Amasado, formado, roxado, repousado…Poucas cousas son tan do Porriño como o seu pan. Por iso, a vila do Louro convertirase de novo capital galega do pan este sábado, coa celebración da Feira do Pan do Porriño que volve con xantar, música, obradoiros e, sobre todo, a tradición e os produtos das súas panaderías artesanais.
A quinta edición deste evento gastronómico, organizada pola Asociación de Panadeiros do Porriño e o Concello do Porriño, foi presentada hoxe no salón de plenos da casa consistorial. Asistiron ao acto de presentación o alcalde, Alejandro Lorenzo, os concelleiros de Comercio e Cultura, Antía Carrera e Bienvenido Estévez, o presidente da Asociación de Panadeiros do Porriño, José Manuel Fernández Grova, representantes das oito panaderías participantes (Amaquía, Argibay, Chinchina, Erundina, Los Milagros, O Forno de Mosende, Progreso e Torneiros), representantes de EFA A Cancela, Fátima Estévez (profesora) e María del Carmen Gil (presidenta), así como das entidades e empresas colaboradoras.
Tamén estivo presente o escritor local, Diego Giráldez, que tal e como se anunciou hoxe será o encargado de inaugurar a V Feira do Pan do Porriño coa lectura do pregón no seu barrio natal, San Bieito, que un ano máis acollerá o evento.
A apertura da Feira será ás 10 h cando a música das charangas comece a amenizar as rúas para dar paso á inauguración oficial co pregón, ás 11 h.
Ás 11:30 h celebrarase o tradicional Show Cooking con Pan do Porriño a cargo de EFA A Cancela, que este ano chegará con sorpresas cun pequeno guiño contra a guerra, e de seguido a sesión vermú coa Banda de Música Municipal do Porriño e degustación de pinchos a cargo de Segredos Gastro Bar.
Xa pola tarde serán os nenos e nenas os que se poñan coas mans na masa para aprender a facer o seu pan no obradoiro Mini Pan (17:30 h). Ás 19 h charla coloquio sobre historias do Pan do Porriño con Quico Paz Antón e Panadeiros do Porriño, seguida dunha desgustación de embutidos e queixos do país a cargo de Embutidos Distapor.
Unha das novidades deste ano será o fin de festa, cos concertos de KAF (20:45 h) e Tony Lomba (21:45 h).
Cabe destacar que este ano, en lugar dos postos por panadería, habilitarase un só stand de todos os panadeiros do Porriño onde poderemos adquirir os seus produtos.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en calidade de presidenta de Augas de Galicia, asinou vía telemática un novo convenio de colaboración co Concello de Gondomar, polo que a Xunta de Galicia continuará a facerse cargo da explotación da depuradora de augas residuais de titularidade municipal.
Mediante este acordo, Augas de Galicia renova esta concesión para os vindeiros 24 meses, estendéndoa ata o 30 de maio de 2024, polo que a entidade hidráulica da Xunta asume a explotación da depuradora municipal á que destinará un investimento de case 1,4 millóns de euros.
O departamento que preside Ethel Vázquez atende así a vontade manifestada polo Concello de Gondomar de que Augas de Galicia continúe a xestionar e explotar as instalacións e, en consecuencia, a prestación do servizo de depuración de augas residuais de competencia municipal.
Desde o inicio da colaboración con este municipio, a Xunta leva investidos case 9,2 millóns de euros na xestión da depuradora municipal, proxectada para o tratamento dun caudal medio de 6.720 m³/día e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 24.000 habitantes equivalentes.
En virtude deste convenio, a Xunta comprométese a continuar a levar a cabo a explotación das instalacións da depuradora de augas residuais de Gondomar nas condicións técnicas axeitadas á súa capacidade e deseño e ás exixencias ambientais vixentes, realizando as actuacións oportunas para a súa axeitada conservación e mantemento.
A explotación e mantemento das infraestruturas hidráulicas teñen como obxectivos garantir a correcta depuración das augas residuais e ofrecer uns servizos que respondan ás necesidades reais da poboación.
A prestación dos servizos de saneamento e abastecemento é unha responsabilidade de carácter municipal. Non obstante, a Xunta de Galicia vén proporcionando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen.
Os traballos inclúen a retirada nas debidas condicións hixiénicas, o transporte e a vertedura de graxas, areas e residuos das reixas e tamices, o desecado dos lodos producidos e a conservación en bo estado da totalidade dos elementos, instalacións e equipos da planta.
A cooperación da Xunta co Concello de Gondomar permite a mellora da calidade de vida das poboacións asentadas entorno ás rías, o aumento da competitividade económica e o fomento do turismo, así como a mellora da produtividade no sector marisqueiro.
Na actualidade o organismo hidráulico da Xunta encárgase de prestar estes servizos de depuración en 28 estaciones depuradoras de augas residuais.
O Goberno galego impulsou a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, agora mesmo en trámite parlamentario e que se prevé que entre en vigor en verán.
A través desta lei, a Xunta porá á disposición dos concellos ferramentas para profesionalizar os servizos da auga e un sistema voluntario para garantir unha xestión de calidade, respondendo ás carencias derivadas das dificultades técnicas e financeiras que teñen moitos municipios na xestión da auga.
O pasado sábado 4 de xuño celebrouse o campionato galego de natación en augas abertas nas augas do río Tea ao seu paso pola vila de Ponteareas.
Preto de 250 participantes de diversas categorías déronse cita na praia fluvial de A Freixa, lugar onde estaba colocado o punto de saída e a tamén a meta para todos os participantes.
O circuito disposto pola organización consistía en dúas partes, unha en sentido ascendente e outra en sentido descendente ata completar 1250 metros en total.
Tras a medición da temperatura da auga, os participantes tiñan a opción de usar neopreno – aínda que non era unha obriga-.
A primeira proba en disputarse foi a da categoría máster, ás 10 horas, con dous voltas ao circuito ata completar 2500 metros. Logo chegou a quenda da proba raiña, cos nadadores e nadadoras infantís, Júniors e séniors que percorreron 4 voltas ao circuito (5000 metros) e a derradeira saída, ás 13.30 horas, foi para os nadadores e nadadoras da categoría alevín, que tiñan por diante unha única volta de 1250 metros.
O tempo atmosférico foi perfecto para a práctica da natación, cunha leve choiva que apareceu na ultima parte da proba alevín.
Ademáis das medallas individuais, as clasificacions por equipos foron as seguintes:
Categoría máster
Campión Galego, Hércules Termaria
Mellor Equipo Feminino, Hércules Termaria
Mellor Equipo Masculino, CN Ponteareas
Categoría absoluta
Campión Galego, CNPonteareas
Mellor Equipo Feminino, CNPonteareas
Mellor Equipo Masculino, CN Ponteareas
Está é a primeira das tres probas do circuito galego de augas abertas que O CNPonteareas coorganizará xunto á Federación Galega de Natación no río Tea, facendo na natación, o deporte de moda este verán no condado.
A web do Concello de Redondela ofrece, dende hai uns días, a posibilidade de descargar, de xeito totalmente gratuíto, os libros editados polo Servizo de Normalización Lingüística e nos que se recollen interesantes datos sobre a historia e patrimonio das parroquias do municipio.
A alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, salientou “a extraordinaria acollida” que tiveron os seis libros editados ata o momento e que percorren as parroquias de Cabeiro, Cesantes, Negros, Reboreda, Trasmañó e Ventosela, exemplares que agora “veciñas e veciños poderán descargar, gratuitamente en formato PDF dende a web do Concello” (http://redondela.gal/).
De cada exemplar levamos impresos preto de 1500 libros o que significa que “que a lectura en galego arredor do patrimonio local chegou a moitas casas”, declara Digna Rivas quen engadiu que o Concello “prepara unha campaña de promoción destes libros para as vindeiras semanas”.
Finalmente, o SNL adianta a próxima aparición de tres novos títulos: Cedeira, Saxamonde e Vilar de Infesta, exemplares que, como os anteriores, contarán con cubertas pintadas polo artista local Ángel Barros.
O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e coa se inaugura a programación de verán 2022 na Guarda.
Este ano a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebra a súa XXX edición os días 1, 2 e 3 de xullo. Dende o ano 2009 leva organizándose a Feira de Artesanía na rúa Porto e que forma parte da programación desta festa que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.
Esta feira de artesanía celebrarase durante o sábado 2 e domingo 3 de xullo. A participación nesta feira está regulada mediante as bases de participación para esta edición e será gratuíta.
Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada en ditas bases, ao correo electrónico [email protected]. O prazo de inscrición estará aberto do luns 6 ao venres 10 de xuño e con posterioridade.
Esta pasada fin de semana, o sábado, o Club Bádminton Tui desprazouse ata Ponteareas para competir no Campionato Galego sub 9 – sub 19 con sete xogadores.
De entre toda a boa labor dos xogadores, cabe salientar especialmente ao benxamín do equipo, Sergio Planes, que participaba no seu primeiro torneo. Acadou moi bos resultados pois logrou o ouro en dobres masculinos, facendo parella con Gabriel Sánchez (do Club Athlos) e chegou a cuartos de final en individual.
Na outra banda, en dobres feminino, Jessica Santos e Sonia Navas gañaron o bronce e, en carto lugar, quedou Andrea Pérez, facendo parella con Marina Damonte (do CER Vigo).
Fin de semana de dez na enseada de San Simón. Este domingo finalizou con éxito o primeiro Campionato Galego de kitesurf, proba organizada polo TMKiteClub e o Concello de Redondela por delegación da Real Federación Galega de Vela e co patrocinio de Padthaiwok, Aceites Abril e Nosatún. En total, seis probas completadas durante a fin de semana nas que resultaron vencedores Justo Fernández en Foil, Iván Carballo en Twintip, Lucas Muller en Surf e Fátima Betegón en Twintip Feminino, converténdose nos primeiros campións galegos da clase en formato regata.
Aínda que nun primeiro momento parecía que o vento non acompañaría aos participantes, finalmente si se deron as condicións óptimas en Cesantes e os máis de 30 riders rexistrados puideron disputar tres probas o sábado e outras tres o domingo. Todo un espectáculo que sen dúbida volveu a converter a enseada de San Simón na capital do kitesurf durante a fin de semana.
