Sábado, 26 Xullo de 2025

O campamento de Nadal do Rosal amosou aos nenos e nenas as culturas do mundo

0

Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares. O campamento era gratuíto e encheu todas as prazas dispoñibles.

Baixo o título de ‘Nadal no mundo’, 25 nenos e nenas de educación infantil e primaria puideron coñecer os costumes e xogos tradicionais de diferentes culturas e crear motivos e aderezos propios destas datas, atendendo á educación en valores e á diversidade.

[su_image_carousel source=”media: 10832,10831,10830,10829,10828,10827,10826,10825,10824,10823″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Así, os máis pequenos e pequenas coñeceron xogos propios das culturas asiática ou africana, compartiron ideas sobre no Nadal e reflexionaron sobre o consumo despois dos agasallos de Papá Nöel, crearon un tarro de luz propio do Jánuca xudeu ou un personaxe propio das culturas nórdicas, os axudantes de San Nicolás: os elfos verdes. Una morea de actividades a través das que os nenos e nenas aprenderon a convivir e cooperar nunhas datas tan sinaladas.

Dende o Concello somos conscientes “da importancia da corresponsabilidade, por iso queremos achegar o noso gran de area con iniciativas como este campamento, axudando aos pais e nais que traballan e non teñen con quen deixar aos seus fillos e fillas ao tempo que os mais pequenos e pequenas aprenden”.

As e os participantes no curso de Teatro en Fozara, Ponteareas, reciben os seus diplomas

A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, a tenenta de alcalde Cristina Fernández e a deputada de Cultura, María Victoria Alonso entregaron os diplomas do Curso ‘Teatro’ do programa ‘Conectadas’ da Deputación de Pontevedra no que participaron unha quincena de persoas.

O programa ‘Conectadas’ busca mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. 

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes. 

Juan Ángel Vaquerizo desvela en Nigrán canto hai de verdade nas películas de ciencia ficción

0

Juan Ángel Vaquerizo, investigador do Centro de Astrobiología, impartirá mañá mércores ás 19:30 horas no Salón de Plenos a charla ‘Ciencia “Fricción”: algo chirría en la pantalla’ co fin de desvelar canto hai de verdade e de ficción no que contan as películas.

Estas sorpréndennos continuamente con efectos especiais (e espaciais) moi rechamantes, pero son certos ou falsos? Esta charla tratará de espertar o asesor científico de películas de ciencia ficción que todos levamos dentro. Ao fío dunha (des)coidada selección de fragmentos de películas do xénero, distinguiremos os conceptos tratados con rigor e o mero espectáculo, despexaremos dúbidas e corrixiremos os erros científicos detectados.

Esta actvidade, aberta ao público, encádrase en Ciudad Ciencia, proxecto ao que está adherido o Concello de Nigrán desde 2017. Así, dende hoxe e ata mañá o IES Val Miñor acolle o obradoiro ‘Buscando vida no Universo’ (que se repetirá esta tarde en sesión aberta o público).

O Concello da Guarda convoca unha reunión co comercio local para valorar a Campaña de Nadal

0

A Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda vén de convocar unha reunión co sector do comercio local de cara a facer unha análise da pasada Campaña de Nadal 2019/2020. Neste encontro tamén terán cabida as proposta e ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades.

Fátima Rodríguez Marcos, Concellería de Desenvolvemento Local, convida deste xeito a todo o tecido comercial da vila a participar nesta reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 29 de xaneiro ás 20:30 h na Casa dos Alonso.

O Goberno local da Guarda subliña a importancia deste tipo de reunións que pretenden, sinala, “funcionar como un foro no que se dean a coñecer de primeira man as demandas do sector de cara a planificar as accións que, dende a administración local, se podan levar a cabo para dinamizar o comercio da Vila”.

O IES Pazo da Mercé das Neves acolle a mostra integradora da Deputación «Sorrisos Transformadores»

0

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) levan este xoves ás Neves a exposición ‘Sorrisos Transformadores’, o proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI. A exhibición, que pode visitarse no IES Pazo da Mercé, inaugurarase cunha visita guiada e unha charla de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS.

Palacios afondará sobre a situación do colectivo LGTBI, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir. A cita terá lugar ás 12:00 horas. Pola súa banda, a exposición poderá visitarse ata o día 21 e unha vez finalizada trasladarase ao concello de Redondela.

‘Sorrisos Transformadores’ é unha mostra itinerante que vén de percorrer varios concellos de Pontevedra e tamén algún outro emprazamento fóra da provincia, coma Betanzos ou a Universidade de Santiago. A exposición consta de 10 fotografías de Noemí Chantada nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna.

Entre as persoas retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

A finalidade de ‘Sorrisos Transformadores’ é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero.

A biblioteca de Ponteareas premia ás súas usuarias e usuarios

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas celebrou o día das Persoas Usuarias nomeando á persoa usuaria de honra, nas categorías infantil e adulto, e agasallar cun lote de libros ás persoas con máis préstamos no ano 2019.

As e os premiados foron, na categoría infantil-xuvenil, Pablo Alonso Alonso (73), Lara Palleiro Troncoso (50) e Emma González Fernández (48).

No que fai referencia á categoría de adultos o gañador foi Jesús Comesaña Freire (272), Felicia Quereguan de Delgado (59) e María Natividad Martínez Márquez (49)

A Deputación inviste máis de 820.000 euros na mellora da seguridade viaria da EP-5003 A Cañiza-Arbo

O goberno de Carmela Silva vén de aprobar a adxudicación das obras de reposición do firme e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP 5003, que transcorre polos termos municipais da Cañiza e Arbo e ten unha lonxitude total de 12,3 quilómetros. En total, a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 820.000 euros na mellora da seguridade viaria deste tramo, que inclúe a reordenación da explanada nas inmediacións do colexio de Valeixe, no concello da Cañiza.

As obras adxudicáronse a Construcións, Obras e Viais S.A., cun prezo de licitación de 824.219,85 euros e un prazo de execución das obras de seis meses desde a formalización do contrato. Máis polo miúdo, os traballos a realizar na EP 5003 consistirán no fresado e reposición de firme en varios treitos, que constitúen a maior parte da estrada, e nun dos tramos executarase unha capa de microaglomerado en frío. Por outra banda, revisarase a sinalización vertical de velocidade, elevaranse varios dos pasos de peóns existentes e estreitaranse os carrís na proximidade dos pasos de peóns, coa finalidade de calmar o tráfico.

Ademais, reordenarase a explanada existente nas inmediacións do colexio de Valeixe, no concello da Cañiza, para mellorar a seguridade da zona. Deste xeito, configurarase unha senda peonil, unha zona de estacionamento de coches e outra para autobuses e executarase unha beirarrúa na entrada do centro, que dará acceso a un dos pasos de peóns sobreelevados e permitirá unha maior seguridade na entrada e saída do colexio. Tamén, desde o colexio e ata o punto quilométrico 8+975, farase unha redistribución dos espazos, deixando carrís de tres metros de ancho e a beiravía esquerda dun metro, de xeito que quede unha senda pola marxe dereita para favorecer o tránsito peonil.

Este proxecto forma parte dun paquete de diversas melloras nas estradas provinciais en cinco concellos (A Cañiza, Arbo, A Guarda, A Lama e O Grove), que a Deputación aprobou o pasado ano por un montante global de dous millóns de euros. En liñas xerais, os traballos que se van acometer van destinados a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución provincial para recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a cidadanía, no marco do modelo de mobilidade impulsado pola Deputación de Pontevedra.

Carlos Costal gaña o «IV Torneo Intercentros de Xadrez» de Ponteareas

Hoxe 13 de xaneiro, e baixo a dirección de Alejandro de León (persoal administrativo do centro educativo), celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas a ‘IV edición do Torneo Intercentros de Xadrez’ coa participación dos alumnos do IES do Barral o IES Pedra da Auga e o IES Val do Tea. 

Un total de 47 alumnos e alumnas acompañados polos seus profesores, e baixo a atenta ollada da catro veces campioa de España feminina Yudania Hernández, disputaron un torneo de 7 roldas a 7 minutos resultando vencedor Carlos Costal Fernández, segunda clasificada Noelia Malmierca Julián e terceiro David Lago Rodríguez. 

É importante subliñar que con este Torneo de Xadrez ao igual que con outras actividades Intercentros, trátase de acadar un intercambio educativo entre tódolos alumnos e alumnas participantes. 

Na entrega de agasallos e trofeos ademáis da vicedirectora do Val do Tea, Uxía Martínez, participaron a concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó.

A vindeira cita xadrecística Intercentros celebrarase no IES Pedra de Auga a finais de febreiro.

Concello e escolares de Nigrán plantan 30 abetos no recen creado «Bosque de Nadal»

0

O Concello de Nigrán realizou este mediodía no parque público de Poutón (Vilariño) a plantación de 30 abetos reunidos na primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal co obxectivo de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Cen escolares de tódolos colexios de primaria do municipio e usuarios do Juan María, co apoio do persoal das concesionarias Brocoli, Cespa e Aqualia e dos viveiros de Nigrán Figuerago e Casaplanta, fixeron realidade este ‘Bosque de Nadal’, unha iniciativa pioneira e que se repetirá ano a ano.

