15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesRafting nas Neves para combater o cambio climático

    Rafting nas Neves para combater o cambio climático

    35 rapaces do IES Pazo da Mercé das Neves, desenvolverán este luns, 6 de xuño, unha actividade deportiva no medio natural do río Miño. Durante toda a mañá recoñecerán diferentes especies autóctonas de ribeira, comprenderán o valor deste ecosistema e o seu papel ecolóxico. Ademais, analizarán a súa importancia como barreira natural contras os lumes, coma os que tiveron lugar no 2017 nesta zona.

    Mediante a actividade deportiva en contacto coa natureza, preténdese unha maior toma de contacto coa realidade e que a mocidade pase á acción na loita polo coidado do planeta.

    ‘As Neves verde autóctono’

    Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “As Neves verde autóctono” que foi seleccionado entre máis de 50 de toda España pola organización de Ayuda en Acción como gañador das subvencións 1Planet4All, que financiarán con 24.000 euros seis proxectos de acción climática liderados por xóvenes en toda España.

    Os 14 participantes do Consello Climático Xuvenil de As Neves foron os impulsores desta iniciativa que ten como obxectivo formar, concienciar e levar a cabo accións para a loita contra o cambio climático. Despois de plantar 200 árbores en Taboexa no mes de Marzo, esta semana percorrerán o baixo Miño para familiarizarse con especies autóctonas de ribeira e levarán tamén a cabo outras actividades de concienciación para o consumo responsable.

    “A resposta fronte a emerxencia climática non pode ignorar a quen sufrirá as súas maiores consecuencias: a mocidade. Por iso, en 1Planet4All impulsamos iniciativas como As Neves Verde Autóctono deseñadas por e para mozos e mozas que queren pasar á acción polo planeta”, afirma Begoña Rodríguez, responsable de 1Planet4All en España.

    Proxecto europeo 1Planet4All

    Esta iniciativa forma parte de 1Planet4All, un proxecto financiado pola Unión Europea que busca formentar o compromiso de máis de oito millóns de mozos e mozas en resposta fronte a crise climática. Ayuda en Acción, é a ONG que lidera en España este proxecto que tamén se está desenvolvendo noutros 12 países europeos da man dous 13 ONG de cooperación e axuda humanitaria.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.