Na clase Foil, Justo Fernández (TMKiteClub) non tivo rival e selou unha fin de semana perfecta con seis vitorias parciais nas seis probas completadas. Por detrás, o segundo posto lévollo Mario Martínez, tamén representando ao TMKiteClub, e terceiro foi Javier Ozores do Real Club Náutico da Coruña.
En Twintip, pola súa banda, a xeral estivo en grao sumo apertada e todo se decidiu na última proba con tres riders do TMKiteClub pelexando polo triunfo. Finalmente, Iván Carballo foi quen levou a vitoria definitiva con tres primeiros postos, dous segundos e un sétimo -parcial que descarta-, converténdose en campión autonómico por diante de Patxi Fernández, que foi segundo, e Álvaro Visier, que pechou o podio no terceiro caixón.
Na división feminina de Twintip, Fátima Betegón é a nova campioa galega da clase seguida de Bibiana Táboas e Beira Vázquez, segunda e terceira respectivamente e ambas representando ao TMKiteClub.
E na clase Surf, o rider local Lucas Muller foi o mellor da súa categoría, e é que grazas ao descarte puido desfacerse do fose de liña da primeira xornada e selar un triunfo con cinco vitorias acumuladas na súa marcadora. No segundo posto, César Conde do Papaventos Kite Club e terceira foi Aurea Carballo do TMKiteClub.
O domingo, unha vez finalizada a competición, tivo lugar a entrega de trofeos nas instalacións do TMKiteClub coa presenza de Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; José Cruz de Padthaiwok; Nacho González, concelleiro de deportes do Concello de Redondela, e Tato González, presidente do TMKiteClub.
Próxima cita, o V KiteFest Cesantes
Finalizado o Campionato Galego da clase, o TMKiteClub e Cesantes xa se preparan para a próxima gran cita: o esperado V KiteFest Cesantes Trofeo Xacobeo que se celebrará os días 16 e 17 do próximo mes de xuño, proba que volverá reunir a un centenar riders na enseada de San Simón.
PODIO FINAL
Clase Foil
1. Justo Fernández (TMKiteClub), 5 puntos 2. Mario Martínez (TMKiteClub), 11 puntos 3. Javier Ozores (RCN Coruña), 15 puntos
Clase Twintip
1. Iván Carballo (TMKiteClub), 7 puntos 2. Patxi Fernández (TMKiteClub), 10 puntos 3. Álvaro Visier (TMKiteClub), 15 puntos
Clase Twintip Femenino
1. Fátima Betegón, 31 puntos 2. Bibiana Táboas (TMKiteClub), 51 puntos 3. Vera Vázquez (TMKiteClub), 79 puntos
Clase Surf
1. Lucas Muller (TMKiteClub), 5 puntos 2. César Conde (Papaventos Kite Club), 13 puntos 3. Aurea Carballo (TMKiteClub), 19 puntos
O IES Antón Alonso Ríos continúa a dar pasos para proporcionar ao alumnado un espazo motivador onde o alumnado poida compartir os seus intereses. Con ese obxectivo celebra do 7 ao 10 de xuño o seu I Congreso Científico, un encontro organizado por e para o alumnado no que poderán presentar os traballos científicos realizados durante o curso, xerando debate e experiencias motivadoras que fomenten a investigación e as vocacións científicas.
O congreso, coa saúde e a sostibilidade como eixo condutor, contará tamén cun completo programa de actividades con conferencias, talleres e comunicacións a cargo de persoeiros e entidades de grande relevancia no mundo científico e na contorna. Así, a conferencia inaugural o 7 de xuño será a cargo de Xurxo Mariño, divulgador científico especialista en neurociencia con numerosos premios ás súas costas polo seu papel divulgador e concienciador.
O mércores 8 a Organización Nacional de Transplantes dará unha conferencia antes de abrir a quenda de comunicacións e presentacións dos póster científicos realizados polo alumnado, momento no que poderán amosar o traballo desenvolvido ao largo do curso. O xoves 9 a Asociación Vontade de Tomiño impartirá un taller de saúde mental e o destacado ilustrador Suso Cubeiro un obradoiro de debuxo científico. O programa pecharase o 10 de xuño coa conferencia da bióloga e investigadora Marisa Castro, que falará sobre os cogomelos, a microbiodiversidade e a conservación de especies.
“Para o Concello é un orgullo ter un IES tan implicado co futuro do noso municipio e un alumnado innovador, con inquietudes e intereses capaz de esforzarse para poñer en marcha un congreso deste calibre. Moitos parabéns a todos e todas por unha iniciativa que sen dúbida fará que rapaces e rapazas se acheguen á ciencia dun xeito diferente, ameno e divertido, espertando novas vocacións”, salienta a alcaldesa, Sandra González.
Últimamente me está costando ser constante y escribir el último domingo de cada mes (aún gracias que ser puntual fue uno de los numerosos propósitos que me marqué para este 2022), así que os dejo el texto que correspondería al mes de mayo:
Quiero un verano de cervezas, salitre y aftersun; de estirar la toalla perfectamente en la arena y acabar siempre cual croqueta; de decir: “¡Uy, el agua está helada! Hoy no me meto”. Y terminar saliendo con los labios morados; de planes con amigos improvisados en cinco minutos (los mejores); de puestas de sol con sudadera (indispensable en Galicia); de llevar siempre una chaquetita por si refresca; de “Me tomo una y me voy”. Y acabar llegando a casa a las tantas; de “Este finde hay orquesta en el pueblo de al lado”. Y acabar bailando todos juntos Paquito el Chocolatero; de conciertos en chiringuitos de playa en los que una voz, guitarra y mar son la mejor combinación; de decir :”Oye, ya tengo colorcito”. Y ponerte ese conjunto que sabes que te queda de muerte; de terminar el bote de aftersun y pensar: “Este verano, mínimo, uno más”. De tintos de verano con mucho hielo, por favor; de noches de furancho siempre con tortilla de patata, calamares y pimientos de padrón; de cafés con leche y hielo en terraza; de bajar las ventanillas del coche para enfriarlo cuando lo has dejado al sol; de llevarte la nevera con la comida a la playa; de salir de trabajar y que todavía sea de día; de que los amigos que viven fuera vuelvan a casa; de reencuentros de verano; de ir buscando la sombra por la calle (ser bombón tiene sus riesgos jaja); de hacer castillos en la arena con los hij@s de tus amig@s (nos hacemos mayores); de coger el barco que te lleva a las Islas Cíes; de brindar con Estrella Galicia; de muchos besos y abrazos de los de antes; de normalidad, por favor. No quiero más mascarillas, geles ni distancias de seguridad.
El día de las letras gallegas el gran maestro griego, el único e inimitable Evangelos Odysssey Papathanissou empredió su camino hacía el Olimpo de los Dioses, porque es el único lugar en el que puede estar este gran compositor. Su música perdurará en el tiempo a la altura de los grandes músicos de la historia y es que su obra es inmensa y de una calidad fuera de toda duda. Nos deja infinidad de temas que se han colocado ya en nuestra sociedad en anuncios, en cabeceras de informativos y aunque mucha gente no sepa que el compositor ha sido Vangelis, su sonido si le resulta conocido.
Debo de reconocer, que su marcha ha dejado un gran vacío en mis gustos musicales, su música lleva muchos acompaándome, desde que descubrí sus composiciones, y eso que no fueron sus temas en versión original, sino versiones realizadas por Ed Starik para un trabajo titulado “Synthesizer Gretatest Hits”, a partir de ahí, empecé a investigar quien era ese músico griego y me quedé prendando por sus obras.
Resumir en palabras la extensión de su trabajo es muy complicado, así que vamos a intentar dividirlo en varias partes para poder entender un poco mejor su obra, aunque sea a grandes rasgos.
Aunque todo el mundo lo conoce como Vangelis, su verdero nombre es Evangelos Odyssey Papathanissou. Nació en Grecia, en Tesalia en 1943, aunque creció en Atenas. Era hijo de un pintor y una cantante, por lo que su vida estuvo simpre marcada por el arte y gracias a la buena posición económica de su familia, le permitió ser uno de los primeros poseedors de un sintetizador en Grecia.
Desde los cuatro años mostró su intererés por la música tocando el piano familiar y componiendo pequeñas canciones que ya tocaba en pequeños conciertos, aunque curiosamente, nunca llegó a estudiar música como tal, a que su interés era en experimentas con los sonidos, por ejemplo, introduciendo clavos y sartenes sobre las cuerdas del piano para obetner diferentes efectos y sonoridades.
Sus comienzos musicales
En un principio, la música tradicional griega era importante en su desarrollo, pero a partir de los doce años comenzó a mostrar interés por el jazz y el rock y en 1963, junto a tres compañeros del colegio formó la banda de rock “The Forminx”, tocando covers y temas originales. La música era de Vangelis y las letras de Nico Mastorakis. El grupo se disolvió en 1966.
En 1968 formó la banda de rock progresivo Aphrodite’s Child con su primo Demis Roussos, Loukas Sideras y Anargyros Koulouris, de butando con el single Rain And Tears de gran éxito comercial en Europa que le permitió grabas los albumes En Of the World y It’s Five O’Clock.
Grabarían un tercer disco titulado 666. Apocalypse of John, una magna obra, inclasificable para algunos, magnífica para otros, pero las diferencias existentes entre Vangelis y el resto de componentes del grupo a la hora de crear este trabajo, provocó la disolución del mismo.
Después de esto, Vangelis se dedicó a producir a su primo Demis Roussos y a publicar sus primeros trabajos en solitario, con algunas incursiones en el progresivo, en las bandas sonoras, pero sobre todo, en la experimentación sonora.
Sus primeros discos muestran a un Vangelis con ganas de experimentar, sin encasillarse en ningún estilo, haciendo bandas sonoras, desde “Sex Power”, una película erótica de “Henry Chapier”, temas para documentales, obras conceptuales como “Hypothesis” o “The Dragon”, un trabajo por la revolución estudiantil de París como “Fai Que Ton Rêve Soit Plus Long Que La Nuit” o el magnífico “Earth” un trabajo a caballo entre lo instrumental y el progresivo.
A partir de mediados de los ’70 comienza su acenso celestial, su música se vuelve sublime, creando paisajes musicales y celestiales únicos, legando al espacio con sus teclados con obras maravillosas.
Heaven and Hell, un paseo entre el cielo y el infierno que además cuenta con la colaboración de la voz de Jon Anderson, el vocalista de Yes en la parte So Long Ago, So Clear.
