9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO proxecto europeo «Agritox» no que participa a Deputación, estrea sitio web

    O proxecto europeo «Agritox» no que participa a Deputación, estrea sitio web

    A través desta ferramenta pódese consultar o traballo das once entidades participantes no proxecto entre as que se atopa a Estación Fitopatolóxica de Areeiro

    O sitio web do proxecto europeo AGRITOX (http://agritox.eu), no que participa como socia a Deputación de Pontevedra, xa está en funcionamento para que quen o desexe poida consultar o labor que se está a levar a cabo entre as once entidades participantes na iniciativa. De feito, esta nova ferramenta conta cunha sección dedicada á Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

    O proxecto AGRITOX, cun presuposto total de 1.954.138,80 euros, está cofinanciado polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg Atlatic Area, un programa de cooperación interrexional da Unión Europea.

    O seu obxectivo é proporcionar á industria alimentaria da Área Atlántica información e solucións para evitar a contaminación de microtoxinas, un desafío crecente debido ao cambio climático e un problema para a saúde. Esta premisa estase a levar a cabo mediante a cooperación internacional entre catro entidades de España, entre as que se atopa a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, unha do Reino Unido, catro de Portugal, unha de Irlanda e unha de Francia.

    Os socios de AGRITOX están a desenvolver sistemas de alerta de toxicidade e plans de xestión de riscos da industria para asegurar a distribución de produtos, con novos métodos máis seguros para o cultivo, colleita e almacenaxe.

    Gabinete de Prensa

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.