15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos asina os convenios sociais coas asociacións mosenses

    Mos asina os convenios sociais coas asociacións mosenses

    O Concello de Mos asinou esta mañá os convenios de colaboración para as subvencións anuais a entidades sociais mosenses incluídas no orzamento municipal para este 2022. Trátase dos 2 convenios coas asociacións, AECC (Asociación Española contra o Cancro) Xunta Local de Mos e ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos. No acto de sinatura estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, as presidentas das entidades beneficiarias, Magdalena Domínguez Castro, presidenta de AECC Mos, e Encarnación Vila Romero, presidenta de ASOMAMOS, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro. O Concello colabora tamén con diferentes acordos e iniciativas con outras entidades sociais que non son mosenses, como por exemplo: ACEESCA, COGAMI, Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui, etc.

    Os convenios de colaboración entre o Concello de Mos e entidades sociais do municipio asínanse anualmente, coa finalidade de contribuir a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto social de cada unha delas durante o ano.  Nestas 2 subvencións a administración local mosense inviste 3.000 euros anuais neste 2022, 1.500 euros para cada unha das asociacións.

    Respecto dos beneficiarios cómpre destacar “a súa valía como valedores de colectivos vulnerables como poden ser os enfermos de cancro e as súas familias, ou os nosos maiores, servíndolles de apoio e prestándolles asesoramento, información e promovendo actividades e iniciativas que contribúen á mellora da súa calidade de vida. O tecido social forte e comprometido é fundamental en toda sociedade e, por suposto, no Cocello de Mos, por elo tanto AECC como ASOMAMOS son un verdadeiro orgullo para esta administración local, polo seu traballo, a súa implicación e polo beneficio social inmenso que co seu labor lle reportan á sociedade mosense” declararon a rexedora local e a edil de Política Social e Igualdade, Arévalo e Cebreiro respectivamente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.