16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle “Contamaxias” co Mago Paco

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle “Contamaxias” co Mago Paco

    Terá lugar o sábado 11 de xuño ás 12:00h, con entrada libre ata completar aforo

    O vindeiro sábado día 11 de xuño ás 12:00h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle o evento “Contamaxias” a cargo do mago Paco.

    Trátase dun evento de maxia divertida para nenos e nenas a partires do 3 anos de idade cunha duración aproximada duns 50 minutos onde o Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.

    Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para

    traballar os contos, pero moi, moi divertida!!

    Esta actividade está incluída no programa Ler conta moito, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

    A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

    Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.

    A entrada para este evento é libre ata completar aforo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.