12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaSabarís acolle, o vindeiro 18 de setembro, unha nova edición do rastro...

    Sabarís acolle, o vindeiro 18 de setembro, unha nova edición do rastro familiar «MercadiYO»

    O lema co que naceu esta inciativa define claramente o MercadiYO, Festa da reciclaxe de Sabarís, Baiona: “o que a ti che sobra, outros o necesitan”. Baixo esta filosofía, as e os participantes expoñerán nos seus postos todo aquillo que se adoita gardar no faiado. A cita, o domingo 18 de setembro ao longo da avenida Julián Valverde.

    Esta actividade está dirixida a particulares, familias que desexan facer limpeza e desfacerse de todo aquilo que xa non usan e que, probablemente, nin lembraban que o tiñan gardado nalgún recuncho. As persoas interesadas en participar, so teñen que poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, antes do día 13 de setembro, no teléfono 986 36 67 30 ou a través do correo administracion@ovalmi.com.

    Para a celebración desta cuarta edición do MercadiYO cóntase coa colaboración do Concello de Baiona, que acolleu con gran entusiasmo o evento organizado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA).

    Desde as 11:00 ata as 21:00 horas os participantes instalaranse e venderán os seus “tesouros escondidos” ao longo da Avenida Julián Valverde na que, aqueles e aquelas que se acheguen poderán atopar pezas de roupa, accesorios, aveños domésticos, obxectos persoais, xoguetes… cousas que se teñen por casa e xa non se utilizan, pero poden ter unha segunda vida en mans doutra persoa.

    A organización convida a todos e todas a que non se perdan un evento no que poderán gozar dunha bonita xornada de ambiente familiar e educativo na que os máis pequenos e os mozos poderanse concienciar da prolongación da vida útil das cousas, unha práctica que nun tempo pasado era bastante común e que cada vez está máis en desuso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.