A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, adiantou que, no Orzamento 2020, as axudas ao deporte incrementaránse nun 50% o que se concreta nunha nova partida de 25.000 € para subvencionar todo tipo de eventos deportivos que se celebran ao longo do ano en Ponteareas. Ao mesmo tempo mantense a partida de 50.000 € de apoio aos clubs deportivos pasando así de 50.000 € a 75.000 € de subvencións ao deporte.
O Goberno municipal convocará a todos os clubs deportivos para presentarlle esta nova convocatoria de axudas aos eventos que organizan e recoller as súas aportacións. Nahir Covelo adiantou xa que será “unha convocatoria aberta por libre concorrencia”.
A responsable de Deportes do Concello de Ponteareas sinalou que, ao longo de todo o ano, os clubs locais organizan distintas competicións, torneos, concentracións, exhibicións e probas “que atraen a centos de familias á nosa vila contribuíndo na promoción de Ponteareas e tamén na súa dinamización económica”.
A convocatoria das axudas de 25.000 euros para eventos deportivos será realizada neste primeiro trimestre do ano e posteriormente as axudas de 50.000 euros a clubs deportivos para os gastos das súas actividades.
A Xunta de Galicia non se compromete a que se empregue a futura cociña municipal do CEIP Humberto Juanes para elaborar os menús dos colexios de Nigrán. A Consellería de Educación ven de respostar por escrito ao Concello de Nigrán que non ten intención alguna de “interferir na decisión que o adxudicatario tome respecto a utilización da cociña do colexio”, é máis, incide en que “se trata dunha decisión absolutamente voluntaria para a empresa adxudicataria (…) Non existe a completa seguridade de que se cociñe no centro, o que debe valorar o Concello para realizar o investimento”. A Xunta rexeita deste xeito a petición do Concello para que nas futuras bases de licitación se inclúa unha cláusula na que a empresa tería a obrigatoriedade de empregar estas instalacións que financiará o consistorio para acabar co cuestionado sistema de catering.
Neste
escrito, no que a Consellería alude a unha información publicada en
prensa e non aos escritos oficiais por parte do Concello, o
secretario Xeral Técnico, Jesús Oitavén Barcala, descarta por
completo a posibilidade plantexada dende o Concello de Nigrán e
elude a propia realidade da comarca, xa que no CEE de Panxón se
cociña tamén para o CPI Arquitecto Palacios e para a E.I. ‘As
Dunas’ (en Vigo o caso é o Dr.Fleming, que cociña para outros
centros). “Temos máis que contrastado que o menú que se
elabora directamente no CEE de Panxón é dunha calidade moi superior
aos dos demais colexios que se nutren do sistema de catering, e non é
xusto discriminar ao alumnado da ensinanza pública, é unha cuestión
de saúde. A Xunta non pode situar os intereses das empresas por riba
da saúde pública dos nenos”, subliña González.
“
Juan González: “non pedimos un cese do contrato coas consecuentes indemnizacións, pedimos que en dous anos, cando expire, si se inclúa esta clausula nas bases, polo que seguiremos esixindo este compromiso”
O
propio rexedor descarta que o Concello pretenda da Xunta que se
rescinda o contrato en vigor do catering coa conseguinte
indemnización que elo suporía, tal e como Oitaven refire no
escrito. “Somos conscientes do problema que suporía
actualmente, pero en dous anos a Xunta ten a posibilidade de
prorrogar ese contrato ou non, ese sería o momento de elaborar un
novo plego de licitación no que se obrigue aos candidatos a empregar
a cociña propia, que xa estaría lista. Ese é o compromiso que
pedimos”, sinala. Estas novas bases deberían subrogar os
contratos do persoal e “zonificar” acorde á realidade de
Nigrán, xa que actualmente o lote adxudicado corresponde ao CEIP da
Cruz, Mallón, Carlos Casares e tamén o IES Terra de Turonio, este
último de Gondomar.
Por
outra banda, Oitaven refire no seu escrito a posibilidade de asinar
un convenio de colaboración “para o cofinanciamento dos
comedores escolares de Nigrán”, cuestión que, como el ben
sinala, este Concello rexeita rotundamente. “O Concello está
disposto a investir 373.878 euros con cargo aos fondos municipais
para habilitar a cociña ante a negativa da Xunta a facelo, pedir
que, a maiores, financiemos os menús non só é incomprensible, se
non que ademais nos parece un abuso e unha inxustiza”.
Proxecto aprobado
O
Goberno de Nigrán aprobou hai dúas semanas o proxecto para
modernizar a cociña e o comedor do Humberto Juanes co obxectivo de
que poida dar servizo a tódolos colexios públicos do municipio que
o soliciten. O proxecto realizado polo estudio nigranés Aintegra
contempla unha cociña suficientemente dimensionada para dar resposta
a tódolos centros educativos de Nigrán que así o desexen, así,
tería capacidade para abastecer a máis de 570 usuarios, tendo os
colexios de Nigrán actualmente 561 comensais asignados.
“A demanda partiu do CEIP Humberto Juanes pero é unha cuestión
de xustiza, equidade e igualdade de oportunidades que beneficie a
tódolos colexios públicos do municipio, con este fin se dimensionou
o proxecto”, incide González.
“
Contrarrestaríase o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis variados, […] permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.
Tanto
dente a comunidade educativa como dende o Concello consideran que
prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha
alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de
alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos
e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis
variados, achegaría aos nenos á cultura do esforzo e traballo ao
non separar fisicamente o proceso de elaboración do resultado final
e crearía un ambiente máis familiar no centro. Ademais, considerase
que permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do
alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.
Esta
nova cociña ocuparía 490 metros cadrados dunha zona de almacén e
de aulas actualmente sen uso e que conta cunha distribución moi
pouco funcional, xa que a cociña do centro carece das instalacións
e equipamento mínimo necesario para poder facer a comida, non
existen cámaras nin almacén de alimentos. Así, o proxecto
plantexado a dota dun equipamento acorde ás demandas actuais e
renova e moderniza as instalacións de fontanería, saneamento,
electricidade, renovación do aire e seguridade contra-incendios. A
nova distribución contará con zona específica onde irán as novas
cociñas, cámaras frigoríficas e almacéns ou zona de lavado e
lixo.
Ponteareas contará, en breve, cunha ordenanza municipal que regule o uso do local de ensaio que o Concello ten no Parque da Feira Vella. Con ese motivo, o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, mantivo un encontro con representantes dos grupos de música usuarios do local de cara a consensuar esa primeira ordenanza municipal para o uso e goce deste espazo para a mocidade que o concello ofrece totalmente de balde.
A nova ordenanza que regulará este espazo de máis de douscentos metros cadrados, segue a liña marcada polo Goberno local para fomentar a participación da mocidade, promover unha sociedade igualitaria e pór en valor a cultura e a nosa lingua e, nesa liña, dará preferencia aos grupos musicais con membros empadroados en Ponteareas menores de 35 anos.
Ademais da idade, a ordenanza tamén valorará cuestións como o número de membros que compoñen os grupos, a participación feminina, a composición de temas propios ou o emprego da lingua galega, entre outros aspectos.
Dende
hai anos os grupos ponteareáns ensaian e desenvolven as súas
inquedanzas musicais nas catro salas que compoñen o local sen que,
ata agora, se regulara o seu uso nin o procedemento a seguir para
acceder a elas.
Bouzó destacou que ”dende o Goberno ponteareán decidimos pór en marcha os trámites para proceder á mellora do local de ensaio municipal e do seu funcionamento”. Con ese obxectivo e logo de realizar a primeira consulta, “estamos ultimando unha ordenanza que regule cuestións como o uso das instalacións, as solicitudes por parte dos grupos, os horarios de acceso, ou os dereitos e deberes tanto dos grupos autorizados como do propio Concello de Ponteareas”, engadiu o concelleiro de Mocidade.
Na xuntanza, as e os participantes coincidiron con Miguel Bouzó na maioría dos asuntos formulados para a elaboración da ordenanza, e achegaron opinións e ideas que serán introducidas neste primeiro regulamento para o mellor aproveitamento do local e para unha óptima utilización das salas do mesmo.
Así mesmo, malia que nos últimos anos xa se realizaron reformas no local de ensaio, Miguel Bouzó indicou que é necesario “seguir avanzando nas melloras deste espazo”, polo que adiantou ás e aos presentes que o goberno local está a traballar na posta en marcha de novas actuacións, “coincidentes coas demandas dos grupos musicais para converter o local de ensaio nun espazo que fomente en mellores condicións a creación musical”.
‘A casa xunto ao volcán’ é a nova proposta narrativa de Xosé Ricardo Losada e chega a nós avalada pola concesión do Premio Viaductos de novela. Trátase dun relato que, pese á temática e á súa protagonista, custa traballo identificar plenamente cun produto dirixido ao público adolescente, malia que ese pareza o seu destinatario máis lóxico. E digo que custa traballo identificalo así porque o autor inclúe certos elementos que semellan máis enfocados a un público adulto ou que non adoitan aparecer nese tipo de literatura, polo que ben poderiamos falar dunha novela dirixida a un abano moito máis amplo de público do que a súa categorización nos levaría a presupoñer.
Para entender do que
estamos a falar, compre dicir que o que se narra é a historia de
Xeila, unha rapaza de 17 anos que ve como o seu mundo se esnaquiza
coa separación dos pais e o posterior traslado dende Ourense a
Rianxo, o que implica recompoñer todo o seu mundo partindo de cero.
Para acometer tal empresa, Xeila déixase guiar polas ensinanzas dun
vello profesor de Filosofía co que mantén unha relación epistolar
ao comezo do relato e que provoca unha serie de reaccións na rapaza,
na procura da súa propia identidade. Neste proceso, e guiada pola
visión do Super-Ser de Nietzsche, atravesará diferentes fases que
lle axudarán a comprenderse a si mesma e, deste xeito, igual que
faría unha crisálida, emerxer coma unha muller totalmente nova.