Albedo 0,39, el índicee de refracción de la luz sobre nuestro planeta, cualquier tema de este trabajo, nos lleva al espacio.
Spiral, el viaje sideral continúa, otra obra inigualable.
Beaubourg, un disco que se puede considerar una continuación de Heaven And Hell, aunque más experimental, más difícil de digerir por el público medio, pero un trabajo de esos que le encantaba al maestro al dejar suelta toda esa gana de experimentación.
Los ochenta, llega su gran reconocimiento internacional
1983 – Private Collection (por Jon and Vangelis, tercer disco)
Comienza una nueva época, con un nuevo contrato discográfico en el que se acerca con sus trabajos a un público más amplio, pero con obras brillantes e inolvidable.
China, un disco ambiental con referencias al gran país asiático, con sonidos tradicionales y sus toques electrónicos, un disco muy bello para escuchar.
Opera Sauvage, una preciosa banda sonora creada para el documental de Frederif Rossif. Aquí nos podemos encontrar algunos de los temas más bellos creados por el compositor griego.
Odes, primera colaboración en forma de disco con la cantante griega Irenes Papas, aunque ya habían colaborado en el 666 Apocalypse Of John de los Aphrodite’s Child poniendo voz a famoso Infinito.
See You Later, un disco conceptual, en esta ocasión, no dirigido para el gran público, pero que incluyo un tema que más tarde formaría parte de la inolvidable BSO de Blade Runner. También participó en este disco el cantante de Yes, Jon Anderson.
Short Stories, primer disco publicado en colaboración con Jon Anderson.
The Friend Of Mr. Cairo, nueva colaboración con Jon Anderson, la capacidad creativa el música griego con la especial voz de Jon Anderson.
Chariots Of Fire, ¿quién no conoce el tema de esta banda sonora? Oscar a la mejor banda sonora y tema que se ha convertido en todo un himno de los deportes olímpicos.
Blade Runner, aunque no sería publicado oficialmente hasta 1994 por temas de derechos, sin lugar a dudas, esta tenía que haber sido la banda sonora ganadora del Oscar. Una verdadera maravilla que logró la atmósfera tan especial que tiene la película de Ridley Scott.
Antarctica, otra preciosa banda sonora, que aunque no tuvo el reconocimiento de las anteriores, es todo un compendio de bella musical para la belleza visual de la película del mismo título.
Private Collection, tercer trabajo en colaboración con Jon Anderson.
La trilogía experimental
El griego regresa a la experimentación, jugando con los sonidos electrónicos, de la naturaleza y de todo aquello que se le ocurre, creando tres álbunes conceptuales, no aptos para todos los gustos, sobre todo el tercero, que curiosamente, estuvo publicado por el reconocido sello alemán de música clásica, Deutsche Gramophon.
Vangelis comienza saca el máximo provecho al poder del arsenal tecnológico que dispone en sus manos, creando discos directamente según su mente va desarrollando la música, de ahí el título del disco Direct.
“Direct”, un trabajo dónde saca el máximo provecho a la tecnología a su disposición, grabando las composiciones según van sonando en su mente y creando una verdadera maravilla para los amantes de la música electrónica.
The City, un gran desconocido dentro de la obra del compositor. Un trabajo que se inspira en la vida de un gran ciudad, su ruido, su atmósfera y con algunos de los temas más interesantes compuestos por el griego como son The Nerve Centre y Procession, una increíble procesión musical.
La voz, como instrumento
El mago de los teclados, suma a sus sonidos la voz de forma que es un instrumento más, cómo se de una opera electrónica se tratara. Sus bandas sonoras de la época y sus discos, así lo acreditan. Algunos de ellos, con temas inolvidables.
1492, Conquest Of Paradise, otra banda sonora donde la música consigue la grandeza de las imágenes, otro trabajo inolvidable.
Voices, un trabajo que sigue el tono estilístico creado por 1492 donde además colabora Paul Young, Caroline Lavelle y Stina Nordestam y que inclue temas tan especiales como Ask The Mountains.
Fotos Timis Ston Greco y El Greco, además de otro trabajo no publicado de forma oficial y que sólo se vendia en el museo dedicado al pintor griego en Atenas, forma parte del amor que sentía el músico por el pintor. Además, hay que aprovechar que Vangelis también fue pintaro aunque siempre fue reacio a exponer esta faceta de su vida.
Oceanic, continúa con el estilo creado con 1492 y Voices, creando un disco muy bello de escuchar.
Comienza un nuevo siglo el cual no ha sido muy prolífico en cuanto a publicaciones oficiales, realizándose varias reediciones de algunos de sus trabajos clásicos y pocas publicaciones nuevas y curiosamente, casi todas ellas, relacionadas de alguna forma o otra, con los astros celestiales.
Mythodea, un trabajo que se hizo coincidir su edición (23 de Octubre) con la entrada de la órbita marciana de la sonda espacila Mars Odyssey. En su presentación en concierto, estuvo apoyado por una orquesta, un gran coro misto y dos sopranos, junto, como no podía ser de otra forma, sus sintetizadores.
Rosetta, disco dedidcado por el compositor griego a la misión especial del mismo nombre de la agencia Europea y publicado después de más de 15 años de silencio discográfico.
Juno To Jupiter, último disco oficila publicado por el griego. Está inspirado en la misión espacil del mismo nombre. Un disco donde el compositor parece volver a sus origines musicales con su estilo más electrónico espacial.
Resumir la vida musical en estas pocas plabras del gran músico griego es tarea casi imposible. Atrás han quedado muchos trabajos que no se han publicado oficialmente, numerosas bandas sonoras que a buen seguro que alguna avispadas discográfica aprovechará, multitud de colaboraciones como las que realizó con Montserrat Caballé y cientos de horas que aparecen en infinidad de bootlegs.
Esto es un simple homenaje a la obra de este grandísimo compositor.
Poeta, dramaturgo e narrador, Miguel Sande vén de presentar un novo traballo, unha novela na que se move entre a realidade e a ficción, coa que chegou a ser finalista do último premio Xerais. O feito de que non acadase tal galardón non lle resta mérito a esta proposta, que destaca por situar ao lector nun territorio pouco transitado e mesmo, por veces, incómodo, pero coido que aí é onde radica o seu valor, pois non resulta doado facer tal cousa e, ao tempo, provocar as sensacións que esta novela provoca.
A acción nace dun feito histórico, como son as conversas mantidas en Alxer entre o Estado Español e a banda terrorista ETA durante o cativerio dun empresario, o secuestro máis longo dos cometidos polos radicais vascos. Unha das persoas que participaron nesa negociación vai relatando as súas lembranzas e sensacións, cunha cidade violenta como pano de fondo e un xogo de intrigas políticas como materia prima. A novela está estruturada en catro partes cun alto grao de independencia entre elas, xa que cada unha conta cun relator diferente que nos sitúa en distintos espazos físicos e temporais, mais unha e outra vez, a roda xira ata que nos fai regresar de novo ao hotel de Alxer no que se desenvolveron as devanditas negociacións.
Se dixen antes que a novela se move entre a realidade e a ficción, é porque, a pesar de nacer dun feito histórico contrastado, afástase completamente do estilo documental para construir unha realidade diferente, froito da imaxinación do autor. Iso non significa que careza de rigor documental, nin moito menos, pero quen busque unha novela histótica ao uso deberá procurala noutro sitio. «O negociador» é un exercicio literario, sen máis pretensións, mais un exercicio de excelente calidade.
Respecto da afirmación de que arrastra ao lector a territorios incómodos, prefiro non desvelar máis detalles da trama, pero os lugares e os momentos nos que se sitúan cada unha das catro historias resultan, cando menos, desacougantes: dende un Alxer en armas mentres se negocia sobre a vida dun secuestrado, a un Londres suburbial, homófobo e racista; dende unha residencia de anciáns vapuleada pola covid-19, ata unha «caixa escura» na que practicar sexo (ou non) con descoñecidos. Son lugares pouco transitados que provocan, cando menos, certa inquietude no lector. Mais esas peza que semellan inconexas acaban por encaixar no seu sitio segundo avanzamos cara ás páxinas finais.
Todo isto está revestido dunha prosa moi coidada e con clara vocación de estilo, o que é de agradecer dentro do panorama literario actual. Frases curtas que ás veces se sobrepoñen entre si, acción e reflexión misturadas, palabras precisas e contundentes que se deixan caer coma impulsos do pensamento, son pistas que delatan un traballo longo e meditado. Na linguaxe aparentemente azarosa, agóchase un punto delicado e unha sensibilidade que, a pesar da súa vocación transgresora, reflicte unha fonda preocupación pola sociedade que nos tocou en sorte.
O Concello continúa dando prioridade á formación como ferramenta para unha maior empregabilidade da súa veciñanza. Por este motivo, Ponteareas vén de asinar un convenio de colaboración para sumarse á ‘Aula Mentor’, un programa de formación en liña dirixido a persoas adultas, non regulada, flexíbel e con titorización personalizada dependente do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
“Con esta iniciativa damos un novo paso para mellorar a cualificación profesional dos nosos veciños e veciñas para aumentar as súas posibilidades de inserción laboral achegándolles unha oferta formativa e cultural ampla”, sinala a concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Soage.
A ‘Aula Mentor’ ofrece un gran número de cursos relacionados con temáticas como administración e xestión, formación agraria, artes gráficas, comercio e márketing, electricidade e electrónica, hostalaría e turismo, imaxe persoal, imaxe e son, industrias alimentarias, informática e comunicacións, instalacións e mantemento, sanidade, seguridade e medio ambiente, servizos socioculturais, téxtil e confección, vidro e cerámica ou competencias en idiomas.
O Concello habilitará un espazo no Centro de Desenvolvemento Local de para o desenvolvemento destes cursos en liña, que son certificados polo Ministerio de Educación e Ciencia e as comunidades autónomas tras superar un exame presencial que garante o nivel de coñecementos adquiridos.
