
Así,
os obxectivos principais destas actuacións eran mellorar as
características monumentais e fortalecer a explotación como espazo
público. “Creouse un espazo central realmente acorde ó tipo de
zona urbana que é. Cremos que este tipo de actuacións son
fundamentais para a seguridade cidadá e para o desenvolvemento
económico destas zonas comerciais urbanas”, asegurou o deputado de
Infraestruturas durante a visita.
Por
outra banda, renováronse as instalacións de abastecemento,
saneamento, alumeado público e instalouse mobiliario público coa
finalidade de aumentar a integración das persoas con mobilidade
reducida e diminuír o impacto da pegada de carbono de cara á
creación de cidades e comunidades sostibles, un dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU dentro da Axenda
2030.
“Esta
rúa é, para nós, un modelo. Nela reduciuse moitísimo o tráfico;
é totalmente accesible e flexible”, subliñou o alcalde da vila.
Con todo, as beirarrúas pasaron de ser dun metro escaso a ocupar
todo o espazo público cunha gran plataforma que permite que tamén
poidan circular vehículos.
Finalmente,
o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, sinalou o investimento
que fixo a Deputación no concello da Guarda, que ascende a máis de
sete millóns de euros (7.187.066,73 euros), dende que Carmela Silva
tomou posesión no cargo de presidenta do ente provincial na
primavera de 2015.
Un ano máis, o C.B. Nigrán envórcase con aqueles que aquelas que máis o precisan organizando unha nova edición do O torneo solidario ‘Encesta un alimento’. A iniciativa ten tanto de solidaria –que o é sen ningún tipo de dúbida– como de ferramenta para inculcar valores, sobre todo nos máis pequenos, como propia solidariedade, algo que no C.B. Nigrán traballan como ninguén, tanto a directiva como o corpo técnico e que son un exemplo a seguir.
A nova edición de ‘Encesta un alimento’ desenvolverase no pavillón municipal de Panxón os días 21 e 22 de decembro e conta coa colaboración do Concello de Nigrán, Federación Galega de Baloncesto, La Caixa e Frutas Nieves que xa ven colaborando en edicións anterioes achegando froita aos nenos e nenas participantes.
Da imortancia deste evento fala ás claras a participación: máis de 700 xogadores e xogadoras pertencentes a 65 equipos no que supón o torneo máis grande de todos cantos leva organizados o club nigranense.
Desde a categoría baby, ata a categoría junior, pasando polas categorías benjamín, alevín, infantil e cadete, desfilarán polo polideportivo municipal ao longo do sábado 21 e domingo 22 para disputar diferentes partidos e compartir unha xornada de deporte, convivencia e festa.
Os partidos serán arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto que participan de maneira voluntaria e desinteresada, do mesmo xeito que fixeron en todas as edicións anteriores. Ademais dos encontros deportivos realizarase aos longo dos dous días sorteos de diferentes agasallos entre todos os asistentes.
Serán, polo tanto, máis de 700 nenos e nenas que gozarán practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas e que seguirán traballando no concepto solidariedade xa que cada xogador e xogadora achegará un alimento non perecedoiro algo que tamén poderá facer o público asistente e que, a bo seguro, fará.
No acto de clausura do torneo xogadores e xogadoras recibirán unha medalla que acreditará a súa participación no torneo, distincións que serán entregadas polo alcalde de Nigrán, Juan González e mailo concelleiro de Deportes. Ao mesmo tempo farase entrega da todalidade dos alimentos recollidos ao programa de alimentos de Nigrán co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas do municipio.
Unha vez máis, grazas ao C.B. Nigrán, baloncesto e solidariedade camiñan da man.
An Alfaya volve á novela xuvenil e faino baixo o paraugas dun premio tan celebrado como o ‘Raíña Lupa’, convocado pola Deputación coruñesa. E preséntanos unha historia que de seguro non deixará a ninguén indiferente, ao colocar sobre o tapete de xogo algunhas das situacións máis incómodas que afectan á sociedade actual e afrontar o reto de aportar algo de axuda na súa resolución. Que non é pouco!
O grupo ao que fai referencia o título desta novela curta é un grupo de axuda creado ao abeiro do Centro Cívico de calquera barrio de calquera cidade. Alí atópanse cinco mozos e mozas que presentan cadanseu problema diferente, pero todos eles redundan nun certo trato discriminatorio por parte do resto da sociedade e na dificultade para a súa integración plena. Eles son Antón, Runa, Carla, Amina e Nico, e a súa situación de vulnerabilidade ten que ver coa inmigración, o maltrato, a condición sexual ou certas eivas físicas, que condicionan o seu rol e o seu posto dentro da sociedade á que pertencen e os achegan á marxinalidade.
Na primeira parte da novela, cada un deles íspese para o lector presentando a súa situación fronte ao resto de integrantes deste grupo, o que é tanto como poñer diante dos ollos do lector cada un destes conflitos en toda a súa crueza. Sandra é a traballadora social encargada de coordinar o grupo e sacar aos seus membros das sombras nas que se agochan, pero ela tamén padece as súas propias feridas emocionais, o que parece representar un atranco poderoso para conducir os encontros.
Logo de presentar os problemas de cadaquén, vemos como a colaboración de todos os integrantes do grupo, incluída a propia coordinadora, é capaz de solventar algúns dos atrancos aos que os rapaces se enfrontan e, sobre todo, de proxectar sobre eles un raio de esperanza ao que se aferrar. E neste traballo a propia Sandra tamén será quen de enfrontarse ás feridas anteditas e atopar solucións para cicatrizalas e así superar os seus propios atrancos. De maneira que a esperanza convértese na verdadeira protagonista do relato dunha maneira tan contundente como eficaz na súa resolución.
‘O grupo’ é unha novela doada de ler, na que a linguaxe é sinxela e directa, o que conduce sen atrancos ao que presumimos que puido ser o motivo principal polo que An Alfaya decicíu escribila: provocar a reflexión sobre o noso entorno e sobre ese avance da sociedade polo que algúns dos seus membros van quedando polo camiño. Por iso me parece unha das lecturas máis acaídas dos últimos tempos para os institutos, onde se lle poderá sacar moito proveito á hora de formar homes e mulleres que de verdade se interesen por crear unha sociedade máis solidaria e xusta que a actual na que todos teñan cabida. E isto vai moito máis lonxe que as clases de literatura.
La verdad es que durante estos días muchos de los mentideros, perdón, quería decir de los noticieros nacionales, se han olvidado del fútbol y del problema con Cataluña para comenzar con la COP25, dedicando gran espacio a comentar la cumbre. Así que me empecé a preguntar que significa y eso y el significado de COP es ‘Conferencia de las Partes’ y es la reunión de los países firmantes del Convenio Marco de Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (CMNUCC) cuya primera sesión se celebró en Berlín en el año 1995.
