8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoChega a V Feira do Pan do Porriño

    Chega a V Feira do Pan do Porriño

    A quinta edición do evento gastronómico celebrarase este sábado, 11 de xuño, no barrio de San Bieito

    Amasado, formado, roxado, repousado…Poucas cousas son tan do Porriño como o seu pan. Por iso, a vila do Louro convertirase de novo capital galega do pan este sábado, coa celebración da Feira do Pan do Porriño que volve con xantar, música, obradoiros e, sobre todo, a tradición e os produtos das súas panaderías artesanais.

    A quinta edición deste evento gastronómico, organizada pola Asociación de Panadeiros do Porriño e o Concello do Porriño, foi presentada hoxe no salón de plenos da casa consistorial. Asistiron ao acto de presentación o alcalde, Alejandro Lorenzo, os concelleiros de Comercio e Cultura, Antía Carrera e Bienvenido Estévez, o presidente da Asociación de Panadeiros do Porriño, José Manuel Fernández Grova, representantes das oito panaderías participantes (Amaquía, Argibay, Chinchina, Erundina, Los Milagros, O Forno de Mosende, Progreso e Torneiros), representantes de EFA A Cancela, Fátima Estévez (profesora) e María del Carmen Gil (presidenta), así como das entidades e empresas colaboradoras.

    Tamén estivo presente o escritor local, Diego Giráldez, que tal e como se anunciou hoxe será o encargado de inaugurar a V Feira do Pan do Porriño coa lectura do pregón no seu barrio natal, San Bieito, que un ano máis acollerá o evento.

    A apertura da Feira será ás 10 h cando a música das charangas comece a amenizar as rúas para dar paso á inauguración oficial co pregón, ás 11 h.

    Ás 11:30 h celebrarase o tradicional Show Cooking con Pan do Porriño a cargo de EFA A Cancela, que este ano chegará con sorpresas cun pequeno guiño contra a guerra, e de seguido a sesión vermú coa Banda de Música Municipal do Porriño e degustación de pinchos a cargo de Segredos Gastro Bar.

    Xa pola tarde serán os nenos e nenas os que se poñan coas mans na masa para aprender a facer o seu pan no obradoiro Mini Pan (17:30 h). Ás 19 h charla coloquio sobre historias do Pan do Porriño con Quico Paz Antón e Panadeiros do Porriño, seguida dunha desgustación de embutidos e queixos do país a cargo de Embutidos Distapor.

    Unha das novidades deste ano será o fin de festa, cos concertos de KAF (20:45 h) e Tony Lomba (21:45 h).

    Cabe destacar que este ano, en lugar dos postos por panadería, habilitarase un só stand de todos os panadeiros do Porriño onde poderemos adquirir os seus produtos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.