Últimas prazas para o obradoiro de escritura creativa de Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que aínda quedan prazas valeiras para participar no ‘Obradoiro de escritura creativa’ que se desenvolverá os martes de 18 h a 20 horas, na Biblioteca Pública Municipal.

Impartido pola escritora María Lado, o curso é totalmente de balde e financiado, na súa integridade, pola Concellería de Cultura. Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao teléfon o 986 660 765 ou ao enderezo de correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es