8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaAreeiro recomenda a realización das labores de cultivo das viñas para garantir...

    Areeiro recomenda a realización das labores de cultivo das viñas para garantir a súa aireación

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que subliña que trala alarma de principios desta semana, a situación do mildio nas viñas da rede revisada é máis tranquila do previsto, de xeito que se detectou algunha mancha nova ou zona de avance nas antigas, pero sen niveis alarmantes. Neste senso, desde a EFA sinalan que neste momento, a maioría das viñas xa estarán protexidas por un novo tratamento, pero dada a recorrencia de condicións favorables á enfermidade desde hai semanas que provocan ciclos constantes e solapados de infección, poden seguir aparecendo novas manchas. De aí que a súa recomendación para esta semana sexa realizar todas as labores de cultivo (podas en verde, desnetados, roza da vexetación do solo) que leven a garantir a mellor aireación posible a nivel das viñas e consecuentemente a reducir un risco de infección aínda importante.

    O aviso tamén sinala que, no caso do oídio, aínda que esta semana non se atoparon indicios desta enfermidade, co recente período de precipitacións e dada a fenoloxía da viña, é probable que poidan aparecer os primeiros síntomas en albariño. Tamén sinala que se detectou esta semana unha presenza máis frecuente de síntomas de Black rot en folla, en especial naqueles predios próximos a plantas abandonadas tamén sintomáticas, de xeito que recomenda ás persoas viticultoras estar alerta, xa que comeza o período de maior sensibilidade ao fungo. Areeiro tamén incide no seu aviso noutras incidencias nas viñas, como o aumento do número de glomérulos (niños da primeira xeración) das avelaíñas do acio.

    Por outra banda, o aviso tamén se refire á bolboreta do buxo, para recomendar o incremento da vixilancia deste arbusto, xa que se detectaron en Areeiro as primeiras postas da bolboreta, que están a punto de eclosionar.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.