19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaOs renos de Nadal chegan a de Redondela da man do Concello,...

    Os renos de Nadal chegan a de Redondela da man do Concello, centros escolares e Asociación de Empresarios

    A Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela xunto a todos os centro educativos do municipio, colaboraron nunha singular iniciativa de decoración e ambientación de Nadal. Un total de 19 renos foron decorados polos centros escolares seguindo distintos estilos pictóricos e expresións artísticas. Unha vez preparados, agora tomarán as prazas e rúas de Redondela.

    A asociación de Empresarios de Redondela, de cara a darlle unha maior difusión á iniciativa, convida a todos e todas a fotografiarse cos renos e compartir as fotos nas redes sociais.

    Un comercio local máis sustentable

    Doutra banda, salientar que o Concello de Redondela colabora coa campaña de Nadal da Asociación de Empresarios a través do convenio de colaboración para a distribución de bolsas entre o comercio da localidade. Esta actividade supón unha contribución á mellora do medio ambiente en tanto as bolsas están realizadas en papel reciclado e a impresión foi realizada con tintas de base acuosa inocuos para o medio ambiente.

    Todo isto supón tamén unha clara axuda de cara o cumprimento do establecido no Real Decreto 293/2018, de 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico. As bolsas teñen impreso o logo do Nadal creado pola Asociación de Empresarios de Redondela que está presente en todo o material gráfico da campaña.

    Por último, Asociación de Empresarios e Concello puxeron en marcha distintas actividades na praza de abastos de Redondela decorada con motivos de Nadal. Así, un pequeno espazo comercial es desuso foi ambientado para recibir a visita de Papá Noel que estivo cos nenos e nenas durante a mañá deste sábado.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS