21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA «Escola de Letras» abre o luns as inscricións para o último...

    A «Escola de Letras» abre o luns as inscricións para o último obradoiro do ano impartido por Elvira Ribeiro

    Este mes a Escola da Deputación e Galaxia retoma a súa actividade co inicio dos talleres literarios en Vigo e Pontevedra, con Diego Giráldez e Anna Figueiredo

    A terceira edición da Escola de Letras porá o broche de ouro aos seus talleres cun obradoiro de poesía a cargo da escritora de literatura adulta e infantil Elvira Ribeiro, que levará por título “Onde nace o poema”. O taller terá lugar os días 18 e 25 de outubro de xeito presencial no Edificio Administrativo da Deputación de 18.00 a 20.00 horas. As persoas que desexen formar parte del poderán realizar as súas inscricións a partir do vindeiro luns 12 de setembro, co envío dun correo electrónico a partir das 8.00 horas ao enderezo escoladeletras@editorialgalaxia.gal.

    Ademais, tralo parón estival, a Escola retoma este mes a súa actividade con dous obradoiros literarios para os que as prazas xa están esgotadas e cunha ampla lista de agarda. Será o taller da man de Diego Giráldez que comezará o día 13 e que se celebrará na sede da Deputación en Vigo, en horario de 18.00 a 20.00 horas. O impartido por Anna Figueiredo, “Escribir, xéneros, técnicas, temáticas”, desenvolverase no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra a partir do día 19, de 19.00 a 21.00 horas.

    A Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia, baixo a dirección de Francisco Castro, é pioneira en Galicia e unha das escasas a nivel estatal. A iniciativa arrancou no ano 2020 co obxectivo de fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun abano de obradoiros que abarcan a novela, o relato ou a poesía, para todos os públicos. Neste 2022 están a ofertarse un total de seis obradoiros da man de Inma López Silva, García Teijeiro, Diego Giráldez, Anna R. Figueiredo e Elvira Ribeiro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.