Pero o camiño non
resulta doado. As fases propostas polo filósofo alemán (sumisión,
rebeldía e conciliación) implican unha mudanza profunda do ser e do
sentir da rapaza, mesmo un comportamento que semella estrano,
antolladizo, incluso contraditorio, o que dificulta que poida ser
comprendido polo seu entorno. Deste xeito, Xeila navega por distintos
mares na procura de si mesma, e faino con tal firmeza e enerxía que
nada será quen de afastala da ruta trazada, nin sequera a
posibilidade de que, novamente, o seu mundo se volva a esnaquizar.
No fondo, trátase
dunha novela de aprendizaxe no máis amplo sentido da palabra, pois a
protagonista procura a súa propia identidade asumindo que a búsqueda
nunca poderá xurdir dun comportamento estático e repetitivo, senón
da experimentación e da ruptura coas inercias adquiridas nas
anteriores fases da súa vida. E iso provocará un rebumbio de
sensacións que teñen como verdadeira finalidade a mudanza
definitiva da concepción do seu papel no entorno e o asentamento da
“Super-Muller” anunciada polo filósofo.
A particular visión sobre as relacións que se establecen entre a protagonista e o seu entorno inmediato, resulta, ao meu entender, un dos elementos máis destacados da novela. Ver como a comprensible reacción de sorpresa perante o seu inicial comportamento errático, muda en asombro cando a crisálida se converte en mariposa, resulta gratificante. Porque, á postre, a aprendizaxe de Xeila acaba por se converter nunha lección de vida para todos os que a rodean. Mesmo para o lector.
Cómo se ha acabado el mes de Enero, parece que ya ha pasado la tan temible cuesta, aunque ahora llega la de Febrero que, por encima, éste año tiene un día más, ya que a los tradicionales 28 días le sumamos el número 29. Así que… ¿seguro que sólo es cuesta de Enero?
Bueno para que todo sea un poco más fácil de llevar, os volvemos a dejar con dos estupendos regalos.
En primer lugar, nuestro buen amigo Manuel Lemos nos vuelve a deleitar con una estupenda entrevista, en esta ocasión, al grupo Suburbano, no os la podéis perder y después, para relajarnos y llevarnos a otro espacio espiritual, el maestro Rodrigo Rodríguez nos regala su nuevo vídeo.
Esperamos que disfrutéis de estos pequeños regalos.
Quizás así de pronto no os diga nada, pero Suburbano es un pedazo de la música de este país llamado España. Nacen a finales de los 70 como un grupo de Folk Progresivo. A lo largo de su existencia han compuesto canciones de éxito, como ‘Makinavaja’, ‘La puerta de Alcalá’ o ‘Arde París’; han trabajado con directores de cine como Luis García Berlanga, Gonzalo Suárez o Fernando Trueba entre otros, y han acompañado en el escenario y en las grabaciones discográficas a artistas como Luis Eduardo Aute, Joaquín Sabina, Luis Pastor, o Vainica Doble. Acaban de publicar un doble CD y DVD más un extenso libreto, para resumir sus 40 años en la música. Imprescindible! Entrevistamos a Bernardo Fuster.
Málaga 26/09/2013 Concierto del grupo Suburbano en el Teatro Echegaray con la voz y la guitarra de Bernardo Fuster y la guitarra y el apoyo en los coros de Luis Mendo.
Hablar de Suburbano no es sólo hablar de un grupo Folk Progresivo Protesta, sino también de un trozo de la historia de la música en España. Cómo veis vuestros inicios 40 años después? Con nostalgia y con una cierta dosis de envidia de nosotros mismos, de nuestra actitud positiva y tan osada. Nos tiramos de cabeza a hacer lo que queríamos hacer sin condiciones. Todo podía haber quedado en nada, pero siempre hemos sido de la opinión que hay que hacer lo que una considera que hay que hacer, pase lo que pase.
A nosotros nos salió
bien. Además Suburbano nació con una actitud un tanto rebelde, por
lo que los reveses que fueron surgiendo en lugar de hacernos
abandonar nos fueron uniendo cada vez más. Ser consecuentes con lo
que pensamos en cada momento y esa actitud rebelde quizá sea la
fórmula para poder aguantar 40 años en un mundo tan hostil como es
la música.
Cuáles son esas canciones, que por un motivo u otro, más lleváis dentro de vuestra memoria? En este doble CD “Huellas” que acabamos de sacar hemos intentado plasmar esas canciones que más nos han acompañado a lo largo de estos 40 años. Entre ellas están, por supuesto, algunas de las más conocidas, pero también hay algunas que consideramos que son en nuestra opinión “tan buenas” como las más conocidas y sin embargo no han tenido la trascendencia de ‘la puerta de Alcalá’ o ‘Makinavaja’….
Lo bueno de las canciones es que pueden trasladarte al momento en que fueron escritas. Una canción siempre es buen ejercicio de memoria, tanto las que has escrito tu como las que escuchaste en un momento dado, y se han quedado para siempre fijando en tu memoria un hecho, un encuentro o una revuelta…
Habéis trabajado para el cine con grandes directores como Berlanga, Trueba… cómo ha sido la experiencia? Qué diferencias destacais más respecto a componer para un disco? Trabajar con alguien que ha dejado una huella en nuestra cultura como los dos que nombras es siempre enriquecedor. Es una lección de vida. Poder escuchar como Berlanga te habla de su obra, te cuenta anécdotas y vivencias y da opiniones sobre lo que en ese momento estás viviendo junto a él, es algo único. Por otro lado, componer para el cine es algo muy enriquecedor. Siempre es un reto. Tienes que encontrar en cada película la forma musical que el director necesita para comunicar su obra. A veces es a través de una orquesta, o un cuarteto de cuerda, o música electrónica. Esto te abre la mente, enriquece la creatividad, pues tienes la posibilidad de trabajar en todos los estilos y encontrar el lenguaje que la imagen necesita para llegar a trasmitir lo que el director quiere.
También habéis trabajado con otros músicos, como Sabina o Aute. Puro trabajo o aprendizaje por ambas partes? Siempre hay un intercambio de ideas. Los buenos músicos cuando buscan la compañía y el acompañamiento de otros es para que les aporten algo. En ese intercambio de ideas y formas musicales está la emoción de la creación. Siempre hay que buscar.
Buscar solo es emocionante, pero buscar en compañía tiene la ventaja del contraste, la discusión y el intercambio.
Huellas es una preciosa caja con dos CDs, un DVD y un libreto extenso. Recoge los 40 años de vuestra existencia. Cómo surgió la idea de este resumen y como fue el trabajo ante una obra tan extensa? Fue una propuesta de varias personas, la Discográfica, el Manager y los amigos. Fue como un reto : ¿ por qué no resumís estos 40 años en una grabación? ¿Cuáles son vuestras 25 canciones favoritas?…
Hicimos la selección y se nos ocurrió que ya que hacíamos ese resumen vital, podíamos rodar un documental con las historia de estos 40 años. Así surgió el documental que va con el doble CD, ‘El latido de la memoria’. Le encargamos a Susana Martins la dirección del rodaje y con un guion de Bernardo nos pusimos a ello.
Mientras tanto, Luis se centró en la grabación y producción de los dos CD’s. Luego, los dos fuimos completando con ideas y opiniones el trabajo del otro, tanto en el rodaje como en la grabación. Los otros músicos del grupo, es decir, Lorenzo Solano, Miquel Ferrer, Javier Palanca y Alvaro Cardenas, participaron dando ideas y grabando sus instrumentos en la parte musical del proyecto y Susana Martins haciendo el montaje del documental.
Rodrigo Rodríguez actúa en el Templo Bell Church de la ciudad de Baguio, Filipinas
El músico español de shakuhachi ofrecer una serie de conciertos en el Sur de Asia, sincronizado con el calendario Lunisolar Chino en celebración de ciertas costumbres populares de esta región.
Esta obra de este audio visual es Daha, una obra antigua del repertorio Honkyoku, tocados por los monjes. Daha / Pounding Wave es una oración por la fuerza de voluntad o la determinación para lograr las más altas aspiraciones. Hay momentos en que las determinaciones fuertes, intensas e inflexibles, como las olas oceánicas que golpean el acantilado, son apropiadas. Otras veces, la fuerza de voluntad suave, paciente e incesante, como las olas tranquilas que lamen la base del acantilado, manifiestan mejores resultados. Esta pieza refleja tanto el Yin como el Yang de la fuerza de voluntad. Esta obra de honkyoku tiene el propósito de representar la autodisciplina. Un ritmo muy rápido y una respiración violenta indican las manifestaciones de la mente bajo estricta disciplina.
El templo chino está situado en Barangay Balili de La Trinidad, Benguet, cerca de la frontera de la ciudad de Baguio. Anteriormente se encontraba en la residencia de la familia Ng en la misma ciudad. Actualmente se encuentra en una propiedad de 10,000 metros cuadrados (110,000 pies cuadrados) y su paisaje montañoso de acuerdo con el clan Ng recuerda a los devotos chinos de sus lugares de origen en Hong Kong y China continental.
El sitio actual de Bell Church fue elegido debido al “buen Feng Shui”. Según el clan Ng, el diseño, tanto en el interior como en el exterior, se realizó de acuerdo con la “guía de los santos” y luego se mejoró a través de la misma. Un arco adornado con imágenes coloridas de dragones e inscripciones chinas está situado en la entrada del templo.