Se supone que en esta cumbre, los jefes de Estado y de Gobierno, o en su nombre los ministros, toman decisiones para intentar mitigar los efectos de la crisis climática derivados de la acción humana. La verdad, que visto así en letras, suena muy bien. Se van a tomar decisiones para evitar que sigamos destruyendo nuestro planeta, ahora bien, me pregunto, ¿que decisiones se toman si algunos de los países más poderosos del mundo cómo EEUU, Inglaterra o Brasil no participan o es cómo sino estuvieran? ¿qué decisiones puede adoptar un Gobierno cómo el español en funciones y que no es capaz ni de ponerse de acuerdo par formar Gobierno?
Vistos los antecedentes, lo normal es que se hagan unos comunicados muy bonitos, diciendo que se van a reducir las emisiones de gases contaminantes, que vamos a plantar miles de árboles, que vamos a cuidad nuestra naturaleza, y que nuestro planeta en unos años va a estar cómo una rosa, pero por desgracia, la realidad será muy diferente.
Una pregunta que me hago, después de todo esto es ¿cómo una conferencia cómo esta se sienta capacitada para imponer o recomendar cualquier tipo de acción? Desde el momento que uno de los países que más han contaminado y siguen contaminando cómo es EEUU no se encuentra en la misma, cuando otro país, poseedor del llamado pulmón del plantea cómo es el Amazonas y que está dejando que se destruya tampoco se encuentra, que para celebrar dicha cumbre, se están desplazando unas 25.000 personas, que estoy seguro, no han llegado a la misma a pie, claro, ahora me dirán ustedes que van en coches eléctricos, y yo les responderé que seguro que han venido desde otros países en globos o en barcos a vela, porque seguro que ha sido así, y sobre los coches eléctricos,… estando en el país de Europa con más horas solares, ¿cuantos de esos coches se han cargado con energía fotovoltáica?
Se calcula, que el coste de esta cumbre va a ser de unas 65.000 toneladas de CO2 y de unos 50 millones de euros, por cierto, que sino se han dado cuenta, dicha cumbre se celebra en España y la hucha de las pensiones está vacía… Estamos en pleno siglo XXI, en la era de las comunicaciones, no es necesario desplazar miles de personas para realizar reuniones, para eso están las modernas telecomunicaciones, que nos hubiéramos ahorrado mucho dinero y se hubieran generado muchos menos residuos, pero claro no quedaba tan bonito.
Sinceramente, ¿éste es el ejemplo que nos quieren dar para que los habitante de éste planeta seamos conscientes del daño que le estamos produciendo al mismo? Creo que nuestros gobernantes, deberían de dar ejemplo con acciones concretas, pero claro, es más cómodo hacer los viajes oficiales en el Falcon, al que han tenido que aumentar el presupuesto del catering, porque de tantos viajes, ya se habían acabado los cacahuetes y las aceitunas…
Lo que todavía no se han acabado, son los buenos discos para recomendar a nuestros lectores y esta semana os vamos a proponer por un lado a Christoph Berghorn con un precioso trabajo y una portada que si nos inspira a cuidad nuestro planeta y por otro lado una pequeña joya electrónica a cargo de Craig Padilla y Marvin Allen, espero que los disfrutéis en éste fin de semana que pinta ser invernal.
Christoph Berghorn es un compositor alemán, desde muy joven se ha sentido atraído por la música y ahora ha publicado su primer trabajo, éste ‘Let Go’
Dividido
en 22 cortes, es un disco que atraviesa por las fuentes que ha bebido
el compositor, principalmente el jazz fusion, que es el estilo que
más se deja sentir en todo el trabajo.
Sin destacar ningún tema en particular, pero todos ellos con algo atrayente, estamos ante un disco de new age, incluso se puede decir de jazz suave, para escuchar tranquilamente en la primavera–verano mientras contemplamos algún precioso paisaje cómo el de la portada del disco.
Hablar
de Craig Padilla es hablar de uno de los grandes compositores de la
música ambiental espacial de la escuela americana y si se une con
otro gran músico cómo es Marvin Allen y con el aval de estar
editado por el sello Spotted Peccary Music la combinación resultante
no podía ser otra que una pequeña joya.
‘Toward
The Horizon’, así se titula éste trabajo que además cuenta con
una espectacular portada que ya nos indica que es algo especial, y es
que hasa los aficionados a otros estilos musicales, simplemente por
el echo de ver la portada ya dicen que tiene que ser especial éste
trabajo.
Nos
encontramos ante seis temas donde la música electrónica alcanza un
altísimo nivel, con secuencias que nos hipnotizan, con ritmos que
nos atrapan y con guitarras que nos cautivan, simplemente el primer
tema que le da título ya es de lo mejor que he escuchado en los
últimos tiempos, pero es que los demás, no se quedan atrás.
Música ambiental, secuencial, espacial, toda esa amalgama se da en éste trabajo, un verdadero placer para nuestros oídos que no podemos dejar de escuchar.
Marta Valcárcel é,
dende xuño deste ano, alcaldesa de Salvaterra de Miño. Colle a nova
rexedora local a testemuña dun ‘histórico’ como Arturo Grandal
Vaqueiro e convértese na primeira alcaldesa da vila fronteiriza para
afrontar retos de futuro que permitan continuar a liña de crecemento
sostido que mantén Salvaterra dende hai anos.
Estar no concello dende hai doce anos é sen dúbida unha importante rodaxe e mais se se ten en conta que no último mandato de Arturo Grandal, exercía un traballo de coordinación de case que todas as áreas, o que lle permite ter un extraordinario coñecemento da política local.
Están a piques de cumprirse os seus primeiros seis meses como alcaldesa, que valoración fai deste inicio de mandato? A dicir verdade, case sen darme de conta porque levamos seis meses sen parar. Rematamos as eleccións e atopámonos coa programación de verán, un tema complexo porque Salvaterra é un referente cultural cunha enorme cantidade de festas e eventos que case que non che deixan coller aire. Foron uns meses intensos, moi intensos, que nos deron para moito e nos que comezamos a marcar a nosa liña de traballo, con proxectos novos, moita ilusión e moitas ganas.
Este último mandato, no que coordinaba case que todas as áreas do Concello, serviulle como experiencia? Si, claro. Coñecer como funciona internamente un Concello é fundamental se logo queres desenvolver unha labor que beneficie á cidadanía. Cando miras as cousas dende fora, xa sexa nunha empresa ou nunha administración, a cousas míranse dun xeito diferente que cando estás dentro. Cando te ‘empapas’ ves cousas invisibles dende fora. Estes doce anos no concello déronme unha visión e unha experiencia que agora resulta fundamental. Este tempo permíteche saber onde dirixirte cando xorden os problemas, que facer ante cada situación e iso é o que esperan de ti os teus veciños e veciñas.
Pero é distinto ser alcaldesa que tenente de alcalde… Moi diferente. Ata o de agora, se había calquera problema o solucionaba pero, interiormente, sabía que se acontecía algo tiña a quen acudir, a esa persoa que te aconsella. Pouco a pouco, a experiencia vaiche dando seguridade.
Míranse os problemas antes? Os problemas e as solucións. Cando entrei como concelleira por primeira vez mirei claramente que significaba o concepto ‘experiencia’. Eu consultaba todos e cada un dos problemas cos que me atopaba e o que a min levábame días resolver, Arturo (Arturo Grandal Vaqueiro, alcalde ata maio de 2019) o resolvía cunha chamada. Esa é a experiencia, saber onde tes que dirixirte para atopar solucións aos problemas que se che presentan nunha Alcaldía.
“
Cando ti es alcaldesa pasas a ser ti mesma… en todo, á hora de afrontar os problemas e solucionalos pero tamén á hora de desenvolver os teus propios proxectos e as túas ideas”
En todo caso múltiplicanse as responsabilidades. Literalmente. Cando ti es alcaldesa pasas a ser ti mesma… en todo, á hora de afrontar os problemas e solucionalos pero tamén á hora de desenvolver os teus propios proxectos e as túas ideas. Xa non son proxectos doutros, senón os teus e os de teu equipo. Hai un proxecto en común, cunhas liñas ben marcadas e definidas pero despois, cada un, ten a súa forma de actuar e traballar para desenvolvelas.
Ese proxecto, como
alcaldesa, o tes que ter moi claro porque dende ese momento, ti es a
que tes que dar solucións ás dúbidas que poidan ter os teus
compañeiros e compañeiras.
Ten medo a equivocarse? Non. Preocúpame pero non me da medo. Na política municipal, como na vida, chega un momento en que tes que asumir responsabilidades e estar ao fronte dunha Alcaldía, leva aparellado ter que tomar decisións, acertar e equivocarse. Somos humanos e, como tales, podémonos equivocar á hora de tomar unha decisión. No que non nos podemos equivocar en buscar, sempre e por enriba de todo, o mellor para noso pobo e para os nosos veciños e veciñas. Tómese a decisión que se tome, tense que facer sempre buscando o mellor para a cidadanía que é a premisa que sempre debería ter presente unha alcaldesa ou un alcalde.
Sempre fun da
opinión de que, fagas o que fagas, é fundamental que che guste e á
min encántame o meu traballo. Se hai 20 anos dinme que ía acabar no
mundo da política ríome, pero a día de hoxe non concibo a miña
vida sen isto porque é o que, precisamente, lle da sentido a esa
vida.
Sempre dixo vostede que tivo moita sorte en estar tanto tempo traballando con Arturo Grandal. E o sigo dicindo. Tiven a sorte de traballar á beira dunha persoa que cho ensinaba todo, que non gardaba nada para el e descubriume un traballo que adoro. O contacto directo coas persoas, o poder dar solucións aos problema que teñen os teus veciños e veciñas, é marabilloso.
Confiou en vostede a cegas? Podería dicirse así porque non me coñecía de nada. Eu entrei no Concello de Salvaterra no último ano do famoso Plan Labora (antigo plan da Xunta de Galicia para que os menores de 30 anos acadaran experiencia laboral), aínda estaba a estudar e entrei para facer prácticas. Nese momento Arturo confiou en min para que formara parte do seu equipo, posteriormente estiven no Parlamento de Galicia pero nunca deixei o Concello, a política local que é o que realmente me apaixona.
Nunca dubidou? Nin por un momento. Por encima de calquera outra cousa está o Concello, a política municipal, o contacto coa xente, ese ir pola rúa e charlas con todos e todas e ter a capacidade de solucionar os seus problemas e mellorar a súa calidade de vida. Iso non ten prezo.
Que proxecto lle gustaría ver rematado ao final de mandato? Moitos. Temos moitos e moi ambiciosos…
Pero iso é bo, non? Si, claro que é bo, pero tamén son consciente de que é complicado. Pero voltando ao fío da pregunta, eu creo que o mellor proxecto que temos, a mellor obra que podemos facer a día de hoxe, é crecer. Crecer como municipio. Se miramos o problema de despoboamento que ten España e Galicia en que hai pobos que, literalmente, están morrendo, ver un pobo como Salvaterra, que mantén un crecemento continuo, sempre abre portas á esperanza.
Crecer non é doado… Non, a verdade é que non porque é unha combinación de diferentes accións e esas accións son, basicamente, o teu programa electoral e pasan por seguir facendo a Salvaterra un lugar atractivo como pobo para que a xente queira vir a vivir a Salvaterra e gozar unha calidade de vida como poucas.
Esa calidade de vida que ofrecemos, non a ofrece ninguén e non se conseguiu da nada nin por arte de maxia. Detrás desa calidade vida, hai un traballo duro e é precisamente esa liña de traballo a que temos que manter, a de aumentar a ese benestar dos nosos veciños e veciñas e iso, ao mesmo tempo, serve para que veñan outras persoas para asentarse aquí, persoas que buscan esa maior calidade de vida.
Para crecer,
necesitamos nenos e se temos nenos, necesitamos que estes e as súas
familias teñan todos os servizos necesarios…
Como unha escola infantil? Exacto, como unha escola infantil. Tiñamos unha que era municipal e ao pasala á rede de Galiña Azul, puidemos duplicar o número de prazas dispoñibles, a maiores temos o compromiso de ampliación para este próximo ano. Temos moitos nenos e necesitan actividades extraescolares e aquí téñenas. A escola de música é unha das actividades que máis alumnos e alumnas ten e necesitan un espazo propio para que poidan desenvolver esta actividade coa calidade que se lle esixe. Nesa liña temos o proxecto para rematar a reconstrución da Sindical en casa da Música. Os nenos crecen, estudan e necesitan un lugar onde poder facelo con garantías…
Como unha biblioteca axeitada? Si, porque a que temos se nos quedou pequena basicamente porque Salvaterra cambiou nos últimos anos e ese cambio chegou nos tempos nos que menos capacidade houbo de reacción por culpa dunha profunda crise. Agora estamos a pechar o proxecto de reconversión da antiga Casa do Concello en biblioteca municipal, é un proxecto que queremos que empezo e quede terminado neste próximo 2020
“
Eurociudade foi simplemente poñer nome ao que Salvaterra e Monção levan facendo desde sempre. Aquí non estamos a forzar nada”
O ser parte a Eurociudad axuda?, funcionan as eurocidades? Si que funcionan. Sen ningún tipo de dúbida. No noso caso, Salvaterra e Monção son un claro exemplo diso. É máis, unha Eurociudade foi simplemente poñer nome ao que Salvaterra e Monção levan facendo desde sempre. Aquí non estamos a forzar nada. A Eurociudade non a crearon os políticos, os políticos déronlle nome pero non crearon nada novo, non crearon unha relación que vén desde hai décadas.
