O Concello de Nigrán abre dende o luns 16 de decembro ao venres 20 o prazo de inscrición para acudir ao parque temático de Nadal ‘Perlim’, en Santa María da Feira, Portugal, o 26 de decembro. Os interesados deben anotarse de 9:30 a 13:30 na Oficina de Información Cidadá do Concello e o custe é de 6 € (os menores de 3 anos non pagan) que inclúe transporte en autobús e entrada ao recinto (o pago realizarase no mesmo día da saída).
Teñen prioridade as persoas empadroadas en Nigrán e a excursión está limitada a 100 prazas que se cubrirán por rigorosa de inscrición.
A saída o día 26 de decembro realizarase en autobús ás 10:30 horas dende a Casa do Concello, sendo o regreso aproximado ás 22:30 horas (o parque pecha ás 20:00 horas). Os asistentes poden acceder ao recinto con comida pero infórmase de que non existen zonas especialmente habilitadas para realizar picnic, si hay diferentes establecementos de restauración no interior.