20.5 C
Pontevedra
Sábado, 18 de Setembro de 2021
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiObradoiros, cine, maxia e visita do Apalpador, propostas infantís na programación de...

    Obradoiros, cine, maxia e visita do Apalpador, propostas infantís na programación de Nadal en Tui

    Dende o próximo luns, 23 de decembro, os nenos e nenas serán os grandes protagonistas na programación “Tui, Camiño do Nadal, o camiño natural”

    Dende o luns, coincidindo co inicio das vacacións escolares, cada mañá na Sala Xacobeo da Área Panorámica haberá obradoiros infantís a cargo de En Un Tris Tras –con capacidade máxima para 70 nenos e nenas– e polas tardes proxectarase unha película de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez –con capacidade máxima para 100 nenos e nenas–. Pero tamén prosegue a programación de Nadal na Biblioteca co Mago Samuel Moreno que actuará o xoves 26, e o Apalpador visitará os cativos e cativas de Tui o venres 27 ás 12 h na Biblioteca tudense.

    O luns, 23 de decembro, ás 11 h na Sala Xacobeo terá lugar o primeiro dos obradoiro infantís previsto baixo o título de ‘Un Nadal Pixelado’ onde os nenos e nenas realizarán distintas figuras de Nadal con hama beads. Ás 16.30 h, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica coa proxectarase a película ‘El Grinch’. Máximo 100 persoas.

    O xoves, 26 de decembro, de 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo os cativos poderán converter os seus debuxos en chapas no obradoiro infantil ‘Navichapa’. Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez proxectarase ‘Arthur Christmas: Operación regalo’. Tamén o xoves 26 ás 17 h dentro da programación de ‘Nadal na Biblioteca’ na biblioteca tudense haberá un obradoiro maxia co mago Samuel Moreno dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. É preciso inscrición previa no propio centro bibliotecario.

    O venres 27 ás 11 h os nenos e nenas que asistan ao obradoiro infantil ‘Abeto Navideño’ fabricarán os seus propios adornos para a árbores de Nadal con diferentes materiais. Ás 12 agárdase a visita do Apalpador á Biblioteca Pública Municipal. E ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez proxectarase a película de ‘Paddington’.

    As actividades continuarán o luns, 30 de decembro, ás 11 h cun obradoiro de ‘Marionetas do Nadal’ e ás 16.30 h coa proxección de ‘Smallfoot’. O ano comezará cunha aposta pola reciclaxe no obradoiro infantil que se celebrará o xoves, 2 de xaneiro, ás 11 h e xa pola tarde proxectarase ‘Polar Express’ ás 16.30 h, e media hora despois na biblioteca tudense Migallas Teatro levará a cabo o contacontos ‘Os contos do chupete’ dirixido a bebés de 0 a 3 anos.

    Por último, o venres, 3 de xaneiro, ás 11 h terá lugar o derradeiro dos obradoiros infantís co título ‘Chegan os Reis Magos!’ e ás 16.30 h poderase ver na Sala Félix Rodríguez a película ‘Tienda mágica Mr Magorium’.

    Compre lembrar amais a decoración situada nas prazas do Concello, San Fernando a Armada e Fromista, e nas rúas Ordóñez, Ourense e Colón nunha campaña que aposta pola economía circular e a reciclaxe. Unha árbore de madeira coa frecha do Camiño a modo de estrela, o buzón real, un dos vehículos da película Cars transformado en trono, un pergamino no que deixar desexos, monecos de neve, Rudolf, Frozen, piruletas, un tren, ou unha pedra indicativa do Camiño, forman parte desta decoración de Nadal.

    Programación infantil

    • Luns, 23 de decembro de 2019
      • De 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica (Porta 12) Obradoiros Infantís “Un Nadal Pixelado” Máximo 70 persoas.  
      • Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Porta 10) Cinema infantil coa proxección de “El Grinch”. Máximo 100 persoas.
    • Xoves, 26 de decembro de 2019
      • De 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica (Porta 12) Obradoiros Infantís “Navichapa”. Máximo 70 persoas.  
      • Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Porta 10) Cinema infantil coa proxección de “Arthur Christmas: Operación regalo”. Máximo 100 persoas.
      • Nadal na Biblioteca
        • Ás 17.00 h na Biblioteca Pública Municipal de Tui Maxia con Samuel Moreno.  Dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. É preciso inscrición previa.
    • Venres, 27 de decembro de 2019:
      • De 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica (Porta 12) Obradoiros Infantís “Abeto Navideño”. Máximo 70 persoas.  
      • Ás 12 h na Biblioteca Pública Municipal visita de O Apalpador
      • Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Porta 10) Cinema infantil coa proxección de “Paddington”. Máximo 100 persoas.  
    • Luns, 30 de decembro de 2019
      • De 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica (Porta 12) Obradoiros Infantís “Marionetas do Nadal”. Máximo 70 persoas.  
      • Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Porta 10) Cinema infantil coa proxección de “Smallfoot”. Máximo 100 persoas.  
    • Xoves, 2 de xaneiro de 2020
      • De 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica (Porta 12) Obradoiros Infantís “Reciclaxe navideño”. Máximo 70 persoas.  
      • Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Porta 10) Cinema infantil coa proxección de “Polar Express”. Máximo 100 persoas.  
      • Nadal na Biblioteca
        • Ás 17.00 h na Biblioteca Pública Municipal contacontos para bebés de 0 a 3 anos Migallas Teatro con  “Os contos do chupete”. Inscrición previa.
    • Venres, 3 de xaneiro de 2020
      • De 11.00 h a 13.00 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica (Porta 12) Obradoiros Infantís “Chegan os Reis Magos!”. Máximo 70 persoas.  
      • Ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Porta 10) Cinema infantil coa proxección de “Tienda mágica Mr Magorium”. Máximo 100 persoas.  

    COLABORACIÓNS

    ¡Indultos!

    Hace unas semanas fue la época de los indultos. Por un lado, se indultaron a los "díscolos catalanes" que quisieron "separarse de la madre patria" para ocultar las vergüenzas de tantos años de corrupción ya que, si no no se entiende. Ni historia ni, sobre todo los datos económicos, lo sostienen por ningún lado.

    Xesús Constenla, «O peso do cerebro»

    Xesús Constenla xa nos ten acostumados a unha narrativa arriscada e alonxada de tópicos, o que non deixa de ser un aliciente para calquera lector. Agora, con «O peso do cerebro», mantense firme nesta liña de traballo para adentrarse no confuso mundo de don Honorio, un vello afectado de demencia senil que un día, aproveitando un despiste da súa neta, Paula, sae da casa e vaga sen rumbo pola cidade de Barco (doadamente identificable co Ferrol natal do autor), un espazo que, coma o protagonista, coñeceu mellores tempos.

    Illote Areoso, paraíso natural

    Último domingo del mes de agosto y aquí estoy de nuevo para compartir con vosotros un pedacito de mis aventuras. Hoy os dejo un planazo sin salir de la provincia de Pontevedra: una visita al Illote Areoso.

    Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (XIII). O nobre polaco, Xacobe Sobieski de Janina en 1611

    Nos capítulos que vimos recollendo nesta sección sobre peregrinos xacobeos que deixan referencía á cidade de Tui nos seus relatos ou diarios nos que recollen a súa experiencia, abordamos hoxe a figura doutro peregrino chegado dende terras ben afastadas. Trátase dun nobre polaco, Xacobe (Jakub) Sobieski de Janina, foi...

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    11 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    4 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    44 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS