Xoves, 20 Marzo de 2025

Ponteareas acolle, dende mañá, a «VI Feira de Oportunidades»

A Praza Maior de Ponteareas acolle, esta fin de semana, a sexta edición da ‘Feira de Oportunidades’ organizada pola Concellería de Comercio do Concello ponteareán en colaboración con BANASTRA Centro Comercial Aberto.

Os comercios de Ponteareas ofrecerán baixo a carpa da Praza Maior, os mellores produtos con descontos dende o 20 % ata o 60 %.

O sábado día 1 a Feria de Oportunidades abrirá as súas portas de 10 h a 20 horas e o domingo día 2 de 11:30 h a 20 horas.

Un total de dezanove establecementos comerciais ofrecerán variedade e calidade aos mellores prezos e con descontos en produtos e servizos de última tendencia.

Para que as familias poidan facer as súas compras con comodidade haberá talleres infantís nos que os máis pequenos e pequenas poderán ocupar o seu tempo de lecer, ademáis dun interesante sorteo de agasallos entre os que fagan as súas compras no comercio local que esta fin de semana sae á rúa.