Honkyoku ( obras originales) repertorio musical de shakuhachi interpretado desde del S.XIII
El repertorio de shakuhachi deriva de las piezas en solitario originales , el Honkyoku. Para los practicantes de suizen, estos se interpretan tradicionalmente en la forma de una práctica espiritual personal y no como una actuación pública, o en el entorno de artes escénicas. Son en años posteriores que con la desaparición de este grupo religioso, el shakuhachi se introduce en un entorno artístico musical, y se empieza a transmitir en calidad de música.
Hay muchos ryū 流, o escuelas, de honkyoku en Japón cada uno con su propio estilo, énfasis y métodos de enseñanza.
“El movimiento en honkyoku es significativamente estático, precisamente por el dominio del propósito y la función sagrada, y en cierta medida, también está sujeto a la meditación de la respiración.
Existe muchos valores de la actitud y mentalidad Japonesa que influye siempre en las artes del Japón.Una de las cosas que se mi hizo interesante el protagonismo del silencio, como el silencio dentro de la música Honkyoku es tan importante como la ejecución del propio sonido. Muchas de las obras tradicionales para shakuhachi esta ausente de rítmica, pero dispone del Ma (Espacio).
En el budismo zen, la realidad radica en la distancia entre el hombre y la naturaleza. En el honkyoku, se logra una buena expresión al encontrar la distancia correcta o ma (espacio) entre dos notas y dos frases. Que profundamente el interprete de shakuhachi considera el significado de ma, decide la calidad de su desempeño en su interpretación.
O Pleno do Concello de Redondela aprobou este pasado xoves, retirar do Inventario Municipal os edificios coñecidos como ‘antigas vivendas dos mestres’ para poder continuar co proceso de desafectación dos inmobles e destinalos a uso social e cultural.
Os
edificios estaban recollidos no Inventario de Bens Municipais (IBM) e
inscritos no Rexistro da Propiedade coa titularidade do Concello de
Redondela pero, segundo sinala o Goberno local redondelán “dita
titularidade non debería ser do Concello senón do Estado,
nomeadamente do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Costas), ao
tratarse de bens de dominio público marítimo terrestre”.
O
Concello de Redondela xa tiña solicitado ao Servizo Provincial de
Costas de Pontevedra a desafectación do antedito dominio público
marítimo-terrestre das parcelas sitas na Avenida Mendiño, 24-26,
para a súa cesión ao Concello e que este puidera destinalos a
equipamentos públicos, toda vez que xa se atopaban desafectados pola
Consellería de Educación.
Con
data 18 de abril de 2018 e a petición do Concello de Redondela, a
Xerencia Territorial do Catastro acordaba a alteración da descrición
catastral das parcelas, procedendo á súa correcta situación na
cartografía catastral.
Digna
Rivas aclarou que tanto o Servizo Provincial de Costas coma
Patrimonio do Estado en Pontevedra, “amosaron a súa intención de,
unha vez arranxado o trámite de titularidade do edificio no Rexistro
da Propiedade, procederían á cesión das parcelas nas que se atopan
os inmobles, a favor do Concello”.
O
edificio situado na avenida Ernestina Otero leva anos en un estado de
abandono, era unha das reivindicacións da veciñanza e de distintos
partidos políticos que avogaban pola súa rehabilitación para uso
público. Tras varios intentos por conseguir resolver a situación, a
cesión será unha realidade e o edificio pasará a ser de
titularidade municipal.
A
alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou “o especial interese
deste Goberno en resolver a situación de estancamento deste tema que
ten, unha extraordinaria importancia para Redondela e a súa
veciñanza”.
A
rexedora local adiantou que “unha vez que o expediente estea
resolto, comezarase co proxecto de rehabilitación para converter
este inmoble, totalmente infrautilizado, nun espazo cultural e social
vivo e dinámico onde, veciñanza, asociacións e colectivos, poidan
gozar de espazos compartidos”.
O Plan de Banda Larga 2020 está a promover no concello da Guarda os despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, que permitirán dispor de fibra óptica nos principais núcleos de poboación do municipio.
En concreto na Parroquia de Santa Isabel de Camposancos contarán con este servizo os núcleos de poboación de Bouza da Fonte, A Granxa, A Pasaxe, Praias, Saa e Salgueiró. Na Parroquia de Santa María da Guarda os núcleos do casco urbano e Santa Trega e na parroquia de San Lourenzo de Salcidos os núcleos de poboación de Buxán, O Castro, Coruto Vello, A Cruz, Funchidos, A Gándara, A Longra, Os Casás, Netos, O Outeiro, A Portela, Salcidos e Sete Camiños.
Nunha primeira fase deste programa foi a operadora R a que fixo o despregamento. A segunda fase, que se está a executar na actualidade e que rematará no 2021, está a ser executada por Telefónica.
Este despregamento de fibra óptica permitirá á poboación guardesa dispor, na case totalidade do municipio, dunha rede de internet ultrarrápida, coa que poder ter un acceso de calidade, fiable e seguro. Nesta ligazón pódese consultar a táboa de despregamento da fibra óptica na Guarda.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, mantiveron na tarde deste venres 31 de xaneiro na sede da Casa do Deporte da Xunta de Galicia en Vigo, unha reunión co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o xefe do servizo de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso de cara a trasladarlles as demandas existentes sobre o Pavillón Municipal de Deportes da Sangriña na Guarda, valorando a necesidade dunha reforma e ampliación.
Neste senso, José Ramón Lete Lasa indicou que a Xunta de Galicia ten un compromiso co balonmán Guardés, e que “ven necesario unhas mellores instalacións na Guarda”, ben coa realización dun novo pavillón ou ben coa reforma do actual pavillón da Sangriña, cunha disposición a participar na mellora destas instalacións.
Pola súa banda, o alcalde Antonio Lomba presentoulles o proxecto de reforma e ampliación do Pavillón Municipal da Sangriña, un proxecto moi ambicioso no que se está traballando xunto cunha modificación puntual do PXOM na zona da Sangriña para habilitar terreos para un posible novo pavillón, pero indicaron que “coa proposta presentada de reforma e ampliación do actual pavillón se cumprirían as espectativas”.
A Xunta comprometeuse a que os seus técnicos revisarían este proxecto e que reuniranse próximamente cos representantes municipais da Guarda para analizar os resultados desta avaliación técnica, agardando por parte do Concello da Guarda que sexan favorables, indicando tamén que se continuarán realizando xestións neste ámbito para poder ter na Guarda unhas instalacións mellores, para que o Mecalia Atlético Guardés poda xogar e representar á Guarda nun sitio verdadeiramente digno e como se merece para a categoría na que está xogando.
Do
mesmo xeito tamén trasladáronlle as súas preocupacións pola
situación que está a atravesar o Clube Mecalia atlético Guardés.
Chegouse
á conclusión que o Mecalia Atlético Guardés precisa dunha
directiva forte para a busca de financiamento e poder procurar un bo
patrocinador e que todas as administración tamén apoien, coas
capacidades de cada unha, para garantir que nos próximos anos podan
seguir xogando e manter a este equipo na élite do deporte galego,
estatal e internacional.
A Praza Maior de Ponteareas acolle, esta fin de semana, a sexta edición da ‘Feira de Oportunidades’ organizada pola Concellería de Comercio do Concello ponteareán en colaboración con BANASTRA Centro Comercial Aberto.
Os comercios de Ponteareas ofrecerán baixo a carpa da Praza Maior, os mellores produtos con descontos dende o 20 % ata o 60 %.
O sábado día 1 a Feria de Oportunidades abrirá as súas portas de 10 h a 20 horas e o domingo día 2 de 11:30 h a 20 horas.
Un total de dezanove establecementos comerciais ofrecerán variedade e calidade aos mellores prezos e con descontos en produtos e servizos de última tendencia.
Para que as familias poidan facer as súas compras con comodidade haberá talleres infantís nos que os máis pequenos e pequenas poderán ocupar o seu tempo de lecer, ademáis dun interesante sorteo de agasallos entre os que fagan as súas compras no comercio local que esta fin de semana sae á rúa.
Os problemas estructurais que, segundo o Concello de Ponteareas, sofre o Auditorio Reveriano Soutullo foron hoxe achacados, por parte do Partido Popular a falta “dun servizo de mantemento” dunha instalación que foi reformada hai nove anos “e que se utiliza diariamente”.
Os populares subliñan que, ante a denuncia de filtracións, o Concello “debería solicitar un informe á arquitecta municipal para saber se son problemas de mantemento ou defectos estruturais” e bota a culpa da situación ás actividades autorizadas polo Concello como carpas e atraccións “para as que cuberta non está preparada para soportar”.
Segundo a versión dos populares, as filtracións que se producen no Auditorio Municipal “serán debidas a falta de mantemento, na rede de pluviais pola falta de limpeza dos sistemas de drenaxe, nas baixantes, sumidoiros ou polo simple levantamento dalgunha lousa de pedra ou algunha xunta de dilatación, ou mesmo derivado do anclaxe na superficie da praza do auditorio de diferentes carpas, furando o pavimento de pedra co que se danaría a capa de impermeabilización instalada no seu día”.
O PP de Ponteareas lembra que o actual Goberno leva no Concello dende o 2015 “e parece que todo segue sendo culpa do PP” e acusan ao actual executivo de “falta de xestión e de traballo” algo que “se palpa a diario nas rúas do municipio”.
En caso de que sexa un problema estructural, rematan os populares, “o alcalde terá que pedir responsabilidades xa á empresa constructora e a Deputación de Pontevedra, administración que promoveu a obra, xa que deberían saber que existe un seguro a dez anos para cubrir este tipo de erros”.
Concello de Nigrán e IES Val Miñor conmemoran este domingo 2 de febreiro o Día Mundial dos Humedais cun roteiro guiado pola Foz do Miñor a cargo do biólogo nigranés Juan J. Hermida a partir das 10:30 horas (punto de encontro no auditorio ao aire libre de A Foz, onde se celebra o Nigranjazz).
