12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránMaica Larriba anuncia que un centenar de axentes velarán pola seguridade durante...

    Maica Larriba anuncia que un centenar de axentes velarán pola seguridade durante a noite de San Xoán en Nigrán

    A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu na mañá de onte, xunto ao alcalde da localidade, Juan A. González, a Xunta Local de Seguridade do Concello de Nigrán celebrada para coordinar o operativo de seguridade dos festexos de San Xoán. Nela participaron tamén o coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, Simón Venzal, responsables comarcais da Garda Civil e da agrupación de Tráfico e representantes da Policía Local.

    A subdelegada explicou que “tal e como se viña facendo ata irrupción da pandemia, Garda Civil e Policía Local levarán a cabo un operativo conxunto para garantir a seguridade durante as tradicionais cacharelas dos días 23 e 24 de xuño”.  “Unhas celebracións que se agardan multitudinarias e durante as cales os efectivos das forzas e corpos de seguridade velarán pola seguridade de todos os asistentes,  en particular naqueles puntos de maior concentración de xente”, explicou.

    Maica Larriba informou que este dispositivo especial deseñado para garantir a seguridade durante as celebracións, contará co traballo de vixilancia da Garda Civil en todos os accesos ás zonas de praia. Ademais, Tráfico disporá de varios dispositivos de control móbil de consumo de alcol e drogas. Pola súa banda, a Policía Local levará a cabo o control e patrullaxe das zonas de maior concentración de persoas para garantir a seguridade de todas e todos os asistentes. 

    A subdelegada do Goberno destacou que “esa noite mobilizaranse arredor dun centenar de axentes das forzas e corpos de seguridade co obxectivo de velar pola seguridade cidadá, prestando especial atención á seguridade viaria”.

    “Nigrán é unha localidade tranquila pero é importante implementar medidas que garantan a seguridade cidadá e a integridade deste espazo natural durante esta celebración, a primeira dun verán que se agarda multitudinario na zona”, concluíu a subdelegada.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.