[su_image_carousel source=”media: 10783,10782,10781,10780,10779,10778,10777,10776,10775″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Baixo este criterio sostible, o Concello implicou aos colexios públicos como punto de recollida dos exemplares entre os días 8 e 10 de xaneiro. Na campaña colaboraron desinteresadamente as concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permite a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.

“Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade”, defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.

Veciñanza e comerciantes da Avenida Castelao de Ponteareas, convocados a unha xuntanza participativa

A Sala Multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acollerá, mañá martes 14 de xaneiro, ás 19:30 horas, unha xuntanza participativa á que está convidada toda a veciñanza e comerciantes da Avenida Castelao. A xuntanza, que se desenvolve no marco do Plan de Mobilidade elaborado polo Concello de Ponteareas, tratará temas relativos para definir “unha nova Avenida Castelao”.

A mobilidade peonil e en bicicleta, seguridade viaria: pasos de peóns, iluminación…, circulación de vehículos a motor, espazos para estacionamento, carga e descarga ou persoas con discapacidade; arborado da avenida, o mobiliario urbano, etc. serán algúns dos temas que se poñerán sobre a mesa e sobre os que veciñanza e comerciantes poderán dar a súa opinión.

Coa reunión, explica a concellería de Mobilidade que xestiona Roberto Mera, “preténdese escoitar á veciñanza e recoller as súas opinións, suxestións e ideas que contribúan a definir unha nova Avenida de Castelao pensada para a xente, que se traducirá nun proxecto de mellora deste vial e na negociación do seu traspaso ao Concello por parte da Xunta de Galicia”.

Tui imparte obradoiros sobre o manexo de desfribiladores aos clubs deportivos

0

O Concello de Tui organiza obradoiros de manexo dos desfibriladores dirixidos aos clubs deportivos. Son impartidos polo médico tudense Rosendo Bugarín, que ensina aos participantes a empregar os desfibriladores e o soporte vital básico. O primeiro dos cursos tiña lugar o pasado sábado, 11 de xaneiro e no mesmo participaron seis monitores/adestradores do Tyde F.C. Esta actividade continuará nas próximas semanas.

O Concello de Tui dispón de seis desfibriladores nas súas instalacións deportivas. En concreto contan con este equipamento os campos de fútbol municipais de Álvarez Durán, O Foxo de Caldelas e Santa Columba de Ribadelouro, e os pavillóns deportivos municipais novo e da Macoca, e o Centro Interfederado. A realización destas xornadas formativas é precisa para que as persoas usuarias destas instalacións poidan coñecer o funcionamento correcto destes dispositivos.

Dende o Concello preténdese formar a todos os monitores, adestradores e membros das xuntas directivas dos clubs deportivos tudenses, polo que se irán formando grupos para asistir ás seguintes xornadas de formación.

Amais de nesta área, dende o Concello fíxase coma obxectivo realizar outros cursos relacionados cos aspectos legais do deporte, ao longo deste ano 2020.

O Concello de Tui agradece a disposición do médico Rosendo Bugarín, na impartición destes obradoiros e a súa implicación co deporte tudense, xa que colabora en numerosas probas deportivas, realizando a supervisión médica.

A Deputación remata as obras de mellora da seguridadae viaria na EP 3101 en Tomiño

0

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria na rotonda no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial 3101 entre Tebra e Cristelos, no concello de Tomiño. A actuación foi adxudicada por preto de 110.000 euros PARA acometer unha reforma global e melloras na intersección da estrada, enmarcada no modelo de mobilidade segura do goberno provincial.

Máis polo miúdo, a través destas obras deseñouse unha nova rotonda co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na intersección. Así, configurouse unha rotonda de diámetro exterior de 28 metros e interior de 8 metros, con dous carrís. Asemade, para canalizar o acceso á mesma, dispúxose mediante sinalización horizontal de illotes nunha lonxitude superior a 25 metros.

[su_image_carousel source=”media: 10763,10764,10765″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Tamén se acondicionaron zonas peonís na parada de autobús, á que terá acceso directo a través da rotonda e quedará marcada pola sinalización horizontal. Igualmente situáronse sumidoiros e cuneta para as augas pluviais e efectuouse a instalación dunha nova rede de alumeado público con todos os elementos precisos para o seu correcto funcionamento.

Con estas obras dáse solución á necesidade de impulsar melloras en canto á seguridade viaria na EP 3101, así como acometer actuacións de mantemento e saneamento da plataforma e mellorar a sinalización tanto do límite da estrada como da zona de parada de autobús.

A Guarda convídache a coñecer o Camiño de Santiago plantando unha árbore autóctona

0

O fin de semana do 25 e 26 de xaneiro terá lugar a primeira das actividades do proxecto ‘O Camiño Aguárdate’, coa que o concello guardés participa no programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

Nesta primeira actividade convídase tanto a veciños da Guarda, como da contorna a coñecer o Camiño de Santiago dende a perspectiva medioambiental polo que se conta coa colaboración da Asociación A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Os participantes nesta actividade percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantarán árbores autóctonas que convivían antigamente no Camiño como cereixeiras, nogueiras ou castiñeiros.

Esta prantación realizarase nos terreos cedidos para a ocasión pola Comunidade de Montes de Camposancos e ó remate da xornada unha pequena merenda coa que repór as forzas e comentar as experiencias do día.

Esta actividade que se realizará o sábado 25 e o domingo 26 de xaneiro en horario de 10 a 13 h, ten un aforo limitado de 25 prazas por día, polo que é preciso anotarse previamente en [email protected] ou no 986 610 000 ext.5. A estación do Ferry será o punto de encontro para iniciar a andaina.

«Terra» a primeira das catro crías recuperadas no CAAN logo de ser arroxadas nun colector de lixo, xa ten fogar

‘Terra’, unha das cadelas da camada de catro cachorros que o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) conseguiu salvar despois de que foran arroxados en novembro a un colector en Vilanova de Arousa, xa ten un novo fogar. A pequena cadela foi adoptada o sábado día 11, só 24 horas despois de que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, recordara a súa historia e recuperación na comparecencia para facer balance anual do centro, na que estivo acompañada das catro crías.

Como sinalara Silva, tanto “Terra”, como “Sabela”, “Ceo” e “Ares”, xa estaban preparados para saír en adopción. E non fixo falta esperar máis dun día para que a primeira atopase un novo fogar no concello da Estrada, grazas á mediación da Asociación Palleiráns. Amais, o CAAN tamén recibiu outra petición para adoptar a “Sabela”, que probablemente se resolverá esta mesma semana.

Hai que lembrar que estes catro cachorros ingresaron no centro en condicións moi críticas o pasado 30 de novembro. A Guarda Civil de Caldas localizara un total de cinco animais (dous machos e tres femias) no interior dun colector no lugar do Monte, na parroquia de Deiro (Vilanova), con apenas horas de vida, e os trasladou ao CAAN. Unha das cadelas chegou sen vida ao centro e o resto atopábanse con hipotermia e moi débiles. Os veterinarios do CAAN conseguiron estabilizalos e alimentáronos con biberón. Neste senso, trasladaban de noite aos cachorros ao seu propio domicilio para alimentalos cada dúas ou tres horas.

Case mes e medio despois, os cachorros están en perfectas condicións e xa saíron en adopción, como amosou Silva a pasada semana na presentación dos “extraordinarios” resultados do centro no 2019. Así, ao longo do pasado ano foron 466 as adopcións acadadas, o que constitúe o récord anual desde que abriu o centro no 2013 e que estaba nas 430 logradas no 2016.

Amais, reduciuse o número de recollidas, cun total de 1.290 fronte ás 1.788 que se fixeron no 2018. Hai que salientar tamén os resultados da recente campaña de sensibilización para fomentar as adopcións e a tenza responsable de animais. Neste senso, “Esteriliza, adopta”, acadou entre o 27 de novembro e o 9 de xaneiro un total de 48 adopcións. Outros 350 cans e cadelas esperan agora no CAAN atopar un novo fogar e, deles, “Apro” é o que máis leva no centro, cinco anos.

O «Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta o seu primeiro produto turístico en «Fitur»

0

O xeodestino turístico Ría de Vigo e Baixo Miño está a piques de celebrar a súa posta de longo. Os 14 alcaldes e alcaldesas dos concellos que abrangue este xeodestino –A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui– acudirán a vindeira semana a Madrid para arroupar ao proxecto durante a presentación oficial do seu primeiro produto na Feria Internacional de Turismo, un dos tres principais encontros do sector turístico de Europa e un grande escaparate no que dar a coñecer o proxecto.

O Salón de Plenos do Concello de Tomiño acolleu este luns 13 a reunión dos alcaldes e alcaldesas, así como de técnicos e concelleiros de todos os municipios que abrangue o Xeodestino, para coñecer de primeira man a versión definitiva do Plan Estratéxico e os produtos turísticos e o material que servirá en FITUR de primeiro contacto coas futuras persoas visitantes do territorio. Esta reunión contou coa presenza de Sandra González, anfitrioa, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade que dirixe o xeodestino; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Emiliano Lage, alcalde de Fornelos de Montes; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Juan González, rexidor de Nigrán; David Alonso, concelleiro do Porriño; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Agustín Reguera, rexidor de Soutomaior e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.

Durante a reunión as e os representantes dos municipios debateron tamén cuestións relacionadas coa adenda de convenio de colaboración entre Eurural e os Concellos e deron os primeiros pasos para nomear a un novo representante institucional, cargo anual que durante o arranque do Xeodestino ocupaba Baiona.

Proxectos comúns

Ría de Vigo e Baixo Miño é un xeodestino de referencia tanto no eido patrimonial, con 64 Bens de Interese Cultural, como no natural, contando cun dos seis Parques Naturais da comunidade galega, situándose no ámbito de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas e con outros 11 espazos naturais baixo diferentes figuras de protección. Todo isto sen esquecer as súas 10 festas declaradas de interese turístico. Unha ampla variedade de recursos que conviven no territorio que ocupa o xeodestino que facilitan a articulación de futuros produtos turísticos.

Coa definición e posta en marcha do plan estratéxico búscase abrir as portas a unha xestión turística unificada

Trátase dunha área xeográfica estratéxica con varios aeroportos situados a poucos quilómetros e cun marcado carácter transfronteirizo que facilita a captación de turistas internacionais. E é que con 500.000 pernoctas en 2018, a Ría de Vigo e Baixo Miño xa se sitúa como o segundo xeodestino de Galicia en volume de demanda hoteleira, soamente por detrás da Ría de Arousa.

A pesar das diferentes realidades municipais que se viven nos 14 concellos do xeodestino, coa definición e posta en marcha do plan estratéxico búscase abrir as portas a unha xestión turística unificada, optimizando recursos estruturados e organizados, poñendo en marcha medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos diferenciados.

Nigrán inicia a humanización da Praza da Carrasca en Parada

0

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá as obras de humanización da Praza da Carrasca –na parroquia de Parada– co obxectivo de mellorala estéticamente reordenando o tráfico neste núcleo e dotándoa dun pavimento de pedra máis acorde coa contorna, xa que actualmente é de asfalto a pesar de considerarse zona verde.

Os traballos, adxudicados a Audeca por 73.595 euros con cargo ao Plan Concellos 2018, teñen un prazo de execución de dous meses.Trátase dunha actuación moi demandada por parte dos veciños de Parada-A Carrasca, por este motivo, o Concello xa contratara o proxecto en xuño de 2017, demorándose por todos os informes sectoriais necesarios para iniciar a tramitación, xa que este núcleo constitúe unha das poucas carballeiras “urbanas” que hai en Nigrán.

O acondicionamento da praza implica a demolición e levantado do pavimento existente, escavación para poñer o novo firme, colocación de bordos graníticos e pavimentado mediante lastras (13×13 cm) e lousas tamén de pedra (60×40 cm) asentados sobre morteiro e base de formigón.

“Na actualidade non hai unha ordenación do núcleo que canalice o tráfico dunha forma eficiente e segura e o pavimento de asfalto non é acorde á zona verde na que se asenta, o obxectivo é humanizar a contorna e poñela en valor como gran punto de encontro e de lecer da parroquia”, incide o alcalde, Juan González. Neste sentido, como parte da primeira fase, acondicionouse previamente a zona do xogo de bolos e rehabilitouse integralmente o parque.

O Porriño abre un novo prazo para a solicitude de composteiros individuais

O concelleiro de Medio Ambiente do Concello do Porriño, Sergio Casal, vén de informar a todos os veciños e veciñas da apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes as persoas interesadas en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares. As solicitudes rechéanse e se entregan no Rexistro Xeral do Concello.

Nas mesmas hai que facer constar un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Estes datos son necesarios para que, posteriormente, o Concello porriñés poida convocalos á reunión no Multiúsos de Torneiro onde se distribuirán os composteiros.

Reunión no Multiúsos de Torneiros na que se explicou á veciñanza o uso dos composteiros individuais

Nesa reunión, como acontecera o pasado 21 de novembro, mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, explicarán como se realiza a montaxe dos composteiros que entregan embalados e como debe realizarse a compostaxe dos residuos orgánicos.

A idea do Concelleiro de Medio Ambiente é que durante o mes de febreiro teña lugar a convocatoria aos e ás solicitantes e que se proceda ao reparto de composteiros.

O Museo do Viño de Salvaterra presenta a súa oferta de cursos e experiencias para o 2020

O Museo do Viño de Salvaterra de Miño xunto ao Concello e a Confraría presentou a “ampla e variada” oferta de accións formativas para este ano 2020, un proxecto cualificado polos organizadores como “ambicioso e pioneiro tanto por número de accións coma polo contido das mesmas”.

A variedade das actividades presentadas van dende un Curso de Iniciación á Cultura do Viño, onde se busca que as persoas sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, consigan entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo, ata un curso sobre Os grandes clásicos: España, Francia, Italia e Portugal que permitirá as e aos participantes facer unha viaxe fantástica polas paisaxes, sabores e culturas destes países.

A oferta formativa completase con outras interesantes iniciativas como a denominada As 9 grandes. As variedades de uva que conquistan o mundo, variedades que calquera afeccionado ao viño escoitou algunha vez: cabernet sauvignon, chardonnay, shyarah.. Neste curso se darán a coñecer as súas características fundamentais, os diferentes estilos de viños que producen ao largo e ancho do planeta e aprenderemos a diferencialos e aprecialos.

A parte formativa péchase impartindo a Certificación WSET: Cualificación de Nivel 2 en viños. WSET é unha organización con sede en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse na referencia internacional na formación do viño.

Dende en marzo do 2019 abriu as súas portas, “o Museo do Viño do Condado está sendo un referente en toda a comunidade”, asegura o Concello de Salvaterra de Miño e subliña o feito que “as máis de 3.000 persoas que nos visitaron nestes primeiros meses de andadura coinciden en destacar a gran calidade do Museo, pero sobre todo a súa interactividade”.

Dende o museo lévanse impartido diferentes charlas e cursos cun gran éxito de participación, ademais está sendo utilizado polo sector profesional como referente nas visitas nacionais e internacionais utilizándoo como unha ferramenta fundamental na promoción do noso sector vitivinícola.

“Nesta liña é na que se segue a traballar tanto dende o Concello coma dende a Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos”, sinala o Concello de Salvaterra que considera que “é necesario que este museo sexa un museo vivo, que ademais da exposición fixa oferte aos usuarios outras opcións e alternativas vinculadas co propio sector, e é así como nace este programa de actividades para o ano 2020”.

Como parte novidosa dende a organización ofértanse nove experiencias en adegas baixo o lema “DA CEPA A COPA” que implicarán as adegas e aos profesionais na impartición de clases prácticas na produción e formación en espaldeira e outros sistemas, en enxertos, en mantemento do chan e laboreos, no manexo de vexetación e poda en verde, nas enfermidades e pragas da viña, no aclareo de acios e destetado e desfollado, no seguimento de maduración e toma de mostras, na vendima e elaboración de viños brancos e tintos e no seguimento das distintas elaboracións. Experiencias que rematarán cunha cata de viños das adegas visitadas.

Curso de «Elaboración artesanal de ungüentos naturais» na Guarda

0

A Guarda acollerá, os días 3 e 4 de febreiro, un curso de ‘Elaboración artesanal de ungüentos naturais’ que se desenvolverá entre as 16:30 horas e as 20:30 horas. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola.

Este curso inclúese na terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’ da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, e que reafirma a aposta pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Búscase desenvolver un itinerario formativo de cara a engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

Ponteareas fai chegar aos fogares o programa cultural do primeiro trimestre do 2020

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e a Concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, veñen de anunciar que xa está a disposición da cidadanía o novo programa cultural trimestral que ao longo destes días chegará a todos os fogares de Ponteareas, tanto do centro urbano como das parroquias.

Actividades e propostas “para todos os públicos e tendencias” que se ofertarán tanto no centro urbano como nas parroquias e totalmente de balde e abranguen exposicións, cine, concertos, música, monólogos, feira de oportunidades, obradoiros, homenaxes, teatro, festas e ciclos de humor. Un programa, sinalaron, dirixido a toda a cidadanía e “actividades nas que poderán participar todas as familias”.

Cristina Fernández adianta que nesta programación cultural haberá “actos entrañables” como o concerto con motivo do 90 aniversario do mestre Rogelio Groba Groba e iniciativas novidosas ou variadas como a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que este ano teén un pase libre para o público en xeral ou congreso de Patrimonio do Condado, organizado pola concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba.

O programa cultural trimestral tamén se poderá atopar na Biblioteca Pública Municipal, na propia Casa do Concello ou nesta ligazón web.

A A.D. Avanza do Porriño, no medalleiro do Campionato de España de Ciclocross

A Asociación Deportiva Avanza estivo presente no medalleiro do Campionato de España de Ciclocross e o fixo a través da corredora ponteareá Uxía Soto que, no seu primeiro ano na categoría tivo que conformarse coa medalla de Prata cando, unha caida, privoulle do Ouro que tiña ao alcance da súa man.

A corredora ponteareá nas filas do A.D. Avanza do Porriño rodaba, a falta de 300 metros para chegar á liña de meta, na primeira posición seguida dunha corredora da selección leonesa. A mala sorte cebábase na nova corredora que ía ao chan, o que facía que fora adiantada por Laura Mira, do Club Ciclista Cidade de Pontevedra compañeira na selección galega que, naquel momento, rodaba de terceira.

