10.8 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela presenta a programación das Festas da Coca 2022 que se celebrarán...

    Redondela presenta a programación das Festas da Coca 2022 que se celebrarán entre o 15 e 19 de xuño

    A alcaldesa Digna Rivas presentou o programa acompañada da concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, e representantes das alfombristas, Danza das Espadas, e “as burras e as penlas”, “os tres piares básicos sobre os que descansa a Festa da Coca”

    “Volvemos con forza, deixamos atrás tempos tristes e, por fin, podemos volver a desfrutar da nosa Festa da Coca nas rúas e coas nosas veciñas e veciños”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas no acto de presentación do programa da Festa da Coca 2022, celebrado na mañá de hoxe na Praza do Concello.

    A rexedora local estivo acompañada por Iria Vilaboa, concelleira de Cultura; Thomas Schwartz López, en representación da Danza das Espadas; Mercedes Mouriño, Margarita Vázquez Perello, María Isabel Díaz Rey e Ángeles Virulegio González como representantes das alfombristas e Miriam en representación das Burras da danza Das Burras e as Penlas.

    As alfombras florais, a Danza das Espadas e a danza das Burras e as Penlas foron cualificadas pola alcaldesa redondelá como “os tres piares sobre os que descansa a Festa da Coca. A programación cultural e festiva é tamén importante pero sen eses tres elementos non estariamos hoxe aquí nin estariamos a falar da Festa da Coca”.

    Digna Rivas agradeceu a presenza das persoas que representaban a cada unha destas tres “tradicións de Redondela que hoxe podemos volver a desfrutar. Deixamos atrás tempos tristes e duros e podemos volver a gozar dunhas Festas da Coca como sempre foron, con rúas enchidas de persoas e de ledicia”.

    O acto inaugural das Festas da Coca 2022 terá lugar o mércores 15 de xuño ás 20 horas, na Praza do Concello, coa lectura do Pregón das Festas a cargo de Pilar Martínez, fundadora da ONG Da Aman. A continuación terá lugar o acto solemne de relevo das Penlas e a homenaxe ás e aos alfombristas María del Camen Iglesias Dos Santos, Fermín Figueroa Veiga, Rosa Soliño Barbeito, María del Pilar González Casas e María Luisa Costal Argibay. No acto tamén será homenaxeado José Ramón Núñez Martínez (Danza das Espadas).

    O programa elaborado para esta primeira Festa da Coca pospademia, “variado e apto para todos os públicos”, tal e como o definiu a alcaldesa Digna Rivas, ten a música como gran protagonista con concertos –todos eles no Campo da Feira– do Grupo América (mércores 15 de xuño, 22 horas); Orquestra Marbella (xoves 16 de xuño, 22 horas); o grupo local Chaleco Reflectante (venres 17 de xuño, 21:30 horas); Dakidarría (venres 17 de xuño, 22 45 horas); Los Secretos (sábado 18 de xuño ás 22 horas); Orquestra Ritmo Joven (sábado 18 de xuño ás 23:45 horas); e finalmente El Combo Dominicano (domingo 19 de xuño ás 22 horas).

    Doutra banda, a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un concerto o  mércores 15 de xuño ás 19:30 horas na Praza do Concello, mentres que unha das músicas máis tradicionais, como é a música de banda, terá un claro protagonismo cos concertos que na Alameda Castelao ofrezcan a Banda de Música Municipal de Redondela (xoves 16 de xuño, ás 18 horas); Banda de Música de Arcade (sábado 18 de xuño ás 18 horas) e Banda de Música de Chapela (domingo 19 de xuño ás 18 horas).

    Na noite do mércores 15 de xuño ao xoves 16 de xuño, terá lugar a confección das tradicionais alfombras de flores que encherán novamente as rúas redondelás de colorido e aromas florais e que permitirán que, o xoves 16 de xuño, Redondela esperte adobiada de auténticos tapices naturais para dar chegada a un día cargado de actos. Ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Son do Castro. Logo da Misa Maior (Igrexa de Santiago de Redondela ás 12 horas) terá lugar a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música de Redondela e deseguido A Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.As alfombras florais tamén serán protagonistas o sábado 18 de xuño xa que será cando se elaboren nas rúas de Vilavella.

    E, como recalcaba a alcaldesa Digna Rivas, un programa “para recuperar a ledicia e a festa na rúa da que nos privou a pandemia” e nese sentido lembraba a rexedora local a celebración –suspendida pola crise do coronavirus– do Encontro de Baile Tradicional Galego.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.