15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño alega contra o proxecto da Cidade Deportiva do Celta

    O Porriño alega contra o proxecto da Cidade Deportiva do Celta

    O Concello que preside Eva García de la Torre subliña os "prexuízos" que causará ao subministro de auga ao municipio

    O Goberno Municipal do Porriño presentou onte, no último día de prazo, unha alegación contra a modificación do PXOM de Mos que pretende posibilitar o proxecto de cidade deportiva do R.C. Celta de Vigo en Tameiga. A alegación motívase en base “aos graves prexuízos que poden ocasionarse a este concello no abastecemento de auga”.

    Argumentase que o proxecto de modificación do PXOM de Mos “conten inexactitudes e previsións que lesionan gravemente os intereses do Porriño” segundo sinala a alcaldesa, Eva García de la Torre, que asina a alegación no nome do Concello.

    Nas previsións do Concello de Mos no que atixe ao suministro de auga realizase unha previsión de caudal contando cos aportes de a ETAP dos Valos (xestionada polo Concorcio de Augas do Louro) e cos aportes dos depósitos de San Antoniño, Veigadaña e Castro-Sanguiñeda, todes eles abastecidos polo embalse de Eiras.

    “É O Porriño que ten o dereito de captar esa auga que facilita a Mos para o seu uso doméstico e no caso do polígono da Veigadaña para o seu uso industrial, non estando previsto nin aumentar o caudal suministrado nin outros usos”

    Ao respecto alega O Porriño que “a ETAP dos Valos fora construída nos terrenos previamente adquiridos polo Concello porriñés” e que a captación de auga do embalse do Eiras por Porriño data dos anos 60 por autorización do Ministerio Obras Públicas, que logo asumiu a Xunta a través de Augas de Galicia”. “De feito é Porriño que ten o dereito de captar esa auga que facilita a Mos para o seu uso doméstico e no caso do polígono da Veigadaña para o seu uso industrial, non estando previsto nin aumentar o caudal suministrado nin outros usos”, argumenta a alegación de Porriño.

    “Deberá terse en conta que Porriño segue a medrar en poboación cuns polígonos industriais de máxima actividade, de xeito que precisa o caudal que tén asignado”.

    A alegación de Porriño acusa a Mos de “obviar totalmente a realidade, pretendendo apropiarse dun dereito sobre unhas instalacións que de xeito algún ten aseguradas e que non lle son propias”. O feito de que na actualidade as competencias de xestión de abastecemento e saneamento derivaranse ó Consorcio de Augas do Louro non supón que este ente público sexa propietario de ningunha das instalacións titularidad de cada Concello”.

    Por último, a alegación do Porriño subliña o feito de que “as captacións que se dicen do Eiras, son do Porriño, ben polo depósito sito na Risca que capta do eiras para o seu uso no termo municipal e do que deriva caudal para Mos e outros concellos; ben desde a ETAP dos Valos que insistimos, construise nuns terrenos previamente adquiridos polo Concello do Porriño, para uso de Porriño e desde onde tamén abastecese a Mos e outros concellos, a través da facultade que ten directamente atribuída O Porriño”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.