19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaApalpador e Apalpadora percorren os municipios da provincia dentro do «Nadal en...

    Apalpador e Apalpadora percorren os municipios da provincia dentro do «Nadal en Galego»

    A dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente, os hábitos de alimentación saudable e a igualdade, valores do programa ‘Nadal en galego’ que percorrerá 36 concellos durante as festas

    Ao berro de ‘Apalpa a barriga!’ o Apalpador e Apalpadora iniciaron na Escola Infantil de Príncipe Felipe e no CEIP Amor Ruibal de Barro a súa xira de Nadal da man da Deputación de Pontevedra. Ambas figuras visitarán durante as festas 36 concellos da provincia ao abeiro do programa ‘Nadal en galego’ do departamento de Lingua que dirixe a nacionalista María Ortega, quen hoxe quixo acompañar ás e aos escolares de ambos centros e gozar da ilusión e maxia.

    A dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente, os hábitos de alimentación saudable e a igualdade, son os valores que se pretenden fomentar coas actuación sao abeiro do ‘Nadal en galego’, levando a música, o baile e as anécdotas a tódalas comarcas por quinto ano consecutivo.

    “Eu son o Apalpador e traio castañas asadas ás nenas e nenos que comen san”, explicaba a figura tradicional do Nadal galego ás crianzas en Príncipe Felipe e do CEIP Amor Ruibal, ao tempo que poñía en valor o comer verduras, beber leite ecolóxico e manifestaba o seu descontento pola comida ‘lixo’ e polas bebidas edulcoradas.

    Tamén tivo tempo o Apalpador de facer ver ás e aos escolares que todas as figuras tradicionais do Nadal son homes (Papá Noel, os Reis Magos, o Lentxero…) cando as mulleres son igualmente importantes, dando paso á súa compañeira Apalpadora entre os berros de benvida da rapazada.

    As actuacións do Apalpador e a Apalpadora repartiranse entre o día 20 e o 31 de decembro –a excepción do día de Nadal– en diferentes horarios e localizacións, preferentemente en lugares ao aire libre se o tempo acompaña.

    Mañá domingo 22 decembro, o Apalpador estará ás 17 horas na Biblioteca Municipal ‘Xoán Xosé Pérez Labaca’ de Mondariz; ás 19 horas en Salceda de Caselas na praza do Concello tendo, como lugar alternativo en caso de choiva, a Casa da Cultura.

    Pola súa banda a Apalpadora estará o domingo 22 no Mercado Municipal de Tomiño ás 12 horas; ás 17 horas na Praza do Concello do Rosal e, en caso de choiva, na sala de exposicións do Concello.

    O xoves 26 de decembro o Apalpador visitará As Neves, ás 12 horas na praza do Concello ou no Mercado Municipal en Caso de choiva; Covelo, ás 17 horas na praza mestre Cerviño ou no Auditorio Municipal é Ponteareas, ás 19 horas na Praza Maior.

    O venres 27 decembro o Apalpador visitará ás 12 horas a cidade de Tui, no Edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) e ás 19 horas Mondariz Balnearioo na Sala de Cultura do Concello.

    Finalmente, o 29 de decembro a Apalpadora visitará Baiona ás 12 horas na Praza do Concello; Gondomar, ás 17 horas na Praza Paradela ou no Auditorio Municipal en caso de choiva e O Porriño ás 19 horas na Praza do Concello ou nos soportais da Casa do Concello en caso de mal tempo.

    O programa ‘Nadal en Galego’ está tamén deseñado para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS