22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO equipo infantil masculino de baloncesto do Porriño clasifícase para o campionato...

    O equipo infantil masculino de baloncesto do Porriño clasifícase para o campionato de España

    O equipo disputará o nacional en Marín entre o 5 e o 11 de xuño

    O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo  concelleiro de Deportes, Abel Estévez, quixo trasladar de maneira pública e institucional a noraboa ao equipo Infantil Masculino do PBB pola súa clasificación para o Campionato de España.

    O equipo, corpo técnico e membros da directiva do clube porriñés foron recibidos no Concello, onde recibiron un agasallo en nome do seu pobo polo éxito deportivo.

    O alcalde eloxiou a traxectoria deste equipo que se proclamou subcampión de Galicia na súa categoría dous anos seguidos. “O noso recoñecemento ao esforzo e dedicación dos xogadores, corpo técnico e directivo”, apuntou Lorenzo animándoos a seguir na mesma liña, “O tesón, o traballo e o compañeirismo do que faceles gala levaravos a alcanzar as metas que vos propoñades. Entre elas, estou seguro, a de pechar un bo resultado no campionato de España”. “O voso pobo está moi orgulloso de vós”, concluíu.

    “Dende a concellería de Deportes estamos moi orgullosos da labor desempeñada polo Porriño Baloncesto Base, que ademais foi moi especial para nós porque organizamos no Porriño a fase que lles deu o subcampionato galego”, manifestou o concelleiro de deportes, “Desexamos que neste nacional o noso equipo chege o máis lonxe posible e, sobre todo, que os xogadores vivan esta experiencia con intensidade”.

    Haile, Martiño, Mauro, Alberte, Daniel, Germán, Adrián, Mateo, Marco e Daniel, o equipo  dirixido por Rubén Vigo e Yannés Vigo trasladarase a Marín a disputar o nacional entre o 5 e o 11 de xuño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.