A
Foz do Miñor, declarada Zona de Especial Conservación (ZEC) e
integrada na Red Natura 2000, constitúe un auténtico santuario
ornitolóxico que ten a súa oríxe xeolóxica hai 2 millóns de
anos. Centos de aves fan escala neste lugar nas súas migracións,
polo que é un ecosistema de gran relevancia na sostibilidade do
territorio.
A empresa
adxudicataria das obras de humanización na contorna do centro urbano de
Mondariz, paralizadas dende xuño de 2019, retomou a súa actividade o
xoves, horas despois de que o Concello de Mondariz recibise unha
resolución do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra dando
conformidade ao proxecto técnico modificado.
O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, pediu en nome do seu Goberno “desculpas á veciñanza pola incomodidade que supuxo a paralización das obras” e lembrou que esta situación “foi provocada pola mala xestión política do proxecto na etapa inicial e que, pola nosa parte, sempre actuamos con responsabilidade: fomos dilixentes de cara á administración e transparentes de cara á veciñanza”.
Barros explicou que Os “múltiples cambios” efectuados sobre o proxecto autorizado inicialmente pola Deputación de Pontevedra “obrigaron a paralizar as obras e redactar unha actualización do proxecto para non pór en risco o seu financiamento”.
“Neste arduo camiño burocrático para acadar unha resolución favorable da Deputación que nos permitira rematar as obras atopámonos a última hora coas obxeccións da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia polos tipos de materiais utilizados na rampa de Merouces”, engade o alcalde de Mondariz.
As obras, enmarcadas no Proxecto de Actuación Integral para a Mellora da Mobilidade e Seguridade Viaria na Contorna do Centro Urbano e Equipamentos de Mondariz que financiou a Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan DepoRemse, foron promovidas e iniciadas polo anterior Goberno a principios de 2019. Afectan ás céntricas rúas de Concepción Arenal e Merouces, así como á baixada cara a avenida do Grupo Escolar, onde se localizan a Casa do Concello, o Centro de Saúde, o Centro de Día, a Biblioteca Pública Municipal e o CPI de Mondariz.
Segundo o Concello de Mondariz, durante o transcurso das obras realizáronse modificacións tales como a redución ou eliminación de elementos de humanización (árbores, farois, papeleiras,…) nunha parte da rúa Concepción Arenal, a instalación de lastra sobre formigón en lugar de sobre area ou a introdución dunha instalación para a recollida de augas pluviais que non aparecía no proxecto inicial. Por outra banda, na adxudicación aceptáronse melloras engadidas moi precarias que están a ocasionar problemas no tránsito de autobuses e outros vehículos durante as horas puntas na avenida do Grupo Escolar e na praza de Merouces.
Tralas modificacións realizadas durante o transcurso das obras, antes da súa paralización temporal, o importe do proxecto aumentou un 14,99 % respecto ao prezo de adxudicación, alcanzando un custo total de 222.496,80 €.
O Pleno da Corporación do Porriño aprobou, cos votos a favor de PSOE, EU Son, BNG e UDDL, que o Concello porriñes apoie institucionalmente a manifestación en Defensa da Sanidade Pública de Galicia prevista para o vindeiro 9 de febrero en Santiago.
O acordo plenario adoptouse por partida dobre xa, sobre ese mesmo tema, houbo senllas mocións presentadas polos grupos municipais de EU Son e BNG. En ambos casos o PP votou en contra.
Doutra banda, o Pleno aprobaba, esta vez por unanimidade, regular o uso de pirotecnia nos festexos para limitar a contaminación acústica. Sobre este particular, a concelleira de Festexos, Cami Moreira, adiantou que por parte do Goberno local estase a preparar unha ordenanza que será consensuada coas AA.VV. e comisións de festas. A concelleira tamén sinalou que, nas dúas festas principais do concello –San Benito e O Cristo– empregaráse pirotecnia insonora.
ACEESCA
A reunión da Corporación tamén serviu para acordar, por unaminidade, a cesión dunha parcela a ACEESCA por un período de 30 anos, para a construción dun centro de formación dual. O terreo ten unha superficie de 8.000 metros cadrados que serán adecuados polo Concello para que a asociación poida acometer a execución do proxecto. O tenente alcalde, Pedro Pereira, explicou que a parcela cumpre cos requisitos que a entidade precisaba e que “resultou a máis idónea entre as diferentes opción que se barallaban”.
Foi tamén Pereira o encargado de exponer a operación de permuta coa Comunidade de Montes Veciñais de Torneiros das parcelas ‘Laxes’ e ‘Ribeira’ que foi aprobada por uanimidade. Tamén aprobouse por maioría (PSOE, BNG, EU Son e UDDL) a venda dunha parcela municipal de 5.110 metros cadrados no PPI 6 Sector 2 pola que mostraron interese alguhas empresas.
Informes sobre a adxudicación do servizo de limpeza
Finalmente, o Concello do Porriño requerirá tres informes simultáneos “para esclarecer a adxudicación do servizo de limpeza viaria” logo da situación xenerada pola resolución do Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia (TACGAL) que considerou que a primeira adxudicataria (Ascan) “non cumpría algún dos requisitos”. Nese sentido, o Pleno da Corporación do Porriño entende que “hai diversas interpretacións e compre recabar o maior número de dictames”.
Así, cos votos a favor de PSOE, BNG, EU Son e UDDL e a abstención do PP, decidiuse solicitar informes a ‘Lagares y Oca’, a consultora que fixo a prego desa licitación, así como ó Servizo de Atención Intramunicipal da Deputación de Pontevedra ó mesmo tempo tamén se traslade unha consulta ó propio TACGAL. Cos respectivos dictames o asunto volverá a pleno para tomar a decisión correspondente.
A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda, convocada polo equipo de Goberno no día de onte, rematou con dúas importantes melloras para o cadro de persoal municipal ao aprobarse, por unha banda, a xornada laboral de 35 horas semanais e, doutra, a equiparación do persoal laboral e o persoal funcionario á hora de percibir un complemento do 100 % nas situacións de incapacidade temporal.
A alcaldesa de Salceda e responsable da área de Persoal, Loli Castiñeira, quen definiu a reunión como “unha xuntanza produtiva e en ton positivo que deu os resultados acadados”, amosou a súa confianza en que este sexa “o exemplo das diferentes mesas que terán lugar nas vindeiras semanas”.
Os acordos acadados establecen que, ao abeiro do recollido na disposición adicional 144 da lei 6/2018 de 3 de xullo de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018, a xornada laboral semanal de 35 horas para o persoal municipal que, no caso de Salceda, pasarán a desenvolver a súa xornada ordinaria en horario de 8:00 h a 15:00 h, coa excepción dos postos que conleven o desempeño de quendas de traballo, xornada partida, etc. A medida será aplicada de xeito inmediato a partires do 1 de febreiro.
Tamén en base á lei 6/2018, de 3 de xullo, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018, a Mesa de Negociación aprobou para o persoal laboral que o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal ou licenza por enfermidade, sumado á prestación do Réxime Xeral da Seguridade Social, alcance o cento por cento das súas retribucións ordinarias do mes de inicio da incapacidade temporal, equiparando deste xeito os dereitos do persoal laboral cos do persoal funcionario. Neste caso, a medida terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2020.
A Lei de Presupostos Xerais do Estado deixaba aberta a opción de acollerse a estas melloras aos Concellos, e así ven de facelo o Concello de Salceda de Caselas, aprobando as melloras en mesa coa representación sindical.
A convocatoria celebrada onte na Casa do Concello con asistencia da alcaldesa e responsable da área de persoal, Loli Castiñeira, representantes dos dous grupos do goberno (MS e PSOE) e representantes sindicais das tres forzas con representación no Concello (CSIF, CIG e CCOO) serviu tamén para que o equipo de goberno lles anunciase ao persoal municipal o inicio dos traballos para acadar a primeira RPT do Concello de Salceda, tal e como fora o seu compromiso a finais do pasado ano 2019.
Loli Castiñeira expresou a súa total confianza en que se “equipo de Goberno e representación sindical poñemos da nosa parte poderemos chegar aos acordos máis beneficiosos para ámbalas dúas partes, na busca de poder ofrecer un servizo da mellor calidade posible para a veciñanza de Salceda, que ó fin e ó cabo é a quen nos debemos tanto o Goberno como o persoal municipal”.
As xogadoras da Selección Galega Alevín Sur de Fútbol Sala, capitaneadas pola nova seleccionadora Bea Seijas, desprazáronse o pasado mércores ata o pavillón de Leirado realizar o seu adestramento. O combinado galego utilizou unhas instalacións que se acaban de reformar recentemente.
Os traballos de reforma consistiron, entre outras cousas, na instalación dun pavimento deportivo aeroelástico de tarima de madeira, especialmente apto para a práctica do fútbol sala, baloncesto, balonmán e patinaxe, específico de instalacións deportivas.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o vicepresidente da RFGF, Fernando Iglesias, achegáronse ata a Leirado para saudar e charlar coas xogadoras
Centos de alumnos de cinco centros educativos de Nigrán participaron esta onte na ‘XI Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo do Día da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.
Na proba, á que asistiu o alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado de varios edís, participaron ademais de alumnos do CPI, o Centro de Educación Especial de Panxón, a Esola Infantil ‘As Dunas’, o CEE Juan María de Parada e o CEIP A Cruz de Camos, todos correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa.
Juan González, que amosou estar “moi orgulloso desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva” e tivo un especial agradecemento aos docentes “pola organización e aos nenos e os seus padriños pola súa participación imprescindible”.
O deputado Carlos Font valorou hoxe
positivamente a sentenza do Xulgado número 2 de Pontevedra, “unha
máis” que dá a razón á Deputación de Pontevedra, que desestima
“integramente” o recurso contencioso-administrativo que o
anterior goberno municipal do PP de Redondela, presidido por Javier
Bas, interpuxo contra a exclusión do proxecto municipal presentado
ao abeiro do Plan provincial DepoRemse.