O prezo dos cursos será de 24 euros mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses, agás no caso dos que teñen unha certificación de 30 horas, cuxa matrícula inicial será dun mes. A duración dos cursos variará en función da dedicación e experiencia previa de cada alumno ou alumna, aínda que cada curso terá unha duración mínima en función do número de entregas do titor ou titora. Unha vez a ou o estudante finalice todas as actividades do curso, previa autorización da persoa titora, pode presentarse a exame para obter o certificado de aproveitamento.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou hoxe a súa satisfacción pola “dinámica positiva” que experimenta o turismo en Redondela, unha tendencia á alza que vén referendada polos datos ofrecidos pola Oficina Municipal de Turismo “que destacan que na última quincena de maio do 2022, as persoas que solicitaron información nas dependencias turísticas redondelás superan ás que o fixeron no mesmo período do 2019, antes da pandemia da Covid-19”, afirma a alcaldesa.
Segundo os dados correspondentes as demandas de información atendidas na Oficina de Turismo de Redondela ao comezo da tempada, –oncretamente na segunda quincena do mes de maio (dende o 14 ao 31 de maio de 2022), pasaron pola Oficina de Turismo un total de 549 persoas facendo peticións de información, dos cales 340 eran de procedencia nacional, 209 eran estranxeiros e 64 residentes.
En canto o mesmo período, no ano inmediatamente anterior a pandemia, é dicir durante o 2019, pasaron pasaron pola nosa Oficina de Turismo un total de 531 persoas (81 de procedencia nacional, 433 estranxeiros e 17 residentes).
Neste punto, a alcaldesa de Redondela lembrou que “o número de visitantes foi moi superior xa que tal e como se sinala dende diferentes estamentos relacionados co turismo, as aplicacións dos teléfonos móbiles fan que sexan moitas as persoas que buscan directamente os puntos de interese sen pasar polas Oficinas de Turismo”.
O certo, engade Digna Rivas, é que destes resultados “pódese afirmar que comezamos a recuperar os resultados estatísticos de antes da pandemia” que, naqueles momentos, anunciaba un crecemento constante e continuo dos peregrinos especialmente estranxeiros, que pasaban pola vila.
Precisamente este dado é o que marca a pequena diferencia, xa que a recuperación estase notando con mais forza nos peregrinos nacionais, que por outra banda e, a medida que se estabilice a “normalidade” irase recuperando a tendencia internacional dos peregrinos do Camiños Portugueses a Santiago que pasan por Redondela.
Dous perfís turísticos
Polo municipio redondelán pasan, a tenor dos datos recollidos, dous perfís de turistas perfectamente diferenciados: o turista vacacional e o peregrino, sendo este último maioritario en ámbolos dous anos obxecto desta pequena comparativa inicial, coa diferencia de que a recuperación de peregrinos é moito maior no ámbito nacional que o estranxeiro.
Precisamente este perfil de Peregrino é o que determina o horario de apertura da Oficina de Turismo de Redondela, adaptándose a rutina dos peregrinos que chegan á vila ao final da etapa –sexa polo Camiño Portugués pola Costa ou polo Camiño Portugués–, na súa maioría en horario de media mañá, para así poder organizar a súa estancia no albergue ou calquera outro tipo de establecemento hoteleiro e, tamén a seguinte etapa.
A alcaldesa puxo tamén en valor “a cantidade de usuarios locais que cada vez mais pasan pola Oficina de Turismo para informarse das cada vez mais numerosas actividades culturais, medioambientais, e doutras índoles que organiza o concello dentro e fora da súa programación de festas, que de maneira presencial, telefónica o correo electrónico veñen a Oficina de Turismo a informarse e participar”.
O vindeiro sábado día 11 de xuño ás 12:00h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle o evento “Contamaxias” a cargo do mago Paco.
Trátase dun evento de maxia divertida para nenos e nenas a partires do 3 anos de idade cunha duración aproximada duns 50 minutos onde o Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.
Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para
traballar os contos, pero moi, moi divertida!!
Esta actividade está incluída no programa Ler conta moito, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.
A entrada para este evento é libre ata completar aforo.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu na mañá de onte, xunto ao alcalde da localidade, Juan A. González, a Xunta Local de Seguridade do Concello de Nigrán celebrada para coordinar o operativo de seguridade dos festexos de San Xoán. Nela participaron tamén o coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, Simón Venzal, responsables comarcais da Garda Civil e da agrupación de Tráfico e representantes da Policía Local.
A subdelegada explicou que “tal e como se viña facendo ata irrupción da pandemia, Garda Civil e Policía Local levarán a cabo un operativo conxunto para garantir a seguridade durante as tradicionais cacharelas dos días 23 e 24 de xuño”. “Unhas celebracións que se agardan multitudinarias e durante as cales os efectivos das forzas e corpos de seguridade velarán pola seguridade de todos os asistentes, en particular naqueles puntos de maior concentración de xente”, explicou.
Maica Larriba informou que este dispositivo especial deseñado para garantir a seguridade durante as celebracións, contará co traballo de vixilancia da Garda Civil en todos os accesos ás zonas de praia. Ademais, Tráfico disporá de varios dispositivos de control móbil de consumo de alcol e drogas. Pola súa banda, a Policía Local levará a cabo o control e patrullaxe das zonas de maior concentración de persoas para garantir a seguridade de todas e todos os asistentes.
A subdelegada do Goberno destacou que “esa noite mobilizaranse arredor dun centenar de axentes das forzas e corpos de seguridade co obxectivo de velar pola seguridade cidadá, prestando especial atención á seguridade viaria”.
“Nigrán é unha localidade tranquila pero é importante implementar medidas que garantan a seguridade cidadá e a integridade deste espazo natural durante esta celebración, a primeira dun verán que se agarda multitudinario na zona”, concluíu a subdelegada.
“Volvemos con forza, deixamos atrás tempos tristes e, por fin, podemos volver a desfrutar da nosa Festa da Coca nas rúas e coas nosas veciñas e veciños”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas no acto de presentación do programa da Festa da Coca 2022, celebrado na mañá de hoxe na Praza do Concello.
A rexedora local estivo acompañada por Iria Vilaboa, concelleira de Cultura; Thomas Schwartz López, en representación da Danza das Espadas; Mercedes Mouriño, Margarita Vázquez Perello, María Isabel Díaz Rey e Ángeles Virulegio González como representantes das alfombristas e Miriam en representación das Burras da danza Das Burras e as Penlas.
As alfombras florais, a Danza das Espadas e a danza das Burras e as Penlas foron cualificadas pola alcaldesa redondelá como “os tres piares sobre os que descansa a Festa da Coca. A programación cultural e festiva é tamén importante pero sen eses tres elementos non estariamos hoxe aquí nin estariamos a falar da Festa da Coca”.
Digna Rivas agradeceu a presenza das persoas que representaban a cada unha destas tres “tradicións de Redondela que hoxe podemos volver a desfrutar. Deixamos atrás tempos tristes e duros e podemos volver a gozar dunhas Festas da Coca como sempre foron, con rúas enchidas de persoas e de ledicia”.
O acto inaugural das Festas da Coca 2022 terá lugar o mércores 15 de xuño ás 20 horas, na Praza do Concello, coa lectura do Pregón das Festas a cargo de Pilar Martínez, fundadora da ONG Da Aman. A continuación terá lugar o acto solemne de relevo das Penlas e a homenaxe ás e aos alfombristas María del Camen Iglesias Dos Santos, Fermín Figueroa Veiga, Rosa Soliño Barbeito, María del Pilar González Casas e María Luisa Costal Argibay. No acto tamén será homenaxeado José Ramón Núñez Martínez (Danza das Espadas).
O programa elaborado para esta primeira Festa da Coca pospademia, “variado e apto para todos os públicos”, tal e como o definiu a alcaldesa Digna Rivas, ten a música como gran protagonista con concertos –todos eles no Campo da Feira– do Grupo América (mércores 15 de xuño, 22 horas); Orquestra Marbella (xoves 16 de xuño, 22 horas); o grupo local Chaleco Reflectante (venres 17 de xuño, 21:30 horas); Dakidarría (venres 17 de xuño, 22 45 horas); Los Secretos (sábado 18 de xuño ás 22 horas); Orquestra Ritmo Joven (sábado 18 de xuño ás 23:45 horas); e finalmente El Combo Dominicano (domingo 19 de xuño ás 22 horas).
Doutra banda, a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un concerto o mércores 15 de xuño ás 19:30 horas na Praza do Concello, mentres que unha das músicas máis tradicionais, como é a música de banda, terá un claro protagonismo cos concertos que na Alameda Castelao ofrezcan a Banda de Música Municipal de Redondela (xoves 16 de xuño, ás 18 horas); Banda de Música de Arcade (sábado 18 de xuño ás 18 horas) e Banda de Música de Chapela (domingo 19 de xuño ás 18 horas).
Na noite do mércores 15 de xuño ao xoves 16 de xuño, terá lugar a confección das tradicionais alfombras de flores que encherán novamente as rúas redondelás de colorido e aromas florais e que permitirán que, o xoves 16 de xuño, Redondela esperte adobiada de auténticos tapices naturais para dar chegada a un día cargado de actos. Ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Son do Castro. Logo da Misa Maior (Igrexa de Santiago de Redondela ás 12 horas) terá lugar a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música de Redondela e deseguido A Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.As alfombras florais tamén serán protagonistas o sábado 18 de xuño xa que será cando se elaboren nas rúas de Vilavella.
E, como recalcaba a alcaldesa Digna Rivas, un programa “para recuperar a ledicia e a festa na rúa da que nos privou a pandemia” e nese sentido lembraba a rexedora local a celebración –suspendida pola crise do coronavirus– do Encontro de Baile Tradicional Galego.
Reorganizar espazos, mellorar a eficiencia enerxética e contribuír a un maior confort das persoas usuarias. Ese é o obxectivo do proxecto de rehabilitación da residencia de maiores de Ponteareas, unha iniciativa posta en marcha polo Concello coa que se candidatará ás axudas do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que procura a rehabilitación sostíbel de inmobles públicos a través de fondos europeos Next Generation.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila; a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera; e a segunda tenenta de alcaldesa, Chus Garrote, presentaron á veciñanza nun acto de participación social este proxecto que busca a rehabilitación deste edificio construído en 1979 “cun enfoque integral, mellorando a súa calidade, de forma que mellore notablemente tanto a súa utilidade como o confort de todas as persoas usuarias, ademais de conseguir unha mellora na eficiencia enerxética cara a un consumo case nulo que redunde tamén nunha redución dos custos de mantemento”, segundo explicou a rexedora.
