Xoves, 16 Xaneiro de 2025

O Concello da Guarda convoca unha reunión co comercio local para valorar a Campaña de Nadal

A reunión, organizada pola Concellería de Desenvolvemento Local que xestiona Fátima Rodríguez, estará aberta a propostas de cara á dinamización deste sector

A Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda vén de convocar unha reunión co sector do comercio local de cara a facer unha análise da pasada Campaña de Nadal 2019/2020. Neste encontro tamén terán cabida as proposta e ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades.

Fátima Rodríguez Marcos, Concellería de Desenvolvemento Local, convida deste xeito a todo o tecido comercial da vila a participar nesta reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 29 de xaneiro ás 20:30 h na Casa dos Alonso.

O Goberno local da Guarda subliña a importancia deste tipo de reunións que pretenden, sinala, “funcionar como un foro no que se dean a coñecer de primeira man as demandas do sector de cara a planificar as accións que, dende a administración local, se podan levar a cabo para dinamizar o comercio da Vila”.