Mércores, 15 Xaneiro de 2025

Ponteareas emprende accións contra empresas que incumpren a execución de obras municipais

O Concello de Ponteareas vén de anunciar o inicio de accións contra varias empresas por problemas derivados do incumprimento na execución de obras das que foron adxudicatarias. En concreto, o executivo ponteareán expedientes a dúas empresas polas obras da rúa San Roque e Avenida de Galicia.

No que fai referencia á rúa San Roque, o Goberno local sinalou que a empresa incumpríu o prazo que se concedera (até o Nadal) e a prórroga concedida até o 23 de xaneiro, e abandonou a obra sen xustificación nin comunicación previa ao Concello, motivo polo cal o executivo local abríu o expediente correspondente que conlevará a imposición de sancións económicas, a reclamación dos danos e prexuizos e mesmo a resolución do contrato.

A intención do goberno é artellar as medidas legais e contractuais necesarias para que de maneira urxente se retomen as obras e se conclúan. O Goberno lembra que esta situación é responsabilidade exclusiva da empresa adxudicataria e lamenta os prexuízos que está causando á veciñanza e ao propio Concello, pero adianta que “se actuará con contundencia no marco da legalidade fronte a calquera empresa que incumpra coas súas obrigas na execución desta ou outras obras”.

No mesmo sentido, o concello abríu un expediente para determinar as causas dos repetidos afundimentos xurdidos na Avenida de Galicia logo dunhas recentes obras de mellora dos servizos soterrados e do firme. O Executivo local quere “depurar as responsabilidades nas que puidera ter incorrido a empresa adxudicataria do traballo” sen prexuízo de que esta deberá de inmediato reparar os desperfectos e executar correctamente a obra para que non se volten producir novas incidencias.

O Concello de Ponteareas lembra que, conforme á lexislación en materia de contratos, as obras “adxudícanse ás empresas a través dun procedemento competitivo, regrado e sometido aos principios de transparencia polo que os gobernos non deciden que empresas executan este tipo de obras”. Por iso, explica o Concello ponteareán, “un cumprimento defectuoso dos traballos ou o incumprimento de prazos é responsabilidade exclusiva da empresa adxudicataria e o que resulta esixíbel ao goberno é que actúe con rigor e rapidez ante calquera incumprimento”.