13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán organiza o domingo 11 o seu «I Roteiro Canino» en Monteferro

    Nigrán organiza o domingo 11 o seu «I Roteiro Canino» en Monteferro

    O obxectivo é realizar unha andaina conxunta de 3,2 kilómetros para, despois, participar en diferentes xogos con premios nunha actividade que busca"sociabilizar, facer exercicio físico nunha contorna natural espectacular e sensibilizar no coidado e respecto dos animais", explica o alcalde, Juan González.

    O Concello de Nigrán ofrece o domingo 11 de setembro o seu ‘I Roteiro Canino’ por Monteferro coa organización a cargo do Rey Midas. Este partirá ás 12:00 horas do Monumento á Mariña Universal para percorrer 3,2 kilómetros polos sendeiros desta península. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ou ben no propio lugar de 11:00 h a 11:45 horas. Ao finalizar esta andaina circular, sobre as 13:15 horas, organizaranse actividades que constarán de diferentes premios.

    “Trátase de sociabilizar, facer exercicio físico nunha contorna natural espectacular e sensibilizar no coidado e respecto dos animais”, explica o alcalde, Juan González.

    Nas actividades posteriores a organización habilitará tres categorías de cans en función do seu tamaño e proporá diferentes concursos do tipo ‘Cans potecialmente cariñosos’, ‘Parecidos razoables’ (can-humano), ‘O meu can é un artista’ (cans con habilidades), ‘Sei pasear xunto ao meu dono/a’.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.