Con este novo proxecto, que contará cun investimento total de máis de 1,1 millóns de euros, o Concello continúa a súa aposta “pola mellora de espazos, instalacións e servizos municipais, colocando ás persoas no centro de todos estes progresos”. “Queremos abordar a reforma da residencia de maiores dende un enfoque integral, abordando tamén cuestións como a mellora da accesibilidade, a habitabilidade, a adecuación dos espazos ou a renovación de instalacións e acabados interiores”, como sinala a edil de Benestar.
Entre as accións plantexadas para a rehabilitación do edificio están o illamento térmico do inmoble ou a instalación dun sistema de ventilación con recuperación de calor que permita manter o funcionamento normal do edificio en contextos coma o da COVID-19 sen baixar prestacións e mellorando a calidade do aire. Tamén se renovará a iluminación interior, as instalacións de saneamento e abastecemento, a accesibilidade do acceso principal e dos baños e pecharase o porche situado na fachada oeste para gañar un novo espazo de uso multifuncional durante todo o ano.
Luis Piña, alcalde da Cañiza, visitou hoxe as instalacións da piscina climatizada da vila, acompañado polos técnicos de Civis Global S.L.U., encargados da rehabilitación que comezou o pasado mes de abril.
A un mes do inicio das obras de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL, xa se están rematando as actuacións desenvolvidas sobre as dúas cubertas da instalación. A cuberta inclinada e a plana que suman un total de 1500 m2. Unha obra que mellorará o sistema de climatización da piscina, actuando en todo o tellado para acadar un maior aislamento térmico e reducción de consumos de enerxía.
As obras comezaron o pasado 26 de abril coa retirada da antigua cuberta e dos paneis solares existentes para proceder á instalación dunha nova estructura de chapa e recolocación dos paneis térmicos que aínda que xa están instalados, falta conectalos.
Na cuberta inclinada, nun total aproximado de 900 m2, retirouse o panel de chapa e o de policarbonato e na cuberta plana de 800 m2, se retiraron todos os elementos existentes, a grava, o aislamento e as láminas impermeabilizantes que presentaban un avanzado estado de deterioro. Nestes días a empresa está traballando na colocación e impermeabilización das mesmas, incluindo a realización dunha proba de estanqueidade, enchendo a cuberta con auga para comprobar a súa efectividade.
En paralelo tamén se está executando a estrutura de peche do vaso pequeno da piscina que permitirá incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2.
Ademáis se retiraron os antiguos elementos de gas-oil de producción de calor da sala técnica e se preinstalaron as novas caldeiras de pelets, avanzando tamén na instalación do silo. Outra actuación que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.
As obras avanzan a bo ritmo o que permitirá que nos primeiros meses de 2023 a instalación poida abrirse completamente renovada.
Este luns 6 de xuño será un dos dous días elixidos pola Corporación Municipal como festivo local para este 2022. A data correspóndese co día dedicado á Virxe do Mar, patroa de Oia e coñecida popularmente polo nome de “A Delamar”.
A festividade da Virxe do Mar, de gran tradición en Oia, non ten data fixa por celebrarse o luns seguinte á festa de Pentecostés (que, á súa vez, celébrase 50 días despois da Pascua). Tendo en conta esta particularidade, neste ano a celebración coincide o 6 de xuño.
O outro festivo, para decembro
O outro festivo local en Oia será o 27 de decembro, coincidindo coa festividade dedicada a Santa Uxía, patroa da parroquia de Mougás.
En anteriores anos tíñase escollido o 7 de agosto, día dedicado a San Mamede, patrón de dúas das seis parroquias do municipio: Loureza e Pedornes. Nos anos 2021 e 2022 a posibilidade quedou desbotada por coincidir en sábado e domingo, respectivamente. En 2021 o festivo foi San Miguel, patrón de Viladesuso que se festexa no mes de setembro, e este ano farase a finais de ano, coincidindo coa patroa de Mougás.
A tempada de kitesurf en Galicia non podía comezar de mellor maneira. A enseada de San Simón acolle esta fin de semana a primeira regata oficial de 2022, e faio poñendo en xogo o primeiro Campionato Galego que disputa a clase en formato regata. O TMKiteClub, organizador da regata en colaboración co Concello de Redondela, xa ten todo preparado en Cesantes para recibir a partir de mañá sábado a máis dunha trintena de participantes que pelexarán por facerse co primeiro gran título da tempada.
“Sen dúbida é todo un reto para o noso club e sabemos que as expectativas son altas, pero estamos convencidos de que vai ser un gran campionato”, comeza explicando Tato González, presidente do TMKiteClub. “Cremos que é unha moi boa forma de inaugurar a tempada e estamos moi contentos co nivel de participación que alcanzamos. Esperamos que o vento e as condicións estean da nosa parte e que podamos cumprir co programa previsto para que o domingo teñamos aos campións e campioas de Galicia de 2022”.
Aínda que a comezos de semana os partes non auguraban as mellores condicións para a práctica do kite na enseada, as previsións foron mellorando durante os últimos días e todo apunta a que mañá sábado Cesantes contará co seu habitual vento térmico, polo que a organización conta con poder dar o primeiro bocinazo de saída en torno ao mediodía.
Por diante, dúas xornadas de competición nas que o Comité de Regatas tratará de completar o maior número de probas posible para as categorías Foil, Surf, Twintip e Twintip Feminino. En total, serán 32 os riders vindos de diferentes puntos de Galicia para pelexar por converterse nos primeiros campións e campioas autonómicos da clase, ofrecendo todo un espectáculo na enseada de San Simón que poderá gozarse desde a praia de Cesantes.
O domingo, unha vez finalizada a competición, ás 18:00 horas celebrarase nas instalacións do club a entrega de trofeos.
O Campionato Galego de Kite está organizado polo TMKiteClub Cesantes e o Concello de Redondela, por delegación da Real Federación Galega de Vela e contando coa colaboración de Padthaiwok Vialia, Aceites Abril e Nosatún.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Abel Estévez, quixo trasladar de maneira pública e institucional a noraboa ao equipo Infantil Masculino do PBB pola súa clasificación para o Campionato de España.
O equipo, corpo técnico e membros da directiva do clube porriñés foron recibidos no Concello, onde recibiron un agasallo en nome do seu pobo polo éxito deportivo.
O alcalde eloxiou a traxectoria deste equipo que se proclamou subcampión de Galicia na súa categoría dous anos seguidos. “O noso recoñecemento ao esforzo e dedicación dos xogadores, corpo técnico e directivo”, apuntou Lorenzo animándoos a seguir na mesma liña, “O tesón, o traballo e o compañeirismo do que faceles gala levaravos a alcanzar as metas que vos propoñades. Entre elas, estou seguro, a de pechar un bo resultado no campionato de España”. “O voso pobo está moi orgulloso de vós”, concluíu.
“Dende a concellería de Deportes estamos moi orgullosos da labor desempeñada polo Porriño Baloncesto Base, que ademais foi moi especial para nós porque organizamos no Porriño a fase que lles deu o subcampionato galego”, manifestou o concelleiro de deportes, “Desexamos que neste nacional o noso equipo chege o máis lonxe posible e, sobre todo, que os xogadores vivan esta experiencia con intensidade”.
Haile, Martiño, Mauro, Alberte, Daniel, Germán, Adrián, Mateo, Marco e Daniel, o equipo dirixido por Rubén Vigo e Yannés Vigo trasladarase a Marín a disputar o nacional entre o 5 e o 11 de xuño.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que subliña que trala alarma de principios desta semana, a situación do mildio nas viñas da rede revisada é máis tranquila do previsto, de xeito que se detectou algunha mancha nova ou zona de avance nas antigas, pero sen niveis alarmantes. Neste senso, desde a EFA sinalan que neste momento, a maioría das viñas xa estarán protexidas por un novo tratamento, pero dada a recorrencia de condicións favorables á enfermidade desde hai semanas que provocan ciclos constantes e solapados de infección, poden seguir aparecendo novas manchas. De aí que a súa recomendación para esta semana sexa realizar todas as labores de cultivo (podas en verde, desnetados, roza da vexetación do solo) que leven a garantir a mellor aireación posible a nivel das viñas e consecuentemente a reducir un risco de infección aínda importante.
O aviso tamén sinala que, no caso do oídio, aínda que esta semana non se atoparon indicios desta enfermidade, co recente período de precipitacións e dada a fenoloxía da viña, é probable que poidan aparecer os primeiros síntomas en albariño. Tamén sinala que se detectou esta semana unha presenza máis frecuente de síntomas de Black rot en folla, en especial naqueles predios próximos a plantas abandonadas tamén sintomáticas, de xeito que recomenda ás persoas viticultoras estar alerta, xa que comeza o período de maior sensibilidade ao fungo. Areeiro tamén incide no seu aviso noutras incidencias nas viñas, como o aumento do número de glomérulos (niños da primeira xeración) das avelaíñas do acio.
Por outra banda, o aviso tamén se refire á bolboreta do buxo, para recomendar o incremento da vixilancia deste arbusto, xa que se detectaron en Areeiro as primeiras postas da bolboreta, que están a punto de eclosionar.
Ponteareas recibirá esta fin de semana case un cento de deportistas que disputarán o Campionato Galego de Bádminton nas categorías sub 9 e sub 19. Organizado polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello o certame reunirá a rapaces e rapazas de todas as provincias galegas que buscarán facerse un oco no podio.
A competición comezará o sábado 4 de xuño ás 10.00 horas no pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino, no que se celebrarán diversos partidos ao longo de toda a xornada. A organización ten prevista realizar a entrega de premios da categoría sub 9 ás 14.00 horas, mentres que a sub 19 será sobre as 20.00 horas, aproximadamente.
O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, amosou unha vez máis o orgullo do Concello por “ser sede dun campionato galego de bádminton no que as nosas e nosos deportistas poderán demostrar todo o que se está a facer no deporte base en Ponteareas. O edil convidou tamén a veciños e veciñas a achegarse ás instalacións deportivas e desfrutar da xornada, que será aberta a todo o público con entrada libre e de balde.
Pola súa banda, neste campionato o Club Bádminton Ponteareas participará con seis deportistas, con Eva Lemos, Mar Rey e Wencer Lemos na categoría sub 9 e con Nuria Domínguez, Zaida González e José Vaqueiro na sub 19. Dende o club queren dar as grazas ao Concello, á Federación Galega de Bádminton e a todas as entidades e empresas colaboradoras por apoialos na organización do encontro.
35 rapaces do IES Pazo da Mercé das Neves, desenvolverán este luns, 6 de xuño, unha actividade deportiva no medio natural do río Miño. Durante toda a mañá recoñecerán diferentes especies autóctonas de ribeira, comprenderán o valor deste ecosistema e o seu papel ecolóxico. Ademais, analizarán a súa importancia como barreira natural contras os lumes, coma os que tiveron lugar no 2017 nesta zona.
Mediante a actividade deportiva en contacto coa natureza, preténdese unha maior toma de contacto coa realidade e que a mocidade pase á acción na loita polo coidado do planeta.
‘As Neves verde autóctono’
Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “As Neves verde autóctono” que foi seleccionado entre máis de 50 de toda España pola organización de Ayuda en Acción como gañador das subvencións 1Planet4All, que financiarán con 24.000 euros seis proxectos de acción climática liderados por xóvenes en toda España.
Os 14 participantes do Consello Climático Xuvenil de As Neves foron os impulsores desta iniciativa que ten como obxectivo formar, concienciar e levar a cabo accións para a loita contra o cambio climático. Despois de plantar 200 árbores en Taboexa no mes de Marzo, esta semana percorrerán o baixo Miño para familiarizarse con especies autóctonas de ribeira e levarán tamén a cabo outras actividades de concienciación para o consumo responsable.
“A resposta fronte a emerxencia climática non pode ignorar a quen sufrirá as súas maiores consecuencias: a mocidade. Por iso, en 1Planet4All impulsamos iniciativas como As Neves Verde Autóctono deseñadas por e para mozos e mozas que queren pasar á acción polo planeta”, afirma Begoña Rodríguez, responsable de 1Planet4All en España.
Proxecto europeo 1Planet4All
Esta iniciativa forma parte de 1Planet4All, un proxecto financiado pola Unión Europea que busca formentar o compromiso de máis de oito millóns de mozos e mozas en resposta fronte a crise climática. Ayuda en Acción, é a ONG que lidera en España este proxecto que tamén se está desenvolvendo noutros 12 países europeos da man dous 13 ONG de cooperación e axuda humanitaria.
A Coordinadora ‘Eólica Así Non’ acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentable co medio ambiente. Tras o anuncio público da convocatoria da marcha, o pasado 25 de maio, sumáronse a esta causa outras 32 entidades a maiores das que xa participaron en anteriores mobilizacións convocadas pola coordinadora e que recibiron un multitudinario apoio, como a manifestación do 5 de xuño de hai un ano, ou a celebrada en todo o país con motivo do Días das Montañas, o pasado 11 de decembro.
Resulta cada vez máis evidente a falta de planificación e ordenación do actual desenvolvemento de enerxías renovables, nomeadamente a eólica, que volve colocar a Galicia nunha situación de extrema ameaza ambiental e social, tanto en terra como no mar, baixo a escusa dunha “transición ecolóxica”, dirixida actualmente polas grandes multinacionais da enerxía coa conivencia e sumisión das administracións públicas. Máis de 275 proxectos eólicos, coas súas liñas de evacuación, están actualmente en tramitación na Xunta que, sumados aos proxectos de competencia estatal, xa superan os 300. Ante tal espolio eólico do territorio galego e a falta de amparo por parte das administracións públicas, máis preocupadas en dar facilidades ás grandes coorporacións depredadoras, non é de extranar que cada vez sexa máis amplo o rexeitamento social da poboación galega ao actual modelo enerxético.
Por iso, o vindeiro domingo, 5 de xuño, coindicindo co Día Mundial do Medio Ambiente, as máis de 200 organizacións que forman parte de Eólica Así Non convidan á sociedade galega a participar nunha grande mobilización en Santaigo de Compostela co obxectivo de manifestar o apoio ás fontes de enerxía renovable, pero a través dun modelo enerxético de implantación xusto e sustentábel, concibido para dar servizo ao pobo e ao interese público e no que teña cabida o autoconsumo e outras formas de produción alleas ao oligopolio enerxético. No Manifesto “Temos Alternativa!”, a Coordinadora establece 9 principios fundamentais sobre os que se debe construír a alternativa enerxética do país:
Protección da Natureza
Preservación dos caladoiros de pesca e corredores ecolóxicos mariños
Coidado do Patrimonio
Compatibilidade coa soberanía alimentaria
Aforro e eficiencia enerxética antes que aumento da xeración
Soberanía sobre os nosos recursos fronte ao espolio enerxético
Planificación enerxética con fins socioambientais e ao servizo do país
Participación pública activa
Preservación da saúde pública
As adhesións de novas entidades ou colectivos á Coordinadora Eólica Así Non e á manifestación “Temos Alternativa!” do vindeiro domingo, pódense seguir facendo no formulario: https://bit.ly/adhesions5x.
A manifestación tamén conta co apoio de persoas recoñecidas de Galicia de diferentes artes e disciplinas culturais que nos últimos días axudaron á coordinadora Eólica Así Non a alentar á sociedade galega a participar nesta gran marcha por un modelo enerxético alternativo: Son da Rúa, Dios Ke Te Crew, A Banda da Loba, Xurxo Souto ou Toñito de Poi, grupo ITH, do eido musical; escritoras e contadores como Luz Fandiño, Suso de Toro, Iván García, Valentín Carrera, Olga Novo, Celso Sanmartín; ou personalidades ligadas aos mundos do teatro, cine e televisión como Quico Cadaval, Vitor Mosqueira, Rocío Barrio, Melania Pérez Cruz, Margarita Ledo, Mónica Caamaño, Anxo Baranga, Mabel Rivera, Enrique Banet, Nieves Rodríguez, Gloria Mascuñana, entre outros.
Servizo de buses para a manifestación
As persoas que desexen achegarse á manifestación do domingo poderán facelo nalgúns casos a través de servizos gratuitos de autobuses que porán á disposición dos manifestantes algunhas das plataformas veciñais e concellos afectados pola actual vaga eólica.
Poderán facer uso destes servizos aquelas persoas ou colectivos que procedan das seguintes localidades e comarcas:
O Morrazo. Teléfonos para reserva de praza: Cangas (676 479 447), Marín (676 011 319), Bueu (616 784 273), Moaña e Vilaboa (662 094 951).
Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis e Mesía. Tfno reservas: 643 704 706.
A Pastoriza-Meira-Lugo. Teléfonos para reservas: 677 490 669.
Percorrido con destino á Praza do Obradoiro
O percorrido da marcha dará comezo ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela e discorrerá polas rúas do casco histórico (Rúa da Senra, Praza de Galicia, Rúa Doutor Teixeiro, Rúa República do Salvador, Rúa do Hórreo, Rúa das Orfas, Cantón do Toural, Rua do Vilar, Rúa Xelmirez, Rúa de Fonseca, Rúa do Franco) con destino de chegada na Praza do Obradoiro.
Ao pé da Catedral de Santiago terá lugar a lectura do manifesto “Temos alternativa!” a cargo dunha representación da extensa lista de plataformas veciñais de afectados que hoxe en día están a sufrir de forma máis directa os efectos da actual invasión eólica. O acto estará conducido pola actriz Isabel Risco e o contactontos Lois Pérez, acompañados dun grupo de música tradicional.
Desta volta, Eólica Así Non pretende encher a Praza do Obradoiro con milleiros de manifestantes como xa conseguira hai agora un ano, tamén con motivo do Día do Medio Ambiente e contra a invasión eólica, co obxectivo de dar visibilidade ao gran rexeitamento social de Galicia ao actual modelo enerxético e á necesidade imperiosa de procurar unha alternativa máis xusta e sustentable.
A aula CeMIT de Ponteareas entra no mes de xuño cunha morea de novos cursos de balde para todos os públicos, actividades diferentes relacionadas con temas actuais coas que achegar as novas tecnoloxías a persoas de todas as idades, reducindo a fenda dixital, “achegando ás persoas maiores ferramentas que poden empregar na súa vida cotiá e facendo que a mocidade goce delas dun xeito responsable e divertido”, explica Benito Márquez, concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
A programación mensual da aula arrancou cun curso sobre as compras en internet que se impartiu do 1 ao 3 de xuño. A vindeira semana, a formación estará centrada na iniciación ás redes sociais cun curso que terá lugar do 7 ao 10 de xuño, seguido dun taller sobre creación de blogs con Bloggler do 14 ao 17 de xuño.
Os días 21, 22 e 23 de xuño as persoas interesadas poderán aprender a usar a nube e a manexar Dropbox e Drive. Ademais, o programa rematará do 28 ao 20 de xuño cun curso de Robótica Lego dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, co que poden comezar as vacacións estivais dun xeito lúdico e educativo. Por outra banda, o 6 de xuño realizaranse probas presenciais exclusivas para as persoas que remataron algún curso de teleformación na plataforma EMA.
As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os luns.
O Camiño do Cardal e a Estrada de Ferreiros será o epicentro do ciclismo esta fin de semana. O concello acolle este sábado 4 de xuño o XVI Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista O Rosal en colaboración co Concello, a Federación de Ciclismo Galego, a Fundación Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia e que conta co patrocinio de outras entidade e empresas.
Máis de 260 deportistas de 3 a 18 anos participarán nesta proba “que enche o noso municipio de deporte. É unha ledicia ver as rúas cheas de novos e novas ciclistas, unha canteira que vén pisando con forza”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante a presentación da carreira. No acto estivo acompañada polo xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e por parte da directiva do Club Ciclista O Rosal.
A proba sairá ás 16.00 horas do Camiño do Cardal e contará cunha oficina permanente na Estrada de Ferreiros. A cita congregará a participantes de varios clubs de ciclismo galegos que competirán nas categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, cadetes e juniors, todas con categoría masculina e feminina.
A rexedora quixo agradecer en nome do Concello o inestimable labor do Club Ciclista O Rosal para seguir organizando no municipio campionatos que atraen a moito público afeccionado ao ciclismo, así como a inestimable colaboración da veciñanza na celebración desta proba deportiva.
O Concello de Nigrán acolle o domingo 5 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a estrea da obra de Teatro do Ar ‘Lonxe dos teus abrazos’, peza que ven de obter unha Mención Especial nos Premios Buero Vallejo de Teatro Joven. Trátase dunha comedia romántica creada polo director do grupo, Pedro Rodríguez Villar, e na que se reflexiona sobre se paga a pena unha relación amorosa a distancia. A entrada é de balde ata completar aforo e, ao remate da función, establecerase un pequeno coloquio co público.