Que os fai diferentes? Moitas cousas. De entrada, temos os dous centros urbanos fronte a fronte e pegados ao río, cousa que poucos teñen. Iso conleva que unha persoa que vén a Salvaterra e vai pola rúa que leva a Monção, e digo rúa porque para nós a ponte é unha rúa máis, de súpeto está en Portugal e é algo que os veciños dun e outro lado víveno con toda a normalidade do mundo.
Temos proximidade,
non hai sensación de pasar dun sitio a outro. Esa proximidade fixo
que, desde sempre, as relacións fosen moi estreitas… Aquí son
frecuentes os matrimonios mixtos, hai nenos e nenas de Monção que
veñen ás actividades extraescolares de aquí e hai nenos e nenas de
Salvaterra que van a clases de inglés ou natación a Portugal. Así
que o termo Eurociudade é algo que nos inventamos o políticos pero
que aquí vén existindo desde sempre.
Góstalle delegar ou levar todo persoalmente? Uf! Teño un problema con iso (ri). Gústame levar todo pero teño que delegar. Pero iso é un problema meu de sempre, non é de agora. Son unha persoa á que lle gusta ter todo atado e ben atado e á que lle gusta facer mil cosas á vez pero, o certo, é que non che queda outra que empezar a delegar. Pero, si, gústame ter todo moi controlado.
Os poíticos locais son máis vocacionais que os que se chaman de ‘alta política’? Os de ‘Alta política’ como dis, están nun despacho e quizá un pouco alleos á realidade cotiá. Nós, na política municipal, temos a sorte de ter ese contacto directo, para o bo e para o malo, que conste.
Aprendín o que era
a vocación de servizo público de Arturo e o ensinoume a ver a
política doutra forma diferente, cos nosos acertos e os nosos erros
pero, repito unha vez máis, poder axudar á xente que o necesita non
ten prezo.
É máis difícil para unha muller? Si e non. Cando empecei en política era a única muller nun equipo de homes e teño que dicir que nunca sentín marxinada. É certo tamén que marquei desde o principio os meus horarios porque tiña que compaxinar a miña vida política coa vida persoal. Pero é verdade que no tema da conciliación, a pesar de ter andado moito camiño, aínda queda moito por percorrer.
As administracións
son importantes á hora de facilitar a conciliación pero despois
queda a outra parte. A persoa que está contigo ten que compartir
responsabilidade e tarefas e iso xa non é culpa das
administracións… do todo, porque é de educación. Temos que
empezar a cambiar a nosa mentalidade.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou este sábado as renovadas instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz. Silva, que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o presidente do Mondariz C.F, José Manuel Vicente, puxo esta actuación como exemplo de actuación pública que fai posible asentar poboación no rural, proporcionando servizos de calidade no territorio.
A actuación foi financiada ao abeiro do
Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos. Así, en total, a Deputación
de Pontevedra achegou ao concello de Mondariz 529.962,31 euros que
serviu para reordenar o espazo dos dous campos de fútbol, de herba
natural e sintética. Construíuse un gran módulo para albergar os
vestiarios e servizos, unha cafetería acristalada con vistas ao
terreo de xogo, un espazo de lavandería, despachos e unha pasarela
cuberta para conectar co graderío. Ademais, executáronse unhas
balsas ecolóxicas para a depuración da auga, unha solución que vai
na liña da aposta da Deputación de Pontevedra pola
sustentabilidade.
Durante a inauguración, na que tamén
participaron o deputado provincial Gregorio Agís e os concelleiros
José Luis Fernández, Leopoldo Tato e Ánxeles Carballo, Carmela
Silva destacou que a cidadanía debe ter os mesmos dereitos viva onde
viva. “A xente comeza a estar un pouco cansa de que se fale de que
hai tomar decisións para frear o despoboamento do interior, pero que
logo non se fagan cousas para que as veciñas e os veciños poidan
quedar no territorio“. “O despoboamento“, continuou, “combátese
dándolle á veciñanza servizos de calidade“.
A presidenta da Deputación destacou o
valor do deporte, “que é algo máis que unha simple actividade
humana porque, ademais de educar en valores, serve para que todas e
todos traballemos en equipo”. Silva agradeceu o traballo das
sucesivas directivas do Mondariz C.F., “xente que, sen nada a
cambio, dedica moitas horas da súa vida ao ben común” e destacou
tamén a presencia feminina, tanto na actual directiva, como nas
anteriores, mesmo unha delas presidida por unha muller, como Sandra
González.
A presidenta Silva cualificou a renovación
do complexo deportivo da Lagoa como “unha obra de 10” e adiantou
que a Deputación ten vontade de seguir colaborando cos concellos da
provincia con novos plans, “para que os concellos, que son os que
mellor coñecen as necesidades, poidan facer máis obras como esta,
financiada co Plan de Reequilibrio”.
Finalmente, quixo aplaudir a presencia no
acto non só das anteriores directivas do Mondariz C.F, que cumpre
100 anos en poucos meses, senón tamén do anterior alcalde. “Os
políticos temos que querer aos nosos pobos tanto se estamos
gobernando, como se estamos na oposición ou xa fóra da actividade
política, así que o que vexo aquí hoxe fala moi ben de Mondariz”.
O actual alcalde, Xosé Emilio Barros,
comezou agradecendo o traballo de tódalas directivas do club e
felicitou expresamente á Deputación de Pontevedra. “Esta é unha
obra que xustifícase por si soa”, subliñou. “A Deputación fixo
un esforzo importante e investiu moitos cartos, pero a presidenta
pode marchar de aquí coa satisfacción do traballo ben feito”. O
presidente do Mondariz C.F., José Manuel Vicente, pola súa banda
destacou que o club conta agora cunhas magníficas instalacións para
os deportistas, “pero tamén para as familias, que poden gozar
duns equipamentos de calidade”. Todo elo, engadiu, anima á
directiva a continuar “con moita máis ilusión aínda”.
A Deputación de Pontevedra investiu no
concello de Mondariz máis de 5 millóns de euros durante o pasado
mandato 2015-2019. Con cargo á Liña 1 do Plan Concellos financiou
un total de 42 obras por máis de un millón de euros. Ademais, ao
abeiro da liña 3, de Emprego, Mondariz contratou a un total de 67
persoas desempregadas para traballar no Concello.
A ‘Liga Española de Vela–Trofeo Loterías y Apuestas del Estado’ enfilou este sábado a súa recta final en Baiona tras a celebración da segunda xornada de probas, nas que a tripulación do Real Club Náutico de Arrecife, que viña líder da primeira rolda, logrou manterse na cabeza.
A de hoxe foi unha xornada completa e complicada na baía de Baiona. Completa porque a frota puido disputarse as 10 probas previstas (co que xa suman un total de 18) no programa de regata; e complicada pola meteoroloxía, que volveu deixar importantes chuvascos, que atrasaron a montaxe do campo de regatas e o inicio das probas. Por sorte, o vento si axudou ás tripulacións e puxo emoción á xornada, soprando con entre 12 e 14 nós de media e refachos de ata 18-20 nós, e manténdose do sur, bastante estable durante toda a rolda.
