16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Goberno central promove a extinción do aproveitamento de aguas do salto...

    O Goberno central promove a extinción do aproveitamento de aguas do salto do Sela no Miño

    Os ecoloxistas agardan que sexa o último trámite para que o río Miño mírese libre "desta espada de Damocles"

    O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de amosar a súa satisfacción logo da publicación no Boletín Oficial da Provincia, da intención do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno central “de extinguir o aproveitamento de augas do Salto de Sela, no Miño, dereito propiedade de Unión Fenosa”.

    Este procedemento era unha “reclamación histórica” do movemento ecoloxista da Comarca, que o seu momento xa lograra frear a construcción do encoro de Sela, logo da declaración de impacto ambiental negativa publicada no BOE a comezos do ano 2000. Logo, Unión Fenosa e o seu socio no proxecto no lado portugués, a EDP, promoveron a construción de tres novos encoros, máis pequenos, pero de igual impacto, tendo en conta a sinerxia de efectos concatenados, cuestión que tamén fora rexeitada amplamente.

    Desde entón, esta extinción foi esixencia reiterada polos colectivos ambientalistas, nomeadamente ADENCO, mesmo reuníndose en Oviedo co daquela director da Confederación Hidrográfica do Norte, pondo de manifesto “a necesidade de extinguir o aproveitamento”, para evitar novos proxectos no futuro algo que, explica Adenco, “significaba na realidade a continuidade dunha espada de Damocles sobre o Minho internacional”.

    Rede Natura 2000, pesqueiras e lampreas

    O treito do Miño en cuestión alóngase uns 20 quilómetros despois do encoro de Frieira en Crecente, ata o Concello das Neves, un amplo treito de río que, sublipa o grupo ecoloxista “acolle hábitas protexidos pola Unión Europea e que fixeron que fose digno merecedor da súa inclusión na Rede Natura 2000. Evidentemente, isto xa debería ser obstáculo para a construción de encoros como os proxectados, pero este paso era algo imprescindible e necesario”.

    Adenco engade tamén que, ademais do patrimonio natural, “está en xogo a protección do patrimonio físico, das pesqueiras, construcións antiquísimas que, en harmonía co río, serven para tirar do río produtos tan apreciados como as lampreas ou os sábalos”.

    Os ecoloxistas teñen tamén un recoñecemento “a loita de toda a veciñanza da comarca, especialmente dos que non están para alegrarse dun día como hoxe, especialmente ao Gago, Ignacio Gago, firme defensor das pesqueiras, un dos líderes do movemento opositor ao proxecto desde os seus inicios e falecido hai uns anos”.

    O Grupo Ecoloxista ADENCO manifesta a súa “profunda ledicia polo inicio deste procedemento, que esperamos acabe coa extinción do aproveitamento e co carpetazo definitivo a este proxecto, que poría en perigo un hábitat excepcional, onde podemos gozar de paisaxes extraordinarias, onde viviron os primeiros galegos, xunto ás pesqueiras, lampreas e outra fauna piscícola e ligada ás ribeiras. Un lugar a conservar para as xeracións futuras. Non nolo perdoarían”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.