A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, despois das chuvias torrenciais acaecidas o pasado 18 de Decembro, e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo peonil que transcorre á beira do río Maceiras.
Tras a visita á zona por parte do concelleiro de Medioambiente, Roberto Villar, e consultados os técnicos e técnicas do Concello de Redondela, “dediciuse esta mañá pechar o paseo namentres duren as fortes chuvias e a crecida natural do río”, explica a Concellería de Medio Ambiente engadindo que “trátase dunha zona históricamente afectada pola crecida do río nas temporadas de outono e inverno”.
A crecida do río Maceiras é patente, cubrindo pontes e baixando o seu cauce a unha alta velocidade. Isto fai que neste momento se poña en perigo a seguridade do paseo peonil nas beiras do río Maceiras, motivo polo que o paseo permanecerá pechado ata novo aviso.