Con estas condicións, a tripulación do Real Club Náutico de Arrecife logrou manterse no máis alto do podio parcial tras asinar dous primeiros e dous segundos postos nas regatas disputadas hoxe, e acabando a xornada con 24 na clasificación xeral provisional.
Os lanzaroteños van líderes seguidos moi de preto polo equipo do Real Club Náutico da Coruña, patroneado por Miguel Fernández, que hoxe, do mesmo xeito que fixese na xornada inaugural, volveu selar dous primeiros postos e axéxaos desde a segunda posición con 28.91 puntos.
Tampouco hai cambios no terceiro posto da clasificación, no que se mantén a tripulación do Real Club Náutico Gran Canaria, con 30.82 puntos. Esa axustada separación de puntos entre os tres primeiros clasificados será a que vai garantir, mañá domingo, a emoción para a última rolda.
Destacada foi tamén a actuación hoxe do equipo de casa. A tripulación do Monte Real Club de Iates, liderada por Fernando Yáñez, asinou un primeiro, tres segundos e dous terceiros postos, o que lle permitiu subir da sexta á cuarta posición, situándose ás portas do podio.
A ‘Liga Española de Vela–Trofeo Loterías y Apuestas del Estado’ concluirá o seu paso por Baiona mañá domingo coa celebración das probas definitivas na auga e a posterior entrega de premios ás tripulacións que resulten gañadoras. Será, unha vez máis, unha xornada de todos contra todos nas últimas 10 mangas do tipo barlovento sotavento que acabarán por definir o podio de gañadores.
O Monte Real Club de Iates, organizador da competición por delegación da Real Federación Española de Vela, poñerá o punto e final ao evento albergando nas súas instalacións a entrega de premios, á que asistirán o presidente do club, José Luis Álvarez; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez. A entrega dará comezo ás catro e media da tarde.
Clasificación Xeral (Top 5) tras a segunda xornada
Real Club Náutico De Arrecife (Lanzarote) – Leonardo Armas – 24 Puntos
Real Club Náutico Da Coruña – Miguel Fernández – 28.91 Puntos
Real Club Náutico De Gran Canaria – Onán Barreiros · 30.82 Puntos
Monte Real Club De Iates (Baiona)· Fernando Yáñez – 37.09 Puntos
Real Club Náutico De Palma (Mallorca) – Pedro Marí – 40.98 Puntos
A previsión do goberno do BNG e PSOE de aprobar os presupostos de 2020 no vindeiro pleno ordinario do día 26 vén de quedar truncada logo do “plantón” que, segundo o Goberno local, lle deron os os sindicatos ao non presentarse á mesa de negociación convocada o pasado mércores.
Na reunión debía abordarse todo o relativo á plantilla de persoal para o vindeiro ano 2020, requisito previo para que os orzamentos se podan someter a aprobación no Pleno. Non obstante –explica o executivo que preside Xosé Represas– “os sindicatos, malia acudir á Casa do Concello, decidiron non participar na reunión alegando falta de tempo para estudar os asuntos, a pesares de ter sido convocados cunha semana de antelación”. Os sindicatos tamén demandaban a celebración de dúas reunións en lugar dunha.
O goberno local lamenta o “plantón” porque, asegura, “non prexudica ao goberno do BNG e PSOE, senón que causa prexuizos ao conxunto dos cidadáns e ao interese xeral ao retrasar innecesariamente a aprobación dos orzamentos de 2020”.
O goberno de coalición non comprende a atitude dos sindicatos porque “mesmo podería poñer en risco a aplicación da suba salarial aprobada no seu día para a plantilla municipal”. Á vista do acontecido, os sindicatos foron convocados novamente para a vindeira semana, polo que o Goberno “apela a súa responsabilidade para sentarse a dialogar”.
Gran estrea en Galicia da liga Española de vela ‘Trofeo Loterías e Apostas do Estado’, que o Monte Real Club de Iates organiza estes días en Baiona por delegación da Real Federación Española de Vela. As Rías Baixas recibiron este venres á frota de 10 participantes dos diferentes clubs españois que aspiran a converterse no representante nacional na liga Europea de Vela, un privilexio que se lle concederá ao gañador desta competición.
Na xornada inaugural, a tripulación do Real Club Náutico de Arrecife (Lanzarote), co subcampión do mundo e gañador de varias edicións da Copa do Rey, Leonardo ‘Nete’ Armas á cana, colocouse líder tras impoñerse aos seus rivais nas probas disputadas cun deseño de liguiña de todos contra todos.
Os lanzaroteños participaron en 6 das 8 mangas disputadas asinando catro primeiros postos, un segundo e un terceiro. Tras finalizar a rolda, ‘Nete’ Armas mostrouse moi satisfeito polo gran traballo realizado pola súa tripulación.
“Foron –dixo Armas– probas moi intensas e complicadas, moi curtas e cos barcos moi xuntos, pero tamén moi divertidas. A verdade –asegurou– é que as gozamos moito e os barcos (os Fígaro Beneteau do Monte Real), que estaban en moi boas condicións, non se nos deron nada mal”.
O equipo do Real Club Náutico de Arrecife foi, sen dúbida, o mellor da primeira rolda, e chegará á segunda fase con 9 puntos no marcador, a 3 do seu rival máis directo, o equipo do Real Club Náutico da Coruña, liderado por Miguel Fernández, que vai segundo con 12 puntos.
Na terceira posición sitúase o Real Club Náutico Gran Canarias do olímpico e campión do mundo de 420, Onán Barreiros, que con 14 puntos ostenta o bronce provisional.
Esta primeira xornada da liga Española de vela ‘Trofeo Loterías y Apuestas del Estado’ celebrouse cunhas condicións que finalmente non foron tan complicadas como se prevía inicialmente. O vento soprou cunha media de 10 nós e picos de entre 13 e 14, e mantívose sen roles durante boa parte das probas, soprando do sur-suroeste.
Os 10 clubs participantes competiron en igualdade de condicións, a bordo dos Fígaro Beneteau do Monte Real Club de Iates. Completáronse, en total, 8 percorridos barlovento-sotavento de dobre voltas con algo máis dunha milla de distancia en total, nunhas probas bastante áxiles que permitiron a rotación dos diferentes clubs segundo o sistema establecido de liguiña de todos contra todos.
A xornada finalizou en terra cunha cea mariñeira á que asistiron todos os clubs participantes e membros dos comités e organización. Mañá sábado, se se cumpren as previsións, a competición retomarase ás 11 da mañá cun programa idéntico, de 10 probas técnicas na baía de Baiona.
A liga Española de Vela finalizará o domingo coa celebración das últimas regatas e a entrega de premios aos gañadores.
