10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: fernando groba

    Ponteareas proxectará de marzo a decembro oito películas gañadoras e finalistas dos premios Mestre Mateo

    O Concello de Ponteareas formará parte do ciclo 'Mestre Mateo' que organizan a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. Esta actividade traerá á vila do Tea as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego este ano de maneira totalmente gratuíta. O Concello proxectará cada mes, dende marzo, agás en xullo e agosto, ata decembro, as oito películas que compiten polos galardóns.

    O pianista Alberto Vilas presenta o seu último traballo, ‘Naialma’, en Ponteareas

    “Naialma” naceu en 2020, o ano en que o mundo cambiou. É un traballo de piano só que parte da mente creativa de Alberto Vilas, un músico que durante o peor do confinamento decidiu compartir a diario a creación de nova música a través das redes sociais. A súa musica chega a Ponteareas este sábado ás 19.30 horas na Sala Multiúsos do Auditorio Municipal con entrada libre.

    O Nadal chega a Ponteareas cun amplo abano de actividades para todas as idades

    Ponteareas dá o pistoletazo de saída á programación dunha das épocas con máis maxia de todo o ano. Este xoves 16 arrancaban as actividades co tradicional Festival de Nadal do Conservatorio e Escola de Música Municipal de Ponteareas, que se celebraba a partir das 16.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal. Os actos alongaránse ata o 5 de xaneiro coa presenza dos Reis Magos na vila.

    Ponteareas homenaxea a Reveriano Soutullo

    O compositor Reveriano Soutullo é unha das figuras máis importantes na historia da música de Ponteareas. Foi un dos músicos máis influíntes e importantes de principios do século pasado e a súa pegada pódese notar nas novas melodías que nacen na vila do Tea. Por todo isto, a Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, organiza este domingo unha xornada homenaxe a Reveriano Soutullo.

    Ponteareas será este sábado a capital da música tradicional do país

    Ponteareas volverá a converterse este sábado na capital da música tradicional do país. O Concello organiza a 54 edición do Concurso de Gaitas do País, a festa musical desta especialidade máis antiga de Galicia, e que coloca a vila como referente na promoción do folclore musical galego. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que “para Ponteareas é un orgullo acoller estes eventos”, e expón que o Concurso “é unha mostra máis da nosa decidida aposta pola música que se fai no país”.

    Ponteareas mantén firme a súa aposta pola música tradicional cunha nova edición do Festival Folclórico do Condado

    Ponteareas festexará este sábado a música tradicional do Condado nunha nova edición do Festival Folclórico do Condado, un evento de importancia na vila do Tea, xa que supón unha gran oportunidade para pór en valor a música que se interpreta na comarca.

    Os nenos e nenas de Ponteareas desfrutarán de 12 xornadas de xogos nos centros culturais este mes

    Ponteareas acolle dende hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Celeiros. É a primeira das 12 que percorrerán o municipio durante este mes de setembro, e que continúan o programa lúdico nos centros culturais que xa se realizou en agosto. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que con estas actividades “queremos que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan desfrutar xogando sen saír das súas parroquias”.

    Máis de 30 propostas para todos os públicos nunhas Festas de Setembro de Ponteareas “seguras”

    O Concello de Ponteareas presenta o programa das Festas de Setembro para encher de cultura e de lecer a vila durante todo o mes. Máis de 30 propostas culturais e deportivas completarán unha oferta para todos os públicos, en todos os espazos da vila, e adicada a festexar con seguridade e diversión os seus días festivos.

    A Biblioteca de Ponteareas propón para o mércores 1 de setembro xogos e contacontos

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas continúa ofrecendo actividades para os máis pequenos e pequenas da vila. O vindeiro xoves entre as 11:30 e as 13:30 acollerá unha xornada de xogos e contacontos para incentivar a lectura dende a diversión. A participación está dirixida a nenas e nenos entre 3 e 12 anos, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

    Ponteareas proxectará o vindeiro venres o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’

    O Concello de Ponteareas proxectará o vindeiro venres ás 20.30 horas o documental 'Xela Arias. Poeta nas marxes', dirixido por Beatriz Pereira. Unha peza audiovisual que reflexiona sobre a poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas a través dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia.

    Sabela Losada presenta o seu contacontos este xoves ás 12.00 h na Biblioteca Municipal de Ponteareas

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas acollerá o vindeiro xoves ás 12.00 horas un espectáculo de contacontos da man da artista Sabela Losada. Os nenos e nenas que asistan poderán xogar a 'O xogo das escritoras', unha divertida oca no que amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres.

    Teresa Ríos, Carmen Lemos, e Laura Domínguez, gañadoras do concurso de relatos breves ‘Remata o Conto’

    O certame de relatos breves Remata o Conto que organiza o Concello de Ponteareas, e a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas (Banastra) xa ten gañadoras. Teresa Ríos gañou o primeiro premio, Laura Domínguez o segundo, e Carmen Lemos o terceiro. O concelleiro de Cultura e Lingua e membro de xurado, Fernando Groba, destacou a “calidade literaria, a orixinalidade, a corrección lingüística, e a adecuación ao tema” das tres gañadoras.

    O ponteareán Sergio de Arcos, gañador do concurso de banda deseñada do ‘Garaxe Hermético’

    O Concello de Ponteareas, a través do concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quere felicitar ao veciño Sergio de Arcos polo seu primeiro premio no concurso de banda deseñada que organiza a escola O Garaxe Hermético.

    Ponteareas pon en valor os seus xogos tradicionais

    Ponteareas quere que os nenos e nenas da vila aprendan a xogar da maneira que aprenderon os seus avós e avoas. A concellaría de Cultura, que xestiona Fernando Groba organiza ao longo deste mes catro xornadas de xogos tradicionais en varios espazos do municipio para “aprender xogando”, expón o concelleiro.

    Ponteareas, capital indiscutible da música tradicional do país

    Con máis de dez lustros ás súas costas, o Concurso de Gaitas do País, é o concurso de música tradicional por excelencia e converte, a Ponteareas, en capital indiscutible da nosa música na súa máis pura esencia; compre salientar que só se admiten cuartetos tradicionais formados por dúas gaitas, bombo e tamboril. Con estes antecedentes, o vindeiro sábado 18 de setembro o municipio vestirase de gala para acoller a 54 edición deste certamen que, como sinalabamos, coloca a vila como referente no panorama da música tradicional galega.

    A Feira do Libro de Ponteareas baixa o pano impoñéndose á calor

    A Feira do Libro de Ponteareas baixou onte domingo o pano cun grande éxito de público, que se achegou á Praza Maior para gozar da ampla programación a pesar da vaga de calor dos últimos días. Concello e librarías fan un balance positivo desta quinta edición, que conseguiu aglutinar 22 presentacións e sinaturas de libros, máis da metade creados por autoras e autores ponteareáns.

    Esta fin de semana o programa Cultura24 leva ás parroquias de Ponteareas charanga, música e teatro

    Novas citas culturais esta fin de semana co programa Cultura24, co que a Concellaría de Cultura busca “achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán”. Este sábado e domingo haberá tres novas actuacións de balde nas que a charanga, a música e o teatro serán os grandes protagonistas.

    Ponteareas prepárase para vivir unha Feira do Libro con alta presenza de autoras e autores do municipio e da comarca

    Ponteareas converterase, a lo menos durante uns días, na capital do libro da provincia coa celebración da Feira do Libro que foi presentada, na mañá do xoves 1 de xullo, na Casa do Concello nun acto presidido pola alcaldesa, Cristina Fernández, acompañada por Victoria Alonso, deputada de Cultura; Fernando Groba, concelleiro de Cultura; Carlos Blanco, representante da Federación de Libreiros e Editores de Galicia e o ilustrador e caricaturista Pablo Prado –que o fixo a través de videoconferencia– que será o pregoeiro desta quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas.

    Concerto da Banda da Escola de Música de Xinzo no Auditorio Municipal de Ponteareas

    A Banda da Escola de Música de Xinzo desembarcará este domingo 27 na sala multiusos do auditorio municipal de Ponteareas para ofrecer un concerto dirixido baixo a batuta de Ángel Antonio Montes.

    Anxo Rodríguez, Jennifer Abal, Sabela Martínez, Jorge Guille, Ana Fernández e Xosé Manuel Martínez, gañadoras dos VI Xogos Florais de Ponteareas

    A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas deu a coñecer as e os gañadores dos VI Xogos Florais, con motivo da pasada conmemoración do Día das Letras Galegas, no transcurso dunha gala da lingua na que se homenaxeou a Xela Arias, a quinta muller á que se lle dedica esta celebración.

    Este domingo, ‘Poemas de Outono’ para Xela Arias dende a Asociación de Maiores de Ponteareas

    Hoxe domingo, véspera do Día das Letras Galegas 2021, as concellarías de Cultura e de Benestar Social do Concello e Ponteareas –que dirixen os nacionalistas Fernando Groba e Verónica Carrera– e a Asociación de Maiores de Ponteareas presentarán o libro colaborativo Poemas de Outono. O acto realizarase na sala multiúsos do auditorio municipal ás 19 h.

