7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasA «Subida do Arco», pistoletazo de saída da Festa da Saúde e...

    A «Subida do Arco», pistoletazo de saída da Festa da Saúde e San Brais no Rosal

    San Xoán de Tabagón celebrará esta festa do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro

    A espectacular ‘Subida do Artístico Arco de Tabagón’ dará esta fin de semana o pistoletazo de saída aos tres días de actividades, música e tradicións da Festa da Saúde e San Brais. Do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro, San Xoán de Tabagón será o epicentro da festa, que comezará xa o venres cunha gran tirada de fogo graneado (13:00 h) e coa Treboada Virxe do Alivio (16:00 h).

    Será o preludio dun dos pratos fortes da festa: a subida do Arco (18:00 h). Veciñas e veciños reuniranse arredor deste ‘maio’ para izar entre un arco duns 14 metros de altura cunha estrutura de madeira que cada ano estrea deseño e incorpora novidades. Camelias, flores de mimosas, ramas de buxo, vimbios, laranxas e outras plantas decorarán un arco único en toda a provincia de Pontevedra que anuncia o inicio dunhas festas cunha profunda tradición.

    O resultado é un belo e artístico arco triunfal multicolor que se manterá en pé ata o domingo de Entroido e que representa a defensa da cultura, sensibilidade artística, traballo en equipo e unión e sacrificio polo ben do barrio. Tras esta tradicional subida haberá animado ambiente tradicional e, a partir das 22 h, animación musical co grupo D’Líder.

    A fin de semana continuará coa seguinte programación:

    SÁBADO 1 DE FEBREIRO

    • 10.00, 11.00 e 12.00 h. Actos litúrxicos.
    • 11.00 h. Entrada do grupo de treboada, gaitas e baile Virxe do Alivio.
    • 22.00 h. Actuación das orquestras Fania Blanco Show e Trío Azar.

    DOMINGO 2 DE FEBREIRO

    • Ao amencer. Gran tirada de bombas de palenque.
    • Pola mañá. Actos litúrxicos e procesión.
    • 11.00 h. Entrada da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
    • Pola tarde. Inchables para nenos, chocolatada de balde para todas as persoas e concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
    • Fin de festa con gran tirada de bombas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.