«Envellecemento activo e patrimonio» nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores

O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio, unha actividade que trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia, especialmente no que atinxe ao patrimonio cultural inmaterial (xogos, costumes, refráns, cancións, tradicións, etc).

O obradoiro desenvolverase os martes a partir do 4 de febreiro en dous grupos: de 16.00 a 17.15 horas nas Escolas de Torroña e de 17.45 a 19.00 horas na Abadía de Loureza.

A actividade é gratuíta e vai destinada a maiores de 60 anos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o próximo día 31 no Concello (máis información no teléfonos 986 36 21 25 e 639 32 94 93). As prazas son limitadas.