20.4 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaRúa Concepción Arenal, unha referencia peonil e comercial no centro da Guarda

    Rúa Concepción Arenal, unha referencia peonil e comercial no centro da Guarda

    O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto. As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53 %. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.

    Durante a visita, Gregorio Agís asegurou que “é unha obra moi relevante onde se pon en valor unha zona moi importante da Guarda. Tamén aquí era necesario acometer os servizos e facer intervencións de humanización e de mobilidade peonil”. Deste modo, os traballos foron desenvolvidos en dous tramos. O primeiro abarca dende o cruce coa rúa Enrique María Sesto ata o Hotel Convento de San Benito, mentres que o segundo inclúe o camiño que vai dende o cruce entre a PO-552 ata a rúa Enrique María Sesto.

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicou: “Había tres eixos arredor dos que xiraba esta praza, que eran a praza Avelino Vicente, a entrada ó Auditorio de San Benito e o espazo que queda enfronte ó Hotel de San Benito”. Ademais, engadiu: “Eu creo que esta vai ser unha ganancia para A Guarda. Onde antes había coches agora vai haber espazos para que a xente e os nenos desfruten”.

    Así, os obxectivos principais destas actuacións eran mellorar as características monumentais e fortalecer a explotación como espazo público. “Creouse un espazo central realmente acorde ó tipo de zona urbana que é. Cremos que este tipo de actuacións son fundamentais para a seguridade cidadá e para o desenvolvemento económico destas zonas comerciais urbanas”, asegurou o deputado de Infraestruturas durante a visita.

    Por outra banda, renováronse as instalacións de abastecemento, saneamento, alumeado público e instalouse mobiliario público coa finalidade de aumentar a integración das persoas con mobilidade reducida e diminuír o impacto da pegada de carbono de cara á creación de cidades e comunidades sostibles, un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU dentro da Axenda 2030.

    “Esta rúa é, para nós, un modelo. Nela reduciuse moitísimo o tráfico; é totalmente accesible e flexible”, subliñou o alcalde da vila. Con todo, as beirarrúas pasaron de ser dun metro escaso a ocupar todo o espazo público cunha gran plataforma que permite que tamén poidan circular vehículos.

    Finalmente, o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, sinalou o investimento que fixo a Deputación no concello da Guarda, que ascende a máis de sete millóns de euros (7.187.066,73 euros), dende que Carmela Silva tomou posesión no cargo de presidenta do ente provincial na primavera de 2015.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS