O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Marina Vidal, recibiron na tarde do luns, no Salón de Plenos do Concello, aos 12 alumnos e alumnas e 2 profesores do Lycée La Province de Fécamp (Alta Normandía, Francia) de intercambio actualmente co CPI Arquitecto Palacios de Panxón.
No encontro, ademais de darlles á benvida, recibiron un agasallo e material con información turística de Nigrán. O grupo chegou o sábado 25 a Oporto e regresan este sábado ao seu país. Ademais de compartir actividades coas familias de acollida, hoxe realizarán unha excursión a Santiago na que visitarán o Museo do Pobo Galego e o venres participarán na carreira solidaria que cada ano organiza o CPI polo día da Paz.