8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaOia reforma e mellora a accesibilidade das Escolas de Loureza

    Oia reforma e mellora a accesibilidade das Escolas de Loureza

    Os traballos foron desenvolvidos ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun investimento de 48.356,42 euros

    O Concello de Oia vén de acometer as obras de reforma e mellora da accesibilidade do local das antigas Escolas de Loureza, unha actuación desenvolvida ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras consistiron na unificación, nun só local, dos dous edificios de escolas existentes. Así, tiráronse paneis, reforzouse a estrutura e fixéronse unha serie de melloras como a instalación dunha nova rampla e escaleiras de acceso, a construción de aseos novos e a renovación das instalacións de fontanería, saneamento, ventilación e electricidade.

    Con estes traballos de mantemento e mellora de accesibilidade das antigas Escolas de Loureza desaparecen os problemas de conservación que presentaba este inmoble, quedando totalmente habilitado para o seu uso cotiá. Actualmente, estas instalacións de titularidade municipal empréganse para o desenvolvemento de actividades socioculturais como poden ser obradoiros, charlas, accións formativas, etc.

    O importe das obras ascendeu a 48.356,42 euros, aos que hai que engadir a custo da redacción do proxecto. Ambas cantidades foron subvencionadas ao 100% pola Deputación Provincial ao abeiro do Plan Concellos liña 1, investimentos.

    Outras actuacións do Plan Concellos

    Por outra banda, o Concello de Oia rematou outras tres actuacións en diversos puntos do municipio, todas elas subvencionadas ao 100% ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos.

    Entre elas destaca o acondicionamento e rehabilitación do lavadoiro da Portela (Burgueira), obras que supuxeron un importe de 33.550,69 euros. A actuación consistiu na limpeza da área de intervención, a construción dun acceso peonil, a instalación do pavimento, traballos de recondución da auga e a cubrición do lavadoiro.

    Tamén se executaron traballos de acondicionamento no acceso á fonte do Xardín (Viladesuso), cuxo firme era de terra. Neste caso o importe das obras ascendeu a 25.432,93 euros.

    Finalmente, investíronse 14.744 euros na finalización de instalación de leds en parte da parroquia de Mougás, substituíndo as antigas lámpadas do sistema de iluminación pública por unas novas que permitan aforros enerxéticos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.