    Ponteareas, Letras Galegas… con sabor a pan

    O Concello de Ponteareas divulgará a figura de Xela Arias en bolsas de pan grazas ao apoio e colaboración das panadarías locais. As bolsas levan impresas as caras da poeta de Sarria, por un lado, e da escritora ponteareá Emilia Estévez Villaverde, pola outra, e van acompañadas de cadansúa breve reseña e de cadanseu poema.

    Ponteareas ‘desconfina’, de vez, as Letras para homenaxear a Xela Arias e o galego por todo o alto

    O Concello de Ponteareas celebrará o Día das Letras Galegas con diversas actividades durante o resto mes de maio para seguir divulgando a figura e obra de Xela Arias e homenaxear a lingua galega. Faino logo de acoller dúas xornadas das Convergências Portugal-Galiza para homenaxear á propia Rosalía de Castro e ao Zeca Afonso os pasados días 7 e 8 e de dispoñer dun expositor na biblioteca municipal con boa parte da obra de Xela Arias.

    ‘Cancións de abril e polifonías tradicionais do Miño’ para despedir as Convergências de Ponteareas

    A segunda e última xornada da VII edición das Convergências Portugal–Galiza contará cun concerto en Ponteareas protagonizado polo grupo Canto D’Aqui e o Grupo Folclórico da Universidade de Minho, actividade que terá lugar este vindeiro domingo, 8 de maio, a partir das 20 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal e que se desenvolve baixo o título xenérico de 'Cancións de abril e polifonías tradicionais do Minho'.

    Alexandro Bouzó presenta «Pensamiento contrafáctico» para clausurar o ‘Abril, mes dos libros’ en Ponteareas

    Alexandro Bouzó, natural de Reboreda (Redondela) pero veciño de Santiago de Oliveira (Ponteareas) dende a infancia, presenta a súa primeira novela no marco das actividades que está a desenvolver a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas. Será o acto que peche o ciclo de presentacións de libros que leva todo o mes de abril a conmemorar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor e que ten como denominador común a aposta polas escritoras e escritores do municipio.

    «La guerra de Elisabeth» de Yaiza Cameselle, no programa ‘Abril, mes dos libros’ de Ponteareas

    Yaiza Cameselle, natural de Mondariz mais vinculada dende a infancia con Ponteareas, presenta o seu primeiro libro de poemas, La guerra de Elisabeth; o fará no marco do ciclo de presentacións de libros Abril, mes dos libros que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas para celebrar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor.

    Vinte e oito persoas reciben en Ponteareas o diploma do curso de Lingua de Signos A1.1

    Un total de Vinte e oito alumnas recibiron os diplomas do curso de Lingua de signos A1.1 que se desenvolveu de xeito telepresencial, en dous grupos de 14 persoas e cunha duración de 30 horas, durante os meses de marzo e abril. Os diplomas acreditativos foron entregados polo concelleiro de Lingua, Fernando Groba e Raquel González Novelle e David Fernández García, docentes do curso.

    Teatro da Ramboia achega a Ponteareas, este sábado, ‘O meu mundo non é deste reino’

    Este sábado, o escenario da sala multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas acolle unha nova proposta teatral, no marco do convenio subscrito entre a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Trátase do espectáculo 'O meu mundo non é deste reino', da compañía Teatro da Ramboia.

    Abril, mes dos libros en Ponteareas

    A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas, para celebrar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor –que se conmemora o 23 de abril–, levará a cabo unha serie de presentacións de obras de autoras vinculadas co municipio da Vila do Tea. O propósito é, para alén de homenaxear o soporte principal a través do que se comunica a cultura, destacar a importancia dunha creación “literaria” propia que chega a través de diferentes xéneros: ensaio, poesía (para todas as idades) e novela.

    Ponteareas pon en valor a figura de Fermín Bouza-Brey con motivo do 120 aniversario do seu nacemento

    O Concello de Ponteareas, a través da súa Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba, failles chegar marcapáxinas a todos os centros educativos e pousavasos a todas as cafetarías para divulgar e lembrar Fermín Bouza-Brey, un dos persoeiros máis importantes da nosa literatura con motivo do 120 aniversario do seu nacemento.

