18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalEsta fin de semana, cita co ciclismo no XVI Trofeo Montes do...

    Esta fin de semana, cita co ciclismo no XVI Trofeo Montes do Rosal

    Máis de 260 deportistas de 3 a 18 anos participarán nesta proba que sairá o sábado 4 ás 16.00 h do Camiño do Cardal

    O Camiño do Cardal e a Estrada de Ferreiros será o epicentro do ciclismo esta fin de semana. O concello acolle este sábado 4 de xuño o XVI Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista O Rosal en colaboración co Concello, a Federación de Ciclismo Galego, a Fundación Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia e que conta co patrocinio de outras entidade e empresas.

    Máis de 260 deportistas de 3 a 18 anos participarán nesta proba “que enche o noso municipio de deporte. É unha ledicia ver as rúas cheas de novos e novas ciclistas, unha canteira que vén pisando con forza”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante a presentación da carreira. No acto estivo acompañada polo xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e por parte da directiva do Club Ciclista O Rosal.

    A proba sairá ás 16.00 horas do Camiño do Cardal e contará cunha oficina permanente na Estrada de Ferreiros. A cita congregará a participantes de varios clubs de ciclismo galegos que competirán nas categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, cadetes e juniors, todas con categoría masculina e feminina.

    A rexedora quixo agradecer en nome do Concello o inestimable labor do Club Ciclista O Rosal para seguir organizando no municipio campionatos que atraen a moito público afeccionado ao ciclismo, así como a inestimable colaboración da veciñanza na celebración desta proba deportiva.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.