Xoves, 21 Agosto de 2025

A Deputación aproba en tempo récord “a máis ambiciosa liña de axudas de Galicia” para combater os efectos da seca

A Xunta de Goberno provincial aprobou este pasado venres a Liña Extraordinaria de Axudas aos Concellos, Entidades Locais e Mancomunidades para Actuacións de Emerxencia diante da Seca, un plan dotado con 3 millóns de euros, e que, ademais, terá efectos retroactivos ao cubrir as actuacións realizadas entre o pasado 1 de agosto e o próximo 31 de outubro. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, afirmou que estamos diante dun plan “aprobado en só un mes” e que converte á Administración provincial na que “dedica máis recursos en toda Galicia, máis mesmo que a Xunta, a facer fronte á seca deste verán”.

Carmela Silva destacou que a Liña Extraordinaria foi presentada a principios de agosto e incluíu ademais un proceso participativo que consistiu no envío dunha carta informativa aos alcaldes e alcaldesas invitándolles á presentación de suxestións. E a principios de setembro, despois de escoitar aos concellos, a liña queda aprobada. “Non se pode pedir máis eficacia e máis eficiencia”, destacou a titular da Deputación. “Adiantámonos aos problemas”, concluíu, remarcando a axilidade para poñerse do lado do mundo local, que é quen se ocupa do abastecemento á poboación, nesta emerxencia.

A presidenta, que agradeceu expresamente o traballo dos técnicos/as que fixeron posible esta tramitación administrativa nun tempo tan breve, concluíu que os fondos extraordinarios provinciais non só chegarán aos concellos de menos de 20.000 habitantes para atallar os problemas da seca, senón que tamén serán para as mancomunidades e as entidades locais, “porque tamén subministran auga a moitos núcleos rurais da nosa provincia”.

César Mosquera incidiu na rapidez da tramitación deste plan: “non é que deamos pasos, é que corremos”. “Esta é unha liña de axudas moi oportuna e saíu en tempo récord; non é fácil facer unhas bases, consultar aos concellos en pleno mes de agosto e aprobala” a principios de setembro. O vicepresidente destacou tamén a actitude dunha Deputación que invitou aos concellos a “actuar xa” en lugar de prometer axudas a futuro “a partir da lista de desgracias”. Ademais afirmou que tras esta grave seca, “que se chega a durar tres ou catro semanas máis tería sido unha catástrofe masiva, todos e todas acabaron véndolle as orellas ao lobo” .

A Liña Extraordinaria está financiada con 3 millóns de euros a través dunha modificación de crédito aprobada no Pleno que hoxe celebrou a Deputación. Son beneficiarios os concellos de menos de 20.000 habitantes, mancomunidades e entidades locais menores. As actuacións subvencionables, segundo as bases aprobadas, son o enchido de depósitos mediante cisternas, establecemento de puntos de abastecemento mediante cisternas, conexións puntuais a outras redes por emerxencia, gastos de bombeos extraordinarios e urxentes, gastos de emerxencia para axudar a comunidades de usuarios, campañas de moderación de consumos, eliminación de fugas puntuais e outras semellantes.

A contía das axudas consiste nun fixo de 10.000 euros por concello (5.000 euros no caso das entidades locais menores) cun coeficiente multiplicador de 6,5 veces a poboación de cada concello. No caso das mancomunidades percibirán a resultante da suma do que tería correspondido aos concellos que as integran.

O Concello de Baiona desaconsella o consumo de auga da Fonte do Pombal ata novo aviso

0


O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente e tras o resultado da última analítica de potabilidade das fontes naturais existentes no municipio, vén de poñer en coñecemento de toda a cidadanía que non se debe consumir auga da Fonte do “Pombal”, situada no Camiño Real (Sabarís), ata novo aviso. O resultado de dita analítica indica que a auga se atopa no límite de potabilidade para o consumo humano.

As atraccións das Festas de Setembro de Ponteareas contarán con descontos e horarios sen ruído

Un ano máis, nestas Festas de Setembro as atraccións feirais funcionarán sen música nin megafonía durante dúas tardes. O Concello de Ponteareas continúa a ter en conta ás persoas con diversidade funcional e pon de novo en marcha unha iniciativa para reducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con sensibilidade auditiva ou calquera outro tipo de trastorno que produza problemas sensoriais poidan tamén gozar das atraccións e da festa.

Como explican dende as concellarías responsábeis, a de Eventos e Promoción Económica, o domingo 2 de outubro haberá horarios sen música nas festas, do mesmo xeito que os houbo onte domingo 11 de setembro en que as atraccións abriron de 17.00 a 19.30 horas sen música, sons ou megafonía e non se levou a cabo mingún tipo de actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades das festas as persoas con sensibilidade acústica.

Os horarios sen música, que se repetirán o día 2 de outubro, coincidirán co Día da Infancia, dúas xornadas nas que o público poderá gozar das atraccións con descontos do 50 %, para garantir o acceso á veciñanza e que todos os nenos e nenas poidan gozar das festas independentemente do poder adquisitivo das familias. Durante todas estas festas as atraccións estarán situadas na Avenida de Castelao e haberá dous inchábeis tamén na Praza da Música.

O Arealonga FS de Chapela abre as inscricións para a tempada 2022-2023 en todas as súas categorías

0

O Arealonga Fútbol Sala de Chapela, Redondela, vén de anunciar a apertura da inscrición para todas as súas categorías durante este mes de setembro, trámite que se pode realizar nos Pavillón de Deportes de Chapela ou no Pavillón de Cabeiro os martes e venres de 17 h a 19 horas.

As categorías con que conta este ano o Arealonga FS, tanto na categoría masculina coma feminina serán a de Senior, Xuvenil (2004, 2005 e 2006); Cadete (2007 e 2008); Infantil (2009 e 2010); Alevín (2011 e 2012); Benxamín (2013 e 2014); Prevenxamín (2015 e 2016) e biberón (2017 e 2018).

Todas e todos os inscritos en setembro serán agasallados cun pack de adestramento gratuíto e, para a categoría Biberón, a inscrición será gratuíta. As prazas son limitadas e as interesadas e interesados poderán realizar a proba de selección sen compromiso.

Amais de practicar o deporte de fútbol sala, o Arealonga FS ofrece a mozos e mozas, diversión en grupo, desenvolvemento funcional e psicomotriz e traballo técnico e didáctico. Para máis información, interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono 662 111 339

Aldo Gutiérrez e Patricia Agüera impóñense na Triple Coroa Illas Atlánticas entre Cíes e Baiona

O nadador das Palmas, Aldo Román Gutiérrez Chairos, cun tempo de 03:56:37, e a asturiana Patricia Agüera Fernández (04:20:10), impuxéronse na primeira proba da terceira edición da Tripla Coroa Illas Atlánticas entre Cíes e Baiona, que se disputou onte sábado en augas da ría de Vigo cunha distancia de 15 quilómetros. O podio masculino o completaron o nadador de Badaxoz, Cayetano Muñoz Labrador (03:56:46) e o catalán Sergio Torres Serrano (3:56:47), mentres que, na categoría feminina, o segundo posto foi para a nadadora zaragozana, Tania Fuentes Cihuela (04:30:09) e o terceiro para a valenciana Esperanza Navarro Simón (04:58:06).

Na categoría sen neopreno, o primeiro clasificado foi o asturiano Luís Bárcena Pérez (04:54:29), seguido do nadador cubano Alexis Rodríguez Castedo (05:11:47) e Anxo Moedeiro Temón (05:16:21). Na categoría feminina sen neopreno, a gañadora foi a nadadora viguesa Vanesa Rodríguez Pérez (05:42:02) e segunda, a vasca Miren Agurtzane Domingo Inhiesto (05:58:01).

O nadador máis novo foi o asturiano Diego Gutiérrez (04:25:56) e o máis veterano, o vigués Alejandro Ros Rosillo (05:58:03).

[su_image_carousel source=”media: 61386,61391,61392,61388,61385,61383″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A travesía, organizada por Atlantic Extrem Sports, comezou ás 09:15 horas coa saída do primeiro grupo de nadadores desde a praia de Rodas, en Cíes e finalizou na praia de Ribeira, en Baiona ás 16:00 horas. A proba desenvolveuse cunhas excelentes condicións meteorolóxicas, con 17 graos de temperatura na auga e 25º graos no exterior, que acompañaron a todos os nadadores, con mar fondo de 1.5 metros que, nas illas Ronseis, chegou alcanzar o 2 m.

Un total de 154 nadadores de España, Portugal e Francia con idades comprendidas entre os 19 e os 64 anos saíron da praia de Rodas en Cíes, dos cales 15 tiveron que retirarse, o cal pon de relevo o altísimo nivel dos atletas que se inscribiron nesta durísima competición.

Correntes, ondada e a dureza do océano aberto foron algúns dos elementos adversos aos que tiveron que enfrontarse os participantes na travesía que destacaron o bo nivel de organización da proba. Os nadadores resaltaron a dureza do tramo comprendido entre os quilómetros 5 ao 8, e o paso entre a península de Monteferro e as illas Ronseis.

A travesía Illas Cíes-Baiona é a primeira cita da terceira edición da Tripla Coroa Illas Atlánticas (57 km a nado), unha das probas de natación máis duras de España. Durante a xornada despregouse en augas da ría de Vigo un forte dispositivo de seguridade, integrado por 35 embarcacións, 45 kaiaks, 7 pádel surf, 3 motos acuáticas e preto de 200 persoas en terra e mar. Houbo 2 médicos, 15 socorristas, un posto de Protección Civil do Val Miñor e unha ambulancia medicalizada na meta.

A proba, coordinada por Carlos Agra, contramaestre do Náutico de Sanxenxo, estivo balizada con 6 boias desde Cíes ata Baiona e contouse con tres embarcacións do Monte Real Club de Iates de Baiona para o avituallamiento dos nadadores. Os participantes tiveron que pasar polos tres avituallamientos (quilómetros 4, 8 e 12) nuns tempos límite marcados pola organización xa que parte do percorrido transcorre na canle de entrada da ría de Vigo (do 4 ao 8) e foi necesario garantir o tráfico de embarcacións pola devandito canle.

Para velar pola seguridade dos nadadores a organización contou coa colaboración do Parque Nacional dás Illas Atlánticas, Real Club de Iates de Baiona, Gardacostas de Galicia, Escola Naval Militar de Marín, Procura e Salvamento de Galicia, Club Marítimo de Panxón, Club Náutico de Canido, Protección Civil do Val Miñor, Confraría de Pescadores de Baiona, Garda Civil do Mar, Saphire Ladeira, Nordés Kaiak e Club deportivo PescaCíes.

