A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a presidenta da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier, Milagros Pérez Enríquez, asinaron hoxe o convenio de uso do comedor escolar habilitado polo Concello en dependencias da Escola de Oficios, contiguas ás instalacións do centro educativo.
No convenio acórdase que a ANPA xestionará o comedor e o Concello farase cargo do mantemento das instalacións. O comedor comezou a funcionar na primeira semana do pasado mes de novembro e está a dar servizo ao alumnado de primaria e secundaria do centro educativo mediante a contratación dun servizo de cáterin.
Queda pendente asinar un convenio de cesión do espazo coa Consellería de Educación para que a ANPA poida concorrer ás axudas que convoca anualmente este organismo para o cofinanciamento dos servizos de comedor escolar, tal e como se comprometera coa anterior corporación municipal o xefe territorial.