A representación forma parte do convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), repetindo así a boa experiencia de 2021. Deste xeito, o Concello achega 7.000 € que permiten traer a Nigrán dez obras de compañías de teatro afeccionado de toda a comunidade. Así, as funcións continúan o 12 de xuño con Farándula Velutina, ademais doutras representacións noutras datas todavía por definir.
Teatro do Ar
Teatro do Ar ven de recibir o Premio Nigrán ao Mérito Cultural 2022. o soño dun grupo de mozos e mozas de Nigrán que, cando remataron a Educación Secundaria no CPI Arquitecto Palacios, decidiron crear unha compañía teatral onde expresarse libremente. Este ano cumpren 10 anos traballando pola cultura en Nigrán e cun futuro moi ilusionante. Ata o de agora xa levan case unha vintena de obras presentadas. Ademais, crearon este curso xunto ao Concello de Nigrán a primeira escola de teatro municipal. Acumulan varios recoñecementos destacados: finalistas dos premios Xuventude Crea 2020 e mención destacada nos Buero Vallejo de Teatro Joven 2021 que organiza Coca Cola. “Apostamos por un teatro propio para trasladar á toda a xente que nos ve a nosa forma de entender esta arte e o mundo que nos rodea”, explica o seu director e dramaturgo, Pedro Rodríguez. Traballan todos os xéneros e agora, ademais de preparar dúas obras novas para presentar durante este ano, están a organizar un forte programa de teatro social para facer a arte accesible. A súa gran calidade, iniciativa, compromiso e xuventude fainos máis que merecedores deste Premio Nigrán 2022.
Coa celebración do Corpus Christi ás portas, o Concello en colaboración coa Asociación de Alfombristas de Ponteareas comeza unha campaña de promoción para achegar esta Festa de Interese Turístico Internacional máis alá da vila. O pistoletazo de saída foi este mesmo xoves 2 de xuño coa participación na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda, onde o Concello porá a disposición dos e das visitantes un stand informativo no que durante catro días persoal experto achegará información turística tanto do Corpus como de Ponteareas en xeral.
Para acompañar este stand, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi realizaron unha das súas creacións de arte floral efémera co Camiño de Santiago como progatonista. A alfombra poderá ser visitada polo público durante os catro días que durará a feira.
“Queremos que o público que aínda non coñeza a nosa vila e o Corpus descubra todo o que podemos ofrecer en Ponteareas. E animamos a todo o mundo a compartir con nós a nosa festa grande nesta volta á normalidade tras dous anos de pandemia, a volta a días de traballo, de goce e de arrecendo a flores que vivimos con intensidade”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
A campaña continuará esta fin de semana no centro comercial Vialia de Vigo, onde a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas creará este sábado 4 de xuño unha nova peza de seis metros de diámetro preto da entrada principal. As e os alfombristas empregarán materiais secos, buganvílea, tuia verde moída e outros materiais para crear unha alfombra que perdure ata o vindeiro 20 de xuño. Esta arte efémera irá acompañada da exposición ‘O Corpus no tempo’, unha mostra fotográfica que recolle 20 imaxes con alfombras dos diferentes tramos.
A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’ ao CEIP Pazo da Mercé de As Neves por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico. O centro de ensino recibe o distintivo xusto na semana previa á conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente por ter participado no programa provincial de compostaxe dende o curso 2017-2018: a día de hoxe toda a comunidade escolar (profesorado, persoal de cociña, alumnado…) está concienciada da necesaria separación dos biorresiduos para valorizalos e producir compost, amosando así un compromiso co medio no seu facer diario.
A entrega do distintivo produciuse coa presenza do alcalde de As Neves Xosé Manuel Rodríguez Méndez, do concelleiro de Medio Ambiente Óscar González, a mestra composteira Victoria Varela, o persoal do CEIDA que realiza actividades divulgativas de compostaxe co alumnado, persoal de cociña, profesorado, así como todas as nenas e nenos do centro, moi agradecidos polo recoñecemento.
O CEIP Pazo da Mercé comezou a participar no programa Revitaliza no curso 2017-2018. Entón o colexio dispoñía de dous composteiros individuais de gran tamaño, que pronto quedaron pequenos pola boa participación e uso. En febreiro de 2019 xa foi necesario instalar un centro de compostaxe comunitario que, a día de hoxe está a pleno rendemento. Cada mes énchese o módulo principal de achega e iníciase un novo proceso de compostaxe, que vixía e supervisa a mestra composteira Victoria Varela.
As achegas de orgánicos proveñen principalmente dos restos de cociñado e do comedor escolar que hai no centro, que atende a uns 150 rapaces e rapazas de luns a venres. Tamén se achegan os biorresiduos dos caldeiros de fracción orgánica que hai nas aulas e no patio.
Unha vez se produce o compost, é utilizado para as actividades do centro: os cultivos de horta que se realizan nos seis bancais que están no patio do colexio. Cada un deles pertence a un curso escolar para que de maneira demostrativa a rapazada poida coñecer como se fai un cultivo e como se pecha o círculo, “devolvendo á terra o que é da terra”.
O ‘selo Revitaliza’ do CEIP Pazo da Mercé non é o único entregado pola Deputación dentro do municipio de As Neves. O pasado mes de febreiro tamén se entregou outro á EFA A Cancela, o centro de formación profesional concertado. Alí participa no proxecto o alumando de Industrias Alimentarias, para o que a iniciativa suma na súa aprendizaxe profesional no mundo da gastronomía, considerando a economía circular como un contido transversal na formación.
O vicepresidente César Mosquera, responsable do Plan Revitaliza, deu os parabéns ao colexio e lembrou que os negocios, colexios ou entidades de calquera tipo que teñan un “excelente en compostaxe” por cumprir os parámetros establecidos polo persoal do Plan Revitaliza poderán lucir nas súas portas os anagramas do Revitaliza, e tamén o distintivo personalizado, tal e como se fai con outras redes de calidade (Michelín, Tripadvisor…).
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona abre mañá o prazo para inscribirse no campamento urbano que se celebrará no mes de agosto. A actividade é gratuíta e está destinada a menores de 5 a 12 anos. O prazo de solicitudes estará aberto do 3 ao 23 de xuño.
A concellería organiza esta actividade para ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de actividades de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia entre as persoas máis pequenas. Para a celebración das actividades establécense dúas quendas no mes de agosto: do 1 ao 12 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. Os horarios serán de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas e haberá 30 prazas por quenda.
Durante o campamento desenvolverase un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado. Haberá distintas clases de xogos: de presentación, de cooperación, de integración…visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila. Entre as actividades están programadas as visitas á Carabela Pinta, á Casa da Navegación, á Virxe da Roca, ao Parador de Turismo Conde de Gondomar, á Estatua de Martín Alonso Pinzón, ao monumento “Atopo entre dous mundos”, ao porto… Tamén se realizará un tramo do Camiño Portugués pola Costa, unha recollida de residuos na praia e unha festa temática cada fin de quenda, etc. A recepción dos participantes sempre terá lugar na Praza do Concello.
Os participantes deben ter entre 5 e 12 anos e unicamente optará a unha quenda, excepto no caso de que queden prazas. A solicitude pode ser individual ou múltiple (no caso de irmáns ou irmás).
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Baiona ou na Sede electrónica (baiona.sedelectronica.gal), xunto coa copia do DNI ou libro de familia e a copia da tarxeta sanitaria do menor, do 3 ao 23 de xuño de 2022. Para a presentación presencial de solicitudes no Rexistro Xeral do concello é necesario solicitar cita previa chamando ao teléfono 986356779.
No caso de solicitudes presentadas pola Sede electrónica, estas poderán presentarse en calquera hora ou día durante a vixencia do prazo de solicitudes.
Os formularios de solicitude poden descargarse da sección taboleiro de anuncios da páxina web municipal (www.baiona.gal) e na propia web na sección de “ novas” ou ser solicitados en formato papel na oficina de Rexistro con cita previa, ou no correo [email protected]
A adxudicación de prazas será directa no caso de que o número de solicitudes presentadas non supere ao número de prazas ofertadas. No caso de que o número de solicitudes presentadas supere ao número de prazas ofertadas, realizará mediante un sorteo público, que terá lugar o 30 de xuño de 2022 e con anterioridade ao sorteo, publicarase a lista de admitidos ou excluídos na web do concello (www.baiona.gal).
Os nenos e nenas que non dispoñan de praza, pasarán a formar parte da lista de espera, coa finalidade de cubrir as baixas que se poidan producir.
Máis información na Concellería de Cultura, ou no teléfono 986385921, ou en [email protected].
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona informa da apertura do prazo, desde hoxe mesmo 2 de xuño ata o 20 de xuño (ambos os incluídos), para solicitar autorización para os particulares que queiran realizar fogueiras o día de San Xoán.
As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00 h a 13:00 h para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986356779. Tamén se poderá realizar a solicitude a través da sede electrónica da páxina web municipal www.baiona.gal.
Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono…así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.
O Concello de Mos asinou esta mañá os convenios de colaboración para as subvencións anuais a entidades sociais mosenses incluídas no orzamento municipal para este 2022. Trátase dos 2 convenios coas asociacións, AECC (Asociación Española contra o Cancro) Xunta Local de Mos e ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos. No acto de sinatura estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, as presidentas das entidades beneficiarias, Magdalena Domínguez Castro, presidenta de AECC Mos, e Encarnación Vila Romero, presidenta de ASOMAMOS, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro. O Concello colabora tamén con diferentes acordos e iniciativas con outras entidades sociais que non son mosenses, como por exemplo: ACEESCA, COGAMI, Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui, etc.
Os convenios de colaboración entre o Concello de Mos e entidades sociais do municipio asínanse anualmente, coa finalidade de contribuir a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto social de cada unha delas durante o ano. Nestas 2 subvencións a administración local mosense inviste 3.000 euros anuais neste 2022, 1.500 euros para cada unha das asociacións.