O deputado provincial sinalou que “esta
sentenza, como todas as que o PP perdeu contra a Deputación, mostra
claramente o uso intolerable e espurio que o Partido Popular fai dos
medios xudiciais, amais de dilapidar o diñeiro público e utilizar
os concellos nos que gobernan como punta de lanza nunha guerra
partidista, en vez de defender os dereitos da súa veciñanza”.
“Son demandas, engadiu, que se demostra que non teñen sentido nin
razón de ser, que lles van tirando nos xulgados unha tras outra”
“
Font tallante: “O fallo é demoledor, unha proba máis da estratexia espuria do PP de utilizar aos concellos onde goberna como punta de lanza partidista”
Font, que cualificou o fallo de “demoledor
porque desmonta un tras outro os argumentos do anterior goberno do PP
de Redondela e avala os criterios técnicos cos que sempre actúa a
Deputación”, acusou directamente aos populares “dunha estratexia
intolerable, arbitrada e dirixida desde Santiago que, por enriba, non
lles dá ningún beneficio porque as perden todas. Unha estratexia,
dixo, que non é casual, que mostra que a inminencia dunhas eleccións
fai que aflore a desesperación. Só neses parámetros pode
entenderse que algúns estean a chegar a extremos insoportables de
insultos, mentiras e comportamentos inauditos na acción política”
Na sentenza que desestima o recurso do
anterior goberno municipal de Redondela, a xuíza recorda que o
proxecto obtivo un total de 53’ 09 puntos, por enriba da nota de
corte situada en 50. É dicir, o proxecto si superou a nota
valorativa do corte, o que da mostra da boa fe da Deputación, pero
aínda así non puido obter a subvención por esgotamento do crédito,
algo que estaba claramente especificado nas bases do Plan. Por todo
iso, a sentenza dá a razón á Deputación de Pontevedra e desestima
o recurso.
No fallo xudicial, sinálase que a xuíza
non pode substituír o criterio da Comisión de Valoración e que non
existe motivo para dubidar do xuízo finalmente emitido por tal
órgano. Tamén establece que non é posible rebater a valoración
técnica do Comité de Expertos, cuxo presidente explicou que a
natureza do proxecto a presentar debería haber tido en consideración
un criterio multifuncional, que tivera en todo momento presente a
seguridade, e que o proxecto, como relatou o presidente, presentaba
ata 16 insuficiencias e disfuncións técnicas concretas que se
recolleron no escrito de resposta á demanda, polo que era claramente
mellorable.
Unha vintena de comerciantes da Guarda, xunto con representantes das asociacións de empresarios ACIGU e Marcaguarda, participaron o mércores nunha xuntanza convocada polo departamento de Desenvolvemeno Local, que xestiona Fátima Rodríguez, de cara a analizar os resultados da Campaña de Nadal.
Na reunión, aberta e con unha numerosa participación, serviu para recabar multitude de propostas e ideas para continuar na senda de dinamización do comercio da vila, cunha valoración xeral positiva, “sempre con aspectos a mellorar”, sinalaron.
Tal e como indicou Fátima Rodríguez, a implicación e participación dos empresarios e comerciantes da vila “é fundamental para concretar accións que repercutan directamente sobre os negocios da vila”. Precisamente por iso, haberá unha nova reunión de seguimento o vindeiro mércores día 12 de febreiro ás 20:45 h na Casa dos Alonso. Nesa xuntanza analizaránse resultados das enquisas realizadas e se propoñerá unha estratexia a seguir, así coma as oportunidades que ofrecen tanto o Camiño de Santiago no Camiño Portugués pola Costa como o Ano Santo 2021.
A tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, presentou unha nova edición da Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que, no curto espazo de dous anos –tres con este– consolídase como unha cita imprescindible para o alumnado, non só de Ponteareas, senón de toda a comarca. Esta nova edición da Feira das Ensinanzas abrirá as súas portas o vindeiro martes, 4 de febreiro ás 10:30 horas, no pavillón do Complexo Deportivo ‘Álvaro Pino’.
Tras o éxito da anterior edición a Feira medra e ofrecerá un total de 29 postos de centros formativos que achegarán aos visitantes información sobre as modalidades que imparten e demostracións prácticas do traballo que realizan dentro do seu curriculum educativo.
Cristina Fernández lembra que esta feira “naceu co obxectivo de amosar a toda a comunidade educativa a oferta de ensinanzas profesionais para que o alumnado poida coñecer de primeira man as materias que se imparten e o perfil profesional para o que se poden preparar”. Unha vez máis o alumnado do CIFP A Granxa e voluntariado realizará visitas guiadas acompañando aos centros visitantes participantes.
“Non sempre é doado decidir como vas encamiñar a túa traxectoria de formación e por iso é imprescindible ofrecer a maior información posible e que vexan por si mesmos exemplos prácticos do froito deses estudos que poden cursar”, explica a concelleira de Ensino que tamén engade que é indispensable “que o alumnado poida conversar cos estudantes e profesorado destas ensinanzas, da súa experiencia e da súa satisfacción”.
Este ano a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas abrirá o martes día 4 e o mércores día 5 e por ela pasarán máis dun milleiro alumnas e alumnos para poder tomar unha decisión o máis axeitada posible en relación aos seus estudos.
Por vez primeira o público en xeral tamén poderá visitar de balde os 29 stands o martes de 16 h a 18:30 horas e participar nas demostracións en directo como a do módulo de panadería, a de caracterización de personaxes, a dos músicos dos conservatorios, as medioambientais ou da tirolina ou a de robótica.
A III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas terá, evidentemente, novidades como o stand da rama sociosanitaria e tamén o de Parasanitaria, o de xestión ambiental, stands de ensinanzas de electrónica, arte dramática, idiomas, soldadura, xoiería, moda, restauración, deportes, auxiliar de voo, ilustración, canteiría ou imaxe e son, entre outras moitas modalidades que os centros de ensinanzas profesionais ofertan.
A concellería de Cultura, que dirixe Fernado Groba, procedeu ao sorteo dun total de 24 lotes de libros entre as casas culturais de tódalas parroquias ponteareás. A Biblioteca Pública Municipal fai posible así que estes libros viaxen a cada recuncho do concello brinda a oportunidade a toda a veciñanza de gozar dun fondo de libros cos que ocupar o seu tempo de lecer e acceder á cultura e á lectura.
Nas vindeiras semanas a biblioteca volverá realizar novos sorteos que permitirán engrosar os fondos bibliográficos das casas culturais achegando os distintos xéneros literarios.
A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) inauguraron este mércores 29 de xaneiro, no multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, a exposición ‘Sorrisos Transformadores’. No acto participaron a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso; a alcaldesa de Redondela, Digna Riva e Olga García Ballesteros e Daniel Boullosa, concelleira e concelleiro de Ensino e Cultura, respectivamente.
A mostra, que forma parte dun proxecto audiovisual para a visibilización do colectivo LGTBI, pode visitarse no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela de luns a venres entre as 16:00 h e as 21:00 horas, (polas mañás concertando cita previa), ata o vindeiro 10 de febreiro. Unha vez pechada a mostra, esta trasladarase ao concello de Salvaterra de Miño.
Na inauguración da exposición contouse coa presenza dun grupo de 180 alumnos e alumnas de quinto e sexto do CEIP Laredo e CEIP Alexandre Boveda; alumnado de quinto do CEIP Igrexa e os alumnos e alumas de primeiro da ESO do Ies Chapela.
‘Sorrisos Transformadores’ é unha mostra itinerante que está a percorrer a provincia e tamén algún outro emprazamento fóra de Pontevedra, coma Betanzos ou Santiago. A exposición consta de 10 fotografías de Noemí Chantada nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta.
Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou idea sobre a protagonista ou a súa contorna. Entre as retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non trans*, pero relacionadas coa súa realidade pola súa profesión –educación, dereito, política, psicoloxía– e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe.
Digna Rivas agradeceu a presenza de Cristina Palacios e da deputada Victoria Alonso e o traballo da Deputación de Pontevedra ao desenvolver “unha iniciativa máis que necesaria á hora de previr actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero”. A rexedora local subliñou a necesidade de traballar arreo á hora de “combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero”
Trátase, rematou a alcaldesa de Redondela, de “visibilizar, sensibilizar e naturalizar ao colectivo Trans* como así xa o estamos a facer dente o Concello de Redondela”.
O goberno de Nigrán aprobou este luns o proxecto para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de volver a sacar a concurso público a súa xestión –actualmente sen actividade tralo cese do concesionario, ao que o Concello liquidou a fianza de 17.000 €–. O investimento, cifrado en 39.957 €, contempla reparar e repoñer os elementos que non se atopan en condicións óptimas ou foron retirados, así como mellorar a accesibilidade.
Descártase, en todo caso, a realización de cambios na distribución “dado que o uso de cafetería se manterá”. O prazo de execución destas obras, cuxa licitación estará lista nas vindeiras semanas, é de dous meses.
O alcalde de Nigrán, Juan González, quen aclaraba que a adxudicación da cafetería “será de aluguer e desligada por completo da xestión deportiva das pistas ou do mantemento da parcela” –a diferencia dos anteriores contratos– adiantou que, tanto a tramitación das obras como a concesión “faránse no menor prazo de tempo posible” pero sen que dita axilización do proceso “limite ou condicione” o obxectivo de mellorar o espazo.
“O obxectivo –engade o rexedor local– é entregar a cafetería ao futuro concesionario nun estado óptimo porque repercutirá no beneficio de todos os usuarios e da propia imaxe de Nigrán”.