Uxía Soto amosou a súa satisfacción pola medalla de prata aínda que, ela mesma recoñecía que experimentaba unha sensación de “espiniña cravada” ao ter estado tan preto do ouro e ter quedado relegada á segunda posición “por un erro técnico”. Pero Uxía Soto é ben capaz de pasar páxina e aprender dos erros. Toca agora prepararse para a tempada de XCO, onde a bo seguro deixará ben patente a súa capacidade e preparación e dará máis dunha alegría aos afeccionados e afeccionadas a este fermoso deporte.

Uxía Soto pecha unha magnífica tempada

Con esta medalla que acredita a Uxía Soto como subcampiona de España de Ciclocross no seu primeiro ano na categoría, a brava corredora ponteareá nas filas da Asociación Deportiva Avanza do Porriño, pecha una extraordinaria tempada engadindo a esta medalla, os títulos de Campioa Galega de Ciclocross y Subcampioa da Copa Galicia, amais de medalla de bronce na Copa de España disputada en Pontevedra.

Un dos grandes segredos de Uxía, amais da súa técnica –que a ten dabondo– é a súa extraordinaria capacidade de sobrepoñerse ás dificultades, algo estraño de atopar nunha persoa tan nova. Esa mentalidade de “son capaz e podo facelo” é o que lle permitiu levar a cabo remontadas espectaculares en probas nas que, circunstancias adversas como caídas ou problemas técnicos, farían que outras corredoras ‘tiraran a toalla’.

Uxía Soto ten, sen dúbida, un extraordinario futuro deportivo só ao alcance daquelas e aqueles que suman, as súas boas condicións físicas e técnicas, o firme convencemento de que “querer é poder”.

O BNG de Redondela alerta sobre a grave situación dun sector extratéxico como é a pesca de baixura

0

O BNG de Redondela vén de chamar a atención sobre o problema que supón a limitación do ‘stock’ na pesca da xouba que forza á flota artesanal de Redondela a mercar cota no sur da zona IX, comprendida entre Fisterra a Cádiz para poder seguir faenando. O pasado mes de agosto, lembran os nacionalistas, pechábase a pesquería da sardiña para o xeito e o racú, “que representa o dous por cento do sector, por terse esgotado a cota asignada para a mesma na costa galega”.

Esta práctica imposta polas administracións ás embarcacións tradicionais, supuxo un enfrontamento dentro do propio sector, entre aqueles que si mercaron cota e os que optaron por non entrar neste mercádeo, ou simplemente non tiñan capacidade económica para poder facelo. “Estamos ante unha medida que ademáis de inxusta e moi perigosa abre a porta a branquear a privatización do mar” sinala o responsábel local nacionalista, Anxo Lusquiños.

Pola súa banda a Consellaría do Mar, tén habilitado unha cota de 4 toneladas de xouba para este primeiro trimestre do ano 2020, o que supón 1.000 kg menos que no ano anterior. “Unha cantidade moi baixa para que sexa rendible e que sen dúbida vai volver a obrigar a estas embarcacións a pasar por caixa novamente”, denuncia.

Consideran dende o BNG, que resulta moi pouco entendible que se lle limite a pesca da xouba a estas embarcacións na costa galega porque o “stock” está mal e unha vez que se merca a cota no golfo de Cádiz, xa se lle permita facelo sen problema. Recorda Anxo Lusquiños “que a Consellería mediante a resolución que publicou para aprobar o Plan de xestión da xouba para o 2020, só contempla que estas embarcacións poidan pescar durante seis meses ao ano”.

“Todo esta senrazón incide negativamente nun sector estratéxico en Redondela, como o da pesca de baixura, que ano tras ano vai perdendo peso. O número de embarcacións diminuíu dun modo alarmante, mesmo poñendo en perigo a supervivencia desta actividade tan vencellada o noso concello, denuncia o responsábel do BNG.

Considera Anxo Lusquiños, “totalmente inaceptable e inmoral que se teña que pagar para poder pescar”, apostando por defender dende a Xunta o dereito universal a poder faenar de xeito sostíbel, independentemente da capacidade económica dos mariñeiros. “A única vía posible para garantir o futuro da flota, pasa por un cambio do goberno galego, dende onde traballaremos para deixala ao marxe do sistema de cotas”, remata na súa nota.

O CRA de Tomiño estrea unha biblioteca que optimiza ao máximo os seus espazos

0

Cunha media de 1.200 préstamos ao ano e un fondo bibliográfico de máis de 1.500 volumes, a biblioteca do Colexio Rural Agrupado (CRA) ‘Mestre Manuel Garcés’, de Tomiño, remodelada recentemente, comeza o 2020 coa previsión de ampliar o número de libros e “medrar con xeito escollendo minuciosamente os volumes que se engadan”, segundo comenta o director do centro, Antón Valenzuela. 

O novo espazo “adaptado aos escolares e polivalente”, transformou a antiga estancia “nun espazo máis versátil que agora conta cunha cómoda zona de traballo, unha pequena bancada para contacontos ou outras actuacións e o Departamento de Orientación”.

As obras, levadas a cabo polo Concello cun orzamento de 30.000 euros, “permitiron optimizar ao máximo o espazo do que é o centro neurálxico do CRA, con mobiliario adaptado e unha boa redistribución dos espazos que o arquitecto soubo captar á perfección; unha transformación coa que levábamos tempo soñando e que supón o primeiro chanzo para repensar os espazos das 13 aulas unitarias das que dispoñemos”, explica o director do colexio.

Valenzuela agradece a colaboración recibida por parte do Concello e tamén da Xunta. “A Consellería autorizounos a levar a cabo o proxecto, facilitounos asesoramento, deunos unha partida extraordinaria de cartos e serviunos de respaldo en todo momento, e o Concello fixo un importante desembolso, ademais de encargarse por medio do concelleiro Lois Vázquez, de contactar coas empresas e posibilitarnos o contar con Xabier Pousa como arquitecto da obra, que se reuniu comigo en numerosas ocasións e soubo plasmar o que lle iamos solicitando”, comenta.

Agora toca enriquecer os fondos da nova biblioteca e conseguir que a comunidade educativa do centro –máis de cen pequenos estudantes das escolas unitarias– desfruten da nova instalación. A coordinadora da biblioteca é Tania, acompañada por un “equipo excepcional”. O sistema de préstamos e informático, e estase actualizando tamén o sistema de catalogación, para axustarse aos estándares establecidos para estas bibliotecas. “Engadiuse o catálogo audiovisual e tamén se introduciron xogos de mesa para os cativos”, informa Valenzuela.

O funcionamento da biblioteca é polas tardes dúas horas cada día, e os nenos teñen que ir acompañados dos familiares (para os que tamén hai algúns libros). “Adoita estar bastante transitada e o ano pasado houbo máis de 1200 préstamos. Para promover o uso da biblioteca levamos a cabo diferentes actividades como a visita anual de todas as unitarias ao comezo do curso para que a coñezan e se animen a vir, sesións de contacontos, así como incentivalos con “caixas para superlectores” en empréstito cando acadan cinco visitas”, explica.

No mes de decembro pasado tivo lugar a inauguración deste novo espazo, coa asistencia do xefe territorial de educación, o inspector de centros e a alcaldesa de Tomiño, entre outras autoridades.

O Goberno local segue apostando polo investimento nos centros educativos de Tomiño, no que se investirán, un ano máis, máis de 60.000 euros de fondos municipais para mellorar os espazos que empregan día a día os máis de 1.550 estudantes da vila.

Arcos, primeira experiencia de compostaxe individual de Ponteareas

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, e o concelleiro do Medio Rural, Roberto Mera, xunto a varios técnicos, presentaron onte na parroquia de Arcos o programa de compostaxe individual que se acaba de implantar nesta parroquia ponteareán, no marco do programa Revitaliza impulsado e financiado pola Deputación.

Na presentación de hoxe, Rosa Covelo salientou que unha das liñas estratéxicas a traballar nestes catro anos é a mellora na xestión dos residuos eliminando, por exemplo, toda a materia orgánica que remata no colector verde, reducindo así a contaminación dese lixo que xestiona Sogama. Isto aforrará custos económicos na recollida e tratamento dos residuos e convertirá a materia orgánica en algo útil mediante a súa transformación en abono de calidade.

Durante varios meses os técnicos, acompañdos de representantes veciñais, visitaron todas as vivendas da parroquia acadando o compromiso do 95% dos veciños e veciñas para participar nesta experiencia pioneira en Ponteareas e que se prevé estender durante os vindeiros anos ao resto do rural do concello. Arcos, con preto de 500 habitantes, foi a parroquia escollida porque se axusta en poboación e vivendas aos composteiros individuais entregados pola Deputación e, sobre todo, porque conta cun tecido asociativo moi amplo, activo, organizado e concienciado no respecto ao medioambiente xa que desde hai anos a parroquia realiza actividades de voluntariado medioambiental como a vixilancia dos montes para previr incendios, a eliminación de invasoras como as acacias ou a eliminación dos vertedoiros incontrolados.

Os técnicos explicaron aos asistentes como se monta o composteiro individual e de que forma debe usarse correctamente. Os residuos orgánicos supoñen o 42% do lixo que se produce nun fogar e que, en lugar de rematar nun colector, pode converterse en abono a través dun proceso moi sinxelo que agora a veciñanza poderá realizar na súa casa.

Tras esta primeira reunión na que as persoas participantes recolleron os seus composteiros, os técnicos farán durante o ano 2020 dúas visitas a todas as vivendas para comprobar o correcto uso dos composteiros e aclarar calquera dúbida.