Clasificación Xeral (top 5) tras a primeira xornada
Real Club Náutico Arrecife – Leonardo Armas – 9 Puntos
Real Club Náutico A Coruña – Miguel Fernández – 12 Puntos
Real Club Náutico Gran Canarias – Onán Barreiros – 14 Puntos
Club Náutico Campello – Iván Moreno – 19,5 Puntos
Club Náutico El Arenal -· Aina Colom – 19,5 Puntos
Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, trasladaron os seus parabéns para o equipo, directivo técnico e xogadoras do ‘Mecalia Atl. Guardés’ tras conseguir o galardón de Mellor Equipo Feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino, un premio que concede anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
De igual xeito dende o consistorio local quérese dar o parabén polo subcampionato de liga, a fase final da Copa e a participación na terceira rolda da EHF Cup Europea, “sen dúbida unhas competicións de moita importancia e resultados que se traducen do bo estado de forma deste clube, que leva o nome da Guarda alá onde compite”.
Montserrat Magallanes valorou positivamente o traballo realizado dende o clube “e o seu forte compromiso ao máis alto nivel de competición”. Quixo destacar a concelleira de Deportes o “enorme esforzo” que tamén supón para o Concello da Guarda ter un equipo como o Mecalia Atl. Guardés na vila, adiantando que o compromiso co club “será sempre o de apoiar en todo o que sexa posible”.
Antonio Lomba aproveitou esta ocasión para destacar a recente participación das xogadoras Marisol Carratú e Rosario Urban e do adestrador José Ignacio Prades no Mundial de Xapón, “o que amosa a importancia que ten o balonmano femenino na Guarda”, dando os parabéns por tan importante hito deportivo.
O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, presentou unha iniciativa que se debaterá no Parlamento Galego para urxir á Xunta a que cumpra os seus compromisos en relación co saneamento da parroquia ponteareá de Ribadetea.
Luís Bará, acompañado do alcalde Xosé Represas e membros do BNG local, visitou a parroquia para reunirse coa Plataforma polo Saneamento en Ribadetea e darlle a coñecer o contido da iniciativa, na que o Bloque demanda que a Xunta informe das previsións para a redacción do proxecto integral de saneamento, así como do custe estimado das obras e a previsión orzamentaria para iniciar a execución desta obra no ano 2020.
Bará
lembrou que “polas características da parroquia de Ribadetea, que
conta con 900 veciños e veciñas, esta actuación foi considerada
prioritaria polo conxunto da corporación municipal, polo que o
goberno do PP na Xunta debe ser coherente e actuar en consecuencia
con celeridade”.
O
deputado nacionalista indicou que “dotar ás parroquias dun servizo
básico como o saneamento ten que ser resultado dun plan de
investimentos no que a Xunta se implique acompañando ás demais
administracións”
Incluída nas emendas aos Orzamentos da Xunta
O
BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2020, que se
atopan en tramitación parlamentaria, para que o goberno galego
destine os recursos necesarios para a execución da primeira fase da
obra nese ano.
Así mesmo, o BNG presentou diversas emendas “para que a Xunta cumpra dunha vez con Ponteareas e reserve o diñeiro necesario para satisfacer as demandas históricas das e dos ponteareáns que ano tras ano ignora o goberno do PP”.
Entre estas actuacións, o Bloque reclamou obras de mellora nos centros de ensino, melloras de seguridade viaria e peonil, a construción da nova escola infantil, a renovación da residencia de maiores, a ampliación do centro de saúde ou a restauración e protección de elementos patrimoniais como a Ponte dos Remedios.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a presidenta da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier, Milagros Pérez Enríquez, asinaron hoxe o convenio de uso do comedor escolar habilitado polo Concello en dependencias da Escola de Oficios, contiguas ás instalacións do centro educativo.
No convenio acórdase que a ANPA xestionará o comedor e o Concello
farase cargo do mantemento das instalacións. O comedor comezou a
funcionar na primeira semana do pasado mes de novembro e está a dar
servizo ao alumnado de primaria e secundaria do centro educativo
mediante a contratación dun servizo de cáterin.
Queda pendente asinar un convenio de cesión do espazo coa
Consellería de Educación para que a ANPA poida concorrer ás axudas
que convoca anualmente este organismo para o cofinanciamento dos
servizos de comedor escolar, tal e como se comprometera coa anterior
corporación municipal o xefe territorial.
Este xoves día 12 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario elixido para a celebración do ‘Concerto de Nadal’ do Coro do do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que ven de cumprir o seu primeiro ano de actividade, e que estaba incluído dentro da Programación de Nadal 2019/2020 do Concello guardés.
O concerto congregou a máis dun cento de persoas que gozaron do bo facer deste grupo coral de xente nova que, acompañados pola guitarra de Ubaldo Zabala e baixo a dirección de Bruno Díaz, interpretaron varios temas típicos do Nadal como Carabulla o Singing all toghether, que remataron coas ovacións e aplausos do numeroso público asistente.
Este foi o primeiro concerto deste Nadal programado dende o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, o segundo terá lugar o vindeiro xoves día 19 de decembro ás 20:00 h no Centro Cultural da Guarda, con entrada de balde.
A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, valorou esta actuación como “espléndida”, dando os parabéns a este grupo de xente nova e convidando á cidadanía “a asistir aos seus concertos, a implicar á xuventude na cultura musical e a formarse musicalmente no Conservatorio de Música da Guarda”.
O Conservatorio de Música Elemental da Guarda atópase na Rúa Vigo, na traseira do Pavillón Municipal da Guarda, na actualidade imparte formación musical de frauta travesera, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, guitarra eléctrica y clásica, piano, violín, viola, gaita e percusión. Todos os interesados poden ampliar información sobre o Conservatorio de Música Elemental da Guarda no número de teléfono 986 613 002 en horario de 15:00 h a 21:00 h.
O
Conservatorio organiza todos os anos concertos didácticos, que teñen
un fin educativo e serven para mostrar os instrumentos que se
imparten no conservatorio e potenciar as ensinanzas musicais entre a
xuventude da vila.
Tamén se realizan xornadas de portas abertas ás que poden asistir todos aqueles que estean interesados en probar ou coñecer os diferentes instrumentos que se imparten no conservatorio da Guarda.
O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, visitaron os traballos de consolidación do noiro na rúa Mon y Landa na EP-5005 e na estrada autonómica A Cañiza-Pousa (PO-400). As obras, xa rematadas, foran adxudicadas por 57.732,10 euros, sendo COVSA a empresa adxudicataria do contrato.
Durante a visita, Gregorio Agís destacou da mellora das condicións que supoñen estas obras e a necesidade que había de levalas a cabo: “Esta zona tiña un problema coa beirarrúa, que era estreita e que se afundía polos desprendementos. Esta foi unha obra que se acometeu con urxencia pola importancia que tiña para a seguridade”.
