15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Concello do Porriño amosa o seu apoio a manifestación en Defensa...

    O Concello do Porriño amosa o seu apoio a manifestación en Defensa da Sanidade Pública

    O Pleno da Corporación aprobou tamén regular o uso da pirotécnia nas festas para limitar a contaminación acústica e solicitar informes "para esclarecer a adxudicación do servizo de limpeza"

    O Pleno da Corporación do Porriño aprobou, cos votos a favor de PSOE, EU Son, BNG e UDDL, que o Concello porriñes apoie institucionalmente a manifestación en Defensa da Sanidade Pública de Galicia prevista para o vindeiro 9 de febrero en Santiago.

    O acordo plenario adoptouse por partida dobre xa, sobre ese mesmo tema, houbo senllas mocións presentadas polos grupos municipais de EU Son e BNG. En ambos casos o PP votou en contra.

    Doutra banda, o Pleno aprobaba, esta vez por unanimidade, regular o uso de pirotecnia nos festexos para limitar a contaminación acústica. Sobre este particular, a concelleira de Festexos, Cami Moreira, adiantou que por parte do Goberno local estase a preparar unha ordenanza que será consensuada coas AA.VV. e comisións de festas. A concelleira tamén sinalou que, nas dúas festas principais do concello –San Benito e O Cristo– empregaráse pirotecnia insonora.

    ACEESCA

    A reunión da Corporación tamén serviu para acordar, por unaminidade, a cesión dunha parcela a ACEESCA por un período de 30 anos, para a construción dun centro de formación dual. O terreo ten unha superficie de 8.000 metros cadrados que serán adecuados polo Concello para que a asociación poida acometer a execución do proxecto.
    O tenente alcalde, Pedro Pereira, explicou que a parcela cumpre cos requisitos que a entidade precisaba e que “resultou a máis idónea entre as diferentes opción que se barallaban”.

    Foi tamén Pereira o encargado de exponer a operación de permuta coa Comunidade de Montes Veciñais de Torneiros das parcelas ‘Laxes’ e ‘Ribeira’ que foi aprobada por uanimidade. Tamén aprobouse por maioría (PSOE, BNG, EU Son e UDDL) a venda dunha parcela municipal de 5.110 metros cadrados no PPI 6 Sector 2 pola que mostraron interese alguhas empresas.

    Informes sobre a adxudicación do servizo de limpeza

    Finalmente, o Concello do Porriño requerirá tres informes simultáneos “para esclarecer a adxudicación do servizo de limpeza viaria” logo da situación xenerada pola resolución do Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia (TACGAL) que considerou que a primeira adxudicataria (Ascan) “non cumpría algún dos requisitos”. Nese sentido, o Pleno da Corporación do Porriño entende que “hai diversas interpretacións e compre recabar o maior número de dictames”.

    Así, cos votos a favor de PSOE, BNG, EU Son e UDDL e a abstención do PP, decidiuse solicitar informes a ‘Lagares y Oca’, a consultora que fixo a prego desa licitación, así como ó Servizo de Atención Intramunicipal da Deputación de Pontevedra ó mesmo tempo tamén se traslade unha consulta ó propio TACGAL. Cos respectivos dictames o asunto volverá a pleno para tomar a decisión correspondente.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.