¡Me importa un comino!

Me hubiera gustado empezar con un ¡Feliz Año para todos!, algo que por supuesto deseamos pero, en estos primeros días del año en los que por fin vamos a tener presidente en éste país, después de dos elecciones, más de trescientos millones de euros gastados y después dicen que no hay dinero par subir las pensiones, cada vez más recortes en la sanidad,… pero todo sea por bien, ya podemos decir, habemus president… pero, con matices. Durante estos días que se ha celebrado el debate de investidura y después de escuchar algunas de las tonterías que allí se dijeron, de otras cosas que tenían sentido y de muchos reproches e insultos (menos mal que son nuestros representantes), hubo una frase dicha por la portavoz de un partido nacionalista que resume perfectamente todo lo sucedido, y es “me importa un comino la gobernabilidad de España”

La verdad es que saber que éste país está en manos de gente que realiza tal afirmación, supone un verdadero alivio, porque ya que son los partidos independentistas los que han aupado al nuevo presidente, si afirman tal cosa, es de suponer que no se van a inmiscuir en la labor de gobernar éste país, por lo que el resto de habitantes, podemos dormir tranquilos. Los que se deberían de preocupar son los votantes que los han elegido para estar ahí en su representación, porque van a cobrar sin hacer nada, ya que les importa un comino. Pero creo que cuando llegue el final del mes, entonces si les importará, ya que eso que van a cobrar proviene de los impuestos de todos los habitantes de España, si de todos los españoles, porque a ninguno de ellos le he escuchado decir que renunciaban a su sueldo y es que si algo no te importa, renuncia a ello, pero no, cómo siempre, la pela es la pela y da igual de donde proceda.

Lo malo de todo esto es que, aunque esa afirmación proceda de las filas independentistas, da la sensación de que se podría aplicar a cualquiera de los que se sientan en esos sillones de piel, bien cómodos, con calefacción y tablet para no aburrirse. Si de verdad les importase algo éste país, no se hubiera llegado a esta situación, se hubiera evitado y, a estas alturas, se estaría intentando hacer algo para mejorar la vida de los españoles, porque la sensación es que no vamos para mejor, sino todo lo contrario.

Los pensionistas cada vez perdiendo más poder adquisitivo, la sanidad pública cada día dispone de menos medios, sobre todo humanos, la enseñanza otro tanto de lo mismo, los salarios, mejor ni comentarlos, pero la cesta de la compra, sino está por las nubes, es porque hemos tenido unos días soleados, que sino… La verdad, es que ya está bien de tantas tontería y nuestros políticos deberían de hace aquello por lo que están cobrando, es decir gobernar e intentar que todos los ciudadanos tengamos los mismos derechos y oportunidades y poder disfrutar de una vida tranquila, pero uno se llega a preguntar, si verdaderamente tenemos políticos que nos representen o simplemente, tenemos políticos que quieren llegar a final del mes para cobrar su sueldo, dietas, comisiones,… y que todo lo demás les da igual.


Lo que si tenemos claro, es que a nosotros no nos importa un comino nuestros lectores y por eso semana tras semana intentamos recomendar buena música y en esta ocasión os proponemos, por un lado, guitarra española de mano del proyecto “Incendio” y por otro lado, un viaje por la música celta con el sello ARC Music, esperamos que los disfrutéis.

Incendio

Summoning The Muse

2019

‘Incendio’ es un grupo ya conocidos por todos nosotros, un grupo donde el principal instrumentos es la guitarra española la cual brilla cómo nunca de la manos de estos músicos.

‘Summoming The Muse’ es su nuevo trabajo, un disco dónde siguen mostrando su alma latina, que no su nacionalidad, pero que además van añadiendo más argumentos con una producción exquisita para lograr todo un incendio musical a través de los doce temas que conforman éste trabajo.

Un trabajo para los amantes de la guitarra española, pero principalmente, para todos aquellos amantes de la música fusión y por supuesto de la buena música.


Varios

Celtic Voyage

2016

El sello ARC Music nos presenta un precioso recopilatorio de música Celta, donde las gaitas, las harpas, falutas, acordenes, guitarras y demás instrumentos típicos de las regiones de Irlanda, Escocia y la Bretaña francesa muestran todo su esplendor.

En éste recopilatorio, nos encontramos con temas de artistas tan conocidos como Medwyn Goodall, Saor Patro o Catherine Duc.

Fantástico disco para adentrarnos en la música celta.

https://youtu.be/8w5vCqfsjJg

El ciprés. Un clásico

Cultivado desde la antigüedad, no solo por el valor comercial de su madera, también lo era por su valor simbólico y desde entonces asociado al culto a los muertos siendo generalmente uno de los habitantes habituales de los cementerios, razón por la que mucha gente se niega de plano a plantarlos en su propio jardín. De hecho tengo una anécdota al respecto: haciendo un jardín en una conocida fábrica viguesa, decidí que en una esquina el árbol idóneo a plantar era un ciprés, y así se hizo, el problema surgió cuando pasó por allí unos de los múltiples jefes que tienen las grandes empresas, que se dirigió a mí y me ‘espetó’: “ya puedes sacar ese árbol de ahí, solo puede traer desgracias, hasta si cortas una de sus ‘piñas’ por la mitad verás dibujada una calavera”.

Hubo que sacar el árbol, no por la superstición del hombre, sino por la cuenta que me tenía. Por cierto, partí la ‘piña’ por la mitad y, con una cierta dosis de imaginación, aparecía una calavera.

El ciprés tiene como nombre científico Cupressus semprevirens L, correspondiendo el género al nombre que le daban los romanos probablemente debido a su procedencia de la isla de Chipre que se conocía, en aquella época, como Cyprus. El nombre específico también tiene procedencia latina semper: siempre y virens: verde por su carácter perenne que le confiere estar verde todo el año.

Popularmente se conoce como ciprés, ciprés común, ciprés de los cementerios, o ciprés mediterráneo, mientras que en Galicia recibe el nombre de alcipreste.

Tiene su origen en la zona oriental del Mediterráneo y abarca desde Libia a Egipto por el norte de África, de Italia a Grecia por el sur de Europa y sur de Turquía, Líbano, Siria y Jordania en la zona de Oriente Medio.

Pertenece a la familia de las Cupresáceas y es sobradamente conocido por su porte columnar, llegando a alcanzar entre los 25 y los 30 metros de altura en condiciones normales y raros ejemplares que llegan a los 40.

Las ramas son fastigiadas, es decir, crecen paralelas al tronco de ahí su porte estrecho.

Sus hojas son pequeñas escamas de color verde oscuro mate, delgadas, imbricadas, y con la punta obtusa, que miden entre 0,5 y 1 milímetro, muy pegadas a las ramas.

Se trata de un árbol monoico pues tiene ambos sexos en el mismo ejemplar, las masculinas son pequeñas inflorescencias de color amarillo que se disponen en los extremos de las ramas. Las femeninas son conos ovoides casi esféricos, que aparecen de color verde, pasando al gris y finalmente marrones en su madurez, están formadas por entre 10 y 14 escamas que contienen hasta 20 semillas aladas por escama.

Es un árbol muy adaptable a gran variedad de hábitats, prospera en lugares secos, pero también lo hace en húmedos, aguanta el calor pero también el frío y no parece preocuparse demasiado si el suelo es ácido o calcáreo. Árbol de gran longevidad que, se dice, puede vivir 1.000 años, de crecimiento rápido durante los primeros 80 años, lo hace más lento en “los siguientes novecientos veinte”.

Al margen de su valor ornamental, que lo tiene y mucho, el ciprés es apreciado por su simbología que se remonta, poco menos, que al inicio de la civilización y, en los pueblos mediterráneos, eran el equivalente al tejo en los pueblos atlánticos, árboles sagrados claramente relacionados con los ritos funerarios. Mientras los griegos lo asociaban con Hades, los romanos lo hacían con Plutón que, básicamente, son el mismo dios con distinto nombre, y su labor era gobernar el inframundo, la muerte, el infierno y todo aquello que pueda dar lugar al guión de una película de terror.

Los romanos, pragmáticos ellos, le dieron un uso como señalización, así si había plantado uno indicaba la cercanía de una fuente, si había dos era que había agua y comida disponible, y si había tres, agua, comida y cobijo para dormir.

Aparece en elementos históricos como que fue usado, junto con el cedro, en la construcción del Templo de Salomón o, más dudosos, pues suponen que con madera de ciprés, Noé fabricó su arca y no lo digo yo, si no la Biblia, Génesis 6, 14-16: Hazte un arca (thebá) de maderas resinosas (ghôfer: ciprés)…, y Noé lo hizo, que remedio, lo mismo que yo arrancando el ciprés que menciono al inicio.

Alejandro Magno mandó construir una flota en la campaña del Eufrates en la que se utilizó el ciprés y durante el Imperio Otomano se usó tanto su madera que zonas de Anatolia y el norte de África pasaron de bosque a páramo, camino que lleva la Amazonía si no se remedia.

Quien quiera plantar un ciprés en vida, adelante, y quien no, paciencia que de muertos nos los ponen de serie.

Redondela busca converter o antigo Colexio Igrexa nunha zona de esparexemento público

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto á concelleira de Ensino Olga García Ballesteros; o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar e unha técnica do departamento de Urbanismo, mantiveron unha xuntanza con responsables de Audasa a fin de tratar o cumprimento e remate dos puntos do convenio de expropiación forzosa do antigo Colexio Igrexa de Chapela.

Tal e como marca o documento aprobado polo Pleno do Concello de Redondela en Marzo do ano 2015, unha vez entregado o novo edificio e realizada a entrega de chaves do antigo por parte do Concello a concesionaria tomaría posesión das instalacións educativas. Unha empresa contratada por Audasa procede estes días a demolición do edificio principal do centro educativo expropiado tal e como marca o convenio aprobado pola corporación municipal.

O convenio recolle a demolición total das edificacións, incluídas as casas dos mestres anexas, e a ocupación total da parcela por parte da concesionaria da AP-9, actuacións que de momento non se van a realizar como estaba previsto xa que en reunións mantidas nos últimos meses con Audasa, a alcaldesa, o concelleiro de Medio Ambiente e a concelleira de Urbanismo, María Castro Abad demandaron que non se procedera a demolición das antigas vivendas dos mestres.

Nas reunións tratouse amais a solicitude de reversión de titularidade da parcela unha vez que Audasa e Fomento delimiten as zonas de dominio público que precisan reservar para o servizo da autoestrada. Nese sentido está previsto que ao longo dos vindeiros días técnicos municipais realicen unha valoración do estado das vivendas e a posibilidade de restauración das mesmas para uso público e evitar a demolición desta construción pola que pasaron moitas xeracións de nenas e nenos da parroquia.

Todos os pasos dados foron postos en coñecemento, polo míudo, da Asociación de Veciños de Chapela e da Asociación de Afectados da AP-9 en xuntanzas mantidas no concello , así como dos grupos da oposición que se interesaron neste tema.

Unha vez obtida a reversión, o Goberno local estudará e tratará coa veciñanza e grupos políticos diversas propostas para realizar un proxecto que contemple a creación dunha zona de esparexemento público e servizos para as entidades veciñais da parroquia tal e como ven demandado a veciñanza de Chapela nos últimos anos.

O Goberno ponteareán presenta o maior Orzamento da historia de Ponteareas

O goberno BNG-PSOE do Concello de Ponteareas presentou publicamente o maior orzamento da historia da localidade. A intención do goberno de coalición é aprobalo neste mes de xaneiro. O presuposto pactado entre ambas as dúas forzas políticas ascende a 22,2 millóns de euros, fronte aos 16,9 millóns de euros de 2018, o que supón un incremento dun 34 %.

Ese aumento dispárase até ó 70 % se o orzamento se compara co derradeiro aprobado polo goberno do Partido Popular, de pouco máis de 13 millóns de euros. O orzamento é equilibrado, coa mesma contía de ingresos e gastos, o que permitirá cumprir un ano máis o principio de estabilidade orzamentaria.

O alcalde Xosé Represas, quen ademais é responsábel da área de Facenda, sinalou que “o orzamento ten tres obxectivos fundamentais: investir en novas obras e servizos que melloren a calidade de vida, crear emprego en Ponteareas e ampliar e reforzar os servizos e prestacións sociais para avanzar nunha sociedade máis igualitaria e cohesionada”.

Neste sentido, Represas salientou que se destinarán 7 millóns de euros a investimentos en obras e servizos, financiados con recursos propios e outros de procedencia europea como os da estratexia DUSI e IDAE, destinados principalmente a alumeado público, “logrados grazas a unha eficaz xestión no pasado mandato”.

Pola súa banda, a concelleira socialista Chus Garrote cualificou os orzamentos de “ambiciosos” e salientou que darán un impulso definitivo á transformación de Ponteareas. No orzamento contémplase o investimento de máis de catro millóns de euros para a renovación de todo o alumeado municipal, tanto na vila como nas parroquias, unha acción que acometerá a área de alumeado xestionada por Garrote e que suporá unha mellora na calidade da iluminación pública e un grande aforro económico en consumo para o Concello.

Destinanse 7 millóns de euros a investimentos en obras e servizos, financiados con recursos propios e outros de procedencia europea como os da estratexia DUSI e IDAE, destinados principalmente a alumeado público

Represas explicou que con este orzamento “non se incrementan impostos e se destinan 735.000 euros para subvencións a colectivos sociais e culturais, traidas veciñais, clubs deportivos, etc, o que supón un incremento de case o 25 % respecto a 2018”.

En canto ao persoal, área baixo a responsabilidade do PSOE, o gasto orzamentado representa o 31,8 % con algo máis de sete millóns de euros aínda que o custo real da plantilla fixa se rebaixa aos 5,5 millóns de euros. Chus Garrote salientou que os orzamentos posibilitan tamén a convocatoria de 20 prazas novas de persoal necesarias para o Concello, nas distintas ofertas de emprego a convocar este ano, o que suporá unha mellora no funcionamento administrativo municipal e a atención cidadá.

Por último, os gastos correntes e o funcionamento dos servizos públicos acadan o 31 % do orzamento con 6,9 millóns de euros sendo a partida máis destacada, con 1,6 millóns de euros, a de limpeza viaria, recollida de lixo e tratamento do mesmo en Sogama.

Represas e Garrote amosáronse moi satisfeitos cuns orzamentos cuxa aprobación está asegurada coa maioría que ostentan BNG e PSOE e que “son o resultado do saneamento económico que realizamos nos últimos catro anos con grandes esforzos municipais e sacrificios para a veciñanza de Ponteareas”.

Bádminton de élite esta fin de semana no Pavillón Municipal de Ponteareas

Esta fin de semana o Complexo Deportivo Municipal ‘Álvaro Pino’ de Ponteareas acolle os partidos da Liga Estatal de Bádminton. A concelleira de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, animou á veciñanza a visitantes “a achegarse ao pavillón para gozar do espectáculo” que supón o bádminton de alto nivel”.

A competición está organizada polo Club Bádminton As Neves en colaboración co concello de Ponteareas, Concello das Neves e Suflenorsa. A vila do Tea acollerá a cuarta xornda desta Liga Estatal na que se disputarán un total de 15 encontros repartidos entre o sábado e o domingo.

A entrada será totalmente de balde e suporá unha ocasión única de ver aos mellores xogadores de bádminton de toda España o sábado de 11 a 20 horas e o domingo de 09:30 h a 15 horas.

O Porriño reanuda o sábado as clases de defensa persoal feminina

Este vindeiro sábado día 11 de xaneiro reanudaránse as clases de Defensa Persoal Feminina que patrocina o Concello de O Porriño e se organizan a través da Policía Local. Tratase dunha formación completamente gratuita que anteriormente desarrollábase no Pavillón Municipal pero que agora coas tempadas deportivas en marcha, pasase ó ximnasio Jovhen Sport.

As clases serán de 10 a 12 do mediodía e impartense por monitores de defensa persoal. Non é necesario apuntarse con antelación basta con chegar antes do inicio.

Estas clases de defensa persoal feminina de xeito continuado son unha iniciativa pioneira do Concello do Porriño. Comezaron en maio do 2019 complementadas con formación xurídica sobre lexítima defensa que recibirán 147 mulleres de Porriño e concellos aledaños.

A Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure estima que “máis de 200 mulleres recibiron xa formación para a súa defensa persoal”. Moure lembrou que despois da boa acollida e repercusión que tivo aquel primeiro curso de maio, “o Concello decidiu continuar con esta formación baseandose na respota obtida mediante unha enquisa de carácter anónimo entre as participantes para coñecer o seu nivel de satisfacción que valorou nun báremo de 1 a 10, cunha nota media de 9,20”.

“Ese grado de satisfacción foi o que motivou á alcaldesa Eva García, que se comprometeu a manter restes cursos con carácter gratuito que seguimos desarrollándose dous sábados ó mes agás no parón de Nadal”, concluiu a concelleira Moure Varela.

O Goberno redondelán asegura que o PP “exercita unha oposición baseada na falsidade”

0

O Goberno local de Redondela acusou hoxe ao PP de “estar realizando unha oposición baseada na mentira ao realizar manifestacións públicas que son totalmente falsas”. Os populares denunciaran no Pleno que os salarios do Goberno local non estaban publicados no ‘Portal de Transparencia’ cando o certo é que están publicados na web municipal (http://redondela.gal/gl/retribucions).

Curiosamente, sinala a concelleira de Transparencia, Susana Couñago, o Portal de Transparencia “está aloxado na páxina web do Concello pero é xestionado por unha empresa privada externa contratada polo PP en marzo do 2019”.

Para o executivo local redondelán esta forma de facer oposición “non só afecta ao Concello como institución (Goberno e persoal), “pola perda de tempo en desmentir falsidades, senón a toda a veciñanza do Concello que lle poden dar credibilidade a estas novas por vir dun partido que se presupón ‘informado ou con coñecemento de causa’ nestes ámbitos, cando non se axustan á realidade”.

Para a Concellería de Transparencia “é unha prioridade” que todo o relativo á transparencia municipal sexa publicado na páxina web ou a través dun portal municipal “e non a través de un portal propiedade dunha empresa privada”, polo que lle resulta sorprendente “que polo partido da oposición se siga insistindo nunha cuestión, como é a falta de publicidade, que non se axusta á realidade”.

Volve a mentir o PP cando manifesta que “as redes sociais do Concello de Redondela son xestionadas polos responsables políticos”, cando o certo é que na actualidade “as diversas redes sociais das que dispón o Concello de Redondela son xestionadas polo persoal que traballa no Concello de Redondela”.

Finalmente, Susana Couñago incide nas denuncias populares sobre o “atraso no acceso á información”, un tema no que segundo a concelleira redondelá o PP “volve a faltar a verdade porque toda a información ou acceso aos expedientes solicitados polos grupos da oposición son accesibles dentro do prazo establecido legalmente”.

Para a concelleira de Transparencia, a liña de actuación do PP amosa o comportamento “dunha oposición que minte nas súas manifestacións” e asegura que a veciñanza de Redondela “merece mais rigor e seriedade nas manifestacións realizadas por dito partido político”.

Estudantado e veciñanza de Nigrán aprenderán como se busca vida no universo

0

O Centro de Astrobioloxía (CAB), instituto mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), visitará a próxima semana Nigrán para explicar como evoluciona ou se adapta a vida en condicións extremas. Os días 14 e 15 de xaneiro celebrarase o taller ‘Buscando vida no universo’, que pretende dar a coñecer a actividade científica que se realiza nas instalacións do CAB e nos variados escenarios aos que acoden para facer o seu traballo de campo (río Tinto, Antártida, deserto de Atacama).

Esta actividade, dirixida a estudantes e a veciños da localidade, visitará o IES Val Miñor e o Concello de Nigrán o martes 14 e o mércores, 15 de xaneiro. Realizaranse varias sesións do taller pola mañá no centro educativo dirixida aos estudantes, de 9:20 h a 13:25 horas, e pola tarde, de 19:30 h a 20:30 horas, no Salón de Plenos, para público xeral.

Coas luvas postas, os participantes serán protagonistas por uns minutos dos experimentos que conducen ao estudo da orixe da vida. Así, os asistentes poderán observar, entre outros fenómenos, como se forman os cráteres de impacto e farán unha extracción de ADN, tal e como se realiza nos laboratorios de bioloxía e química.

Ademais do taller, o mércores 15 de xaneiro, Juan Anxo Vaquerizo, investigador do Centro de Astrobiología, impartirá chárlaa «Ciencia ‘Fricción’: algo renxe na pantalla» co fin de desvelar canto hai de verdade e de ficción no que contan as películas. “A miña intención é espertar o asesor científico que todos levamos dentro. Ao fío dunha selección de fragmentos de películas de ciencia ficción, distinguiremos os conceptos tratados con rigor e o mero espectáculo, despexaremos dúbidas e corrixiremos os erros científicos detectados”, explica Vaquerizo. A conferencia celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Nigrán, ás 19:30 horas.

Ciudad Ciencia (www.ciudadciencia.es) é un proxecto de divulgación científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) coa colaboración de concellos de toda España cuxo fin é que a cidadanía coñeza de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica. Ciudad Ciencia desenvólvese desde 2012 en máis de 45 localidades españolas.

Mos incrementa as licenzas de urbanísticas no 2019 máis dun 14 % respecto ao ano anterior

0

Mos mantén unha tendencia á alza nas licencias urganisticas dende a aprobación do seu PXOM. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Méndez, fixeron balance das licenzas xestionadas durante o pasado ano 2019. Os datos amosan unha progresión ascendente dende a aprobación do Plan Xeral no 2017, incrementándose no 2019 un 14,5 % respecto ás concedidas no ano 2018.

Xa o ano 2017, ano da aprobación do Plan Xeral, as licenzas incrementaronse nun 6% respecto ao 2016 e, no 2017 esta cifra disparábase ata unha suba do 16 % no número de documentos xestionados.

Precisamente esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, Alberto Méndez, fixeron públicos estes datos que ofrecen un balance moi positivo respecto da actividade neste departamento que, segundo consideran os representantes municipais, “foi en gran parte grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral”.

Estas cifras, explicou a alcaldesa Nidia Arévalo, veñen tamén derivadas do crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, –que se atopa ao 94 % da súa ocupación– e o potencial como Concello Emprendedor Doing Business Galicia, que fan que Mos leve experimentando nos últimos anos un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas.

Dentro da suba do total de licenzas concedidas o pasado 2019, os datos que máis despuntan son os do número de licenzas de obra maior e de primeira ocupación.

As licenzas de obra maior concedidas en 2019 crecen un 31 % respecto de 2018, pasando de 84 a 110. Dentro destas, as que máis se incrementaron foron as de nave industrial e as de acondicionamento de parcela, prácticamente duplicándose en ambos casos e pasando de 6 a 11 as primeiras e de 6 a 10 as segundas. E tamén dentro das licenzas de obra maior as máis numerosas foron as concedidas para vivenda: un total de 24. O que demostra que o de Mos é un Concello ideal tanto para vivir como para desenvolver unha actividade empresarial e/ou industrial.

Outro do tipo de licenzas cun despunte máis que significativo é o de primeira ocupación. Que duplica en 2019 a cifra de 2018 pasando de 7 a 15 licenzas concedidas cunha porcentaxe de crecemento do 142 %. Dato que refrenda novamente a realidade de que Mos é un Concello ideal para vivir e cada vez hai máis persoas que o elixen como lugar para construír e establecer a súa residencia.

Tamén creceron en 2019 as licenzas de actividade, comunicación previa e declaración responsable, pasando de 99 en 2018 a 101 en 2019; o que supón un aumento do 2 %.

E por último, tamén se produciu un incremento do 12% nas licenzas de obras menores e comunicacións previas de obra menor, pasando de 198 en 2018 a 222 en 2019. Entre elas as máis abundantes foron as de acondicionamento de vivenda: un total de 78 en 2019 (fronte ás 71 de 2018), seguidas das de canalización de gas: un total de 66 en 2019 (fronte ás 53 de 2018). E tamén foi moi significativo o crecemento do número de licenzas concedidas para obras asociadas a actividade, cuadruplicándose a cifra que pasou de 1 licenza en 2018 a 4 en 2019.

Destes datos conclúese, segundo Nidia Arévalo e Alberto Méndez, que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares e ás empresas a establecer ou consolidar a súa residencia ou negocio, respectivamente, en Mos; e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir e crecer empresarialmente”.

«Igual a nós», actividade de dinamización en igualdade, chega á Guarda

0

A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas ‘Igual a Nós’ e orientadas principalmente a mulleres maiores.

Na Guarda, esta actividade realizarase o venres 31 de xaneiro ás 20:00 h no Centro Cultural da Guarda, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres.

A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e dividirase en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica e, en segundo lugar, nun coloquio para afondar e debater os conceptos abordados na representación como a corresponsabilidade, coeducación, aplicación EscApp, entre outros. O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.

Realizarase no Centro Cultural de A Guarda, ás 20h da tarde e a entrada é de balde.

Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co Centro de Información á Muller da Guarda no teléfono 986 61 0000(ext.4025) ou a través do enderezo electrónico [email protected]

Ponteareas súmase á celebración do «Día das persoas usuarias das bibliotecas»

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba, vén de sumarse á celebración do día das persoas usuarias das bibliotecas que terá lugar o vindeiro luns día 13 de xaneiro. A partir das 18:30 horas o centro bibliotecario acollerá distintos actos e actividades para recoñecer a fidelidade de usuarias e usuarios e dar a coñecer e poñer en valor os distintos servizos que ofrece.

Fernando Groba adiantou que se procederá ao nomeamento da ‘persoa Usuaria de Honra’ nas categorías Infantil e Adulto e tamén se agasallará un lote de libros para as persoas usuarias con máis préstamos durante o pasado ano 2019. Tamén se repartirán marcapáxinas entre todas as persoas usuarias asistentes.

Para dar unha maior difusión as actividades tanto da Biblioteca como do Museo Municipal, a Concellería vén de organizar unha visita guiada a ámbalas dúas dependencias.

Fernando Groba subliñou a importancia deste servizo público aberto nun amplo horario e para todos os públicos, “un lugar –apuntou o concelleiro– no que poden atopar lectura e actividades culturais para o seu tempo de lecer pero tamén un espazo para o estudo e para ampliar a súa formación”.

Groba non dubidou en cualificar ás bibliotecas como “lugares indispensables” que van máis aló da lectura “e son un servizo que vela pola promoción da cultura, da formación e mesmo un espazo de encontro no que atopar persoas con inquedanzas semellantes”.

Ponteareas reafírmase na súa loita contra a violencia machista

Facer que a mocidade se dea de conta do que está a acontecer na sociedade na que vivimos reivindicando a igualdade e a loita contra as violencias machistas foron os obxectivos da acción de ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’ da Deputación de Pontevedra levada a cabo onte en Ponteareas.

O auditorio Reveriano Soutullo acolleu unha iniciativa de Estíbaliz Veiga nomeada ‘Recoñecer os golpes que non marcan a pel’. Á cita acudiron a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, e preto de 300 alumnas e alumnos de secundaria pertencentes aos centros educativos CPR Santiago Apóstol e IES Val do Tea acompañados por persoal docente dos mesmos.

Esta foi a cuarta acción levada a cabo no marco da quinta edición do programa, que se iniciou en novembro de 2019 e que xa pasou polos concellos de Vigo, Pontevedra e Lalín. A presentadora, actriz, escritora de guións e pedagoga Estíbaliz Veiga levou a cabo unha proposta interactiva coa mocidade como público obxectivo.

En primeiro lugar a artista presentou ‘Golpes’, un monólogo sobre a violencia de xénero baseado en feitos reais co que está a xirar na actualidade, e logo, coa colaboración do público, fixo unha aproximación a través de métodos de interpretación á personaxe na que está baseado. A acción tivo moi boa acollida e na súa segunda parte colleron especial protagonismo ao interactuar coa artista un profesor e unha profesora dos centros educativos participantes así como alumnado dos mesmos.

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Este ano volve reunir a 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta quinta edición estase a celebrar en 25 concellos da provincia (Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Tui, Mondariz, Pontecesures, Gondomar, O Grove, Marín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo, O Porriño, O Rosal, A Guarda, Meis e Moaña).

Gondomar acolle a presentación de seis novas actividades de «Coas mans na masa»

0

A Escola Eu Rural vén de presentar a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización. Esta iniciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural tivo un máis que notable éxito de participación nas súas dúas anteriores edicións.

“Un dos obxectivos estratéxicos de Eurural da resposta ao que pedía a cidadanía: investir os fondos europeos que recalan no territorio en formación. E iso é o que se fai cada ano con este e outros itinerarios formativos postos en marcha a través da nosa Escola Eurural”, salientou Sandra González, presidenta da asociación Eurural e alcaldesa de Tomiño, durante a presentación deste itinerario formativo este xoves 9 de xaneiro no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar.

“Este ano quixemos facer una nova edición do curso de elaboración artesanal de ungüentos e de conservas para dar a oportunidade a todos os concellos do territorio de poder desfrutar dunhas actividades que contan sempre cunha alta demanda por parte da poboación. Por iso queremos agradecer a colaboración de todos os concellos, que se implican para que estes cursos poidan impartirse, e de toda a veciñanza que participa activamente en cada unha das iniciativas que levamos a cabo”, recordou.

González estivo acompañada neste acto polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, que exerceu de anfitrión, así como pola alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; polas concelleiras de Promoción Económica e de Política Social de Mos, Julia Loureiro e Sara Cebreiro; pola concelleira de Emprego de Tui, Ana María Núñez, e por numerosos membros da corporación municipal de Gondomar.

Seis cursos, seis concellos

A gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa ‘Coas mans na masa’, nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas.

Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites… con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de ‘Elaboración artesanal de Ungüentos naturais’ que se celebrará na Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.

Por outro lado, tamén se desenvolverán dúas accións formativas relacionadas coa ‘Elaboración artesanal de Conservas’, un curso que se repite por terceiro ano consecutivo e que cada edición conta con maior interese por parte da cidadanía. Nesta actividade as persoas interesadas aprenderán a facer conservas naturais con alimentos de tempada que abundan na contorna e impartiranse nos concellos de Mos (2, 3 e 4 de marzo) e Gondomar (23, 24 e 25 de marzo).

Como complemento a estas actividades, nesta ocasión ‘Coas mans na masa’ desenvolverá por primeira vez cursos específicos dirixidos a profesionais da hostalaría e da restauración: ‘Cociña creativa con produto local’. Da man do chef galego Iván Méndez, as persoas participantes descubrirán novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. Serán catro cursos eminentemente prácticos que terán lugar en Nigrán (1, 4 e 5 de febreiro), Tomiño (17, 18 e 19 de febreiro), O Porriño (20, 21 e 22 de abril) e Redondela (4, 5 e 6 de maio).

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16:30 h a 20:30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

Novas edicións

‘Coas mans na masa’ nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 280 persoas.

Salceda presenta o seu Programa Integrado de Emprego

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, presentou esta mañá no Auditorio Municipal, o Programa Integrado de Emprego, unha acción formativa que conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 250.000 €.

Á xornada de presentación acudiron as 100 persoas desempregadas que participarán na iniciativa – 84 son veciñas de Salceda, 15 de Salvaterra e 1 de Porriño– de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc. Na mesma tamén estiveron presentes ás dúas técnicas responsables do programa, a tenente alcaldesa Verónica Tourón e a alcaldesa Loli Castiñeira.

Na presentación Verónica Tourón definía o programa como “unha excelente oportunidade de mellorar a empregabilidade” e aseguraba animaba ás e aos participantes a ser constantes durante o seu desenvolvemento “porque se trata dunha carreira de fondo e non dun sprint nin algo que dea resultado ao día seguinte”. Subliñaba Tourón a “atención persoalizada” que terán as e os participantes durante todo tempo que dure o PIE e achegaba datos esperanzadores ao sinalar que “se ben o compromiso de contratación mínimo que temos é do 40 % a miña experiencia neste eido amosoume que sempre estamos por enriba dun 60 %.

Por último a concelleira de Emprego destacaba a importancia das prácticas en empresas xa que, dixo, “os datos apuntan a que preto do 80 por cento de persoas que fan prácticas nunha empresa, quedan a traballar nela”.

As técnicas de emprego explicaron polo miúdo ás e os participantes no Plan Integrado de Emprego, todos os detalles do mesmo

As persoas beneficiarias, tal e como explicaraon as técnicas de emprego as persoas presentes, participarían nun mínimo de cinco accións de orientación, mellora das competencias sociais e profesionais e formación específica en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería.

O programa tamén contará con prácticas non laborais en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado, sempre co obxectivo final da mellora da empregabilidade e a inserción laboral.

Pechaba o acto a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira que comezaba chamando a atención sobre o esperanzador dato de que as 100 prazas “non foron cubertas na súa totalidade por persoas desempregadas do municipio polo que abriuse a porta as procedentes do Porriño e Salvaterra de Miño”.

A alcaldesa de Salceda lembrou que “dende a formación do equipo de Goberno, puxemos todo o noso empeño en este programa pola importancia que ten para os nosos veciños e veciñas en situación de desemprego”. Castiñeira gabou “o traballo realizado pola concelleira de Emprego, Verónica Tourón e no tempo en que estivo de baixa pola súa compañeira Gela Ledo, que traballaron arreo cos técnicos e técnicas para que este proxecto puidera ser unha realidade”.

Destacou a rexedora local o feito de que Salceda era un dos 14 concellos da área de Vigo de poder contar cun Plan Integrado de Emprego e amosou o seu convencemento que iso “débese ao traballo que este equipo de Goberno desenvolve en materia de formación e emprego”. Lembraba Loli Castiñeira, –logo de amosar o seu convencemento de que se superará “con moito” o 40 % mínimo de inserción laboral”– que Salceda conta, ademáis cunhas instalaciones como as do Torrón e un equipo cualificado de técnicos e técnicas, que poucos concellos teñen o que reafirma a aposta deste Goberno polas accións formativas e a inserción laboral dos veciños e veciñas”.

O PP de Ponteareas asegura que o Concello rexeitou pedir á Deputación fondos para os campos de Angoares e San Mateo

O PP de Ponteareas denunciou que BNG e PSOE votaran en contra da moción popular na que instaban á Deputación de Pontevedra a dotar de céspede artificial o campo de Angoares e renovar o mantemento do de San Mateo. Segundo a portavoz popular Belén Villar, “os usuarios destas instalacións terán que seguir esperando a súa mellora porque o alcalde decidiu non investir nin pedir axuda á administración provincial”.

O PP pontearean, que asegura ter presentado a moción “porque usuarios de ambos campos reclamábannolo”, subliña que nos orzamentos municipais non se destinou un só euro a estas obras “pero pensamos que, dado o que a administración provincial está a investir noutros municipios, era posible que tamén cubrise as necesidades de Ponteareas”.

A seguir, o PP sinala que co voto en contra desta moción “votaron en contra dos veciños, en contra dos clubs deportivos que fan uso deses campos, en contra do noso municipio”.

“Non imos entrar neste xogo”

Pola súa banda, o Goberno local de Ponteareas amosouse rotundo ao afirmar que “non imos entrar nestes xogos políticos que acostuma o PP” e limitouse a sinalar que lles parece “ben curioso” que os populares presentaran esta moción en Pleno cando os Orzamentos provinciais “xa estaban aprobados, cousa que sabían, ou cando menos deberían saber, as e os concelleiros populares”.

Pregúntase o Goberno que preside Xosé Represas, que “se tanta era a súa preocupación, porque non presentaron en tempo e forma esas peticións á Deputación a través dos seus representantes no organismo provincial?”

Os clubs que adestran nestes campos, aclara o executivo local, “dispoñen de toda a información sobre este tema, trasladada polo propio Concello, e saben que estas obras realizaránse ao longo deste ano”.

No campo de Pardelas, remata o Goberno local, “estase pendente tan só da autorización correspondente da Confederación Hidrográfica”.

A gala «Miñomáxico» pecha a programación de Nadal do Rosal

0

Este vindeiro sábado 11 de xaneiro, a partir das 20 horas, o Concello do Rosal pechará a súa programación de Nadal e o fará co espectáculo ‘Miñomáxico’ no que Samuel Moreno encherá de tecnoloxía, música, humor e maxia o Auditorio Municipal do Rosal.

Ademais deste espectáculo, que ten entrada totalmente de balde e no que colabora o Concello do Rosal, a asociación AMB quixo encher a xornada de maxia organizando obradoiros de maxia para nenos e nenas pola mañá no Centro Social Polivalente e ‘Maxia preto de ti’ pola tarde na Cafetería Juan. Para estas actividades é precisa inscrición previa.