    Ponteareas entrega este sábado os premios do concurso #TikTokTea

    O Concello de Ponteareas celebra este sábado, 20 de marzo, o acto de entrega de premios ás persoas gañadoras do concurso #TikTokTea, unha iniciativa coa que as concellerías de Lingua e Mocidade pretendían estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlles visibilidade ás e aos 'tiktokeiros' ponteareáns.

    Ponteareas organizará un segundo curso de lingua de signos logo de esgotar, en 48 horas, as inscricións para o primeiro curso

    O Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua de Signos (Nivel A1.1) e, en menos de 48 horas, as solicitudes de inscrición xa case duplican o seu aforo total. Ante tal demanda, a Concellaría de Cultura decidiu organizar un segundo curso coas mesmas características. Ambos os cursos inícianse o 2 de marzo e desenvolveranse durante os martes e xoves de marzo e abril, en horario de 18 a 20 horas, o primeiro, e de 19 a 21 horas, o segundo.

    Ponteareas licita a construción da rampla peonil, pavimentación e valado da terraza do Centro Cultural de Ribadetea

    O Concello de Ponteareas vén de licitar a execución da pavimentación e valado da terraza do Centro Cultural de Ribadetea, así como dunha rampla peonil de acceso á mesma. As obras contan cun orzamento total de 43.676,24 euros, ive incluído, e as empresas interesadas dispoñen dun prazo de presentación que rematará o vindeiro 11 de febreiro.

    Ábrese o prazo de inscrición para os cursos preparatorios dos Certificados de Lingua Galega, Celga

    O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, vén de dar conta á cidadanía da posibilidade de realizar de xeito gratuíto os cursos preparatorios para os Certificados de Lingua Galega, Celga, que se realizarán de xeito presencial ou en liña, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    A música de Rogelio Groba e a poseía de Alfonso Pexegueiro chegan a todas as bibliotecas e centros culturais de Ponteareas

    A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, está a desenvolver unha campaña de distribución e divulgación de propostas bibliográficas, editadas polo propio Concello ou nas que colaborou durante os últimos meses. Todos os colexios, institutos e centros culturais recibirán, nas próximas semanas, entre outras obras, dúas nas que a música e a poesía son os protagonistas.

    A veciñanza poderá gozar do vídeo do Calendario Galego de Ponteareas a través do seu sitio web e das súas redes sociais

    O Concello de Ponteareas compartirá, a través da súa páxina web e das súas redes sociais, o vídeo do Calendario Galego de Ponteareas 2021. Hoxe, día 30 de decembro, a partir das 21:00 horas descubriremos fermosas instantáneas que recollen unha parte do noso patrimonio cultural e natural, lugares únicos que o Concello quere difundir e pór en valor para que sexan coñecidos e aprezados pola veciñanza.

    Ponteareas súmase á ‘Iniciativa Xabarín’ para a difusión de programación infantil e xuvenil en galego

    O Concello de Ponteareas vén de sumarse á campaña popular para pedir a través dunha proposición no Parlamento Galego que a TVG se dote dunha maior oferta de contidos para a infancia e a mocidade, retomando a labor que no seu día efectuaba o 'Xabarín Club'. Esta campaña, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística tras unha iniciativa particular, pretende ademais que a programación infantil e xuvenil estea dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais

    Ponteareas organiza un curso sobre o certificado dixital e trámites coa administración mediante internet

    A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas organiza un curso de Certificado dixital e xestión e trámites mediante internet no que poden participar 15 persoas e que ten por obxectivo dar a coñecer o funcionamento do correo electrónico Gmail, aprender a obter un certificado dixital e as súas funcións, as diferenzas entre o certificado dixital e o DNI electrónico. O curso é totalmente de balde e todas as persoas interesadas deben anotarse no Rexistro do Concello.

    O doutor en Economía Damián Copena Rodríguez, gañador do VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

    O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anuncia que o doutor en Economía e profesor da Universidade de Oviedo Damián Copena Rodríguez resultou gañador do VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey 2020 polo seu proxecto de investigación titulado “Manexo comunitario dos recursos naturais: pasado, presente e futuro dos montes veciñais en man común de Ponteareas”.

    O Concello de Ponteareas concede axudas por 50.000 euros a casas e centros culturais

    O Concello de Ponteareas deu a coñecer hoxe a resolución das axudas de apoio concedidas á actvidade realizada polas casas e centros culturais de Ponteareas. As axudas, outorgadas a 21 casas ou centros culturais, suman un total de 50.000 euros. As cantidades para cada colectivo van dende os 1.350 ata os 4.300 euros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.