Así, o estado anterior da estrada presentaba un firme en mal estado e a beirarrúa non podía utilizarse de forma óptima a causa da inestabilidade do talude. Para paliar esta problemática resolveuse construír un muro de contención na base do noiro, así como tamén unha cuneta remontable de un metro de largo e unha senda peonil de 2,5 metros de largo.
Por outra banda, ante as taras que presentaba a beirarrúa, esta foi substituída por un sendeiro peonil funcional. Ademais, o firme existente foi reparado e introducíronse medidas de calmado de tráfico co fin de mellorar a seguridade viaria da estrada.
O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, sinalou que “a obra era necesaria polo perigo que tiña”. Ademais, aproveitou para agradecer á institución provincial os traballos realizados nunha das zonas máis poboadas e con maior tráfico de persoas do concello.
Deste
modo, dende que Carmela Silva tomou posesión do cargo de presidenta
da Deputación, o ente provincial leva investidos máis de 3,5
millóns de euros no concello de Crecente, dos cales case 2,5 millóns
pertencen á área de cooperación e 887.340,32€ á área de
mobilidade. Polo momento, ó abeiro do Plan Concellos 2019
concedéronse catro proxectos, cuxo presuposto ascende a máis de
170.000 euros.
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva participou na clausura do Cume do Clima COP25 onde interveu na mesa de debate ‘Os compromisos internacionais dos gobernos locais’, no marco da xornada ‘Os retos dos gobernos locais fronte ao cambio climático’, que foi inaugurada no IFEMA de Madrid polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e polo presidente da FEMP Abel Caballero.
Silva reivindicou na súa intervención a importancia do local para facerlle fronte á emerxencia climática: “non teño ningunha dúbida, o mundo local é o gran centro da acción polo clima. Os alcaldes, alcaldesas e presidentes e presidentas das deputacións temos algo que non teñen outras administracións: a proximidade, falar de ti a ti cada día coas nosas veciñas e os veciños”.
Deste xeito, a presidenta subliñou que “a administración local leva moito tempo sendo consciente de que os dous grandes retos económicos, políticos, medioambientais, sociais, culturais do mundo son a loita pola igualdade entre mulleres e homes e a transición ecolóxica. Desde o local estanse a tomar decisións valentes, destinándolle moitos recursos e cun discurso que está calando entre a cidadanía”.
Ao respecto da Deputación de Pontevedra, a presidenta destacou que estes dous grandes compromisos, adquiridos desde a súa toma de posesión, veñen reflexados nos orzamentos. “O orzamento do 2020 elaborouse tendo en conta os 17 ODS, para cumprir cada unha das súas 167 medidas, moi centradas na igualdade e na transición ecolóxica”.
Así, Carmela Silva detallou que o primeiro que fixo a institución provincial foi unha auditoría para coñecer o grao de cumprimento dos ODS, “tiñamos que saber de onde partir, e como levábamos dous anos actuando xa neste eido deunos unha porcentaxe moi elevada, o 91 % do cumprimento. O noso obxectivo é chegar ao 100% xa que sabemos que hai unha emerxencia climática, non o podemos negar”.
Tamén
aproveitou a presidenta para sinalar algunhas das actuacións que
está a desenvolver a Deputación de Pontevedra neste eido, como o
plan de tratamentos sólidos, baseado na compostaxe e ao que
cualificou como “o máis ambicioso que existe no mundo”, os
proxectos de mobilidade para recuperar o espazo público para as
persoas ou a aposta por produtos de proximidade. “Iniciativas que
nos están a permitir construír unha provincia máis amable, onde as
persoas son o centro de todo”, subliñou Silva.
Xunto
á presidenta da Deputación, tamén interviñeron na xornada para
afondar sobre os retos dos gobernos locais fronte ao cambio climático
o alcalde de Sevilla (Juan Espadas), o de Zaragoza (Jorge Azcón), a
alcaldesa de Canyelles en Barcelona (Rosa Huguet), o alcalde de Soria
(Carlos Martínez) e a alcaldesa de Gijón (Ana González).
A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera, tacharon de “despropósito” e “grave irresponsabilidade” o pintado da Avenida de Castelao por parte da Xunta de Galicia. Ambos edís lembraron que as obras de asfaltado concluiron hai uns dous meses “e o pintado continua incompleto”.
“Faltan os cebreados en zonas de seguridade, cedas ao paso ou stops, frechas de xiro, etc”, sinalan e recordan que “ao rematar o asfaltado a Xunta dispuxo de bastantes días con bo tempo para facer o pintado. A pesares dos nosos requirimentos non o fixeron. Tras un mes de novembro de choivas, existía o compromiso de comezar o pintado o luns 2 de decembro ante a previsión de bo tempo, pero os traballos non comezaron até o festivo 6 de decembro, de tarde e noite”.
Garrote e Mera acusan á Xunta “de deixar pasar unha semana enteira de bo tempo e vir no último momento para deixar o traballo de novo sen rematar”. Engaden que “en lugar de pintar nos primeiros días de bo tempo, fixérono de noite e con néboa e humidade no chan de maneira que o pintado é de mala calidade”.
Por último, os edís lamentaron que a Xunta néguese a facer o paso de peóns solicitado polo Concello a carón do coñecido como Parque de Mota e anunciaron que a súa realización será asumida polo goberno local “porque o primeiro é garantir a seguridade dos peóns”.
Para Garrote e Mera, o acontecido revela aínda máis a necesidade de que “a Xunta negocie un acordo para traspasar ao Concello a competencia sobre a Avenida de Castelao, entregándoa debidamente humanizada de maneira que no futuro a responsabilidade sobre o mantemento e xestión da rúa sexa municipal”.
O colexio ‘Pintor Antonio Fernández’ de Goián entregou hoxe o primeiro ‘Premio á Diversidade’ dos 18 que entregará este curso a unha persoa ou colectivo que leve a cabo algunha iniciativa que axude no camiño cara un mundo máis diverso no que prime o respecto e a tolerancia.
Este recoñecemento foi entregado a Tinita Ozores, merecedora deste primeiro premio honorífico “pola súa traxectoria vital nun tempo no que as mulleres o tiñan aínda máis difícil que agora”.
“
“Todos e todas deberiamos recibir unha ovación ao menos unha vez na vida, porque todos e todas vencemos ao mundo” (Do libro Wonder, R. J. Palacio)
Tinita é a madriña da aula de inglés do centro e nos vindeiros días cumplirá 90 anos polo que a entrega tivo un carácter máis emotivo cando as alumnas e os alumnos lle entregaron os agasallos e entoaron o Happy Birthday.
Clementina Ozores, ‘Tinita’, é licenciada en Filosofía e Letras, catedrática de inglés e veciña de Goián. Foi profesora de lingua inglesa en varios institutos ademáis de ser unha intrépida viaxeira que xa percorreu os cinco continentes e con intención de continuar polo que a súa lección de vida, tal e como reflexa a placa que dá nome a súa aula, é “viaxa para medrar como ser humano”.