Pensando na accesibilidade
Segundo o proxecto aprobado, eliminaranse os cortaventos do alzado nordeste ao impedir a accesibilidade e dotaranse aos aseos do equipamento preciso para persoas con mobilidade reducida, xa que actualmente carece del.
Doutra banda, a cuberta e os seus petos serán reparadas debido “ao seu mal estado” e do mesmo xeito procecerase á susbtitución do canlón; revisaranse e completaranse as instalacións de fontanería e eléctrica (faltan moitas luminarias e algunha toma); implementarase a ventilación e repoñerase o pavimento da zona de pública da cafetería que, segundo o informe, “está moi desgastado e presenta irregularidades”.
No que ás carpinterías exteriores de aceiro fai referencia, “serán renovadas dado o seu gran deterioro”, mentres que as interiores “só precisan ser pintadas e reparadas puntualmente”. As obras contempladas inclúen o pintado da fachada e dos interiores (atendendo tamén aos revestimentos).
Finalmente,
cunha finalidade estética, instalaranse pezas de madeira en vertical
en dous tramos de fachada, por un lado na que dá cara as pistas de
tenis e, por outro, na posterior, co fin de limitar o actual impacto
visual das instalacións de aire.
O Goberno de Ponteareas aclarou que o recurso rexeitado polo TSXG nos últimos días en relación coa orde de demolicion do hipermercado Eroski “conleva que o Concello continue cos trámites para levar a cabo dita orde”. O executivo que preside Xosé Represas lembrou que, no mes de outubro,o TSXG esixíu ao Concello “que iniciara os trámites dirixidos a garantir a demolición do Eroski no prazo dun ano”, interpoñendo o goberno local un recurso pero iniciando, ao mesmo tempo, os trámites “xa que dito recurso non suspendía a obriga de tramitar a demolición”. Por ese motivo o Concello explica que o rexeitamento agora daquel recurso en nada modifica os trámites que se están desenvolvendo desde hai xa catro meses.
Trala orde do TSXG o alcalde Xosé Reprsas ordeou aos servizos técnicos e xurídicos municipais que puxeran en marcha os trámites para dar cumprimento ao mandato do tribunal. A día de hoxe o Concello está realizando xa as xestións para contratar a redacion do proxecto de demolición e, unha vez redactado, deberá licitar as obras a executar.
O goberno está especialmente preocupado pois de levarse a cabo a demolición, a administración municipal podería enfrentarse a reclamacións económicas de enorme contía, xa que no ano 2002 o Goberno presidido por Nava Castro concedeu a licenza de obra que despois, no ano 2008, foi anulada polos Tribunais tras constatarse a ilegalidade da licenza concedida.
A única posibilidade de evitar a
demolición e os posibeis prexuizos económicos para o Concello pasa
pola aprobación do PXOM, actualmente en mans da Xunta de Galicia
para a súa aprobación definitiva. O goberno local agarda que en
breve a administración autonómica dea o visto bo ao PXOM e “evitar
así un gravísimo problema que outros gobernos anteriores crearon e
que nós temos agora que xestionar e resolver”.
O goberno local lembra que existen en
Ponteareas, en zonas como o polígono da Lomba, outras instalacións
industriais e comerciais sobre as que pesan tamén ordes
administrativas e xudiciais de demolición que só se poderán evitar
a través da aprobación do PXOM.
O Goberno Municipal do Porriño presentou onte, no último día de prazo, unha alegación contra a modificación do PXOM de Mos que pretende posibilitar o proxecto de cidade deportiva do R.C. Celta de Vigo en Tameiga. A alegación motívase en base “aos graves prexuízos que poden ocasionarse a este concello no abastecemento de auga”.
Argumentase que o proxecto de modificación do PXOM de Mos “conten inexactitudes e previsións que lesionan gravemente os intereses do Porriño” segundo sinala a alcaldesa, Eva García de la Torre, que asina a alegación no nome do Concello.
Nas previsións do Concello de Mos no que atixe ao suministro de auga realizase unha previsión de caudal contando cos aportes de a ETAP dos Valos (xestionada polo Concorcio de Augas do Louro) e cos aportes dos depósitos de San Antoniño, Veigadaña e Castro-Sanguiñeda, todes eles abastecidos polo embalse de Eiras.
“
“É O Porriño que ten o dereito de captar esa auga que facilita a Mos para o seu uso doméstico e no caso do polígono da Veigadaña para o seu uso industrial, non estando previsto nin aumentar o caudal suministrado nin outros usos”
Ao respecto alega O Porriño que “a ETAP dos Valos fora construída nos terrenos previamente adquiridos polo Concello porriñés” e que a captación de auga do embalse do Eiras por Porriño data dos anos 60 por autorización do Ministerio Obras Públicas, que logo asumiu a Xunta a través de Augas de Galicia”. “De feito é Porriño que ten o dereito de captar esa auga que facilita a Mos para o seu uso doméstico e no caso do polígono da Veigadaña para o seu uso industrial, non estando previsto nin aumentar o caudal suministrado nin outros usos”, argumenta a alegación de Porriño.
“Deberá
terse en conta que Porriño segue a medrar en poboación cuns
polígonos industriais de máxima actividade, de xeito que precisa o
caudal que tén asignado”.
A alegación de Porriño acusa a Mos de “obviar totalmente a realidade, pretendendo apropiarse dun dereito sobre unhas instalacións que de xeito algún ten aseguradas e que non lle son propias”. O feito de que na actualidade as competencias de xestión de abastecemento e saneamento derivaranse ó Consorcio de Augas do Louro non supón que este ente público sexa propietario de ningunha das instalacións titularidad de cada Concello”.
Por último, a alegación do Porriño subliña o feito de que “as captacións que se dicen do Eiras, son do Porriño, ben polo depósito sito na Risca que capta do eiras para o seu uso no termo municipal e do que deriva caudal para Mos e outros concellos; ben desde a ETAP dos Valos que insistimos, construise nuns terrenos previamente adquiridos polo Concello do Porriño, para uso de Porriño e desde onde tamén abastecese a Mos e outros concellos, a través da facultade que ten directamente atribuída O Porriño”.
O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas será escenario, o vindeiro domingo 2 de febreito ás 18 horas, do que poderíamos cualificar sen temor a equivocarnos, como un dos acontecementos culturais de máis importancia e, sobre todo, transcendencia dos últimos tempos: a presentación oficial da ‘Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea’.
O acto, como se a propia presentación non fora suficiente, contará cun extraordinario aliciente como é a proxección dun documental, totalmente inédito, sobre o castro de Troña realizado pola propia asociación en colaboración co arqueólogo José Manuel Hidalgo Cuñarro, que foi director das excavacións do Castro entre 1981 e 1991, é dicir, o momento en que se comezou a poñer en valor o que hoxe é un dos xacementos castrexos máis importantes de Galicia.
Á presentación da Asociación contará coa colaboración da pianista Paula Carrera Silvas e os nenos e nenas, recibirán un pequeno agasallo como recordo deste acto. É, sen dúbida, un xeito importante de cara a inculcar nos máis novos a importancia do patrimonio que nos rodea, do seu coñecemento para, dende aí, poder traballar na súa posta en valor, protección e conservación. Esta é, en resumo, a razón de ser da asociación que o domingo ‘vístese de gala’.
Como toda idea que se prece, tivo xa os seus seus ‘ensaios’. Primeiro, a presentación ante os medios de comunicación para transmitir a súa idea, o seu proxecto vital que non é outro que, como afirmaban, “a protección, defensa e vixianza do noso patrimonio”. Logo, unha visita guiada por Xinzo da man de Juan Ibáñez Rodríguez, fondo coñecedor da parroquia e o seu patrimonio histórico e monumental e membro fundador da ‘Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea’
Quédalle á Asociación, un longo percorrido de duro traballo, sacrificado e a meirande parte das veces anónimo. Trátase, de xeito silencioso e sen aspavientos de preservar, conservar e poñer en valor o enorme patrimonio que ten o Val do Tea. Patrimonio na máis ampla interpretación da palabra. Patrimonio cultural, histórico e tanxible, si. Pero tamén patrimonio de historias, lendas e contos que forman parte da nosa propia identidade como pobo.
O dito. O domingo Ponteareas e as comarcas do Condado e A Paradanta deberían ser quen de encher o Auditorio ponteareán e obrigar á Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea a colocar o cartel de “non hai localidades”. Non o dubidamos nin por un instante que así será. O domingo ás 18 horas, temos todos e todas nós, unha cita ‘co noso’ e con aqueles que, de xeito altruísta, loitan pola súa defensa.
A Policía Local do Porriño detivo, esta pasada noite a un veciño de Atios, A.G.F., de 58 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero. As vítimas son a súa esposa, unha muller de 52 anos e o seu neto de 6 anos, ambos feridos de diversa consideración.
Os feitos aconteceron na vivenda nº 36 en el barrio de A Pontenova, en Atios, ao recibir a Policía Local un aviso do 112 Galicia ás 2,15 horas da mañanciña. Nesa chamada dábase conta que unha muller e un neno denunciaran ter sido agredidos polo marido dela e que estaban na rúa agardando a chegada dunha ambulancia.
Cando chegou a patrulla, a ambulancia xa recollera ós feridos. Os axentes falaron co home que recoñeceu que tivo unha pelexa coa súa muller, comprobando os efectivos da Policía Local a existencia de manchas de sangue na habitación onde se produxo a discusión e atoparon, debaixo da cama, un coitelo de cociña con sangue polo que procederon a detención de A.G.F.
No que atinxe ós feridos a muller, que presentaba varios cortes en brazos e mans, foi trasladada ao Hospìtal Alvaro Cunqueiro, pendente de intervención cirúrxica. Tamén o neno foi trasladado ao centro hospitalario vigués con lesións nunha man e pendente de recibir atención psicolóxica xa que estaba presente na habitación onde transcurriron os feitos, segundo as pesquisas realizadas pola a Policía Local.