Respecto dos beneficiarios cómpre destacar “a súa valía como valedores de colectivos vulnerables como poden ser os enfermos de cancro e as súas familias, ou os nosos maiores, servíndolles de apoio e prestándolles asesoramento, información e promovendo actividades e iniciativas que contribúen á mellora da súa calidade de vida. O tecido social forte e comprometido é fundamental en toda sociedade e, por suposto, no Cocello de Mos, por elo tanto AECC como ASOMAMOS son un verdadeiro orgullo para esta administración local, polo seu traballo, a súa implicación e polo beneficio social inmenso que co seu labor lle reportan á sociedade mosense” declararon a rexedora local e a edil de Política Social e Igualdade, Arévalo e Cebreiro respectivamente.
O cineasta rosaleiro Gon Caride segue a ser profeta na súa terra. O galardoado director desembarca de novo no Baixo Miño para estrear o seu novo filme, ‘O Grilo’, no territorio que o veu nacer e crecer: O Rosal e Tomiño. As primeiras sesións serán esta mesma fin de semana no auditorio municipal rosaleiro con dobre pase o domingo 5, o primeiro ás 20.00 h e o segundo ás 21.00 h, para que o público poida desfrutar deste documental que ten á Morte como protagonista. En Tomiño a proxección da curta formará parte da programación de outono.
Para o Concello do Rosal é todo un orgullo poder acoller o estreo do traballo “dun gran profesional e un gran veciño, un artista que enriquece as nosas vidas coas súas creacións e que, con elas, é embaixador da cultural do noso municipio e do Baixo Miño polo mundo”, salienta a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández Callís.
Pola súa banda, a rexedora tomiñesa, Sandra González, destacou a importancia “de dar visibilidade e apoiar aos grandes talentos que temos nos nosos concellos e amosar ao resto de veciños e veciñas que dende o rural poden terse e cumprirse grandes soños. É un orgullo que os actores e actrices da curta, nenos e nenas, saíran da Escola Municipal de Teatro, porque demostra que apostar pola cultura de base ten o seus froitos”.
Con ‘O Grilo’, Gon Caride recolle a lenda que conta que a Morte cada cen anos convértese en persoa e por un día convive coa veciñanza para entender mellor a aqueles e aquelas que terá que vir a recoller. Unha curtametraxe narrativa diverxente que habita entre a ficción, o documental e o founf footage para plantexar ao público unha reinterpretación da figuura da Morte. Como explica o director, “con esta curta realizamos unha viaxe melancólica a un pasado que nunca existiu para reformular un futuro ao que nos aterra ter que enfrontarnos”.
Cunha dilatada bagaxe internacional, Gon Caride rodou a súa primeira curtametraxe, ‘October’, en Polonia, con fala rusa, peza que foi seleccionada por varios festivais internacionais e tamén polo Instituto Cervantes dentro do seu programa itinerante “El Nuevo Talento del Cortometraje Español”. Despois chegaron ‘Impermanencia’ e ‘Deux Options’, que foi seleccionada en máis de 55 festivais internacionais e acumula 9 premios de prestixio, entre eles, mellor guión e mellor actuación masculina no Festival de Cans, mellor curtametraxe no Kazan International Muslim Film Festival (Rusia) e mellor director e mellor drama nos Independent Short Awards (EEUU).
As rexedoras animan a toda a veciñanza a achegarse a calquera das citas programadas no Rosal e Tomiño e a gozar deste corto son sabor local.
O pavillón municipal do Porriño acolleu onte a Copa Galicia de Baloncesto adaptado para a categoría XOGO da Federación Galega de Deporte Adaptado. Ao longo de toda a mañá disputáronse seis partidos nas instalacións do polideportivo municipal.
Foron catro os equipos que se xogaron o campionato: Aceesca, Aspavi, San Rafael e Juan XXIII. Estes últimos foron os que se fixeron co primeiro posto, seguidos dos locais.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, achegáronse ao pavillón a disfrutar desta mañá de deporte e foron os encargados de entregar os trofeos aos xogadores e xogadoras. “O meu recoñecemento público a estes deportistas que saen á cancha a dalo todo e á vez, sen pretendelo, a darnos unha lección de superación e empuxe”, afirmou o alcalde, “Son verdadeiros campións e campioas todos eles”.
As difíciles relacións económicas e de propiedade que existían en Galicia crearon situacións de tensión que, nalgunhas ocasións, remataron con actos violentos que conmocionaron á comunidade. O historiador ponteareán Francisco Candeira recolle e analiza estas complicadas situacións no seu libro ‘Crimes antigos na Galicia rural’, que presenta este venres 3 de xuño na Biblioteca Municipal de Ponteareas nun acto a partir das 20.30 horas aberto ao público e con entrada libre.
No seu libro, o autor recupera para a memoria colectiva tres actos criminais cometidos en terras do Condado entre 1911 e 1937, unha época na que por razóns de poder político, de intereses económicos ou de incultura desatáronse os máis primitivos instintos que conduciron a traxedias privadas e escándalos públicos.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a achegarse á biblioteca municipal e coñecer esta obra de grande intensidade que devolverá ao público asistente ao pasado.
O Balneario de Mondariz acolle estes días a gravación de “La Caja de Arena” unha produción que se rodará entre maio e setembro de 2022 dividido en tres etapas. O Gran Hotel da vila termal, a Fonte de Gándara, os edificios do Balneario de Mondariz e os xardíns que rodean o complexo termal galego son protagonistas nesta rodaxe que trata a contorna natural como un personaxe máis d da historia. “La Caja de Arena”, consta dun período de pre produción de 6 meses onde alumnos e alumnas de Acting School Galicia traballaron nos seus personaxes como parte da formación do seu curso de interpretación 2022.
O mediometraxe profunda na psique humana e nos procesos cognitivos da mesma, analizando como a mente pode perderse entre realidades e non ser consciente do que sucede no mundo real, como sombras proxectadas sobre un lenzo. Fala da perda dun ser querido, a ira máis visceral e as complexas emocións do perdón.
Unha historia que traslada a acción á visita á vila termal dunha escritora de investigación, atormentada polo insomnio e a depresión e que leva meses obsesionada coa misteriosa desaparición dun adolescente. Agora unha nova testemuña accedeu a falar con ela. “A Caixa de Area” é en definitiva unha viaxe fascinante entre Galicia e Illas Canarias por un carreiro nas profundidades da mente humana para esclarecer un enigma, e dar sentido a eses soños imposibles que nosa protagonista ten sobre o “mozo de vermello” e “a muller da tormenta”.
Alejandro Pacheco, fundador e profesor en Acting School e realizador en The Gallery Studio, produtora novel que xa conta no seu primeiro ano con grandes proxectos a nivel nacional entre os que destacan, é o responsable deste proxecto. Pacheco, autor de “Tesouro das Seis Caras”, unha longametraxe dispoñible en Flixolé/Prime Vídeo de Amazon, “Annie West”, unha serie de ficción en rodaxe e “A Lenda de Breogán” con colaboracións como as de Alfonso Agra, trata de potenciar con este novo traballo os valores cinematográficos galegos máis novos, Acting School Galicia é unha escola de actuación e interpretación de Vigo. Dentro da escola realizan diversas actividades cos seus alumnos. Nestes momentos están a traballar nunha película e 6 curtametraxes.
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da tradicional ‘Festa da Bicicleta’ o próximo domingo 5 de xuño.
Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos esta 32 edición. Recuperarán o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente.
A saída de Baiona realizarase a partir das 10:45 dende a entrada do Parador. A partir desta hora procederáse a dar saída ao grupo de ciclistas dunha forma controlada pola PO-552 con destino ao Pavillón de Deportes de Panxón. Tras a entrega de premios faráse o regreso a Baiona no mesmo xeito ca saída. Estímase que o pelotón baionés chegue a Vila en torno as 14:00 h. Trataráse dun corte dinámico da circulación.
As persoas participantes deberán presentarse o menos 45 min antes da saída coa súa bicileta e casco (obrigatorio para participar) para poder inscribirse e recoller o seu dorsal definitivo.
O día 1 de xuño é a data escollida na que o albergue municipal da Guarda recupera a normalidade no seu funcionamento retirando as restricións que se mantiñan por responsabilidade ante a particularidade e sensibilidade deste servizo.
O albergue recibe peregrinos de todas as procedencias polo que se mantivo a cociña pechada e o aforo limitado ao 50% a pesar de que a Consellería de Sanidade foi aliviando progresivamente as restricións a este tipo de aloxamento. A Guarda, como vila turística, dispón doutros establecementos turístico estando a oferta de aloxamento en inverno e primavera asegurada.
A piques de comezar o verán volvese ao funcionamento normal do albergue para así acoller ao peregrinos que realicen a súa etapa de descanso na nosa vila. O albergue conta con 36 prazas distribuidoras en dúas habitacións e a cociña como espazo común.
Ademais de recuperar todas as prazas dispoñibles e de abrir de novo a cociña ampliase o horario de admisión ata ás 20:30h.
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago no mes de maio recolleron a Compostela máis de 34.000 peregrinos e 1.686 realizaron o Camiño Portugués da Costa manténdose o noso camiño no 4º posto dos camiños a Santiago.
Este vindeiro sábado 4 de xuño terá lugar o IV Concurso de Solistas da Escola de Música de Xinzo (ESMU) no auditorio do Centro Cultural da parroquia. Tras anos consecutivos celebrando con éxito esta cita, os músicos da ESMU volverán subirse ao escenario a partir das 17:00h da tarde para interpretar a obra da súa elección coa que deleitar tanto ao público como ao xurado, este último encargado de proclamar aos gañadores.
Os participantes, xa inscritos previamente, dividiranse en tres categorías diferentes —A, B y C, dependendo do nivel de cada músico—. Na categoría A agrúpanse aqueles matriculados en primeiro, segundo ou terceiro nivel elemental; na B, os de cuarto nivel elemental e os de nivel complementario que non cumprisen aínda os 18 anos; e na categoría C, alumnos de nivel complementario que excedan a maioría de idade.
No que respecta aos premios, tan só os participantes da categoría A serán todos recompensados con agasallos. Pola contra, os das categorías B e C recibirán unha axuda económica para a compra de material —30 €, 40 € ou 50 €, dependendo do posto conseguido—. Ademais, o gañador do primeiro premio terá a oportunidade de participar como solista nun dos concertos da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
O xurado do concurso estará formado por Javier Blanco, director da Banda de Música de Xinzo, e Branca Represas e Manuel Cima, ambos músicos veteranos desta agrupación.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.