Doutra banda máis de 50 persoas compañantes dos nadadoras e nadadores participaron na visita guiada ás Cíes e a limpeza da praia de Rodas en colaboración co Parque Nacional das illas Atlánticas.

[su_image_carousel source=”media: 61393,61389,61387″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Tripla Coroa Illas Atlánticas é un reto de carácter competitivo que consiste en tres probas de natación cun percorrido total de 57 quilómetros que se disputan en augas das Rías Baixas os tres próximos anos, entre 2022 e 2024. Este evento deportivo, organizado pola empresa Atlantic Extreme Sports é unha das citas máis importantes a nivel nacional.

A proba contou co patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Baiona, e diversas firmas comerciais.

Especialistas traballan xa na recuperación da ponte tardomedieval de Taborda, Tomiño

0

O Concello de Tomiño continúa coas obras para a reparación, recuperación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, coñecita tamén coma ‘ponte de Hospital’. Trátase dunha ponte do século XVI, de finais da Idade Media, en cantería irregular, dun só vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo que daba paso a un antigo hospital existente na zona.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca “a importancia de reparar e conservar os elementos históricos monumentais do municipio. Dende o Concello seguimos apostando pola recuperación do noso patrimonio e dos nosos bens de especial protección, como esta ponte, uns labores nos que contamos sempre co apoio e traballo de profesionais especializados”.

Tras unha primeira fase na que se cortaron tres árbores que medraban dende a base da ponte e afectaba á estrutura, o Concello está xa levando a cabo os traballos propios de recuperación da ponte da man de especialistas en patrimonio. As obras comezáronse a desenvolver este verán tras obter os permisos pertinentes do Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que autorizou levar a cabo as actuacións só entre os meses de xuño e outubro, cando o caudal do río é menor.

Nesta fase estase a levar a cabo a limpeza do lousado da calzada da ponte cunha rozadoira equipada con fío e de forma manual, empregando ferramentas non agresivas como espátulas, cepillos e vasoiras, eliminando plantas superiores e depósitos de terra sobre as laxas. De xeito manual tamén se realiza a limpeza das zonas verticais e do intradorso do arco.

[su_image_carousel source=”media: 61353,61354,61355,61356″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Unha vez rematados estes traballos e xa co cimbrado da ponte, procederase á súa reparación, que consiste na retirada de xeito manual dos tocos encaixados nas bases do arco para logo proceder ao recheo dos ocos abertos con cantería das mesmas características que o resto da pedra da ponte. As obras contemplan ademais a recolocación das lousas superiores tal e como estaban na súa posición orixinal.

O Concello puxo en marcha un proxecto para a reparación e conservación desta ponte despois de que unha inspección dos técnicos municipais de Urbanismo detectara un importante deterioro debido aos fortes temporais sucedidos durante o inverno, que fixeron aumentar o nivel da auga de xeito acelerado e, principalmente, á existencia de tres árbores de porte medio-grande que tiñan ás súas raíces encaixadas entre as pedras de apoio do arco. Os fortes e intensos ventos fixeron que as árbores traballasen de forma negativa, producindo desprazamentos das pedras e afectando á súa estrutura. Ademais, os altos niveis de humidade de troncos e raíces, que aumentaban de volume ao empaparse, favoreceu o desprazamento da cantería.

Teatro para nen@s

Sempre fun dos que defenden a valía do teatro como asignatura en todos os niveis da educación. Polas súas evidentes compoñentes pedagóxicas e pola súa capacidade para aprender a expresarnos en público e a empatizar con outros, tan distintos de nós, merecería un espazo de honra no noso curriculo educativo. Por iso non quero deixar pasar o inicio do novo curso escolar sen facer un par de recomendacións de pezas teatrais dirixidas aos máis pequenos da casa que, de seguro, farán que disfruten da súa lectura. E aínda máis se se deciden a representalas no seu centro. A primeira está dirixida a un público claramente infantil, a segunda encaixa mellor entre a mocidade.


Raquel Castro, «Planeta Bugallo»

Raquel Castro xa se converteu nunha referencia indiscutible no eido do teatro para nenos. Son moitos anos os que leva mergullada tanto na posta en escena de distintas pezas como na escrita das mesmas. De feito, a que hoxe traemos a este andel xa foi estreada fai catro anos pola agrupación que ela mesma dirixía, pero non é ate o de agora que ve a luz en formato impreso. Trátase, como é costume nela, dunha obra de factura sinxela, cargada de humorismo e con certas pinceladas reivindicativas.

O que nos conta é a historia de dous extraterrestres procedentes do Planeta Bugallo, que aterran no Courel, en pleno Camiño de Santiago, buscando a alguén que lles fale na lingua interplanetaria: o galego, e que lles explique cal é a orixe do nome do seu planeta. Mais no lugar que foi berce de tal lingua, falada, como dicimos, en todos os currunchos do cosmos, non son capaces de atopar quen se exprese en galego e lles dea as explicacións que precisan. Na súa misión atoparán peregrinos que se dirixen a Compostela, un par de rapaces que andan na súa procura, sabedores da aterraxe dos extraterrestres, e unha especie de fada que vixía a conservación dos bosques, entre outras personaxes sorprendentes e divertidas.

O humor é, como xa apuntamos, un dos elementos esenciais desta peza teatral, mais non debemos esquecer que, a miúdo –e no caso de Raquel Castro é bastante habitual–, a retranca non fai outra cousa que agochar cuestións que deben inducirnos á reflexión. E de seguro que moitos nenos atoparán entre estas páxinas un feixe de ideas sobre as que deliberar, tanto no referente ao coidado da nosa lingua como ao coidado do planeta. Mensaxes todos eles de indubidable necesidade para as novas xeracións.

Raquel Castro

Planeta Bugallo

Ilustracións de Blanca Millán

Galaxia

Ánxela Gracián, «Donas de nós»

No caso da peza teatral de Ánxela Gracián, “Donas de nós” (que sae do prelo avalada polo premio Meiga Moira deste mesmo ano), enfrontámonos a unha obra destinada a un público xuvenil. Neste caso, a fantasía e a realidade, a maxia e a vida cotiá, conflúen nun exercicio literario no que propón un xogo de roles co que achegarse a temas do noso tempo que teñen que ver co papel da muller nunha sociedade altamente patriarcal e, se se me permite dicilo, tamén co papel do home nese mesmo contexto.

Aquí aparecen personaxes xa coñecidas e redebuxadas para a ocasión, como unha Fada Morgana combativa contra o patriarcado e que loita pola liberdade da muller, ou un Mago Merlín que, de ser o seu inimigo, pasou a se converter nun aliado imprescindible para que Morgana dea conta dos seus proxectos. Mais a verdadeira protagonista desta historia de ambientación medieval é a xograresa Mendiña, que percorre os camiños cos seus versos e as súas músicas. Nun encontro casual co Príncipe Azul, galán namoradizo cun punto de paifoco, este cae engaiolado polos encantos da xograresa aguilloado polo seu Criado para sufoco do Camarlengo, que non cesa de lembrarlle o seu compromiso coa princesa provenzal Mademoiselle Xuxú. No medio desta lea de intereses, Mendiña deberá decidir sobre o seu futuro, con Morgana e Merlín como animadores excepcionais.

Neste caso tamén xogan un papel esencial o humor e a ironía, presentados a través de personaxes que son prototipos cos que representar valores xa caducos, pero aínda moi presentes. Fronte a eles, a arroutada sinceridade de Mendiña e as argalladas de Morgana e Merlín na procura dese final feliz anunciado no subtítulo da obra (“Traxicomedia en tres actos e un ‘happy end’ para un conto de fadas”) que, de seguro, deparará algunha sorpresa ao lector.

Ánxela Gracián

Donas de nós

Baía Edicións


Éxito absoluto da Feira Tradicional dos Remedios no seu regreso tras os dous anos de pandemia

Éxito rotundo no regreso de Ponteareas ao século XX. A Feira Tradicional dos Remedios volveu á vila despois de dous anos de parón pola situación sanitaria e fíxoo cunha grande afluencia de público, participantes de todas as idades que percorreron as rúas do centro urbano para revivir por unhas horas como era a vida cotiá hai un século.

“É un orgullo ver a gran resposta a esta nova edición de feira, na que podemos ver desfrutando a ponteareás e ponteareáns, pero tamén a moitos veciños e veciñas de fóra da nosa vila”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila. Unha grande acollida que se traduce “nunha importante dinamización social e comercial das rúas de Ponteareas que podemos ver hoxe aquí na Feira Tradicional dos Remedios e que nos acompañará durante todas as Festas de Setembro”.

[su_image_carousel source=”media: 61368,61367,61366,61364,61363,61362,61361,61360″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por unhas horas, a Praza de Bugallal, o parque da Feira Vella e as rúas da contorna convertéronse nun escenario doutro século cheo de vida, música e actividades para todos os públicos. Ademais do mercado tradicional con numerosos postos de artesanía e alimentación, o público puido gozar das actuacións musicais dos grupos participantes no XXXV Festival Folclórico do Condado, que encheron de música cada recuncho da feira. Animación, recreacións teatralizadas e representación de oficios tradicionais foron outros dos grandes protagonistas das xornadas. A novidade desta edición, un grande espazo gastronómico na Praza Bugallal, desbordou todas as expectativas e estivo ateigado por centos de persoas durante as horas centrais da Feira. Polbo, churrasco, hamburguesas de porco celta, pan, viño, cervexa artesá ou diversos doces foron as delicias que puideron gozar as persoas asistentes.

Grande asistencia de público tamén na mostra de gando de razas autóctonas de vacas, galiñas e porcos, que volveu ao parque da Feira Vella con máis ganas, animación e éxito que nunca. Ao longo da mañá e da tarde foron moitos os participantes na feira que non quixeron perderse os concursos de cabalos de pura raza do país e de cans de palleiro.

A rexedora agradece a todo o público a súa participación, implicación e respecto na celebración desta nova edición da Feira Tradicional dos Remedios e convida a toda a veciñanza a seguir desfrutando durante todo o mes coa ampla programación cultural, deportiva e social deseñada para celebrar as Festas de Setembro.

Arbo realizará obras de mellora na EDAR de Barcela subvencionadas pola Xunta de Galicia

0

O Concello de Arbo, esta realizando nestas semanas o procedemento de contratación para as actuaciónS de mellora na eficiencia enerxética e reparación na EDAR de Barcela-Arbo, unha obra para a que se solicitou a colaboración da Consellería de Presidencia.

As actuacións teñen como obxecto reparar os equipos electromecánicos avariados, o que ademais implicará importantes melloras na eficiencia enerxética desta instalación ao permitir adecuar a demanda enerxética ás necesidades de depuración, ao mesmo tempo que se responderá á necesidade de atender a grave situación existente como consecuencia da avaría que sufriu a bomba de cabeceira da EDAR que afecta gravemente ao funcionamento desta planta depuradora, que evita a vertedura directa das augas residuais.

Para a realización destes traballos, o Concello de Arbo asinaba un convenio coa Dirección Xeral de Administración Local para a actuación denominada Melloras na eficiencia enerxética e reparacións na EDAR Chan Barcela-Arbo, polo que esta actuación conta con financiamento da Xunta de Galicia, no importe de 48.388,48 €, que se corresponde co 100 % do investimento

Esta planta é de fabricación do ano 2005, polo tanto, aínda o proceso de depuración segue sendo tecnoloxicamente adecuado, tanto os motores como a instrumentación de control poden mellorarse e sobre todo, obter con elo unha mellora da eficiencia enerxética, e polo tanto unha redución no gasto enerxético que a súa xestión supón.

As obras, ademais de reducir o consumo enerxético da depuradora, permitirá mellorar o proceso de depuración.

Esquerda Unida achaca a polémica sobre a calidade da auga das zonas de baño da Freixa “a falta de información das administracións”

Esquerda Unida considera que é necesario tomar medidas contundentes tanto no entorno da Freixa coma con respecto a posibles vertidos que estean a afectar á calidade da auga do Tea. Aínda así, considera que boa parte da polémica xurdida esta tempada de verán con respecto ás zonas de baño da Freixa, “débese á falta de información por parte das administracións, por un lado, e a interese en desinformar por parte de algunhas persoas ou mesmo medios de comunicación”.

Lembra a formación política que o regulamento sobre a xestión das aguas de baño indica que o SERGAS “ten que realizar análises bacteriolóxicos periódicos nas zonas de baño durante o verán e, ao final da tempada, facer a cualificación da calidade destas augas”. A raíz das análises de 2021, a calidade da agua das zonas de baño de Ponteareas é cualificada como “insuficiente”.

Neste punto, dende algún medio de comunicación estívose dando a entender que as augas da Praia da Freixa non eran aptas para o baño debido ao estado do mantemento da contorna e á neglixencia do Concello cando, explica EU, “por una banda, a presenza de bacterias pode ter distintos orixes e por outra e co regulamento na man, corresponderíalle á Confederación Hidrográfica do Miño Sil a determinación das causas da contaminación e as medidas a tomar, algo que non se fixo”.

Porén isto non quere dicir que a actuación do Concello fora a correcta, explica EU xa que lle corresponde a este manter as debidas condicións de limpeza das praias e o mais importante, informar correctamente ao público. “O concello é responsable de instalar carteis en lugares de fácil acceso, nas inmediacións das zonas de baño, información sobre a clasificación das augas vixente en cada momento así coma calquera prohibición ou recomendación sobre o baño e no seu caso as causas da contaminación” afirman.

Se se consultan as análises realizadas durante este verán da páxina do SERGAS, pódese comprobar que os niveis bacteriolóxicos están dentro dos límites recomendados. Unha correcta publicidade por parte do Concello destes resultados “daría maior tranquilidade á veciñanza a hora do uso dos nosos ríos e ante a aparición doutros episodios esperpénticos como a instalación de cartelería falsa na beira do río”.

En todo caso Esquerda Unida entende que estas obrigas “non se fixeron correctamente” e que foi precisamente esta falta de información por parte do Concello o que xerou confusión. Tendo isto en conta, Esquerda Unida solicitou ao Concello que informe dun xeito adecuado sobre a calidade das augas do Tea e reclame á CHMS a realización dos estudios e medidas oportunas.

Por outra banda, Esquerda Unida considera moi positivo que a veciñanza estea a realizar demandas de actuación concretas ao Concello con respecto tanto á zona de baño da Freixa coma ao seu entorno. “A presión social é a mellor forma de forzar ás administracións públicas a tomar medidas en beneficio do entorno”, conclúe EU.

Máis de 100 deportistas disputan o XIII Trofeo de Tenis Concello de Ponteareas

Chega unha nova edición do Trofeo de Tenis Concello de Ponteareas. O Club Tenis Ponteareas organiza en colaboración co Concello da décimo tercera cita deste campionato que reúne, dende o pasado vernes 9 de setembro, a máis de 100 deportistas chegados de toda Galicia para deixar nas pistas ponteareás os seus mellores golpes.

Ata o 18 de setembro o público poderá desfrutar nas pistas da Freixa con tenistas das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto feminina e masculina e da de dobres, veteranos +35 e veteranos +45 masculina. Os partidos serán de 16.00 h a 22.00 h horas entre semana e de 09.30 h a 22.00 h horas as fins de semana. Trátase dun campionato que sempre acada grande éxito de participación na vila xa que “non é necesario estar federado, só se precisa ter unha raqueta e moitas ganas de pasalo ben para inscribirse e desfrutar deste deporte. É o mellor xeito, sen dúbida, de promover o deporte entre todos os públicos”, asegura o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

O edil anima a toda a veciñanza a acudir ás pistas da Freixa para gozar destas xornadas de bo tenis e agradece ao club o seu traballo e implicación para organizar este torneo que chega á súa 13 edición congregando cada ano a un maior número de competidores e competidoras.

O Cemiterio dos Eidos, entre os candidatos do concurso nacional Cemiterios de España

0

O cemiterio de Eidos figura entre un dos sete camposantos candidatos do concurso Cemiterios de España convocado pola revista Adios Cultural, un certame que, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor “a importancia histórica, cultural, social, artística e patrimonial que teñen os cemiterios, elementos que concorren todos eles no cemiterio dos Eidos”.

Agora, os sete cemiterios finalistas poderán ser votados a través dunha consulta na rede. A través da ligazón https://www.revistaadios.es/edicion/7/Concurso-de-Cementerios-de-Espana-2022.html as persoas que desexen participar tan só deberán darse de alta cun correo electrónico e un DNI. Na páxina existe un amplo dossier dos cemiterios finalistas, entre eles o redondelán dos Eidos.

Compre lembrar que o Goberno presidido por Digna Rivas rehabilitou por completo un espazo totalmente degradado, obxecto do máis absoluto dos abandonos por parte dos anteriores gobernos, devolvéndolle o seu esplendor e poñendo en valor a importancia que, dende o punto de vista histórico e patrimonial, ten este cemiterio, considerado como Cemiterio Histórico pola Deputación de Pontevedra e que aspira a entrar na lista de Cemeterios Singulares de Europa.

Para facilitar o proceso de votación, dende o vindeiro luns, 12 de setembro, as persoas interesadas poderán dirixirse á Oficina de Turismo, nos baixos da Casa do Concello de Redondela, onde se lles informará sobre como facer a votación de xeito doado dende o seu teléfono ou dispositivo móbil.

Ponteareas, etapa final da XX Volta Ciclista a Galicia

A Volta Ciclista a Galicia chega á súa XX edición con catro novas etapas e 600 quilómetros dun percorrido que, un ano máis, pasará por Ponteareas. A vila será a protagonista da etapa final da proba, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de setembro cunha ruta de 125 km con saída e meta dende o centro urbano ponteareán.

Todo un orgullo para o municipio, xa que, como sinalou na presentación da etapa a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, “Ponteareas é vila ciclista por excelencia, berce de grandes referentes. Ter a honra de ser neste 2022 a etapa final desta proba vaime permitir recoñecer o traballo e esforzo da Federación Galega de Ciclismo, coa que traballamos man a man durante todo o ano para promocionar este deporte na vila. Pero tamén servirá para poñer en valor os recursos turísticos e os espazos naturais excepcionais dos que dispoñemos”.

Pola súa banda, o presidente da Federación, Juan Carlos Muñiz Nieto, salientou a relevancia de que sexa Ponteareas “vila natal dos irmáns Rodríguez, de Álvaro Pino ou de Borja Gómez Méndez, onde coroemos a todos os gañadores”. A Volta a Galicia é unha proba xa consolidada como unha das roldas de preferencia no calendario deportivo e no que “o espectáculo e a calidade están garantidos”.

Un evento que a Federación prepara cada ano con mimo e que nesta ocasión renderá homenaxe ao recentemente finado Magín Froiz, “unha desas figuras históricas, insubstituíbeis pola paixón e o apoio ao noso deporte durante décadas que perdemos este ano. A súa empresa leva 34 anos apostando polo ciclismo, polo que é de xustiza dedicarlle esta edición e que a Volta arranque na súa casa en Poio”, asegurou Jacobo Ucha Rodríguez, director da proba.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quixo aproveitar a presentación da etapa final para “agradecer á Federación que conte con Ponteareas por segundo ano consecutivo. Sabemos que os veciños e veciñas da vila amosarán todo o seu cariño e entrega nestas xornadas, como non pode ser doutro xeito nunha localidade que é piar fundamental para o ciclismo galego”.

A Volta Ciclista a Galicia, que se disputa na categoría elite-sub23, celebrarase entre o 15 e o 18 de setembro con 18 equipos que percorrerán toda a comunidade galega saíndo de Poio, Taboada, Manzaneda e Ponteareas.

O Concello de Salvaterra de Miño da por rematadas as obras de mellora de firme na Carqueixa

O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven de rematar as obras de mellora de firme no barrio da Carqueixa, co fin de mellorar o estado da capa de rodadura actual, un camiño de 545 metros de longo con ancho medio de 4 metros.

[su_image_carousel source=”media: 61317,61316,61315,61313,61314″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Os traballos a realizar son o desbroce e limpeza superficial do terreo con apertura de cunetas no terreo de tránsito en ambas marxes, barrido de firme e capa de rodadura realizada con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70 S de 5 cm de espesor

Convocada a décimo oitava edición do Concurso Fotográfico do Obradoiros de Estudos Locais Fernando Monroy

0

A Casa do Concello de Redondela acolleu na mañá de hoxe o acto de presentación do XVII Concurso Fotográfico que organiza o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. No acto, a alcaldesa Digna Rivas estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa e por membros do Obradoiro.

A alcaldesa subliñou a “extraordinaria importancia” que ten a labor que desenvolve o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy “de recuperar, manter e difundir a nosa cultura e patrimonio e evitar que caian no esquecemento”. Boa mostra dese traballo, engadiu Digna Rivas, “é este concurso fotográfico que pouco a pouco e pasiño a pasiño, foi quen de consolidarse entre os certames fotográficos de referencia do sur de Galicia” algo que, para a rexedora local redondelá, “non é froito da casualidade senón do esforzo e traballo continuado das e dos compoñentes do Obradoiro de Estudos Locais”.

Esta nova edición do concurso fotográfico, terá aberta a súa inscrición ata o día 2 de novembro do 2022 e, as e os concursantes deberán presentar as fotografías, obrigatoriamente, en formato dixital e impreso. As fotografías en formato dixital poderán enviarse en calquera soporte de almacenamento dixital ou por correo electrónico ao enderezo [email protected]. As fotografías impresas, que non poderán excede de 20×30 cm, deberán ir sobre soporte ríxido de cartón pluma, paspartú ou cartolina.

Os sobres coas fotos poden entregarse tanto persoalmente como por correo ordinario ao enderezo do Círculo Cultural D. de Cesantes,. Estrada de Cesantes, nº 28, 36693 Cesantes, Redondela entre as 15 horas e as 21 horas. Tamén se poden entregar na Farmacia I Muíños de Cesantes e nas tendas de fotografía Cal-3 e S. Bastos de Redondela.

Para garantir o anonimato dos traballos, estes deberán presentarse cun pseudónimo e un título para cada fotografía, acompañando a foto cun sobre pechado, identificado fora co mesmo pseudónimo, no que se incluirán os datos persoais do autor ou autora (Nome e apelidos, pseudónimo, DNI, data de nacemento, enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto, título da obra e breve reseña e lugar onde foi tomada a foto.

Establécense dúas categorías: xuvenil (ata 17 anos) e adultos e o certame repartirá un total de 775 € en premios cun premio á mellor fotografía de 250 €. Para a categoría de Adultos establécese un primeiro premio de 150 euros, un segundo de 125 e un terceiro premio de 100 euros. Para a categoría xuvenil o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 50 euros. Os premios non poderán ser declarados desertos e a mesma persoa non poderá ser motivo de máis dun deles.

Finalmente, as fotos premiadas serán elixidas a mediados de novembro do 2022 e o fallo do xurado colgarase na web e no Facebook do Obradoiro de Estudos Locais para as súas consultas. Posteriormente, as e os galardoados serán avisados con suficiente antelación para asistir ao acto de entrega de premios organizado a tal efecto polo Obradoiro.

Concello de Baiona e Royal Celtic Bay English Language School asinan un convenio para ofertar bolsas de aprendizaxe de inglés

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Servizos Sociais xestionada por Conchy Vara, volveu ha rubricar un convenio de colaboración coa academia local Royal Celtic Bay English Language School, centro Examinador de Referencia de Inglés do Trinity College London. Este proxecto, posto en marcha por primeira vez o curso pasado, ten como obxectivo o acceso ao estudo do idioma inglés da cidadanía.

Un curso académico así como a correspondente realización do exame grao B1 de inglés, é a bolsa que se volverá a poñer en marcha este curso escolar a través da colaboración coa academia local Royal Celtic Bay English Language School, representada por Loreto Valenzuela Lenda, e o Concello de Baiona. O proxecto está dirixido ao alumnado que proceda de familias sen os recursos suficientes “para que estuden o idioma”.

Consciente de que o coñecemento do inglés converteuse nunha ferramenta fundamental para atopar emprego, créase este novo capítulo de bolsas, que ten como finalidade o fomentar o nivel de coñecemento da lingua inglesa.

O seguimento do cumprimento do convenio realizarase por parte da responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona. Así mesmo, da selección das persoas beneficiarias ocuparase a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca que “tras a beneficiosa experiencia vivida polas dúas persoas beneficiadas por este convenio o pasado curso, decidimos volver apostar por este proxecto. Desde o primeiro momento no que nos sentamos a falar da iniciativa, as dúas partes puxéronse de acordo e puxéronse a traballar para que isto puidésese levar adiante. Agradezo enormemente a implicación de Loreto Valenzuela Lenda, directora do centro de estudos “Royal Celtic Bay English Language School”, neste proxecto. É moi satisfactorio que unha entidade privada envórquese desta maneira cos veciños e veciñas do municipio”.

O rexedor sinala que “o legado máis importante que podemos dar aos nenos e nenas é a súa educación, así que este curso escolar seguimos apostado para que ese alumnado que teñan menos recursos para financiar ese proceso de estudo teña a posibilidade. Ata o pasado ano nunca antes impulsouse este tipo de cooperación, por iso apostamos por este convenio que fomenta a aprendizaxe de inglés, un idioma importantísimo para o futuro dos nosos cidadáns máis novos e máis vivindo nunha localidade como Baiona, que recibe persoas de moitas nacionalidades” finalizou o rexedor.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado convoca unha nova concentración en Ponteareas o 17 de setembro

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e A Paradanta convoca a unha nova concentración o vindeiro sábado 17 de setembro na Praza Maior de Ponteareas ás 20 h. Na concentración farase a presentación da ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) en defensa da sanidade pública que foi preparada polos distintos colectivos agrupados na plataforma SOS Sanidade Pública. Así mesmo, no transcurso da concentración tamén se procederá á recollida de sinaturas en apoio de dita ILP. Cabe lembrar que para que esta iniciativa poida ser tramitada no Parlamento de Galicia será necesaria a recollida de 10 000 sinaturas.

A do sábado 17 será a primeira dunha nova rolda de concentracións que a Plataforma realizará nos distintos concellos das comarcas do Condado e A Paradanta, esta vez facendo a presentación da ILP e recollida de sinaturas.

Dende a Plataforma lembran a necesidade de continuar coas mobilizacións, xa que a situación da sanidade pública, lonxe de mellorar, segue a empeorar. Lembran que a situación é tal que en ocasións o PAC de Ponteareas, de referencia nas dúas comarcas, queda ás veces cun so médico e incluso sen ningún, se este se ten que desprazar. A isto habería que sumarlle que en Ponteareas, a día de hoxe, 8000 persoas non teñen asignado neste momento médico de cabeceira.

A Plataforma lembra tamén que o progresivo deterioro da sanidade pública non é un feito casual, se non o resultado das políticas privatizadoras da sanidade que se levaron a cabo durante anos tanto dende o goberno central coma dende a Xunta de Galicia. A sanidade é un nicho de negocio moi apetecible para as grandes corporacións sanitarias e para facerse con el necesitan do deterioro da sanidade pública. Tarefa esta para a que contan con políticos cómplices.

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta chaman á veciñanza a participar nesta e nas vindeiras concentracións e a asinar en apoio á ILP en defensa da sanidade pública.

A «Escola de Letras» abre o luns as inscricións para o último obradoiro do ano impartido por Elvira Ribeiro

A terceira edición da Escola de Letras porá o broche de ouro aos seus talleres cun obradoiro de poesía a cargo da escritora de literatura adulta e infantil Elvira Ribeiro, que levará por título “Onde nace o poema”. O taller terá lugar os días 18 e 25 de outubro de xeito presencial no Edificio Administrativo da Deputación de 18.00 a 20.00 horas. As persoas que desexen formar parte del poderán realizar as súas inscricións a partir do vindeiro luns 12 de setembro, co envío dun correo electrónico a partir das 8.00 horas ao enderezo [email protected].

Ademais, tralo parón estival, a Escola retoma este mes a súa actividade con dous obradoiros literarios para os que as prazas xa están esgotadas e cunha ampla lista de agarda. Será o taller da man de Diego Giráldez que comezará o día 13 e que se celebrará na sede da Deputación en Vigo, en horario de 18.00 a 20.00 horas. O impartido por Anna Figueiredo, “Escribir, xéneros, técnicas, temáticas”, desenvolverase no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra a partir do día 19, de 19.00 a 21.00 horas.

A Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia, baixo a dirección de Francisco Castro, é pioneira en Galicia e unha das escasas a nivel estatal. A iniciativa arrancou no ano 2020 co obxectivo de fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun abano de obradoiros que abarcan a novela, o relato ou a poesía, para todos os públicos. Neste 2022 están a ofertarse un total de seis obradoiros da man de Inma López Silva, García Teijeiro, Diego Giráldez, Anna R. Figueiredo e Elvira Ribeiro.

O «Torneo de Xadrez Concello de Oia» celebra a súa segunda edición o día 24 en Torroña

0

As persoas afeccionadas á práctica do xadrez teñen unha cita imprescindible o sábado 24 de setembro coa celebración do II Torneo Concello de Oia que se desenvolverá na Casa da Cultura de Torroña. A competición, organizada polo club Albatros e coa colaboración do Concello de Oia, desenvolverase durante a tarde do día 24. O comezo está programado para as 16.00 horas, previa comprobación das listas ás 15.30 horas.

Tras a boa acollida da primeira edición celebrada en 2021, o “Torneo de Xadrez Concello de Oia” volve este ano co obxectivo de consolidarse no calendario. As persoas interesadas en participar nesta segunda edición poden inscribirse na páxina web do club Albatros (www.xadrezalbatros.com). As prazas están limitadas a un máximo de 100 xogadores.

Para máis información pódese contactar coa organización no teléfono 649 889 884 (Miguel).

Tomiño leva investidos neste verán máis de 100.000 euros en melloras e mantemento dos centros escolares

0

Os centros escolares de Tomiño estrean volta ao cole con instalacións renovadas. O Concello investiu máis de 100.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio que, como é habitual, realizáronse durante os meses de verán para non interromper a actividade lectiva.

Unhas obras xestionadas de maneira coordinada pola concelleira de Educación, Cristina Martínez, e o concelleiro de Obras, Alexandre Pérez, que dan resposta ás necesidades detectadas nos diferentes colexios e trasladadas dende as direccións. O obxectivo é “camiñar cara a unhas aulas e centros escolares enerxeticamente máis sostibles, modernos e confortables para todo o alumnado”.

Nesta ocasión, un dos traballos de maior relevancia realizouse no CEIP Plurilingüe de Tebra, no que se instalou un comedor escolar que dará servizo a arredor de 25 nenos e nenas. Era o único centro que carecía destas instalacións que “favorecerán unha maior conciliación laboral e familiar a nais e pais”. Ademais, as obras neste colexio incluíron o arranxo do patio exterior e o cambio de luminarias a LED para un maior aforro enerxético.

O CEIP de Barrantes foi un dos centros nos que se realizaron obras de maior envergadura, xa que se renovou o patio infantil de xogos e fíxose unha importante reforma de fontanaría para solucionar problemas de falta de presión nos baños.

Relevante tamén foron as obras no CEIP Pintor Antonio Fernández, no que se implementaron módulos de armarios de almacenaxe, pintouse e colocouse tarima na aula África González, mellorouse a conectividades, entre outras melloras. Pola súa banda, no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán pintáronse as aulas de 2º ciclo e colocouse un areeiro con entarimado.

Mentres, no CEIP de Sobrada fíxose unha mellora xeral das instalacións coa reparación e pintado de varandas exteriores, da entrada, do comedor, do tellado ou do peche exterior, entre outras actuacións. Nas Galiñas Azuis tamén se levaron a cabo melloras como arranxos de carpintería na escola de Goián ou a reforma do baño e o cambio de porta na aula de bebés e a pintura do chan da entrada na de Tomiño.

Por outro lado, o Concello tamén realizou un amplo traballo de mellora e mantemento nas unitarias do CRA Manuel Mestre Garcés. Así, en Amorín cambiouse o chan de cemento da entrada por tarima flotante, pintouse o edificio e arranxouse o baño e o almacén exterior. Nas tres unidades do Seixo leváronse a cabo “importantes traballos de todo o que non se ve”, como a renovación da instalación eléctrica e o cambio a luminarias LED, o único centro no que faltaba esta actualización para pasar a inspección correspondente. Tamén se realizaron retoques de pintura e melloráronse os peches das fiestras. Na escola da Aurora leváronse a cabo diferentes traballos de mellora do interior, como o pintado de aulas ou cambio de tarima flotante e do baño infantil. No resto dos centros do CRA, ademais da revisión eléctrica e da fontanaría, tamén se realizaron pequenas melloras.

En todos estes centros revisáronse as instalacións de electricidade, fontanería e carpintería; limpáronse e desbrozáronse patios, hortas e areeiros e limpáronse canlóns e cubertas.

A Guarda pecha un verán cheo de actividade cultural, deportiva e cunha excelente afluencia de turismo

0

O Concello da Guarda fixo balance dun verán 2022 “moi positivo”, cunha ampla afluencia de visitantes á vila, que puideron gozar e aproveitar toda a oferta cultural, deportiva e gastronómica guardesa. A Axenda de Verán congregou a meirande parte dos eventos realizados ao longo do verán, onde non faltou a música, a igualdade, as festas populares e gastronómicas, o teatro, as actividades infantís, probas deportivas, a maxia, actividades literarias, feiras comerciais e creativas, entre outras.

Para a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes este verán foi o verán no cal “voltamos a desfrutar da cultura na rúa, nas fermosas prazas que permiten na nosa vila organizar eventos coma a praza do Reló, a Alameda, a praza do As de Copas ( Avelino Vicente), a praza dos Seixiños, a praza da Guía, a explanada do Porto, o castelo de Sta Cruz, o Parque do Cancelón(Montiño), e en moitos outros espazos municipais…. e en espazos tan singulares e únicos coma o auditorio de San Benito ( un dos poucos que existen aberto ao mar).”

No apartado musical destacaron os concertos de Heredeiros da Crus e Beret, congregando a un bo número de persoas que asistiron a estas dúas citas musicais do verán no Porto da Guarda. TaménA Guarda Mar de Blues, que ateigou de público a Praza do Reló, con actividades musicais tamén para os máis cativos.

A Guarda Diversa continuou unha edición máis pondo de manifesto que A Guarda é afortunadamente un municipio diverso, moderno e inclusivo, dando visibilidade e sobre todo loitando pola diversidade, porque a diversidade é unha ferramenta de futuro, un motor de cambio e evolución.

[su_image_carousel source=”media: 61285,61284,61283,61282,61281,61280,61279,61278″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Festa da Langosta, a Festa do Peixe Espada e a Festa do Percebe foron os principais eventos gastronómicos do verán, destacando a ampla oferta gastronómica existente na vila, seña de identidade e que fai que o turismo gastronómico poña no mapa a A Guarda. Citas nas que non faltaron tamén actividades complementarias coma feiras de artesanía, animación de rúa, música, etc.

As Festas do Monte congregaron a multitude de veciños e veciñas da Guarda, da comarca e de todos aqueles que nos visitan ou teñen segunda residencia na localidade, o desfile folclórico e de Bandas Mariñeiras puideron retomarse despois da parada debido a pandemia da Covid, foron 2 anos sen Festas do Monte e os bombos volveron a escoitarse nas rúas e prazas da localidade así como no Trega. A alegría e a ilusión por voltar a desfrutar das nosas festas encheron de ledicia á veciñanza e a todos aqueles que estes días se acercaron ata a Guarda.

As visitas Guiadas ao Monte Trega fixeron que moitos visitantes puidesen coñecer de preto a cultura castrexa e o noso rico patrimonio, contndo cunha moi boa asistencia que tamén se deixou notar no Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT). Tamén O Piueiro axudou a gozar e apreciar a cultura mariñeira da nosa vila co seu Volanteiro e todas as actividades que se organizaron ao longo do verán.

A cultura encheu diferentes espazos do municipio con concertos, actuacións de maxia, representacións teatrais, danza e baile ou eventos literarios coma ao III Encontro do Libro Luso Galaico.

O deporte tamén estivo presente este verán na Guarda, coma a Petanca, exhibicións deportivas, Xadréz, Ciclismo, Carreiras Pedestres ou Carreiras de Orientación, citas anuais que se consolidan con eventos ou torneos que congregan una ampla participación de deportistas e público.

As exposicións tamén encheron o verán 2023 na Guarda coa Exposición de Pinturas de Chuny Vázquez ou a Exposición Colección de fotografías de Tito Lemos.

As Festas do Carmen, as Festas de San Cayetano ou as Festas da Guía tamén encheron de música e lecer a nosa vila, cunha ampla participación de persoas nas actividades incluídas nas súas respectivas programacións.

No apartado comercial destacaron as Feiras Outlet do comercio local organizadas dende ACIGU CCA ou a Mostra Creativa, que congregou a máis dunha vintena de talentos creativos da comarca do Baixo Miño.

Sen dúbida un verán cargado de actividades e que non deixou a ninguén indiferente, actividades para todos os públicos e todas as idades.

Montserrat Magallanes sinala que dende o concello “Tratamos de abarcar diferentes disciplinas culturais: cine na rúa, teatro, música para diferentes sensibilidades, maxia, circo… completándoo con exposicións na Casa dos Alonso ( que foron todo un éxito de afluencia e sorprenderon pola constante presenza de público) e con presentacións de libros. Sempre complementando a oferta que xa ofrecían as diferentes comisións de festas ou entidades organizadoras de eventos. Foi un verán no que temos que agradecer o esforzo de moitas persoas, en primeiro lugar do persoal municipal, daqueles que traballan no departamento de Cultura, de Servizos, Policia Local ou GES, sei que deron máis do que puideron sabendo que o seu compromiso está co pobo da Guarda. Agradecer tamén o esforzo e traballo de moitas persoas das comisións de festas que traballan con honradez para facer grandes as festas do seu barrio. E finalmente agradecer a presenza dos veciños e veciñas da Guarda que coa súa presenza, comentarios e mostras de apoio fan que o equipo de goberno traballe coa mesma ilusión que o primeiro día.”

A programación continúa para pechar este verán no mes de setembro coas Festas das Mercedes e a Mostra Asociativa que terá lugar este sábado día 10 de setembro na Praza de Avelino Vicente.

Ponteareas concederá 10.000 euros en axudas para investimentos das entidades veciñais

O Concello prepara xa as axudas municipais destinadas a subvencionar intervencións de mellora de espazos públicos levadas a cabo por colectivos de interese veciñal, que abrirán o prazo de presentación en breve. Serán un total de 10.000 euros cos que se busca “contribuír a mellorar a calidade de vida dos e das ponteareás e a dinamizar o asociacionismo veciñal”, como salienta a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote.

A través desta convocatoria, o Concello subvencionará ata o 80 % do investimento levado a cabo polas entidades solicitantes cun límite máximo de 3.000 euros para a realización de obras e de 1.500 euros para a dotación de equipamentos. As axudas, que se adxudicarán ata esgotamento de crédito, están destinadas a asociacións veciñais, asociacións culturais e comunidades de montes e regantes para intervencións realizadas ao longo deste ano 2022.

A concellaría de Vías e Obras reunirase este venres 9 de setembro con representantes destas entidades para dar a coñecer a subvención e propiciar que as asociacións interesadas teñan preparada toda a documentación necesaria cando se abra o prazo, dada a limitada marxe de tempo coa que se conta para presentar a solicitude.

O Porriño acolle esta fin de semana unha nova edición de «Merca na rúa»

O Porriño acolle esta fin de semana a XXVI edición da feira de oportunidades ‘Merca na rúa’, que como sempre se desenvolverá na zona peonil do centro urbano da vila. Participarán máis de vinte stands con ofertas nunha ampla de produtos e sectores. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que poderedes conseguir descontos desde 60 % ata o 70 %.

O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o sábado 10 en horario ininterrumpido de 10 h a 21 h e o domingo 11 de 11 h a 20 h.

Ademais, para facilitar as compras ás familias, haberá inchables para os máis pequenos e unha visita moi especial, a dos Bolechas que estarán no Merca na Rúa o sábado pola tarde a partir das 17:30 h.

Esta edición garda unha sorpresa moi especial, a que nos ten preparada a pequena pianista Dasha, que ofrecerá un concerto o sábado a partir das 19:30 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.

O domingo pola tarde, a partir das 17 h Merca na rúa recibirá a visita das persoaxes máis famosas de Disney e pechará a programación un concerto a partir das 20 h.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, convidou a toda a veciñanza “a encher as rúas unha vez máis e disfrutar da vila mentres se benefician dos mellores descontos, á vez que contribúen a dar pulo ao noso comercio local”.

O Concello de Baiona ultima os traballos de posta a punto dos colexios cara ao novo curso

0

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona, baixo a dirección de Óscar Martínez, atópase ultimando traballos de mellora nos distintos centros educativos do municipio ante o inicio do ano escolar e, nesta liña, procedeuse a realizar distintas actuacións no CEIP Fontes-Baíña.

Máis polo miúdo, os arranxos consistiron na retirada de varandas co fin de dotar o centro dunha mellor accesibilidade e tamén procedeuse á reparación de varias arquetas e realizouse o pintado de aulas e o pintado da pista de tenis. Tamén procedeuse a instalación e montaxe de novas porterías e canastas, equipación conseguida pola dirección do centro educativo.

A isto hai que sumar as labores de roce e limpeza levadas a cabo polo departamento de Medio Ambiente do Concello de Baiona que tamén instalou macetas no xardín do colexio.

O concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez, destaca que “para ofrecer a mellor educación aos nosos fillos e as nosas fillas, non só se require dispoñer do profesorado preciso e dos medios necesarios para que ninguén quede atrás por cuestións económicas, senón que ademais unha educación de calidade require unhas instalacións acordes, para o que non só é necesario investir en novos colexios e institutos, senón tamén en poñer ao día a rede de centros públicos”.

Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez Prado, lembra que, dentro das competencias municipais en virtude da Lei de Bases de Réxime Local, o Concello de Baiona é o responsable do mantemento dos colexios de cidade, “e precisamente, esa foi unha das prioridades deste Equipo de Goberno, a mellora dos colexios públicos do municipio”. Nesta liña, sinala o alcalde que desde o primeiro orzamento que elaborou este Equipo de Goberno “incluímos partidas de investimento para acometer importantes obras de infraestruturas nestes edificios de titularidade autonómica, pero de mantemento municipal, traballos que se realizan escoitando aos equipos directivos dos centros para priorizar as actuacións máis urxentes e necesarias”.

O PSdeG de Ponteareas denuncia o lamentable estado de abandono da estación de autobuses de Ponteareas por parte da Xunta

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Delfín Domínguez, denunciou hoxe o estado actual de abandono da estación de autobuses de Ponteareas por parte da Xunta de Galicia. Domínguez visitou onte as instalacións para comprobar in situ o estado das instalacións. “O edificio estaba pechado, como sucede en moitas ocasións a pesar da afluencia de usuarios”.

“Os usuarios remitíronnos numerosas queixas polo estado de abandono das instalacións. Os baños están sucios e completamente abandonados, o interior da estación está cheo de pintadas, algúns cristais das portas están rotos e tapados con cartóns”, explicou o secretario xeral dos socialistas ponteareáns.

[su_image_carousel source=”media: 61262,61261,61260″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Lembra Delfín Domínguez que a estación “foi transferida á Xunta en maio, e o único que foi é a peor” polo que esixen á Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Mobilidade “que arranxen as instalacións, as manteñan e as poñan a disposición dos usuarios.”

“É indecente e intolerable que a Xunta de Galicia siga con esta política de abandono, e de oposición permanente, a aqueles concellos que non son da súa cor política”, remata Domínguez.

A asociación «Arcángel San Miguel» de Cequeliños, Arbo, organiza un curso gratuíto ce patchwork

0

A Asociación Veciñal, Deportiva, Cultural e Xuvenil ‘Arcangel San Miguel’ de Cequeliños, inicia a súa andadura coa nova normalidade abrindo a inscrición para o curso de Patchwork totalmente gratuíto que se desenvolverá neste vindeiro mes de outubro nas Antigas Escolas de Cequeliños.

O patchwork é moito máis que unha técnica de costura, é moito máis que a arte de xuntar diferentes retales de teas para crear un produto e unha combinación orixinal, divertida e única. Un dos beneficios do patchwork é que posibilita compartir coñecementos, informacións, trucos ou teas entre todas as persoas afeccionadas, cousa que axuda a combater algunhas afeccións como a soidade dos meses de frio e choiva

Os/as interesados en participar no curso deberán solicitar a reserva de Praza no teléfono 639 829 445 (Vicenta)

A Asociación Arcangel San Miguel foi creada no ano 2021 por un grupo de veciños e veciñas da parroquia de Cequeliños do municipio de Arbo. Enre os seús fins principais, que non son os únicos, esta o de fomentar e desenvolver a convivencia e mellorar a calidade de vida no ámbito da asociación do veciños da parroquia de Cequeliños.

Recepción no Concello das Neves aos dous medallistas europeos de Bádminton

0

O Concello das Neves, deu formalmente os parabéns, nunha recepción, a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, que veñen de acadar tres medallas no Campionato de Europa Júnior de Bádminton, disputado el Belgrado. Os dous deportistas do Club de Bádminton Suflenorsa As Neves, recibiron os parabéns da Corporación Municipal, representada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; os dous tenentes de alcalde, Marcelino Couto e Óscar González, e a concelleira de Mocidade, Rocío Barreiro.

Lucía Rodríguez acadou o ouro, que supón o campionato europeo en dobre feminino, xunto a Nikol Carulla, e a medalla de bronce por equipos, o mesmo que Basilio Porto, como integrantes da Selección española. Os dous adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra, no que compatibilizan a preparación para a competición cos seus estudos, no caso de Lucía, grao en Comunicación Audiovisual, e Basilio, 2º de Bacharelato.

Como explicaron durante a súa visita ao Concello, os adestramentos ocupan todos os días da semana, algúns deles ata 6 horas, e van aumentando de intensidade cando hai algunha cita especial, como o Campionato do Mundo Júnior, do 17 ao 30 de Outubro, en Santander, para o cal, como coñeceuse este mesmo mércores, foron convocados pola Selección

A Concellería de Servizos Sociais abre a inscrición para as actividades de inverno dirixidas ás persoas maiores do municipio

0

A Concellería de Servizos Sociais e Persoas Maiores que xestiona a concelleira Iria Vilaboa, vén de anunciar a posta en marcha de dous programas, de carácter totalmente gratuíto, que buscan proporcionar ás persoas maiores das ferramentas precisas para coidar a súa saúde física e mental.

«Redondela Benestar» e «Axil-Mente» son, en palabras da alcaldesa Digna Rivas “un paso máis deste goberno para ofrecer aos nosos e nosas maiores, todas cantas actividades poidan contribuír á mellora da súa calidade de vida”. Tanto a mente coma o corpo “precisan de coidados, exercicios e rutinas que contribúan ao seu mantemento e iso é o que se pretende con todos os programas que se poñen en marcha dende a Concellería de Servizos Sociais”, engade a alcaldesa de Redondela.

Redondela Benestar

«Redondela Benestar» terá aberto o seu prazo de matrícula entre os días 12 e 23 de setembro para comezar as actividades no mes de outubro. As prazas serán adxudicadas por estrita orde de inscrición e as actividades se desenvolverán en Redondela, Chapela, Cabeiro, Reboreda, O Viso (Saramagoso) e Ventosela.

A través de exercicio físico de baixa intensidade, especialmente deseñado para persoas maiores, «Redondela Benestar» ofrece todas as vantaxes que, segundo os especialistas, ofrecen as actividades físicas para persoas maiores como o incremento da sensación de benestar xeral, mantemento de peso, redución de riscos como diabetes ou hipertensión ou diminución do estrés e o insomnio, entre outras.

Axil-Mente

Pola súa banda «Axil-Mente» terá de prazo de inscrición do 7 ao 15 de setembro para comezar a súa actividade o mércores 21 de setembro. A inscrición pode formalizarse nos rexistros habilitados do Concello de Redondela presentando a ficha de inscrición debidamente cuberta e unha copia do DNI.

As clases desenvolveranse no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela. En Redondela as actividades impartiranse os mércores (de 09.30 h a 10.45 h) e os venres, data na que haberá dous grupos, un de e 09.30 h a 10.45 h e outro de 11 h a 12.15 horas. En Chapela, as clases serán os xoves con dous horarios, de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas.

«Axil-Mente» propón ás persoas participantes unha serie de exercicios especialmente deseñados para exercitar todas as partes do cerebro, permitindo mellorar a destreza mental e facilitanto a concentración, a capacidade de reter información, diminuír o nivel de estrés e atrasar a aparición de enfermidades neurodexenerativas.

Finalmente, o Concello de Redondela, co cofinanciamento da Xunta de Galicia, colaborará na posta en marcha de outras dúas actividades, unha dirixida ás persoas maiores –Mantén activa a túa mente– e outro ás mulleres –Formación TIC Mulleres do Rural– para que poidan adquirir competencias dixitais tanto básicas como avanzadas e competencias dixitais para o emprego.

O ciclismo volve as rúas de Ponteareas co Trofeo Festas de Setembro-Gran Premio Borja Gómez Méndez

As bicicletas volven as rúas do centro de Ponteareas esta fin de semana. A vila do Tea acollerá este domingo a segunda edición do Trofeo Festas de Setembro – Gran Premio Borja Gómez Méndez, unha proba de ciclismo en estrada que arrincará ás 09:00 horas e que ten como principal novidade a celebración dunha carreira inclusiva.

A presentación do evento contou coa presenza das corredoras e corredores do Club Ciclista Ponteareas Escola Borja Gómez Méndez, membros da xunta directiva, corpo técnico, técnico da Federación Ciclismo Galego (FCG) Jacobo Ucha e, por suposto, do padriño da proba, Borja Gómez Méndez. 

O ciclista que dá nome a este Gran Premio será un dos participantes na carreira inclusiva que se disputará antes da competición cadete e júnior. As outras categorías, tanto femininas como masculinas, que rodarán polo corazón da vila do Tea serán as de Promesas, Principiantes, Alevíns, Infantís e Cadetes.

Ponteareas súmase a ‘Galegas dixitais’, un programa de formación para a dixitalización de mulleres no rural

O Concello de Ponteares súmase a ‘Galegas dixitais’, un programa de formación totalmente gratuíto que ten por obxectivo a dixitalización de mulleres demandantes de emprego, especialmente no rural. O Centro de Desenvolvemento Local acollerá as clases deste completo curso no que todas as participantes poderán gozar dunha completa formación en ferramentas que “sen dúbida favorecerán a empregabilidade e impulsarán o emprendemento nun momento no que as competencias dixitais son fundamentais non só para o futuro laboral, senón para realizar calquera tipo de trámite”, salientan as concelleiras responsables deste curso, a edil de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, e a de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado “para ir avanzando dende un nivel básico cara a outro máis avanzado”. Por ese motivo, o primeiro curso será de competencias dixitais básicas, e contará con 40 horas de formación que comezarán o vindeiro 19 de setembro e rematarán o 28 de outubro. As clases serán de 16.00 a 21.00 horas. Ao remate do curso, as participantes recibirán un título oficial acreditativo.

Para o desenvolvemento da actividade lectiva, cada participante recibirá unha tablet ou un Chromebook que ao finalizar as accións formativas seralle entregado como agasallo.

As mulleres demandantes de emprego interesadas en participar poderán facer as súas consultas escribindo a través de Whatsapp ao teléfono 604 039 575. As inscricións poden xa realizarse a través da páxina web do programa.

Mos triplica as axudas para comedor e duplica as de material escolar

A Xunta de Goberno do Concello de Mos aprobou as bases reguladoras de axudas para libros e material escolar e uso do servizo de comedor escolar 2022-2023. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, puxeron en valor que o Concello de Mos “multiplicou as axudas para escolares, tanto no que se refire a comedor como a material escolar, apostando de xeito decidido polo apoio á conciliación da vida familiar e laboral dos pais, nais e familias mosenses”.

Arévalo e Loureiro explicaron que o pasado mes de xuño sacouse desde a administración local mosense unha convocatoria extraordinaria “para triplicar o orzamento municipal destinado ás axudas para comedor escolar, pasando a cantidade anual destinada a tal fin de 10.000 euros a 30.000 euros, polo que dos solicitantes da axuda para a anterior convocatoria, todos eles contaron con ela concedida”.

Cabe lembrar que a subvención concedida polo Concello neste senso é de 2 euros por menú de cada neno/a ao día.

Na presente convocatoria para estas axudas, cuxo prazo de inscrición ábrese este mes de setembro, manterase a mesma contía orzamentaria destinada a tal fin co obxectivo de poder seguir concedendo a subvención a todas as familias demandantes.