O Centro Comercial Aberto ‘Banastra’ de Ponteareas abrirá as súas portas este domingo 15 de decembro, en horario ininterrompido, para que todas as familias poidan facer as súas compras de nadal sen presas. O Merca Nadal abrirá as súas portas na carpa da praza Maior de 11 h a 20 horas.
Os establecementos de Ponteareas ofrecerán aos visitantes ducias de propostas de agasallos para o Nadal e unha ampla oferta de produtos de calidade que fan do comercio de Ponteareas, un comercio próximo e de confianza.
A Concellería de Promoción Económica convida a toda cidadanía da área metropolitana a desfrutar do domingo en Ponteareas “onde poderá facer as súas compras, desfrutar da boa gastronomía que ofrece a hostalería local e pasar o seu tempo de lecer porque na carpa da praza Maior haberá tamén actuacións en vivo, animación infantil e sorteo de agasallos”.
Técnicos agrícolas da Asociación Forestal Galega (ASEFOGA) ofrecerán este martes de 19:00 h a 21:00 horas no local social de Chandebrito (rúa do Turreiro, 4) unha xornada técnica sobre o cultivo de froitos do bosque en Galicia a tenor, precisamente, da plantación piloto realizada en terreos da Comunidade de Montes Chandebrito grazas a un convenio coa Deputación de Pontevedra no que colabora o Concello de Nigrán.
A xornada, aberta a todo
o público interesado neste cultivo, servirá de guía e incentivo
para a producción de arándanos, framboesas, grosellas e amoras
entre veciños e demais comunidades de montes. Este cultivo, que non
precisa de gran superficie e resulta moi rendible económicamente,
resulta idóneo para pequenos terreos infrautilizados en Galicia,
contribuíndo así non só a xerar emprego, se non a evitar os lumes
(producidos en gran medida polo abandono do medio rural) e a
recuperar terras.
“O PH ácido do solo de Galicia, a humidade e o clima atemperado fai que esta terra resulte especialmente idónea para cultivar os froitos do bosque, estes contan cada vez con maior demanda por parte do consumidor e teñen un rendemento económico moi superior ao resto de froita, xa que se están a vender en fresco a unha media de 7/15 euros kilográmo, sendo o arándano o mellor pagado”, explica Diego Barral, técnico de ASEFOGA que traballa neste proxecto.
Os primeiros beneficios económicos resultan ao cabo de tres anos (estímase que a partires do séptimo ano a producción chega ao seu máximo cun rendemento de 11.000/20.000 kg/ha). Así, segundo os últimos datos, en España a facturación de ‘berries’ aumentou un 300 % nos últimos cinco anos debido a súa crecente popularidade entre os consumidores polas súas cualidades dietéticas, gustativas e terapéuticas (consúmense fundamentalmente como producto fresco pero tamén en marmeladas, deshidratados ou conxelados).
A Deputación destinou
36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento
dos froitos do bosque (amoras, arandos ou framboesas) e facer fincapé
na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e
forestais en desuso.
A
Casa da Cultura de Redondela acolle, este venres 13 de decembro ás
19 horas, a presentación do libro de Isabel Blanco «La muerte de
Marilyn y otros relatos».
Cinco historias nas que o amor e a morte forman parte de todas elas.
La
muerte de Marilyn, El reloj, La boda, Pecados veniales e La niña
Perla, las muertes de la calle Estrecha y las pintadas, constitúen
un compendio de historias “incisivas, inquietantes ou
disparatadas”, nas que se tratan temas como o trastorno
disociativo, a miseria moral dos vencedores da Guerra Civil, a
ambición, as diferencias de clase ou mesmo unha historia de crímenes
en serie.
Na
presentación, Isabel Blanco estará acompañada da alcaldesa de
Redondela, Digna Rivas e da avogada do Centro de Información á
Muller (CIM), Mercedes Carreira.
A aposta do Goberno de Carmela Silva polo respecto ao Medio Ambiente e a transición ecolóxica xa se reflexa este Nadal na decoración elixida para o Pazo Provincial de Pontevedra. Deste xeito, a presidenta provincial manifestou que “ten que haber un compromiso cos parámetros dos ODS proxectos pola ONU, porque o noso planeta non soporta que sigamos a tratalo como estamos a facer. Pero ademais do compromiso nas grandes decisións, temos que facelo na vida cotiá e este ano na Deputación decidimos apostar por unha decoración de Nadal sostible e respectuosa”.
Así, o Pazo da Deputación luce xa “marabillas de decoración de Nadal” feitas sobre madeiras, troncos, pedras, material reciclable e sostible, con luces LED e elementos “todos eles respectuosos co planeta”. Ademais, foron os elementos nos que participaron activamente as persoas integrantes de Igualarte e Juan XXIII, “grandes artistas, un orgullo e un exemplo para o conxunto da sociedade” –tal e como asegurou Carmela Silva–, que se encargaron de decorar o vestíbulo do Pazo con elementos de madeira pintados a man.
“Todas as persoas temos dereito a participar en todo, e todas e todos temos grandes capacidades e somos creativas e creativos, así que agradezo moito que Igualarte e Juan XXIII teñan participado con nós nun Nadal sostible”.
Tamén
se implicaron na decoración do vestíbulo as funcionarias e
funcionarios da Deputación a través dunha campaña de comunicación
interna. “O mundo o moven os afectos. Cando es capaz de crear
espazos onde hai afecto, complicidade, colaboración, onde a xente
traballa xunta cun proxecto común, a xente sempre resposta. E dende
logo as funcionarias e funcionarios teñen respondido dunha forma que
a min me fai sentir orgullosa, emocionada e moi leda por ver que aquí
temos a grandes servidoras e servidores públicos”, manifestou
Silva.
Deste
xeito, a través da campaña de comunicación interna convidóuselles
ás funcionarias e aos funcionarios a achegar botes de vidro das súas
casas para configurar elementos decorativos e “o éxito foi moi
grande, temos cerca de 1.500 botes que trouxeron as funcionarias e
funcionarios sendo os servizos de RRHH, Igualdade e Areeiro os que
máis botes recolleron”, salientou a presidenta quen aproveitou
para facer “unha mención moi especial á Unidade Galopíns de
Príncipe que fixo entrega de botellas de vidro decoradas”.
Xunto
aos botes tamén se impulsou un concurso de decoración das
dependencias da Deputación con materiais de reciclaxe e respectuosos
co Medio Ambiente. “Teñen participado en total 20 servizos que
serán avaliados pola funcionaria máis nova e a de maior idade e
polo funcionario máis novo e o de maior idade. Haberá dous premios,
con produtos de Rías Baixas, de proximidade e, polo tanto, máis
ecolóxicos e respectuosos, que se entregarán o 20 de decembro,
coincidindo co acto de entrega de distincións ás persoas que se
xubilaron neste ano”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.