Eva García de la Torre coñeceu hoxe a sentenza que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documento público no eido da súa profesión como avogada, en todo caso anterior a súa etapa actual como alcaldesa do Porriño.
A rexedora local asegurou estar “tranquila e alivíada” polo fallo xudicial “despois de atravesar uns meses moi complicados pola utilización ilexítima dun asunto profesional no eido da política para tacharme de cousas incalificables”.
A sentenza “deixa claro que non cometin ningún feito punible de xeito que agardo que esta segunda absolución remate co ataque persoal do que fun vítima”, declarou.
A alcaldesa de O Porriño agarda que o seu caso sirva de exemplo de que “non todo vale para intentar cargarse a carreira política de alguén”. A sentenza, que lle foi comunicada hoxe a primeira hora da tarde, procede do Xuzgado do Penal nº 1 de Pontevedra, na mesma instancia que xuzgara os feitos e xa tivera ditada unha primeira absolución que agora reiterou.