A décimo terceira edición da Copa Deputación masculina de fútbol botou hoxe a andar coa celebración dos sorteos das eliminatorias da primeira ronda e do cadro de competición. Hoxe mércores tivo lugar no Edificio Administrativo o sorteo para os equpos da zona de Pontevedra, e o xoves 30 de xaneiro, ás 20.30h na Casa Galega da Cultura, no caso da zona de Vigo. Ambos actos estarán presididos por Gorka Gómez, deputado de Deportes.
Nos bombos entrarán 67 equipos da zona de
Pontevedra e 61 da zona de Vigo, o que supón un total de 128 equipos
de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira
Autonómica, 9 equipos máis que na pasada edición, un novo récord
de participación.
Unha
vez coñecidos os cruces, os equipos terán liberdade para fixar a
data desta primeira eliminatoria, que empezará a xogarse a vindeira
semana. O formato será o mesmo das últimas edicións, xogándose
todas as eliminatorias a único partido que disputarase no campo do
equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de
penaltis. A final xogarase a finais de maio nunha sede aínda por
determinar.
En canto á competición feminina, que este ano chega á sexta edición, o sorteo terá lugar durante o mes de febreiro. Pola súa banda, en categorías base, na que participan máis de 1.000 equipos, os partidos comezarán cando rematen as competicións oficiais.
Nesta
edición da Copa Deputación 2020 defenderán título o Valladares,
en categoría feminina, e o Pontevedra ‘B’, en masculina. O
conxunto vigués derrotou na final ao Umia, mentres que o filial
granate venceu ao Pontellas.
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de amosar a súa satisfacción logo da publicación no Boletín Oficial da Provincia, da intención do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno central “de extinguir o aproveitamento de augas do Salto de Sela, no Miño, dereito propiedade de Unión Fenosa”.
Este procedemento era unha “reclamación histórica” do movemento ecoloxista da Comarca, que o seu momento xa lograra frear a construcción do encoro de Sela, logo da declaración de impacto ambiental negativa publicada no BOE a comezos do ano 2000. Logo, Unión Fenosa e o seu socio no proxecto no lado portugués, a EDP, promoveron a construción de tres novos encoros, máis pequenos, pero de igual impacto, tendo en conta a sinerxia de efectos concatenados, cuestión que tamén fora rexeitada amplamente.
Desde entón, esta extinción foi esixencia reiterada polos colectivos ambientalistas, nomeadamente ADENCO, mesmo reuníndose en Oviedo co daquela director da Confederación Hidrográfica do Norte, pondo de manifesto “a necesidade de extinguir o aproveitamento”, para evitar novos proxectos no futuro algo que, explica Adenco, “significaba na realidade a continuidade dunha espada de Damocles sobre o Minho internacional”.
Rede
Natura
2000,
pesqueiras
e lampreas
O treito do Miño en cuestión alóngase uns 20 quilómetros despois do encoro de Frieira en Crecente, ata o Concello das Neves, un amplo treito de río que, sublipa o grupo ecoloxista “acolle hábitas protexidos pola Unión Europea e que fixeron que fose digno merecedor da súa inclusión na Rede Natura 2000. Evidentemente, isto xa debería ser obstáculo para a construción de encoros como os proxectados, pero este paso era algo imprescindible e necesario”.
Adenco engade tamén que, ademais do patrimonio natural, “está en xogo a protección do patrimonio físico, das pesqueiras, construcións antiquísimas que, en harmonía co río, serven para tirar do río produtos tan apreciados como as lampreas ou os sábalos”.
Os ecoloxistas teñen tamén un recoñecemento “a loita de toda a veciñanza da comarca, especialmente dos que non están para alegrarse dun día como hoxe, especialmente ao Gago, Ignacio Gago, firme defensor das pesqueiras, un dos líderes do movemento opositor ao proxecto desde os seus inicios e falecido hai uns anos”.
O Grupo Ecoloxista ADENCO manifesta a súa “profunda ledicia polo inicio deste procedemento, que esperamos acabe coa extinción do aproveitamento e co carpetazo definitivo a este proxecto, que poría en perigo un hábitat excepcional, onde podemos gozar de paisaxes extraordinarias, onde viviron os primeiros galegos, xunto ás pesqueiras, lampreas e outra fauna piscícola e ligada ás ribeiras. Un lugar a conservar para as xeracións futuras. Non nolo perdoarían”.
A espectacular ‘Subida do Artístico Arco de Tabagón’ dará esta fin de semana o pistoletazo de saída aos tres días de actividades, música e tradicións da Festa da Saúde e San Brais. Do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro, San Xoán de Tabagón será o epicentro da festa, que comezará xa o venres cunha gran tirada de fogo graneado (13:00 h) e coa Treboada Virxe do Alivio (16:00 h).
Será o preludio dun dos pratos fortes da festa: a subida do Arco (18:00 h). Veciñas e veciños reuniranse arredor deste ‘maio’ para izar entre un arco duns 14 metros de altura cunha estrutura de madeira que cada ano estrea deseño e incorpora novidades. Camelias, flores de mimosas, ramas de buxo, vimbios, laranxas e outras plantas decorarán un arco único en toda a provincia de Pontevedra que anuncia o inicio dunhas festas cunha profunda tradición.
O resultado é un belo e artístico arco triunfal multicolor que se manterá en pé ata o domingo de Entroido e que representa a defensa da cultura, sensibilidade artística, traballo en equipo e unión e sacrificio polo ben do barrio. Tras esta tradicional subida haberá animado ambiente tradicional e, a partir das 22 h, animación musical co grupo D’Líder.
A
fin de semana continuará coa seguinte programación:
SÁBADO 1 DE FEBREIRO
10.00, 11.00 e 12.00 h. Actos litúrxicos.
11.00 h. Entrada do grupo de treboada, gaitas e
baile Virxe do Alivio.
22.00 h. Actuación das orquestras Fania Blanco
Show e Trío Azar.
DOMINGO
2 DE FEBREIRO
Ao amencer. Gran tirada de bombas de palenque.
Pola mañá. Actos litúrxicos e procesión.
11.00 h. Entrada da Banda de Música da
Agrupación Musical do Rosal.
Pola tarde. Inchables para nenos, chocolatada de
balde para todas as persoas e concerto da Banda de Música da
Agrupación Musical do Rosal.
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que aínda quedan prazas valeiras para participar no ‘Obradoiro de escritura creativa’ que se desenvolverá os martes de 18 h a 20 horas, na Biblioteca Pública Municipal.
Impartido pola escritora María Lado, o curso é totalmente de balde e financiado, na súa integridade, pola Concellería de Cultura. Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao teléfon o 986 660 765 ou ao enderezo de correo electrónico [email protected]
O
Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de
programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da
senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de
Rosalía(24 de febreiro de 2020).
A
primeira das actividades programadas consistirá na exposición de
fotografía “Airiños Aires Rosalía”, que supón unha viaxe a
través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro,
unha mostra na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da
escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en
Galicia como fóra dela.
A
través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de
febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición
traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que
protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos
de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de
localidade.
O
autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é “a
miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero
escritora de referencia tanto na literatura galega como na española.
Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico.
Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu
protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o
vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una
feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social
e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con
dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela… E
unha muller que tamén ama a natureza”.
A
inauguración terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 20h. no andar
baixo da Casa dos Alonso e contarase coa presenza de Xurxo Lobato e
Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e gran
estudoso da súa figura.
Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro
Como
en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía
concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá
para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu
183 aniversario, o 24 de febreiro.
A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema ‘Miña casiña, meu lar’. Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou neste formulario online.
Recital poético
Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no seguinte formulario online.
Por
último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes,
durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes
sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á
iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e
twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Marina Vidal, recibiron na tarde do luns, no Salón de Plenos do Concello, aos 12 alumnos e alumnas e 2 profesores do Lycée La Province de Fécamp (Alta Normandía, Francia) de intercambio actualmente co CPI Arquitecto Palacios de Panxón.
No encontro, ademais de darlles á benvida, recibiron un agasallo e material con información turística de Nigrán. O grupo chegou o sábado 25 a Oporto e regresan este sábado ao seu país. Ademais de compartir actividades coas familias de acollida, hoxe realizarán unha excursión a Santiago na que visitarán o Museo do Pobo Galego e o venres participarán na carreira solidaria que cada ano organiza o CPI polo día da Paz.
O Club Natación Ponteareas segue a escribir páxinas na súa historia. Logo de conseguir na pasada tempada o ascenso, neste curso 2019-2020 o seu Equipo Absoluto está competindo xunto a otros 5 equipos de Galicia na máxima división da Liga Galega de Clubs de Natación: a División de Honra.
Esta é a segunda vez que o club ponteareán milita nesta categoría pero, por primeira vez, acadaba a victoria nunha xornada desta división. Foi durante a competición que tivo lugar esta pasada fin de semana (sábado 24 de xaneiro e domingo 25 de xaneiro) na Piscina do Complexo Deportivo ‘Rías do Sur’, en Pontevedra. O equpo ponteareán lograba a vitoria na segunda xornada o que o convertía en lider provisional dunha liga que promete ser tan disputada coma interesante.
Agora, queda un enorme traballo por diante para manter esa posición e rematar a Liga nesa posición. O dito, o Club Natación Ponteareas segue a escribir páxinas importantes na súa historia.
O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio, unha actividade que trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia, especialmente no que atinxe ao patrimonio cultural inmaterial (xogos, costumes, refráns, cancións, tradicións, etc).
O obradoiro desenvolverase os
martes a partir do 4 de febreiro en dous grupos: de 16.00 a 17.15
horas nas Escolas de Torroña e de 17.45 a 19.00 horas na Abadía de
Loureza.
