8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona abre o plazo de solicitude das fogueiras de San Xoán

    Baiona abre o plazo de solicitude das fogueiras de San Xoán

    A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona informa da apertura do prazo, desde hoxe mesmo 2 de xuño ata o 20 de xuño (ambos os incluídos), para solicitar autorización para os particulares que queiran realizar fogueiras o día de San Xoán.

    As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00 h a 13:00 h para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986356779. Tamén se poderá realizar a solicitude a través da sede electrónica da páxina web municipal www.baiona.gal.

    Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono…así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.