12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda reduce a 35 horas semanais a xornada laboral do seu cadro...

    Salceda reduce a 35 horas semanais a xornada laboral do seu cadro de persoal

    A Mesa de Negociación aprobou tamén a equiparación do persoal laboral ao persoal funcionario para que poidan percibir un complemento do 100% nas situacións de incapacidade temporal

    A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda, convocada polo equipo de Goberno no día de onte, rematou con dúas importantes melloras para o cadro de persoal municipal ao aprobarse, por unha banda, a xornada laboral de 35 horas semanais e, doutra, a equiparación do persoal laboral e o persoal funcionario á hora de percibir un complemento do 100 % nas situacións de incapacidade temporal.

    A alcaldesa de Salceda e responsable da área de Persoal, Loli Castiñeira, quen definiu a reunión como “unha xuntanza produtiva e en ton positivo que deu os resultados acadados”, amosou a súa confianza en que este sexa “o exemplo das diferentes mesas que terán lugar nas vindeiras semanas”.

    Os acordos acadados establecen que, ao abeiro do recollido na disposición adicional 144 da lei 6/2018 de 3 de xullo de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018, a xornada laboral semanal de 35 horas para o persoal municipal que, no caso de Salceda, pasarán a desenvolver a súa xornada ordinaria en horario de 8:00 h a 15:00 h, coa excepción dos postos que conleven o desempeño de quendas de traballo, xornada partida, etc. A medida será aplicada de xeito inmediato a partires do 1 de febreiro.

    Tamén en base á lei 6/2018, de 3 de xullo, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018, a Mesa de Negociación aprobou para o persoal laboral que o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal ou licenza por enfermidade, sumado á prestación do Réxime Xeral da Seguridade Social, alcance o cento por cento das súas retribucións ordinarias do mes de inicio da incapacidade temporal, equiparando deste xeito os dereitos do persoal laboral cos do persoal funcionario. Neste caso, a medida terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2020.

    A Lei de Presupostos Xerais do Estado deixaba aberta a opción de acollerse a estas melloras aos Concellos, e así ven de facelo o Concello de Salceda de Caselas, aprobando as melloras en mesa coa representación sindical.

    A convocatoria celebrada onte na Casa do Concello con asistencia da alcaldesa e responsable da área de persoal, Loli Castiñeira, representantes dos dous grupos do goberno (MS e PSOE) e representantes sindicais das tres forzas con representación no Concello (CSIF, CIG e CCOO) serviu tamén para que o equipo de goberno lles anunciase ao persoal municipal o inicio dos traballos para acadar a primeira RPT do Concello de Salceda, tal e como fora o seu compromiso a finais do pasado ano 2019.

    Loli Castiñeira expresou a súa total confianza en que se “equipo de Goberno e representación sindical poñemos da nosa parte poderemos chegar aos acordos máis beneficiosos para ámbalas dúas partes, na busca de poder ofrecer un servizo da mellor calidade posible para a veciñanza de Salceda, que ó fin e ó cabo é a quen nos debemos tanto o Goberno como o persoal municipal”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS