11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela recupera o pulo turístico que tiña antes da pandemia e medra...

    Redondela recupera o pulo turístico que tiña antes da pandemia e medra no número de visitantes

    O número de persoas que pasaron polas instalacións municipais de turismo durante a última quincena de maio de 2022, superan aos visitantes do mesmo período do 2021

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou hoxe a súa satisfacción pola “dinámica positiva” que experimenta o turismo en Redondela, unha tendencia á alza que vén referendada polos datos ofrecidos pola Oficina Municipal de Turismo “que destacan que na última quincena de maio do 2022, as persoas que solicitaron información nas dependencias turísticas redondelás superan ás que o fixeron no mesmo período do 2019, antes da pandemia da Covid-19”, afirma a alcaldesa.

    Segundo os dados correspondentes as demandas de información atendidas na Oficina de Turismo de Redondela ao comezo da tempada, –oncretamente na segunda quincena do mes de maio (dende o 14 ao 31 de maio de 2022), pasaron pola Oficina de Turismo un total de 549 persoas facendo peticións de información, dos cales 340 eran de procedencia nacional, 209 eran estranxeiros e 64 residentes.

    En canto o mesmo período, no ano inmediatamente anterior a pandemia, é dicir durante o 2019, pasaron pasaron pola nosa Oficina de Turismo un total de 531 persoas (81 de procedencia nacional, 433 estranxeiros e 17 residentes).

    Neste punto, a alcaldesa de Redondela lembrou que “o número de visitantes foi moi superior xa que tal e como se sinala dende diferentes estamentos relacionados co turismo, as aplicacións dos teléfonos móbiles fan que sexan moitas as persoas que buscan directamente os puntos de interese sen pasar polas Oficinas de Turismo”.

    O certo, engade Digna Rivas, é que destes resultados “pódese afirmar que comezamos a recuperar os resultados estatísticos de antes da pandemia” que, naqueles momentos, anunciaba un crecemento constante e continuo dos peregrinos especialmente estranxeiros, que pasaban pola vila.

    Precisamente este dado é o que marca a pequena diferencia, xa que a recuperación estase notando con mais forza nos peregrinos nacionais, que por outra banda e, a medida que se estabilice a “normalidade” irase recuperando a tendencia internacional dos peregrinos do Camiños Portugueses a Santiago que pasan por Redondela.

    Dous perfís turísticos

    Polo municipio redondelán pasan, a tenor dos datos recollidos, dous perfís de turistas perfectamente diferenciados: o turista vacacional e o peregrino, sendo este último maioritario en ámbolos dous anos obxecto desta pequena comparativa inicial, coa diferencia de que a recuperación de peregrinos é moito maior no ámbito nacional que o estranxeiro.

    Precisamente este perfil de Peregrino é o que determina o horario de apertura da Oficina de Turismo de Redondela, adaptándose a rutina dos peregrinos que chegan á vila ao final da etapa –sexa polo Camiño Portugués pola Costa ou polo Camiño Portugués–, na súa maioría en horario de media mañá, para así poder organizar a súa estancia no albergue ou calquera outro tipo de establecemento hoteleiro e, tamén a seguinte etapa.

    A alcaldesa puxo tamén en valor “a cantidade de usuarios locais que cada vez mais pasan pola Oficina de Turismo para informarse das cada vez mais numerosas actividades culturais, medioambientais, e doutras índoles que organiza o concello dentro e fora da súa programación de festas, que de maneira presencial, telefónica o correo electrónico veñen a Oficina de Turismo a informarse e participar”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.