En canto ás axudas municipais para a adquisición de material escolar xestionadas pola concellería mosense de Política Social, tamén se duplicou o orzamento anual destinado a tal fin, pasando de 5.000 euros a 10.000 euros.

De cara ao presente curso 2022-2023, tanto as axudas para a adquisición de material escolar como de uso de comedor escolar, manteñen o importe multiplicado. No caso do material pásase, como xa se dixo, dos 5.000 aos 10.000 euros, para poder chegar ao maior número de familias.

Novidade no método de pago das axudas para comedor

Os pagos das axudas para comedor escolar inclúen este curso unha nova forma de pago trimestral. Os abonos das sunvencións faranse cada tres meses, sendo o primeiro en decembro (para os meses de setembro, outubro e novembro), marzo (para os meses de decembro, xaneiro e febreiro) e xullo (para os meses de marzo, abril, maio e xuño). O prazo de presentación das solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación no BOPPO.

O Concello de Baiona dota dunha nova infraestrutura ao CEIP de Belesar

0

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona atópase ultimando traballo de mellorar nos distintos centros educativos do municipio ante o inicio do ano escolar. Nesa liña de actuacións procedeuse á construción dunha nova infraestrutura no CEIP de Belesar. Trátase da realización dun caseta para almacenar material de utilidade para o centro educativo.

Trátase dunha obra demandada pola comunidade escolar que o consistorio non dubidou en materializar aproveitando tamén para realizar arranxos nas canastras e as pistas deportivas.

“A Lei de Administración Tola establece que o Concello non asumirá actuacións que excedan as de mantemento e conservación dos colexios pero desde o Concello de Baiona estamos dispostos axudar e mellorar os colexios do municipio aínda que as competencias de educación sexan da Xunta de Galicia”, destaca o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez.

Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez Prado, referenda as palabras do concelleiro e incide en que “ Non soamente estamos involucrados no mantemento e conservación senón que imos un paso máis aló das nosas competencias municipais e realizamos obras de mellora nas infraestruturas dos distintos colexios de Baiona xa que hai demandas desde fai varios mandatos que non foron atendidas e facémolo en base da dispoñibilidade económica coa que contamos. Estamos ao dispor de calquera dos centros de educación e do alumnado baionés”.

Formoso propón ante a patronal galega rebaixar á metade as peaxes das autoestradas autonómicas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo a rebaixa do 50 % das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. Esta proposta dirixida ao goberno da Xunta é de carácter inmediato e forma parte dun plan urxente de medidas económicas e sociais para o ámbito galego dos socialistas que buscan facer fronte á dura perspectiva económica.

O número un dos socialistas galegos reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, nunha rolda de contactos cos diferentes axentes sociais para explicar as medidas do PSdeG ante a difícil situación económica a nivel global, que tamén afecta directamente a Galicia.

Formoso trasladou que este paquete de propostas do PSdeG serve para facer fronte á situación económica que “atinxe a todos os eidos de competencia da Xunta”. A medida máis destacable é a de incorporar nos orzamentos do 2023 unha partida para baixar un 50% os peaxes aos usuarios galegos das autoestradas autonómicas, buscando beneficiar ao “tecido produtivo do país” e ás familias a aliviar a situación de incremento de prezos.

No mesmo plan de medidas dos socialistas pódese resaltar tamén unha rebaixa de taxas portuarias nun 75% buscando diminuír os custos de produción do sector pesqueiro e dos empresarios galegos que exportan e importan a través do portos.

Outras propostas son unha elevación do tramo exento de IRPF en Galicia, habilitar liñas de axuda á compra de combustible para as familias ou axudas para autónomos e profesionais para compensar a suba dos hidrocarburos. Formoso cre que estas medidas serán ben recibidas pola cidadanía, así como deberían recibilas ben o resto de formacións políticas, ás que emprazou a reunirse para traballar de cara a preparar a situación económica futura.

Por outra banda, Formoso emprazou ao goberno galego a “ter altura de miras” e “asumir a situación crítica” que se está a vivir polas familias e os entes produtivos galegos. Sinalou que “non valen as fórmulas políticas de sempre para unha situación excepcional” que non ten precedentes dende hai moito tempo polas características propias en orixe da crise económica que está por vir.

Amosou un descontento ante o emprego das institucións públicas “que uns gobernan” para enfrontarse coas que gobernan partido políticos opostos. Polo que remarcou a falta de diálogo da Xunta, tanto cos líderes da oposición, como co goberno central, contra o cal indica que Rueda segue o “camiño de confrontación” iniciado por Feijóo cando gobernaba Galicia.

Na mesma liña, Formoso amosou a súa preocupación ante o gran número de postos de traballo que están en perigo en Galicia pola conxuntura económica, estando tamén en risco os servizos públicos e o sistema de pensións. Por elo, destacou a importancia de que se actúe dende os postos de responsabilidade para aliviar a carga económica sobre as familias.

Nigrán organiza o domingo 11 o seu «I Roteiro Canino» en Monteferro

0

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 11 de setembro o seu ‘I Roteiro Canino’ por Monteferro coa organización a cargo do Rey Midas. Este partirá ás 12:00 horas do Monumento á Mariña Universal para percorrer 3,2 kilómetros polos sendeiros desta península. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ou ben no propio lugar de 11:00 h a 11:45 horas. Ao finalizar esta andaina circular, sobre as 13:15 horas, organizaranse actividades que constarán de diferentes premios.

“Trátase de sociabilizar, facer exercicio físico nunha contorna natural espectacular e sensibilizar no coidado e respecto dos animais”, explica o alcalde, Juan González.

Nas actividades posteriores a organización habilitará tres categorías de cans en función do seu tamaño e proporá diferentes concursos do tipo ‘Cans potecialmente cariñosos’, ‘Parecidos razoables’ (can-humano), ‘O meu can é un artista’ (cans con habilidades), ‘Sei pasear xunto ao meu dono/a’.

O Concello destinará 70.000 euros ás subvencións ás comunidades de augas de consumo de Ponteareas

O Concello xa ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións municipais ás comunidades de usuarios de augas de consumo de Ponteareas, unhas axudas ás que destinará 70.000 euros para a mellora das instalacións durante o ano 2022.

A través destas subvencións en réxime de concorrencia competitiva que se levan adxudicando dende 2018, o goberno municipal busca colaborar coas traídas veciñais “para que realicen investimentos que redunden na melloría do servizo, que sirvan para fomentar o asentamento no rural, para promover o emprego local e para dinamizar o asociacionismo veciñal na nosa vila”, explica a alcaldesa Cristina Fernández Davila.

As entidades interesadas poden acceder ás bases xunto aos formularios en formato editábel a través da sede electrónica do Concello ou na páxina web. A data límite de presentación é o vindeiro 19 de setembro. Estas axudas, financiadas con fondos propios do Concello, cobren ata o 80% do investimento a realizar cun límite de 18.000 euros por traída.

Con estas axudas as comunidades de usuarios de augas de consumo poderán financiar a contratación de obras, a adquisición de materiais, a man de obra ou equipamentos asociados a melloras na captación de augas, no sistema de almacenamento e potabilización, na rede de distribución de auga e na renovación das instalacións.

Esta liña de subvencións é un paso máis no compromiso do goberno municipal coas traídas de augas veciñais para a xestión dun recurso “de vital importancia, por iso debemos colaborar todo o que poidamos coas comunidades, que están a facer un labor fundamental para que a gran maioría da veciñanza rural conte con este servizo básico e prioritario. Por iso non podemos máis que agradecerlles a súa implicación e garantirlles que dende o Concello continuaremos colaborando con elas e con todos os veciños e veciñas no que precisen”, destaca a rexedora.

A Federación de ANPAS de Redondela lamenta que o PP non acudira á concentración contra os recortes no IES Mendiño

0

A Federación de ANPAS de Redondela vén de facer público un comunicado no que valora a concentración do pasado 2 de setembro, na que a Federación, o Concello de Redondela e os partidos políticos (agás o PP) manifestaban públicamente o seu rexeitamento aos recortes de profesorado no IES Mendiño e pedían unha rectificación por parte da Xunta de Galicia. Dada a importancia do asunto, que afecta directamente é calidade de ensino dos nenos e nenas de Redondela e que xera unha enorme intranquilidade nas familias, reproducimos, na súa integridade, o comunicado da Federación de ANPAS.

Comunicado da Federación de ANPAS de Redondela

O pasado venres 2 a Federación de ANPAs de Redondela xunto ao propio Concello de Redondela celebramos unha concentración pública para solicitar da Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha rectificación no recorte de 4 profesores no IES Mendiño. A concentración foi amplamente apoiada polo tecido social de Redondela que acudiu á cita. As familias amosamos o noso máis absoluto rexeitamento a este recorte. As familias de Redondela estamos moi preocupadas polo futuro dos nosos fillos e fillas xa que a desatención no ensino afectará negativamente nese futuro. A nosa experiencia nos consellos escolares de cada centro de ensino amosounos que os recursos humanos que a Consellería de Educación asigna a cada centro son insuficientes para atender, xa non só a diversidade e as necesidades especiais, senón tamén as obrigas laborais do profesorado. Temos que lembrar, aínda que a Consellería o sabe perfectamente, que a saúde mental da xuventude e infancia de Redondela está en deterioro tal e como detectaron as equipas directivas dos centros de ensino de Redondela. Para parar esa caída, de consecuencias desastrosas no que respecta aos centros de ensino onde o alumnado pasa gran parte do seu tempo, a primeira medida dun goberno debería ser o aumento de persoal e do tempo de atención adicado a cada alumna e alumno. Ao contrario, a Consellería de Educación desoe aos seus propios traballadores e as familias ás que ten a obriga e responsabilidade de servir publicamente.

Ao brutal recorte no IES Mendiño temos que sumarlle 2 profesores na EEI A Marisma, outra media xornada na EEI San Pedro de Cesantes deixando tan só a unha traballadora a cargo de todo o alumnado, coa imposibilidade dun descanso na súa xornada e co risco de non poder abrir a escola ante calquera imprevisto. A intención é clara, deteriorar o servizo para pechar outra escola. Tamén se elimina unha profesora no CEIP de Reboreda, que terá que pechar unha liña en 1º de primaria amontoando ao alumnado nunha soa aula, e outra profesora máis no IES Illa de San Simón a pesar de ser un centro de atención preferente. Pero isto non é novo, isto vén pasando ano tras ano. Lamentablemente isto non só pasa en Redondela. Sufrimos as consecuencias dunha política de desmantelamento do público cunha Consellería de Educación que obedece as directrices das elites económicas na vez de defender os dereitos que teñen a responsabilidade de manter.

