12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA «Copa Deputación» masculina bate un novo récord con 128 equipos da...

    A «Copa Deputación» masculina bate un novo récord con 128 equipos da provincia

    O sorteo da primeira ronda para os 67 equipos da zona de Pontevedra tivo lugar hoxe mércores ás 20.30h e mañá xoves será para os 61 clubs da zona de Vigo

    A décimo terceira edición da Copa Deputación masculina de fútbol botou hoxe a andar coa celebración dos sorteos das eliminatorias da primeira ronda e do cadro de competición. Hoxe mércores tivo lugar no Edificio Administrativo o sorteo para os equpos da zona de Pontevedra, e o xoves 30 de xaneiro, ás 20.30h na Casa Galega da Cultura, no caso da zona de Vigo. Ambos actos estarán presididos por Gorka Gómez, deputado de Deportes.

    Nos bombos entrarán 67 equipos da zona de Pontevedra e 61 da zona de Vigo, o que supón un total de 128 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, 9 equipos máis que na pasada edición, un novo récord de participación.

    Unha vez coñecidos os cruces, os equipos terán liberdade para fixar a data desta primeira eliminatoria, que empezará a xogarse a vindeira semana. O formato será o mesmo das últimas edicións, xogándose todas as eliminatorias a único partido que disputarase no campo do equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de penaltis. A final xogarase a finais de maio nunha sede aínda por determinar.

    En canto á competición feminina, que este ano chega á sexta edición, o sorteo terá lugar durante o mes de febreiro. Pola súa banda, en categorías base, na que participan máis de 1.000 equipos, os partidos comezarán cando rematen as competicións oficiais.

    Nesta edición da Copa Deputación 2020 defenderán título o Valladares, en categoría feminina, e o Pontevedra ‘B’, en masculina. O conxunto vigués derrotou na final ao Umia, mentres que o filial granate venceu ao Pontellas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.