A
actividade é gratuíta e vai destinada a maiores de 60 anos. As
persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o próximo día
31 no Concello (máis información no teléfonos 986 36 21 25 e 639
32 94 93). As prazas son limitadas.
“Era
un compromiso que tíñamos coa cidadanía e, como tal, para nós era
de obrigado cumprimento” asegurou Digna Rivas durante a visita que
realizou na mañá de hoxe, acompañada pola concelleira de Servizos
Sociais, Marta Alonso, as obras de acondicionamento do que serán as
novas instalacións de Servizos Sociais.
A
alcaldesa redondelá fixo especial fincapé no feito de “cambiar
unhas instalacións pouco axeitadas”, compartidas, e inaccesibles,
por outras totalmente accesibles e nas que, “amais de ofrecer aos
traballadores e traballadoras un entorno cómodo para desenvolver o
seu traballo, ofrecen a usuarias e usuarios a privacidade que un
servizo como este precisa”.
O
proxecto para o traslado destas dependencias, contaba co informe
favorable dos servizos técnicos do Concello dende xuño de 2018.
Digna Rivas lamentou que “o Goberno do PP non priorizara a súa
tramitación” e á chegada do novo Goberno, en xuño de 2019, o
expediente “levaba paralizado máis dun ano”.
Tanto
a alcaldesa como a concelleira de Servizos Sociais, amosaron a súa
satisfacción por ter conseguido no curto prazo de tres meses,
“rematar o expediente de contratación” que permite que agora se
poida estar realizando o traballo de acondicionamento –interior e
exterior– do inmoble situado na rúa 8 de Marzo (Regojo).
A
boa marcha dos traballos, explicou a concelleira de Servizos Sociais,
Marta Alonso, “apuntan a que ao longo do vindeiro mes de abril
estas instalacións poidan estar plenamente operativas e ao servizo
da veciñanza”.
Digna Rivas, pola súa banda, reafirmouse no seu compromiso de poñer en marcha “as medidas precisas” que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e, nese sentido, rematou, “dispoñer dun local de Servizos Sociais digno, é tamén dignificar tanto ás persoas que precisan deste servizo coma ás traballadoras e traballadores que nel desenvolven un traballo fundamental para a cidadanía”.
O
deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, desprazouse este sábado a
Ponteareas para coñecer de primeira man a carencia de seguridade na
estrada N120, que cruza varias parroquias ponteareás soportando
diariamente unha elevada carga de tráfico.
Rego,
acompañado polo alcalde Xosé Represas e outros membros do BNG
local, reuniuse no Centro Cultural Xinzo coa Plataforma N120 para
“escoitar as súas reivindicacións e trasladarlles o compromiso
firme do BNG de defender ante o Ministerio de Fomento a necesidade de
que as obras de mellora de seguranza viaria na N120 se realicen de
forma inmediata”.
O
deputado do BNG coincidiu nas demandas expostas pola plataforma, e
adiantou que esixirá do goberno do Estado “un compromiso concreto
nos orzamentos para 2020, cunha partida suficiente para o proxecto e
o inicio da obra, así como a consignación plurianual necesaria para
a súa execución”.
Néstor
Rego referiuse no mesmo sentido á “variante de Ponteareas”, xa
que “ambas actuacións teñen por obxectivo diminuír o tránsito
de vehículos pola N120 e aumentar a seguranza, de modo que se poña
fin ao tráxico balance de accidentes e de falecementos nesta vía”.
O
Deputado nacionalista destacou que o BNG “non tolerará que
continúen as burlas á veciñanza de Ponteareas, que levan vinte
anos soportando promesas electorais e anuncios propagandísticos sen
que a día de hoxe se fixese nada realidade”. Rego comprometeuse
ante a Plataforma a realizar en Madrid o seguimento deste expediente,
instando a que se axilice a redacción dos proxectos necesarios para
poder licitar estas actuacións.
O Concello de Ponteareas vén de anunciar o inicio de accións contra varias empresas por problemas derivados do incumprimento na execución de obras das que foron adxudicatarias. En concreto, o executivo ponteareán expedientes a dúas empresas polas obras da rúa San Roque e Avenida de Galicia.
No que fai referencia á rúa San Roque, o Goberno local sinalou que a empresa incumpríu o prazo que se concedera (até o Nadal) e a prórroga concedida até o 23 de xaneiro, e abandonou a obra sen xustificación nin comunicación previa ao Concello, motivo polo cal o executivo local abríu o expediente correspondente que conlevará a imposición de sancións económicas, a reclamación dos danos e prexuizos e mesmo a resolución do contrato.
A intención do goberno é artellar as medidas legais e contractuais necesarias para que de maneira urxente se retomen as obras e se conclúan. O Goberno lembra que esta situación é responsabilidade exclusiva da empresa adxudicataria e lamenta os prexuízos que está causando á veciñanza e ao propio Concello, pero adianta que “se actuará con contundencia no marco da legalidade fronte a calquera empresa que incumpra coas súas obrigas na execución desta ou outras obras”.
No mesmo sentido, o concello abríu un expediente para determinar as causas dos repetidos afundimentos xurdidos na Avenida de Galicia logo dunhas recentes obras de mellora dos servizos soterrados e do firme. O Executivo local quere “depurar as responsabilidades nas que puidera ter incorrido a empresa adxudicataria do traballo” sen prexuízo de que esta deberá de inmediato reparar os desperfectos e executar correctamente a obra para que non se volten producir novas incidencias.
O Concello de Ponteareas lembra que, conforme á lexislación en materia de contratos, as obras “adxudícanse ás empresas a través dun procedemento competitivo, regrado e sometido aos principios de transparencia polo que os gobernos non deciden que empresas executan este tipo de obras”. Por iso, explica o Concello ponteareán, “un cumprimento defectuoso dos traballos ou o incumprimento de prazos é responsabilidade exclusiva da empresa adxudicataria e o que resulta esixíbel ao goberno é que actúe con rigor e rapidez ante calquera incumprimento”.
A pasada fin de semana realizouse na Guarda a primeira das actividades do proxecto ‘O Camiño Aguárdate’, coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.
Nesta primeira actividade participaron máis de 50 persoas, tanto a veciños da Guarda, como da contorna, que fixeron un roteiro polo Camiño Portugués da Costa entre a zona da Pasaxe(Camposancos) e a ladeira do Monte Trega.
En colaboración coa Asociación A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos os participantes puideron coñecer diferentes elementos patrimoniais e naturais desta etapa do Camiño Portugués da Costa, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación rematando a actividade cunha reforestación con especies autóctonas.
Posteriormente
os participantes prantaron árbores autóctonas que convivían
antigamente no Camiño como cereixeiras, nogueiras, freixos, olivos,
cereixeiras ou castiñeiros. Esta prantación realizouse nos
terreos cedidos para a ocasión pola Comunidade de Montes de
Camposancos e ó remate da xornada serviuse unha pequena merenda coa
que repór as forzas e comentar as experiencias do día, cunha
valoración moi positiva por parte dos participantes.
O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura e Festexos que dirixe Alex Rodríguez, vén de publicar as bases para participar no XXII Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará o domingo 23 de febreiro de 2020.
Como xa é habitual, o Concello dará prioridade ás agrupacións de Salceda que poderán formalizar a súa solicitude durante a semana do 3 ao 9 de febreiro. Posteriormente, dende ao 10 ao 16 de febreiro, abrirase a inscrición para as agrupacións de calquera outro concello. As agrupacións deberán facer a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Salceda.
O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez Canosa, subliñaba a importancia da que é “sen dúbida a festa máis importante de Salceda, unha festa que a veciñanza vive con paixón, cando menos dende hai 130 anos.”
As agrupacións
deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán
presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías
en ámbolos dous casos. Ademais, o desfile completarase co concurso
de coplas no que participan todas as agrupacións. Todas as comparsas
admitidas recibirán unha compensación económica pola súa
participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do
número de compoñentes.
Ademais da dotación
económica, establécese un xamón como premio para diversas
categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a
comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de compoñentes,
o tema máis orixinal, o mellor vestiario, a mellor maquillaxe, a
carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo
en conxunto, as coplas máis divertidas, as coplas mellor recitadas e
o participante de maior idade.
Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.gal ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello.
En Salceda, o
Entroido é unha das súas festas máis importantes, para o que se
prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo
uns días antes das festas.
A programación
municipal completará o xa tradicional enfrontamento entre Castro
Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 130 anos se ven celebrando, e
para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis
estricto segredismo.
Alex Rodríguez apuntou o traballo conxunto que se está a realizar por parte das diferentes concellerías “para que a festa sexa un éxito para as persoas participantes e para as milleiros de visitas que se achegarán ao noso Concello”.
O sitio web do proxecto europeo AGRITOX (http://agritox.eu), no que participa como socia a Deputación de Pontevedra, xa está en funcionamento para que quen o desexe poida consultar o labor que se está a levar a cabo entre as once entidades participantes na iniciativa. De feito, esta nova ferramenta conta cunha sección dedicada á Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
O proxecto AGRITOX, cun presuposto total de 1.954.138,80 euros, está cofinanciado polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg Atlatic Area, un programa de cooperación interrexional da Unión Europea.
O seu obxectivo é proporcionar á industria alimentaria da Área Atlántica información e solucións para evitar a contaminación de microtoxinas, un desafío crecente debido ao cambio climático e un problema para a saúde. Esta premisa estase a levar a cabo mediante a cooperación internacional entre catro entidades de España, entre as que se atopa a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, unha do Reino Unido, catro de Portugal, unha de Irlanda e unha de Francia.
Os
socios de AGRITOX están a desenvolver sistemas de alerta de
toxicidade e plans de xestión de riscos da industria para asegurar a
distribución de produtos, con novos métodos máis seguros para o
cultivo, colleita e almacenaxe.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.