Lamentablemente, as familias temos que saír á rúa e presionar á Consellería para que actúe e invista en Redondela. É o único xeito que entenden. As únicas inversións, segundo manifesta o PP de Redondela en boca do portavoz parlamentario Alberto Pazos, son as substitucións das cubertas de amianto tras as múltiples denuncias das ANPAs e desta Federación polo gravísimo perigo para a saúde do alumnado. A presenza do mortal amianto nos centros de ensino de Redondela é unha situación intolerable á que a Consellería non atendeu ata á denuncia das familias de Redondela unidas pola Federación de ANPAs, despois de tentalo de todos os xeitos posibles. Só a denuncia pública fixo reaccionar á Consellería. O mesmo pasou coa renovación das xanelas no CEIP Outeiro das Penas tras décadas de reclamación por parte do profesorado, as familias e o propio goberno de Redondela.

A última inversión da que presume Alberto Pazos é a posta en marcha do Bacharelato de Artes. Calquera persoa atenta sabe que o Conselleiro de Educación desbotou no propio parlamento de Galicia a implantación deste bacharelato. Destapouse entón o engano da Consellería que acordara o contrario, abrir un Bacharelato de Artes en Redondela. Antes desta comparecencia do Conselleiro, as ANPAs denunciamos que, tras abrir o prazo oficial de matrícula onde o alumnado tiña que decidir que estudos realizar para o seguinte curso, a opción de artes non existía. Moi pouco antes de rematar o curso, no último Consello Escolar Municipal celebrado o 29 de marzo de 2022 a propia representante da Consellería, a inspectora Raquel Gómez, asegurou que non existía ningún indicio dentro da Consellería para a implantación do Bacharelato de Artes en Redondela para o curso 2022/23. Tras comprobar a falta de intención da Consellería, o Consello Escolar Municipal aprobou unanimemente, coa soa abstención da inspectora, unha declaración institucional onde esixía a Consellería de Educación a implantación do Bacharelato de Artes para este curso 2022/23. Ao non aguantar a presión das familias e do propio pobo de Redondela foi cando o PP de Redondela e a Consellería de Educación mudaron de postura e tarde, mal e arrastro decidiron asumir esta reivindicación histórica.

Lamentamos que o pasado venres o PP de Redondela non acudira á concentración contra os recortes no IES Mendiño. Esta ausencia só pode entenderse pola obediencia que debe o PP de Redondela ao seu partido político. Aínda que o lamentemos, recoñecemos que é unha ausencia politicamente lexitima, poñer en primeiro plano os intereses do PP que o interese das persoas do Concello de Redondela. O que non consentimos as familias é que o PP de Redondela nos acuse de posicións partidistas. Non é a primeira vez. Para o PP de Redondela calquera crítica ou diferencia de opinión é unha postura politizada, negando así o dereito e a obriga que temos as nais e pais de educar e intervir na educación dos nosos fillos e fillas. As familias non lle debemos ningunha obediencia á dirección dun partido como si lle debe o PP de Redondela ao PP de Galicia. Cuestionar constantemente a representación das familias é cuestionar o estado de dereito e a democracia postulando que a única postura non partidista é a do goberno, é dicir, o silencio. Este é un argumento perigoso, sábeno incluso moita da xente que simpatiza co PP.

Pensamos que o PP de Redondela erra profundamente ao asegurar que non hai redución de profesores no IES Mendiño. Equivócase con esta consideración política que nega o evidente. A reviravolta do argumento de Alberto Pazos para negar o innegable é tan precipitada que queda en evidencia diante das familias de Redondela, incluso das que simpatizan co seu partido local.

En todo caso, as familias témolo claro, temos que seguir presionando á Consellería de Educación ata que cambie de postura. Ata agora foi o único xeito de que a Consellería de Educación invertera no ensino público de Redondela. O éxito de asistencia na concentración do pasado venres danos forza para seguir esixindo a restitución do profesorado recortado este ano en Redondela. Se conseguimos esta restitución o PP de Redondela terá que facer outra cabriola no seu discurso, como fixo coa implantación do bacharelato de Artes, e obedecer ao cambio de postura da dirección do seu partido. Deberían desexalo, están apartándose das familias de Redondela.

Sabarís acolle, o vindeiro 18 de setembro, unha nova edición do rastro familiar «MercadiYO»

0

O lema co que naceu esta inciativa define claramente o MercadiYO, Festa da reciclaxe de Sabarís, Baiona: “o que a ti che sobra, outros o necesitan”. Baixo esta filosofía, as e os participantes expoñerán nos seus postos todo aquillo que se adoita gardar no faiado. A cita, o domingo 18 de setembro ao longo da avenida Julián Valverde.

Esta actividade está dirixida a particulares, familias que desexan facer limpeza e desfacerse de todo aquilo que xa non usan e que, probablemente, nin lembraban que o tiñan gardado nalgún recuncho. As persoas interesadas en participar, so teñen que poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, antes do día 13 de setembro, no teléfono 986 36 67 30 ou a través do correo [email protected].

Para a celebración desta cuarta edición do MercadiYO cóntase coa colaboración do Concello de Baiona, que acolleu con gran entusiasmo o evento organizado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA).

Desde as 11:00 ata as 21:00 horas os participantes instalaranse e venderán os seus “tesouros escondidos” ao longo da Avenida Julián Valverde na que, aqueles e aquelas que se acheguen poderán atopar pezas de roupa, accesorios, aveños domésticos, obxectos persoais, xoguetes… cousas que se teñen por casa e xa non se utilizan, pero poden ter unha segunda vida en mans doutra persoa.

A organización convida a todos e todas a que non se perdan un evento no que poderán gozar dunha bonita xornada de ambiente familiar e educativo na que os máis pequenos e os mozos poderanse concienciar da prolongación da vida útil das cousas, unha práctica que nun tempo pasado era bastante común e que cada vez está máis en desuso.

EU Ponteareas reclama unha mellora no Servizo de Axuda no Fogar

Esquerda Unida de Ponteareas ven de denunciar a situación na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar ao que, di a formación asemblearia, “o Concello de Ponteareas leva anos precarizando”. EU asegura que, actualmente, as traballadoras “non cobran os pluses de perigosidade e penosidade que veñen recollidos no convenio laboral vixente e están obrigadas a usar o seu coche persoal sen que se lle actualice a tarifa de quilometraxe (0,19€/quilómetro), reducindo así o seu poder adquisitivo”.

A maiores, EU afirma que, dende hai anos, as xubilacións “son cubertas por baixo da taxa de reposición autorizada” e acusa directamente ao goberno municipal “quen decidiu unicamente cubrir unha de cada dúas”. “O bipartito está moi cómodo privatizando este servizo e desententéndose tamén da realidade das traballadoras da empresa concesionaria, que levan un tempo denunciando a súa precariedade”, afirma a Coordinadora de EU.

Lembra Esquerda unida que o servizo de axuda no fogar (SAF) “ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teña limitada a súa autonomía persoal e nos casos de desestruturación familiar”. Así, entre os obxectivos do SAF está mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a súa permanencia no contorna de convivencia habitual e previr situacións de dependencia ou exclusión social, debendo ser un servizo esencial para a calidade de vida da cidadanía.

Para EU os recortes no SAF son evidentes xa que, o cadro de persoal do Concello conta, nestes momentos, con catro traballadoras “cando deberían ser, polo menos, once para garantir un servizo acorde ás demandas da veciñanza. Na propia RPT aparecen sete prazas, polo que tres están sen cubrir”.

A formación de esquerdas reclama “ampliar o persoal para este servizo, rematar coa súa privatización recuperando e ampliando todas as competencias do SAF por parte do executivo local, mellorar as condicións laborais e abrir unha ronda de escoita activa coas traballadoras e persoas usuarias co gallo de garantir un servizo de calidade”.

“A política é cuestión de prioridades”, afirma EU. “Está moi ben investir recursos municipais en mellorar o entorno do casco urbano, pero, a diferencia do que está a facer o goberno municipal, a principal preocupación dos e das gobernantes debería ser garantir unhas condicións mínimas de vida digna para toda a veciñanza”.

O Porriño amplia o prazo para inscribirse no certame musical «Tes talento?»

A concellería de Cultura do Concello do Porriño, que dirixe Bienvenido Estévez, vén de ampliar o prazo para inscribirse no concurso musical «Tes Talento?», que se celebrará este mes de setembro no marco das Festas do Cristo 2022. A inscrición poderá formalizarse ata o 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9 h a 14 h.

O certame contará con dúas modalidades, infantil e adultos. En ambas poderán presentarse grupos ata un máximo de catro compoñentes e o tempo de actuación será de tres minutos como máximo.

O gañador desta edición farase con 400 euros e a gravación dun tema ou vídeo promocional, o segundo cun premio de 250 euros e o terceiro cun de 150 euros. Para os tres finalistas infantís, un lote de produtos escolares e trofeo.

O Concello de Redondela optimiza o alumeado público do paseo da praia de Cesantes con luminarias LED

0

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela, departamento xestionado por Vicente Lamas, procedeu nestes días a mellora e optimización enerxética do alumeado dunha parte do paseo da praia de Cesantes, substituíndo as antigas luminarias de vapor de sodio por outras dotadas de tecnoloxía LED.

En total cambiáronse un total de 22 puntos de luz que, mellorando as condicións de luminosidade do paseo, permiten un notable aforro na factura eléctrica, contribúen a redución de emisións de CO2 á atmosfera (ao non xerar calor) e teñen unha vida útil moito máis longa, máis 50.000 horas fronte ás 12.000 horas do actual alumeado.

Cómpre lembrar que as actuais lámpadas de vapor de socio, aínda que teñen unha boa eficiencia, ofrecen luz de baixa calidade, cunha soa frecuencia de espectro que impide que se distingan as cores e que, ao igual que o resto de lámpadas de descarga, teñen entre os seus compoñentes chumbo e mercurio.

A renovación do alumeado no paseo da praia de Cesantes é o primeiro paso do que a alcaldesa Digna Rivas cualificou como “un ambicioso proxecto” de optimización do alumeado público no municipio ao entender a rexedora local que se trata “dun servizo básico para a cidadanía ao mellorar non só a comodidade á hora de realizar desprazamentos nas horas nocturnas, senón tamén as súas condicións de seguridade”.

A mellora dos servizos básicos á cidadanía, e de maneira especial o alumeado público das parroquias, é unha das prioridades do goberno socialista dende a súa chegada ao Concello consciente de que “non pode haber veciñanza de primeira e de segunda dependendo do seu lugar de residencia”, afirma rotunda a alcaldesa de Redondela, “a veciñanza paga os seus impostos e, polo tanto, todos e todas teñen dereito a uns servizos públicos de calidade”, conclúe a rexedora local.