18.8 C
Pontevedra
Martes, 8 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas pon en valor a figura de Fermín Bouza-Brey con motivo do...

    Ponteareas pon en valor a figura de Fermín Bouza-Brey con motivo do 120 aniversario do seu nacemento

    Marcapáxinas e pousavasos encárganse de lembrar a importancia dun dos persoeiros máis salientables da literatura galega

    O Concello de Ponteareas, a través da súa Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba, failles chegar marcapáxinas a todos os centros educativos e pousavasos a todas as cafetarías para divulgar e lembrar Fermín Bouza-Brey, un dos persoeiros máis importantes da nosa literatura con motivo do 120 aniversario do seu nacemento.

    O autor de Nao senlleira e Seitura, iniciador da corrente vangardista do neotrobadorismo –tendencia que despois cultivarían Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Álvarez Blázquez–, naceu na vila do Tea o 31 de marzo de 1901. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923, chegou a ser membro da Real Academia Galega en 1941 e, en 1992, dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

    Ademais da súa faceta literaria, Fermín Bouza-Brey foi un investigador en campos variados: folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, historia da literatura e crítica literaria etc. Pódese dicir que foi un dos máximos especialistas en Rosalía de Castro.

    “Trátase dunha data moi sinalada e dunha das persoas máis importantes das nosas letras e quixemos aproveitar tal efeméride para que tanto a comunidade educativa como o resto da poboación lembren a súa importancia” indica o edil de Cultura, Fernando Groba. “Bouza-Brey, ademais de Nao senlleira e Seitura, tamén publicou un pequeno Cancioneiro das ribeiras do Tea. Así, os marcapáxinas e pousavasos conteñen algunhas destes anaquiños da nosa cultura” sinala o concelleiro nacionalista.

    Os pousavasos, para alén de seren coleccionábeis por conteren diferentes textos e modelos, posúen tamén un código QR que, de aplicarlle un lector dixital, redirecciona a unha páxina web que contén e amplía a información sobre este célebre escritor ponteareán.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.